Noticias
Arquivo de Febreiro 2019
Cita de extremos antes do descanso ligueiro
O Pescados Rubén Burela FS visitará a pista do AD Sala Zaragoza o domingo (12.30 horas, La Granja), na xornada 17 de Primeira Liga Foro 16 Feminismo, antes do descanso ligueiro con motivo do Europeo (Gondomar, 15-17 de febreiro). As Guerreiras Laranxas buscarán defender o liderado (45 puntos) e a vantaxe de 3 puntos co Futsi Atlético Navalcarnero fronte ao penúltimo da táboa (5 puntos), nunha cita de extremos. “Vai ser un partido mái
1 de febreiro de 2019
Iago e Walter, subcampións provinciais coa Mariña Alevín
Os burelistas Iago López e Walter Gonçalves fixéronse co título de subcampións provinciais co combinado da Mariña Alevín. Resultados do Campionato Alevín Provincial de Seleccións Comarcais (Mondoñedo), disputado o mércores: Semifinal 1: A Mariña 7-2 A Terra Chá Semifinal 2: Lugo Centro 7-0 Lugo Sur 3º e 4º posto: A Terra Chá 3-2 Lugo Sur Final: A Mariña 2-4 Lugo Centro
1 de febreiro de 2019
Fernando, Saúl e Carlos conseguen o provincial coa Mariña Infantil
Novo éxito laranxa nos Campionatos Provinciais de Seleccións Comarcais. Os infantís Fernando Yanes, Saúl Fuente e Carlos González tamén conseguiron o título coa Selección da Mariña, Guitiriz acolleu a cita onte, cos seguintes resultados: A Mariña 2-1 Lugo Sur 3º e 4º posto: A Terra Chá* 3-3 Lugo Sur *Vencedora nos penaltis Final: A Mariña 4-2 Lugo Centro
1 de febreiro de 2019
Unha pedra no camiño para facerse máis fortes
Non podía durar sempre. Avisaban durante a semana Juanma Marrube e Renato do perigo do Bisontes Castellón e así foi. Os valencianos demostraron que querían máis, con contundencia e claridade de xogo, e conseguiron romper a imbatilibilidade dos de Juanma Marrube, que a pesar do 0-4 en contra se manteñen na pugna da primeira praza, con 42 puntos, empatados con Betis, tras o 10-2 ante Tenerife. Os laranxas responsabilizáronse da posesi
2 de febreiro de 2019
As laranxas impóñense ao Zaragoza cunha segunda parte irresistible (2-8)
As laranxas pechan a xornada 17 e chegan ao descanso pola Eurocopa custodiando a primeira praza de Primeira Liga Foro 16 Feminismo. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu tres novos puntos sobre o Sala Zaragoza, en postos de descenso, cunha segunda parte irresistible (2-8). Comezaron as de Juio Delgado e Lucas con demasiado tenteo ante un rival que soubo aguantar ben con 1-2, aínda que tras o descanso as galegas demostraron que querían ir a polo pa
3 de febreiro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base da fin de semana
4 de febreiro de 2019
Pitero, laranxa ata 2021
A última Xoia Laranxa en ingresar na escuadra de Segunda LNFS, Christian Rivas García, coñecido como Pitero, seguirá sendo laranxa ata 2021. O novísimo ala-pivote do Pescados Rubén Burela FS estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Juanma Marrube, na formalización da súa renovación para as dúas vindeiras tempadas. “Estou moi feliz por seguir dous anos máis e oxalá sexan máis. É o club no que medrei, estou aqu
5 de febreiro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios desta fin de semana.
7 de febreiro de 2019
A Tenerife para recuperar as boas sensacións
Os pupilos de Juanma Marrube chegarán esta tarde ás illas Canarias, no coliderado de Segunda LNFS (42 puntos), para medirse mañá ao pechacancelas da táboa, Dimurol Tenerife FS (1 punto). Un destino, a priori moi apetecible para recuperar as boas sensacións. A cita da xornada 20 poderá seguirse a través de lnfsdirecto.es a partir das 19.00 horas (hora peninsular). LIGAZ
8 de febreiro de 2019
XA É OFICIAL. Primeiro Convenio de Profesionais do Deporte Feminino en España
Xa é oficial. A Consellería de Economía, Emprego e Industria comunicou hoxe mesmo que o Convenio de Xogadoras Profesionais do Pescados Rubén Burela FS se axusta a dereito e queda rexistrado oficialmente. Deste xeito, convértese no primeiro Convenio Colectivo de Profesionais do Deporte Feminino en España. Moitas grazas á Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino por axudarnos a facelo realidade. Noraboa. Xunt@s som
8 de febreiro de 2019
O brillo laranxa en solitario de novo no cume
O Pescados Rubén Burela FS fixo esta tarde os deberes fronte ao pechacancelas de Segunda LNFS, Dimurol Tenerife. O conxunto mariñán recuperou as boas sensacións e a vitoria nas illas con 2-4. A derrota de Real Betis na visita de Santiago Futsal (1-2) a terras andaluzas concédelles aos de Juanma Marrube o liderado en solitario de novo, con 45 puntos. O encontro comezou con dominio burelista e acerto goleador tinerfeño. Os locais adia
9 de febreiro de 2019
Semana de Eurocopa
Conta atrás para a cita do ano. Este venres comezará a primeira fase final da Eurocopa Feminina de Fútbol Sala da UEFA en Portugal con catro seleccións que aspiran ao título e tres xogadoras do Pescados Rubén Burela FS entre as grandes protagonistas. Desde o pasado 27 de xaneiro, Jenny está concentrada co combinado anfitrión, Portugal. As laranxas Peque e Luci cumpren hoxe unha semana con España e desprazaranse o mércores á sede da g
11 de febreiro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana.
12 de febreiro de 2019
Venda anticipada para a visita do Betis
O Pescados Rubén Burela FS xa ten aberta a venda anticipada de entradas para o gran duelo de Segunda LNFS, coa visita do Real Betis Futsal a Vista Alegre (sábado 16, 17.00 horas). Ata o venres, día 15, ás 14.00 horas, os/as non socio/as poderán pasar pola sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) para adquirir a súa entrada. Prezo Non Soci@s Adult@: 10 euros Meno
12 de febreiro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana.
13 de febreiro de 2019  |  
Destacada
Onde ver a Eurocopa Feminina
Poderás gozar do torneo en todo o mundo grazas aos socios operadores da UEFA e ao streaming gratuíto dos partidos a través da canle de YouTube de UEFA.tv. https://www.youtube.com/user/UEFA Información Semifinais: 15 de febreiro: Rusia - España: 20:00 HEC/19:00 hora local Ucrania - Portugal
14 de febreiro de 2019  |  
Destacada
Súmate á Marea Laranxa con Mahou!
Desde o cume de Segunda LNFS, o Pescados Rubén Burela FS e Mahou únense no duelo deste sábado con Real Betis Futsal, no Partido Mahou (17.00 horas, TVG2 // www.lnfsdirecto.es). Vista Alegre asolagarase de cor para formar unha gran Marea Laranxa na bancada que impulsará os pupilos de Juanma Marrube nunha das xestas máis importantes da tempada, para defender o liderado ante un rival directo, un dos grandes candidatos ao ascenso, que recalará na Bo
15 de febreiro de 2019
Jorge Quelle, a polo Nacional Sub-16
O burelista Jorge Quelle xa está rumbo a Las Rozas para disputar con Galicia a fase final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16. Sábado 16 de febreiro 10.30 horas: Comunidade de Valencia-Rexión de Murcia (Pavillón Cidade Deportiva de Las Rozas) 12.30 horas: Galicia-Castela A Mancha (Pavillón Cidade Deportiva de Las Rozas) Domingo 17 de febreiro 10.30 horas: FINAL
15 de febreiro de 2019
Vista Alegre, talismán para defender a primeira praza (sábado 16, 17.00 horas)
Case todo a punto xa. Pouco máis de 24 horas restan para a gran cita da xornada 21 de Segunda LNFS. Vista Alegre subirá o pano o sábado ás 17.00 horas, coa atenta mirada de TVG2 e www.lnfsdirecto.es, como talismán para a defensa da primeira praza do Pescados Rubén Burela fronte a un dos seus rivais directos, Real Betis Futsal. Os pupilos do ex-técnico burelista Daniel Ibañes saltarán ao parqué da Bomboneira con
15 de febreiro de 2019
Un líder máis líder
O Pescados Rubén Burela FS deu un pequeno paso de xigante no seu periplo cara ao soño da elite, cos tres máis que valiosos puntos ante o titánico Real Betis Futsal (5-4). Así, os de Juanma Marrube continúan liderando a clasificación de Segunda, con 48 puntos, avantaxando en 6 os andaluces e en 5 o Manzanares, que empatou ante o pechacancelas, Dimurol Tenerife (3-3). O Vista Alegre das grandes ocasións non defraudou. Apoiou at
16 de febreiro de 2019
20 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores