Noticias
Arquivo de Febreiro 2016
Foto Legaspi Studio
O Futuro Laranxa tamén estará en Guadalaxara
A base do CD Burela FS Pescados Rubén volverá estar representada en Copa de España polo equipo infantil A, que participará na cuarta edición da Minicopa, Guadalaxara 2016.   Venres 11 de marzo Pavillón San José 10:30h. Catgas E. Santa Coloma - Burela P. Rubén (A) 12:30h. Movistar Inter - Palma Futsal (B) Pavillón Santa
2 de febreiro de 2016
Partidos de base para o Entroido
Consulta aquí todos os horarios para o Entroido e os últimos resultados da base laranxa.
4 de febreiro de 2016
Mantendo o ritmo
O CD Burela FS Pescados Rubén partirá mañá pola mañá con rumbo ás Baleares para medirse en dobre cita ao Palma Futsal e a selección anfitrioa, entre mañá e o sábado. “Serán tres partidos que nos virán moi ben para non perder o ritmo de competición” recoñecía o técnico laranxa, que poderá contar con todo o vestiario a excepción de  Mata e Iago Míguez por lesión. O 10 burelista recupérase dunha cirurxía para corrixir unha inflamación no
4 de febreiro de 2016
Obxectivo, un novel en postos de Copa
O CD Burela FS Pescados Rubén xa recalou no seu destino da 17ª xornada. Mañá saltará á cancha do municipal La Llana (16.30 horas) para medirse ao Esportiu Rubí FS, que defende no seu regreso a Primeira RFEF a permanencia en postos de Copa de España desde a quinta praza. As galegas veranse as caras cun equipo novo que se converteu nunha das revelacións da liga. As de Lucas apostan pola paciencia para afinar en puntería e pechar an
5 de febreiro de 2016
Esportiu Rubi 1-4 Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén regresa de terras barcelonesas con tres puntos máis para seguir na brecha do podio de Primeira RFEF logo de impoñerse por 1-4 fronte a Esportiu Rubí FS. O conxunto mariñán, con certos altibajixos, tivo que armarse de paciencia e esperar a pechar o encontro no último cuarto; tras o 0-1 de Peque ao descanso, sentenciaron a cita Gaby e Dany, esta última por partida dobre, a partir do minuto 30. Non tardaro
6 de febreiro de 2016
Burela Pescados Rubén e AD Alcorcón FSF, o partidazo da xornada.
Vista Alegre será o escenario do partidazo entre o Burela Pescados Rubén e o AD Alcorcón FSF, duelo correspondente á xornada 18 de Primeira División e que tamén se poderá seguir en directo vía streaming na sección multimedia de www.burelafs.org . Burela e Alcorcón, segundo e terceiro clasificado respectivamente, afrontan o reto de manter o pulso co líder, Atlético Féminas Navalcarnero (46 puntos), que distancia en dous puntos ás burelistas e en catro ás alfareras que si caen no feudo laranxa perderán demasiado terreo na loita polo título liguero.
O Burela Pescados Rubén chega a esta cita con ánimo de conseguir a súa sexta vitoria consecutiva, manter o pleno de vitorias en Vista Alegre e seguir axexando o liderato colchoneiro. Para iso deberá dar conta dun Alcorcón que se presenta no feudo burelés con todo o seu arsenal agás Cristina Llanos por unha rotura fibrilar. Polas filas laranxas causan baixa Shio e Emma, operadas por lesión, e Jozi que fracturou o cúbito e radio do seu brazo esq
12 de febreiro de 2016
Gran vitoria do Burela Pescados Rubén para descolgar ao Alcorcón da carreira pola Liga
O Burela Pescados Rubén derrota ao AD Alcorcón por 4-2 nun partido que as mariñás amosaron un gran nivel desde o inicio. O conxunto burelao mereceu pechar o partido con maior antelación vista a superioridade laranxa durante a maior parte do encontro.
O equipo dirixido por Lucas comezou o duelo como un vendaval e aos dous minutos xa vencía por 2-0 con goles de Gaby e Dany. O Alcorcón non era capaz de conter o despregue laranxa que ata puido marcar o terceiro en varias oportunidades con protagonismo das brasileiras Gaby e Dany. Superado o ecuador, as burelesas déronse un respiro tras unha primeira fase eléctrica e o Alcorcón respirou aliviado. O duelo entrou nunha fase equilibrada aínda que as
13 de febreiro de 2016
España reina en Europa
O CD Burela FS Pescados Rubén felicita á selección española pola súa conquista do Campionato de Europa celebrado en Belgrado. A sétima Eurocopa chega ás vitrinas de España tras un brillante torneo no que os pupilos de José Venancio López demostraron ser os mellores e na gran final plasmaron todas as súas virtudes; calidade, compromiso, presión, dinamismo, estratexia,...para derrotar por un contundente 3-7 a Rusia. Ademais, a este título colectivo
15 de febreiro de 2016
Christian Rivas convocado con España Sub-19
Christian Rivas García, xogador do equipo xuvenil de División de Honor do CD Burela FS Pescados Rubén foi convocado coa selección española Sub19 para disputar dous amigables en Águilas (Murcia) ante Portugal. O primeiro encontro xogarase o martes 23 de febreiro ás 20:30 horas e o segundo envite o mércores 24 á mesma hora.
Con esta convocatoria Christian Rivas será o primeiro xogador integrado nas categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén en vestir a camiseta de España. O club felicita a Christian pola súa chamada coa selección nacional, convocatoria que o mozo xogador de 16 anos recibiu “con enorme ledicia e, sobre todo, moi sorprendido pola convocatoria. Estou entusiasmado con esta oportunidade”.
16 de febreiro de 2016
Vista Alegre decide unha praza na final da Copa Galicia
O Burela Pescados Rubén e o Cidade As Burgas disputan unha das prazas na final da Copa Galicia 2016. Vista Alegre acolle de Copa, mércores 17 de febreiro, a partir das 20.30 horas.
O duelo entre burelistas e ourensás vislúmbrase moi competido e con pronóstico incerto xa que logo dun inicio titubeante o Cidade recuperou o seu nivel habitual. O conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” afronta a semifinal con “ambición de meternos na final e conscientes que estamos ante un rival perigoso ao que debemos presionar con con orden e intensidade. É un equipo que sabe aproveitar moi ben as súas cualidades e penalizar as concesións dos
16 de febreiro de 2016
O Cidade As Burgas elimina ao campión e logra o pase á final da Copa Galicia
O Cidade As Burgas logra o pase á final da Copa Galicia tras derrotar por 0-1 ao Burela Pescados Rubén cun solitario gol de Candela na primeira parte. O conxunto burelés perdoou en exceso, sobre todo nunha primeira parte que comezou con acoso laranxa sobre a meta ourensá. Dous disparos de Peque, unha ocasión de Dany e un disparo ao pau de Bea Mateos foron a carta de presentación local que Manolo Codeso cortou solicitando un tempo morto que centrou ao seu equipo.
Mantívose o dominio local aínda que sen tanto perigo e na primeira aproximación visitante chegou o decisivo gol de Candela. Tras un córner, o balón quedou solto no área burelesa e Candela fusilou a Andrea para situar o 0-1, minuto 10. O Burela Pescados Rubén acusou o golpe momentáneamente aínda que o Cidade mantivo o seu guión esperando en 12 metros a súa ocasión ao contragolpe. As burelistas non conseguían atopar espazos nin xerar excesivo perig
17 de febreiro de 2016
O Burela Pescados Rubén regresa á Liga na cancha do Jumilla B. Carchelo
O Burela Pescados Rubén regresa á competición ligueira visitando a cancha do Jumilla B. Carchelo, duelo correspondente á xornada 21 e que se disputa o venres día 19 a partir das 21.15 horas no pavillón Carlos García Ruíz.
O técnico burelés espera un partido “máis difícil do que indica a clasificación e do que moita xente poida pensar. É certo que é un equipo que está abaixo, pero os seus resultados na casa indican as dificultades de todos os seus rivais para poder sacar de alí os puntos. En Jumilla perdeu o Aspil Ribera, empatou o FC Barcelona Lassa e o Palma Futsal gañou nos instantes finais. Creo que será un partido moi igualado e que se resolverá por detalles m
18 de febreiro de 2016
Fotografía: Prensa Jumilla B. Carchelo
O Burela Pescados Rubén conquista tres importantes puntos na súa visita a Jumilla
Importante vitoria do Burela Pescados Rubén na pista do Jumilla Bodegas Carchelo por 1-5 nun duelo que os mariñaos sentenciaron no tramo final. O choque comezou cun Burela concentrado que soubo conter o entusiasmo local nos primeiros compases e tras uns minutos os laranxas apropiáronse da posesión e mostraron a súa mordente ofensiva. Fede contivo as primeiras embestidas visitantes aínda que nada puido facer ante o detalle de calidade de Iago Rodr
19 de febreiro de 2016
Cidade de Narón, obstáculo cara á final da Copa Irmandiña
O Burela FS Pescados Rubén visitará mañá a pista do Cidade de Narón, de Segunda, nas semifinais da Copa Galicia (municipal da Gándara, 21.15 horas). Os da Mariña colocáronse a un paso da final tras impoñerse ao Bembrive FS o pasado 9 de febreiro, por 3-5 con dianas de Antoñito, Bruno, Chano, Chino e Isi; pola súa banda, os de Narón venceron en cuartos ao Parrulo (4-2). “Chegar á final é un obxecti
23 de febreiro de 2016
Foto: Adán Puentes
Os laranxas axéncianse o primeiro billete para o título galego
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu onte o primeiro billete para a finalísima da Copa Galicia, tras impoñerse 2-5 sobre o Cidade de Narón en terras ferrolás, con firma goleadora de Petry, Chano por partida dobre, Iago Rodríguez e Isi. Os locais adiantáronse no marcador en xogada de estratexia nas zapatillas de Álex, antes de chegar á medianía do primeiro período, pero axiña conseguiron igualar a contenda os mariñáns, con finaliza
25 de febreiro de 2016
Festa galega antes do descanso
O Burela FS Pescados Rubén volve á competición mañá con festa galega na pista do Poio Pescamar FSF (18.30 horas, A Seca), antes dun novo descanso polos compromisos das seleccións autonómicas Sub-21, coa a fase final en xogo a próxima semana (Parla, 5-6 de marzo). Continuando sen tregua na segunda praza (47 puntos), sen perder de vista o liderado, as pupilas de Lucas visitan o antigo equipo de Ceci, que ocupa a novena praza (20 pun
26 de febreiro de 2016
Aperitivo de Copa de España en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén saltará mañá ao seu mausoleo, na 22ª xornada de Primeira LNFS, para medirse ao Catgas E. Santa Coloma nun duelo que promete moita emoción, entre rivais directos para o play off e como aperitivo da Copa de España Guadalajara 2016. O encontro poderá seguirse en directo a través de lnfsdirecto.com (18.30 horas). Os de Daniel Ibañes pelexarán por man
26 de febreiro de 2016
Burela FS Pescados Rubén 1- 6 Catgas Santa Coloma
O Burela FS Pescados Rubén caeu esta tarde na visita do Catgas Santa Coloma, cun excesivo castigo. A entrega dos laranxas non puido neutralizar a un equipo de gran potencial ofensivo que viviu en Vista Alegre o partido soñado, adiantándose xa antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo, cun gardameta que o parou todo ante as innumerables ocasións dos galegos e o acerto de Adolfo, con póquer no definitivo 1-6. Xerro de auga fría nada
27 de febreiro de 2016
Axustado triunfo das mariñás en Poio (4-5)
O Burela FS Pescados Rubén regresa esta noite da festa irmadiña en Poio con outros tres puntos e un axustado marcador de 4-5, resultado que nada facía presaxiar ao descanso da cita, con renda de 0-4 para as laranxas. Pouco tardaron as mariñás en poñer de cara a cita, con dobre diana xa no minuto 6, primeiro da ex do Poio, Ceci, asistida desde a banda, e despois con Dany, tras contra iniciada por Bea Mateos. Superado o ecuador da pri
27 de febreiro de 2016
Muras e Covas, primeiras paradas de 'Descubre o Fútbol Sala'
O Burela FS Pescados Rubén volve apostar un ano máis como unha das súas principais prioridades polo programa ‘Descubre o Fútbol Sala’ para promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre o estudantado dos centros de ensino de dentro e fóra da Mariña. O CEIP Antía Cal Vázquez de Muras e o viveirense de Covas foron as primeiras paradas da Familia Laranxa nesta nova edición que arrancou tras o Entroido. Representa
29 de febreiro de 2016
20 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores