Noticias
Arquivo de Febreiro 2018
Álex: 'O Bisontes non está no seu mellor momento e iso faino aínda máis perigoso'
O Pescados Rubén Burela FS mídese mañá (17.30 horas, Ciutat de Castelló) o Bisontes Castellón na 19ª xornada de Segunda LNFS, buscando dar continuidade ao seu bo inicio da segunda volta, desde a sexta posición (33 puntos). “Agora non están no seu mellor momento e iso fainos máis perigosos aínda, porque quererán cambiar xa a dinámica que levan e máis na casa” advertía o meta Álex do rival, que ocupa a 11ª praza (25 puntos), con catro derrotas á
2 de febreiro de 2018
Volta á pista, con Majadahonda para estrear a segunda volta
Después del descanso liguero por la fase previa del Nacional Sub-21 de Selecciones Autonómicas, el Pescados Rubén Burela FS vuelve a la pista mañana en Majadahonda para estrenar la segunda vuelta con buenas sensaciones (La Granadilla, 20.00 horas). “Venimos de un parón y creo que hay que cambiar la mentalidad. Empezar de cero y a ver si la segunda vuelta se nos da mejor”, explicaba la capitana Bea Mateos, tras el tropiezo en Alcorcón (6-1).
2 de febreiro de 2018
Presentación do Campionato de España de Seleccións Sub-17 Feminino
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, participou esta mañá na presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17 Feminino (A Mariña, 7-11 de febreiro), que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial de Burela. Desde a entidade laranxa, o máximo dirixente agradeceu a implicación da Real Federación Galega de Fútbol e das Administracións por facer realidade un evento desta magnitude na Mariña e reafirmou
2 de febreiro de 2018
Juanma Marrube: 'Sacamos os tres puntos nunha cancha moi difícil'
O técnico de Pescados Rubén Burela analizou a vitoria do seu equipo por 0-2 na pista de Bisontes Castellón. Juanma Marrube felicitou os seus xogadores polo traballo que realizaron sobre o 40x20 e recoñeceu os méritos dun rival ao que non fixeron afincar o xeonllo definitivamente ata o minuto 37. "Sacamos os tres puntos nunha cancha moi difícil, ante un equipo como Bisontes Castellón que sabe moi ben ao que xoga. É un equipo que me gusta moi
4 de febreiro de 2018
O Burela FS se achégase ao líder en Primeira e gaña un posto en Segunda
Os dous equipos do Pescados Rubén-Burela volveron á casa cun sorriso de orella a orella. O conxunto feminino, por unha vitoria na cancha do Majadahonda que lle permitiu volver situarse a só tres puntos do líder Atlético de Madrid, sorprendido polo Poio Pescamar (2-3), mentres que o plantel masculino atopou unha valioso triunfo na pista do Bisontes Castellón que o empuxa na clasificación antes de disputar o segundo e último derbi lucense da tempad
4 de febreiro de 2018
Semana de derbis, con Noia e Copa Galicia no horizonte
O Pescados Rubén Burela FS estrea mañá a competición da semana con cuartos de Copa Galicia nunha semana con arrecendo irmandiño. O conxunto de Juanma Marrube visitará o Noia Portus Apostoli (municipal, 21.00 horas) co ronsel dun novo paso na liga, coa vitoria a domicilio fronte ao Bisontes Castellón (0-2). “Calquera partido de Copa Xunta é unha
5 de febreiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí como foi a fin de semana para as Xoias Laranxas
5 de febreiro de 2018
Boas sensacións
“As sensacións foron boas en liñas xerais. Creáronnos moi poucas ocasións, algo que nos reforza moito. No aspecto defensivo estivemos moi ben e encaixamos o gol na recta final, aínda que ofensivamente non estivemos todo os fluídas que podiamos estar. A lectura é positiva e moito máis vendo os resultados que se deron na xornada” explicaba Julio Delgado no inicio da semana tras o 1-4 recollido en Majadahonda e coa derrota do líder, Atlético de M
5 de febreiro de 2018
Sofía, anfitrioa da Irmandiña no Campionato Nacional Sub17 (A Mariña, 7-11 de febreiro)
A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Sofía Vázquez exercerá de anfitrioa da Irmandiña esta semana no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17 que acollerá a bisbarra da Mariña dende mañá e ata o domingo, con sedes en Burela, Viveiro e Foz. A moza ribadense, que realizou onte o último adestramento co cadro galego, incorporarase á expedición mañá a mediodía, nun plantel que tamén contará coas xogadoras do filial, Comarcal A Ferven
6 de febreiro de 2018
Horarios de base
Consulta aquí os partidos do Entroido
7 de febreiro de 2018
Pase á final galega con 2-5 ante Noia
O Pescados Rubén Burela FS fíxose co terceiro billete en pugna para a fase final de Copa Galicia onte, na pista do Noia Portus Apostoli (2-5). “Foi unha vitoria moi traballada” explicaba o técnico Juanma Marrube. “Atopámonos co 1-0 nas poucas ocasións que tiveron os locais no primeiro tempo e talvez nos entrou un pouco a présa, tendo no recordo o partido de liga no que tamén nos vimos co marcador en contra. Na segunda parte, empa
7 de febreiro de 2018
Hélder: 'Vai ser un partido duro e rifado'
O Pescados Rubén Burela FS recibe este sábado o Prone Lugo en Vista Alegre nun derbi galego de contrastes ante a mirada de TVG2 (19.00 horas), entre a quinta praza (36 puntos) dos laranxas e a penúltima dos da capital (10 puntos). “Vai ser un partido máis duro e rifado. Prone virá moi motivado, non só por ser un derbi senón pola necesidade de puntos e querendo dar un paso adiante despois da vitoria ante Manzanares” explicaba Hélder facendo ref
8 de febreiro de 2018
Duelo no cumio para inaugurar a Tarde Laranxa
O Pescados Rubén Burela FS abrirá a Tarde Laranxa este sábado con emoción de duelo no cumio de Primeira RFEF. Será ás 16.30 coa visita do UA Alicante, que custodia a segunda praza, con tan só 1 punto de vantaxe sobre as de Julio Delgado e Lucas. A cita poderá seguirse a través da web de TVG e dará paso ao derbi lugués de Segunda LNFS, fronte ao Prone Lugo (19.00 horas, emisión en directo TVG2). “Vai ser un partido moi complicado.
9 de febreiro de 2018
Punto importante aínda que con sabor agre
O Pescados Rubén Burela FS rabuñou esta tarde un punto importante na visita do segundo clasificado, UA Alicante, a Vista Alegre cun empate, que tamén deixa un sabor amargo nas filas laranxas, tras recuperarse con porteira xogadora na recta final e encaixar o definitivo 2-2 coa mesma estratexia para as rivais. “Remontamos un partido co 5 para 4, fixemos fronte a un gran equipo que nos esixiu moito, pero tamén perdemos dous puntos en algo que temos
10 de febreiro de 2018
Máis de tres puntos
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu cos tres puntos no derbi galego disputado esta tarde en Vista Alegre fronte a Prone Lugo (3-0) cunha xornada na que os resultados da zona alta empoleiran os de Juanma Marrube á segunda praza, empatados a 39 puntos con ElPozo. Os laranxas tiveron que estrelarse unha e outra vez contra un rival que expuxo pouco con pelota e moito con defensa en media cancha, un encontro ao que os mariñáns non están a
10 de febreiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base durante o Entroido.
12 de febreiro de 2018
Calendario de base
Consulta aquí os horarios de base para o 17-18 de febreiro.
15 de febreiro de 2018
Dany: 'UCAM preséntase como unha nova oportunidade, a liga está moi aberta'
O Pescados Rubén Burela FS visitará este sábado, na xornada 18ª de Primeira RFEF, o UCAM EP Murcia FSF (pavillón José María Cagigal, 18.00 horas). “UCAM preséntase como unha nova oportunidade; a liga está moi aberta, cada vez máis apertada e interesante, todo é posible. Temos que manter a cabeza tranquila, coa mentalidade positiva, pero sen deixar escapar puntos valiosos, como deixamos o sábado na casa” advertía Dany, incidindo na proximidade
15 de febreiro de 2018
Defensa da segunda praza ante un Barcelona ferido
O Pescados Rubén Burela FS defenderá a segunda praza (39 puntos) este sábado, na pista dun FC Barcelona B Lassa ferido, que chega á xornada 21 de Segunda LNFS ocupando a quinta posición (36 puntos) con tres derrotas consecutivas. A cita arrincará ás 16.00 horas na Cidade Deportiva Joan Gamper. “Todo está sendo moi igualado e Barcelona preséntase como outro reto difícil, aínda que creo que chegamos nun bo momento e con ganas de co
16 de febreiro de 2018
Ourense e O Esteo, rivais laranxas de semifinais de Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS coñeceu a identidade dos seus rivais de semifinais de Copa Galicia onte pola tarde na reunión mantida na Real Federación Galega de Fútbol. Ourense Envialia será o inimigo a bater para as pupilas de Julio Delgado e Lucas; o cadro de Juanma Marrube medirase ao Esteo. A fase final da cita irmandiña feminina disputarase o sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril, con Cidade das Burgas-Poio Pescamar como protagon
16 de febreiro de 2018
Semana sen liga, semana de Seleccións
A liga de Primeira RFEF volverá descansar a vindeira semana, coincidindo coa fase final do Campionato de España de Seleccións Sub-21 que se disputará en Cataluña (24 e 25 de febreiro). Galicia pelexará polo título tras conseguir a clasificación en Redondela a finais de xaneiro, coa laranxa Judith como capitá. O municipal de Salou acollerá a cita; o sábado 24 pola mañá disputaranse as dúas semifinais: Andalucía-Murcia (10:00) e Cat
16 de febreiro de 2018
Barcelona B 5-4 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido seguir coa dinámica positiva da segunda volta. Foi na pista do Barcelona B Lassa (5-4) na xornada 21, nunha cita na que os locais levaron a batuta no electrónico desde os compases iniciais. O cadro de Juanma Marrube reaccionou con contundencia superado o ecuador da segunda parte, atopou o 5-4 con porteiro xogador no 37 e dispuxo de ocasións ata o suspiro final. Dúas boas defensas situáronse
17 de febreiro de 2018
Foto: JM Álvez
UCAM Murcia 1-4 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS recuperou esta tarde os tres puntos e as boas sensacións na pista do UCAM Murcia (1-4) nun encontro moi controlado e serio, con boa defensa e boas transicións. As laranxas impuxéronse con solvencia dándolle tranquilidade ao electrónico na segunda parte, tras o 0-1 ao descanso. As de Julio Delgado e Lucas viviron os primeiros compases ante un UCAM tamén forte, cun par de man a man que Ana Romero resolveu per
17 de febreiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base da fin de semana.
19 de febreiro de 2018
O fútbol sala laranxa entra nas aulas de Castro de Rei e Burela
A semana comezou de forma diferente para o Pescados Rubén Burela FS con visitas ao CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei e ao IES Monte Castelo de Burela. Edu, Hélder e Sara Correia, xunto ao monitor de base Simón Martínez, estrearon as visitas de 'Coñece o Meu Club' compartindo a súa maior paixón esta mañá cos máis de 80 alumnos/as de entre 3 e 12 anos, acompañados polo seu mestre de Educación Física, o burelao Jairo Campo. O est
19 de febreiro de 2018
Partidos da semana
Consulta aquí os partidos para esta semana
21 de febreiro de 2018
Judith repite entre as 12 irmandiñas, na pelexa polo Nacional
A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith volverá vestir a camisola irmandiña, para disputar a fase final do Campionato de España Sub-21 esta fin de semana en Salou. A expedición galega, dirixida  por Pili Cotsa, partirá o xoves pola noite dende A Coruña rumbo á localidade tarraconense. Será o sábado ás 12:00 horas cando o equipo salte á cancha do Polideportivo Municipal de Salou para enfrontarse en semifinais á
21 de febreiro de 2018
A Bomboneira fronte ao potencial ofensivo de Rivas
A Bomboneira e o Pescados Rubén Burela FS poñeranse a proba este sábado (Vista Alegre, 18.30 horas) fronte ao potencial ofensivo de Rivas Futsal. O segundo máximo goleador de Segunda LNFS chegará á Mariña na sétima praza (39 puntos) buscando rubir en zona de play off, con 4 puntos de desvantaxe coa segunda praza dos de Juanma, empatados con Barcelona e ElPozo. Os laranxas queren recuperar a excelente dinámica de 2018.”Estabamos n
22 de febreiro de 2018
Nito, reclamado por España Sub-19
O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Néstor Valle Gómez, Nito, foi reclamado pola Selección Española Sub-19. O ala laranxa formará parte da concentación que terá lugar en Piestany (Eslovaquia) entre o 4 e o 8 de marzo. Antes de pór rumbo á convocatoria vermella Nito, asiduo na dinámica de traballo do equipo de Segunda LNFS, tamén adestrará co combinado irmandiño na súa preparación para a fase final do Nacional. Será o luns 26, en Or
23 de febreiro de 2018
29 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores