Noticias
Arquivo de Febreiro 2017
Apúntate á ruta 'De Derbi en Derbi'
Todos os afeccionados/as que queiran asistir aos partidos dos equipos masculino e feminino de Primeira División este sábado, 4 de xaneiro, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS coa ruta laranxa por Galicia ‘De Derbi en Derbi’. O equipo masculino enfrontarase ao Santiago Futsal en Santa Isabel, 13.15 horas, e o feminino farao fronte ao Cidade das Burgas, 20.00 horas, nos Remedios. O club poñerá
1 de febreiro de 2017
Cadete C 2016-17
Horarios de base
Consulta aquí os horarios da fin de semana (4-5 de febreiro).
1 de febreiro de 2017
Despedida do Pescados Rubén na Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS despediuse onte da XXVI Copa Galicia no último chanzo cara á final, fronte a un Ourense Envialia que despregou un gran ritmo (6-0). O primeiro finalista coñecerá o seu rival hoxe, que se decidirá na outra semifinal, entre Poio Pescamar FS e o Cidade das Burgas, no pavillón da Seca a partir das 20.15 horas. “Arrastramos a carencia e dificultade de toda a tempada, o gol, pero medímonos ante un Ourense moi intenso en de
1 de febreiro de 2017
Espectáculo irmandiño en Teledeporte
O Pescados Rubén volve á liga con espectáculo irmandiño en Teledeporte, será o sábado, día 4, ás 13.15 horas (pavillón Santa Isabel) en casa do Santiago Futsal, un vello coñecido do novo capitán da escuadra laranxa, Tomás de Dios. “Será un derbi cheo de emocións. Santiago é a miña casa deportiva e Santi Valladares é un grande amigo e un irmán deportivo, nestes 25 anos que levo no fútbol sala. Os días previos a este tipo de citas sempre son moi
2 de febreiro de 2017
O Pescados Rubén repite parada nos Remedios, coa liga en TVG2
O Pescados Rubén Burela FS repite esta semana parada no pavillón ourensán dos Remedios arrancando a segunda volta de Primera RFEF con arrecendo galego e ante a mirada de TVG2 (sábado 4, 20.00 horas). Tras despedirse da Copa Galicia en semifinais co Ourense Envialia (6-0), as laranxas veranse as caras co outro apeado da cita irmandiña, o Cidade das Burgas, que caeu co Poio Pescamar (4-0). Fuxindo deste sabor amargo, ambos os conxuntos chegan en
3 de febreiro de 2017
Fotografía: Prensa Santiago Futsal
Vitoria do Santiago Futsal por 3-0 ante o Pescados Rubén Burela
O derbi galego comezou cun ritmo frenético por ambos equipos que presionaron con moita intensidade ao seu rival e nas primeiras accións o Pescados Rubén xerou máis perigo sobre a meta defendida por Chema. Hélder gozou da mellor oportunidade pero a resposta compostelá non se fixo esperar por mediación de Dani Montes pero foi Álex Diz o encargado de inaugurar o marcador con un disparo intelixente que sorprendeu a Álex, minuto 6. O 1-0 non variou o
4 de febreiro de 2017
O Pescados Rubén Burela imponse por 2-5 ao Cidade As Burgas
O derbi galego comezou cun Cidade As Burgas levando a iniciativa no xogo ante un Pescados Rubén Burela que esperaba en propia pista coa idea de conter o empuxe inicial das locais. Iria e Candela avisaron do perigo local pero o seu dominio foise diluíndo co paso dos minutos e as mariñás comezaron a igualar a contenda. A primeira aproximación con perigo chegou por mediación de Bea Mateos que non conectou ben a volea tras un saque de esquina. Tras s
4 de febreiro de 2017
Ás portas dunha final
O Pescados Rubén Burela FS esgotará mañá os seus cartuchos para facer de novo historia, ás portas da final de Copa do Rei. Magna Gurpea espera aos pupilos de Tomás de Dios en Anaitasuna para disputar o partido de volta de semifinais, a partir das 20.00 horas. Non se presenta como unha tarefa nada doada para os mariñáns, que terán que loitar contra a vantaxe para os de Imanol Arregui en Vista Alegre por 1-5, pero o capitán laranxa, Iago Míguez,
6 de febreiro de 2017
Últimos resultados de base
Consulta aquí os resultados do 4-5 de febreiro.
7 de febreiro de 2017
Foto: Magna Gurpea
A proeza laranxa non se cumpre na Copa
O Pescados Rubén Burela FS non puido cumprir a proeza de coarse na final de Copa do Rei. Os mariñáns, que viaxaban a Anaitasuna con desvantaxe de 1-5 fronte ao Magna Gurpea, caeron esta tarde por 3-0 no partido decisivo. Os navarros mediranse na gran cita a ElPozo Murcia con senllas vitorias ante Levante UDDM, 1-10 e 3-4. “Era moi difícil pero tiñamos que intentalo e tiñamos que provocar case un imposible, pero as circunstancias non
7 de febreiro de 2017
En busca del punto de inflexión
Tan só tres días despois de despedirse do billete final de Copa do Rei con Magna Gurpea, o Pescados Rubén Burela FS volverá verse as caras cos navarros mañá, en Vista Alegre (21.00 horas), na busca de aires positivos en liga: “Para nós este partido ten que ser un punto de inflexión para romper esta mala racha sen coñecer a vitoria e cos últimos partidos sen marcar goles” advertía a última incorporación laranxa, o pivote José Carlos.
9 de febreiro de 2017
Cadete A 2016-17
Horarios das Xoias Laranxas
Consulta aquí os horarios dos partidos de base (10-12 de febreiro).
10 de febreiro de 2017
Vista Alegre, a proba ante o líder
Vista Alegre completará mañá outra Fin de Semana Laranxa coa visita do Atlético de Madrid (18.30 horas), que recalará na Mariña na 17ª xornada imbatido e liderando a táboa de Primeira RFEF, para brindar máis emoción aos sempre espectaculares duelos entre laranxas e branquivermellas. Nunha das grandes citas da tempada, as mariñás intentarán dar continuidade ao bo inicio de 2017 na cuarta praza, cumprindo coa quinta vitoria consecu
10 de febreiro de 2017
Pescados Rubén 0-5 Magna Gurpea
A ineficacia de cara a gol e as faltas innecesarias convertéronse nunha lousa demasiada pesada para o Pescados Rubén Burela FS esta noite en Vista Alegre, fronte á orde defensiva e a solvencia nas transicións do Magna Gurpea (0-5). Os mariñáns ofreceron intensidade e dispuxeron de ocasións ante un rival que conseguiu avantaxarse 0-3 ao descanso, con dúas xogadas de estratexia e un contragolpe. No minuto 8, Yoshikawa deulles a vantaxe
10 de febreiro de 2017
Pescados Rubén 1-2 Atlético de Madrid
Vista Alegre gozou esta tarde dun grande espectáculo dentro e fóra da pista cun gran Pescados Rubén Burela FS ao que lle sobraron tres minutos fronte ao liderado do imbatido Atlético de Madrid Navalcarnero (1-2) para dar continuidade á boa racha de 2017. As mariñás mereceron máis nunha pugna con dobre fronte inimiga, a posesión madrileña e as polémicas decisións arbitrales, con reiterados fallos de reuglamento. Viviu Pescados
11 de febreiro de 2017
Resultados das Xoias Laranxas
Consulta aquí os resultados de base (10-12 de febreiro).
13 de febreiro de 2017
Fronte ao muro blaugrana
A 20ª xornada de Primeira LNFS tenlle preparado xa ao Pescados Rubén Burela FS o colosal reto de plantar cara ao muro do FC Barcelona Lassa mañá, a partir das 20.00 horas, no Palau Blaugrana, con emisión de Esport 3. Os cataláns recibirán no seu feudo aos laranxas coa intención de recuperar o trono da táboa logo de ceder o liderado a Movistar Inter coa sorpresa do empate na casa do Gran Canaria FS (6-6). “Ir ao Palau pensando que
14 de febreiro de 2017
FC Barcelona 6-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS competiu e sufriu ata o último segundo no Palau (6-2) pero non puido dar a sorpresa fronte a un dos todopoderosos da liga. Despois do empate en Gran Canaria, o Barcelona recibiu os laranxas, sen marxe para o máis mínimo descoido, reafirmando a súa autoridade e a súa fortaleza sen contemplacións. “Concedemos demasiadas facilidades preto da nosa portería a un equipo superior como é Barcelona; así chegaron 3 d
15 de febreiro de 2017
Vista Alegre recibe o Jáen con 10 finais por diante
O Pescados Rubén volve a Vista Alegre mañá (18.30 horas), logo da visita ao Palau do mércores, coa visita do Jáen Paraíso Interior, que recala na Mariña na quinta praza (36 puntos). “Temos que encarar xa esta recta final de liga; son 10 xornadas e 10 finais” advertía o técnico laranxa, Tomás de Dios, depositando a fortaleza do cadro mariñán na Bomboneira: “O bo de ter compromisos tan seguidos é que cada tres días nos podemos reivindicar e iso
17 de febreiro de 2017
Pugna polo podio
O Pescados Rubén Burela FS vivirá un dos grandes duelos da xornada 18 de Primeira RFEF este domingo na pista do Ciudad de Alcorcón FSF, na pugna polo bronce do podio, custodiado polas locais con 39 puntos, fronte aos 36 das mariñás. O encontro comezará ás 13.00 horas en Los Cantos. “Estámonos xogando o terceiro e cuarto posto, vai ser un partido moi emocionante e disputado” adiantaba a capitá laranxa, Bea Mateos. En Vista Alegre,
17 de febreiro de 2017
O Jaén Paraíso Interior vence por 2-4 en Vista Alegre
O duelo comezou cun ritmo alto por parte de ambos conxuntos que presionaban con eficacia ao seu rival e non permitían ocasións. A igualdade era a tónica dominante ata que o Pescados Rubén sorprendeu ao Jaén co xogo de cinco. O canteirán Hélder abriu o marcador cun potente zurdazo que fulminou a Dídac, minuto 6. Co 1-0 a escuadra local asentouse mellor no partido que os visitantes que non lograban conectar o seu xogo ante as diferentes defensas su
18 de febreiro de 2017
Fotografía: AD Alcorcón FSF
Reparto de puntos nun vibrante duelo en Los Cantos
Crónica. Gustavo Voces. ACFSF Competido encontro entre o AD Alcorcón e Pescado Rubén Burela co que se pechaba a xornada ligueira en Primeira División. O choque comezou con gran equilibrio sobre a cancha, aínda que, o combinado lucense conseguía adiantarse aos tres minutos de xogo, por mediación de Dany, culminando unha veloz contra da escuadra laranxa. Luján e Vadillos con remates de media distancia probaban sorte para as alfareiras
19 de febreiro de 2017
Últimos resultados de base
Consulta aquí os resultados de base da fin de semana.
20 de febreiro de 2017
Tomás de Dios: 'O Peñíscola é o equipo máis completo ao que nos enfrontamos dende a miña chegada'
O Pescados Rubén Burela FS afronta unha final máis no seu obxectivo de afastarse dos postos de perigo, este sábado, nun duelo de sendas opostas, na pista do Peñíscola RehabMedic, sexto clasificado (39 puntos). “O Peñíscola é o equipo máis completo ao que nos imos enfrontar desde a miña chegada”, advertía o técnico laranxa, Tomás de Dios. A cita da 22ª xornada de Primeira LNFS, que arrincará ás 18.00 horas, poderá seguirse en directo po
24 de febreiro de 2017
Fotografía: Prensa Peñíscola. LNFS
O Peñíscola vence por 5-1 ao Pescados Rubén Burela
O Peñíscola Rehabmedic fraguó a súa vitoria nunha primeira parte equilibrada pero que reflectiu a racha de ambos equipos. Os locais amosaron a súa eficacia ofensiva e a súa fortuna mentres que o Pescados Rubén Burela non atopaba o último pase para xerar situacións de perigo e coa fortuna en contra. Moi pronto chegou a primeira embestida local xa que aos 2 minutos Rubén Orzáez situaba o 1-0 que encarrilou o triunfo local. O conxunto galego buscou
25 de febreiro de 2017
25 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores