Noticias
Arquivo de Marzo 2010
O meta Juan, novidade nos adestramentos de Galicia Sub-18
O gardameta do Burela FS xuvenil Juan Quiroga será a novidade laranxa no adestramento da Selección Galega Sub-18 previsto para hoxe, no pavillón compostelán de Pontepedriña (17.00 horas). Xunto a el tamén acudirá o burelista Manu, un habitual nas últimas convocatorias de Santiago Valladares. Completan a sesión preparatoria para a final do nacional (18-21 marzo, Melilla) Antonio Diz, Ángel Trabada e Jorge Pérez, do Azkar Lugo; Pablo Tal
1 de marzo de 2010
Homenaxe aos éxitos da canteira laranxa
O CD Burela FS homenaxeou o sábado pasado a Brais, Turero e Manu, os tres xogadores laranxas que se proclamaron campións de España con Galicia Sub-20 no recente nacional de Santiago de Compostela (14 de febreiro). Así, nun acto previo ao encontro da División de Prata Burela FS-Illescas, os directivos do club Manuel Blanco e Antonio Rodenas entregáronlles uns trofeos conmemorativos a estas promesas do fútbol sala, na pista de Vista Aleg
1 de marzo de 2010
Recepción oficial para os campións de España Sub-20 no concello de Burela
Os xogadores do Burela FS Manuel, Turero e Brais foron recibidos no consistorio burelao esta mañá polo alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de campións de España acadado coa Selección Galega Sub-20, o pasado 14 de febreiro. Os burelistas acudiron ao acto acompañados dos directivos da entidade Marcelino Luna e José Luís Sáez e do director da escola deportiva, Alfonso Mera.
2 de marzo de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FS-Burela FSXoves 4 de marzo, ás 19.30 horas, no pavillón das Roteas de Vigo   Liga Autonómica Infantil Burela FS-Barval FSSábado 6 de marzo, ás 18.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Deporte Escolar - EDM Burela FS Inf
3 de marzo de 2010
O Burela FS plantarase en Xixón co sexto xogador
O Burela FS ultima os preparativos para unha cita de vertixe que o trasladará á comunidade veciña de Asturias para enfrontarse ao Gijón-El Llano o domingo. Ás 12.00 horas, o cadro de Suso Rey plantarase na pista do Pazo dos Deportes co sexto xogador, a afamada afección laranxa, camuflado nas bancadas. Máis dun centenar de seareiros da peña A Pataca Naranxa animará o conxunto burelista
5 de marzo de 2010
Día Internacional da Muller en Burela
O Concello de Burela celebrará o Día Internacional da Muller (8 de marzo) con dous actos programados dende a súa delegación de Igualdade. O luns 8 de marzo, o auditorio da casa da cultura acollerá a proxección de curtametraxes “O cine delas” a partir das 20.30 horas, un ciclo no que se reflicte a visión do mundo dende a óptica feminina. Ao día seguinte, o vídeo “Memoria de muller” descubrirá a experiencia de cinc
5 de marzo de 2010
O equipo laranxa obsequia a afección desprazada ata Xixón co mellor partido da tempada
O Burela FS cumpriu o obxectivo que, de inicio, se marcara para a viaxe a terras asturianas. Coa vitoria por 1-6, os burelaos dan un paso moi importante para lograr a segunda praza de grupo. Os laranxas obsequiaron a afección desprazada ata Xixón co mellor partido da tempada e gañaron con contundencia a un El Llano que, non obstante, comezou adiantándose no marcador. Javi, Purao e Dani encargáronse de pór xa po
7 de marzo de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FS 9-4 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 1-2 Barval FS   Deporte Escolar - EDM Burela FS Infantil 6-4 EDM Riotorto Infantil - EDM Burela FS Alevín A 8-3 ACD Xove Alevín
8 de marzo de 2010
Manu e Juan preparan a equipaxe para o Campionato de España Sub-18
O ala Manu e o gardameta Juan representarán o Burela FS con Galicia na fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18 (Melilla, 18-21 marzo). Así llo comunicou a Federación Galega de Fútbol ao club mariñán a semana pasada, xunto á convocatoria para un novo adestramento, programado para hoxe, ás 17.00 horas, no pavillón de Pontepedriña, en Santiago de Compostela. Na convocatoria definitiva de Santiago Valladares t
8 de marzo de 2010
Sesión maxistral do Burela FSF coas alumnas do colexio Vista Alegre
O fútbol sala feminino de elite coouse hoxe pola mañá no colexio burelao de Vista Alegre a través da experiencia do Burela FSF Pescados Rubén. As xogadoras Claudia e Souza, a gardameta Irene e o segundo adestrador do equipo, Marcelo Santoro ‘Neco’, xunto ao directivo do club José Luís Sáez, compartiron unha clase maxistral coas rapazas de cuarto de primaria, continuando así o ciclo de visitas da entidade laranxa aos centros de ensino e es
10 de marzo de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Azkar LugoDomingo 14 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Cidade de Narón-Burela FS (xornada 10ª aprazada)Domingo 14 de marzo, ás 11.00 horas, no pavillón municipal da Gándara de Narón   Liga Autonómica Infa
11 de marzo de 2010
Xornada de descanso, sen riscos para a segunda praza laranxa
O Burela FS gozará esta fin de semana da súa xornada de descanso, a vixésimo cuarta do Grupo Norte de Prata, sen riscos para a súa actual segunda praza. Os pupilos de Suso Rey poden respirar tranquilos na súa parada ligueira; 45 puntos, con vantaxe de seis sobre os xixoneses –que aínda non descansaron-, proporciónanlles a suficiente seguridade para manter o seu status e continuar na tentativa de reducir distancias sobre a cabeza da táb
11 de marzo de 2010
O pechacancelas de Honra, Pinto Cellosa Torrejón, recala en Vista Alegre
No regreso de Honra tras o Nacional de Seleccións Territoriais, o Burela FSF Pescados Rubén retomará a competición en Vista Alegre mañá (18.30 horas) ante o Pinto Cellosa Torrejón, conxunto que chega á Mariña como pechacancelas da táboa. Javier Pardeiro disporá de todos os seus efectivos na vixésimo segunda xornada para defender a cuarta praza (39 puntos) ante un rival a priori accesible. Sumidas no descenso cun reconto de 5 puntos, as
12 de marzo de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
As burelás ven escapar o partido ante o Torrejón (1-2) no último minuto
Último minuto fatídico para o Burela FSF Pescados Rubén hoxe en Vista Alegre. As pupilas de Javier Pardeiro viron escapar o partido ante o pechacancelas de Honra, o Pinto Cellosa Torrejón (1-2), faltando corenta segundos para o asubío final. Nada facía presaxiar este desenlace. Co talismán de Vista Alegre, o cadro laranxa comezaba o encontro dominando, aínda que sen moita concentración. Pouco a pouco, as xogadoras burelistas atoparon a
13 de marzo de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 1-5 Azkar Lugo   Liga Autonómica Cadete Cidade de Narón 5-1 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Cidade de Narón 1-3 Burela FS   Deporte Escolar - EDM Barr
15 de marzo de 2010
Manu e Juan polen os últimos detalles con Galicia Sub-18 para a final nacional
Os xogadores do CD Burela FS Manu e Juan participarán hoxe no último adestramento da Selección Galega Sub-18 con vistas á final do nacional de Melilla, que comezará o vindeiro xoves, 18 de marzo, e rematará o domingo 21. Santiago Valladares dirixirá esta tarde a última sesión antes de enfrontarse, no Grupo 1, a Cataluña e Melilla; será ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Pontepedriña. No segundo grupo, bateranse Madrid, Andaluc
15 de marzo de 2010
O Burela FS difunde o fútbol sala a través da colaboración coas escolas da Mariña
Dentro do seu programa de promoción e impulso do fútbol sala na comarca da Mariña, o CD Burela FS vén de asinar senllos convenios de colaboración coa Asociación Cultural Deportiva Xove e o Concello de Cervo, a través das súas escolas futbolísticas. Ata Xove desprazouse o sábado pasado o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, que formalizou o acordo co presidente da asociación, José Manuel Blanco. No consistorio cervense a sinatura en
15 de marzo de 2010  |  Foto: Concello de Cervo
Estrea madrugadora para o Burela FSF na Copa de España Ourense 2010
Ao Burela FSF Pescados Rubén tocaralle madrugar na súa estrea da XVI Copa de España (Ourense, 9-11 abril). Os cuartos de final enfrontarán o cadro laranxa co Femesala Elche o venres 9 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón dos Remedios. O das pupilas de Javier Pardeiro será o segundo encontro da xornada inaugural da Copa. Dúas horas antes dará comezo a primeira cita, Cajasur Córdoba-Diamante Rioja, de onde sairá
16 de marzo de 2010
Terceira cita e terceira vitoria para os mariñáns na Copa Galega de Balompé
O equipo de fútbol sala da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña leva unha traxectoria imparable na IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’. A vitoria de onte, no pavillón burelao Monte Castelo, ante APEM Carballo (4-3) suma o terceiro triunfo do campionato para os mariñáns, que aínda non coñecen a derrota. No que vai de liga, o equipo que adestra Manuel Boullosa tamén se impuxo a Porta Nova (5-0) e APEM Cee (1-2), cuns
17 de marzo de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Os Meigallos FSDomingo 21 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Burela FS-Azkar Lugo (14ª xornada aprazada)Luns 22 de marzo, ás 20.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil CEIP Casás-Burela FSSábado 20 de
17 de marzo de 2010
As burelás mídense ao UCAM Murcia en duelo directo pola cuarta praza
O Burela FSF Pescados Rubén viaxa esta fin de semana ao Levante para medirse en duelo directo ao UCAM Murcia. O Pazo dos Deportes da capital acollerá o encontro entre o cuarto e quinto clasificado de Honra a partir das 19.15 horas do sábado. Un só punto lles dá a vantaxe e a cuarta praza ás murcianas (40) sobre as burelistas (39). O conxunto de Javier Pardeiro, sen mingua nos seus efectivos, debe loitar pola vitoria ante o perigo que o
18 de marzo de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
O cadro de Suso Rey recibe o Arenas Gáldar coas ausencias de Revilla e Manu
O cadro de Suso Rey recibirá este sábado o Colegios Arenas Gáldar, cuarto clasificado do Grupo Norte, coas ausencias de Revilla, por unha escordadura de nocello, e Manu, inmerso con Galicia Sub-18 na final do nacional de Melilla. O encontro arrincará ás 18.30 horas, en Vista Alegre. A vixésimo quinta xornada de Prata preséntase para el Burela FS como unha boa oportunidade de consolidar a súa segunda praza, ostentada con
18 de marzo de 2010
Reparto de puntos no duelo entre o Burela e o Gáldar
Burela e Gáldar selan un empate a catro tantos nun partido no que a figura do porteiro-xogador marcou o desenvolvemento do choque. Ambos os conxuntos iniciaron o choque cun respecto mutuo evidente pero o equilibrio disipouse cando Juanma materializou unha falta, minuto 4. Os laranxas comezaron a xerar perigo na meta defendida por Óscar que sufriu a efectividade local xa que Revilla, dúbida ata última hora, logrou bater a meta canaria
20 de marzo de 2010
O Burela Pescados Rubén cae no último minuto ante un Murcia favorecido polos colexiados
O Burela FSF Pescados Rubén perdeu por 5-4 na súa visita ao Ucam Murcia, que remontou o choque no último minuto con dous goles de Martika. O encontro estivo condicionado por unha arbitraxe caseira e as alternativas tanto no xogo coma no marcador. Mellor non podía comezar o duelo para as burelenses, xa que Lida inaugurou o marcador no primeiro minuto, tras roubar un balón e bater con calidade a Vane. O Burela soubo levar o control do x
21 de marzo de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Autonómica Cadete Burela FS 4-2 Os Meigallos FS Burela FS-Azkar Lugo (14ª xornada aprazada)Luns 22 de marzo, ás 20.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil CEIP Casás 3-1 Burela FS   Deporte Escolar - E
22 de marzo de 2010
Os burelistas Manu e Juan regresan á casa como subcampións de España Sub-18
Os burelistas Manu e Juan regresaron onte de Melilla como subcampións de España Sub-18 vestindo a camisola galega, tras caer na final do Campionato de Seleccións Territoriais por un axustado 6-5 ante Madrid. O combinado de Galicia quedou ás portas do título despois de realizar unha excelente final, aínda que si que se puido facer co Trofeo de Xogo Limpo. O cadro de Santiago Valladares conseguiu clasificarse para a gran cita despois de
22 de marzo de 2010
O fútbol sala feminino entra nas aulas do colexio Virxe do Carme
Integrado no programa de difusión deportiva do club laranxa, as alumnas do colexio burelao Virxe do Carme tiveron a oportunidade de compartir aula e pavillón, na mañá de onte, con membros do Burela FSF Pescados Rubén. O segundo preparador do equipo, Marcelo Santoro ‘Neco’, e as xogadoras Cuchi e Souza achegaron o mundo do fútbol sala ás rapazas de quinto e sexto de primaria, acompañados do xerente do CD Burela FS, Juan Carlos Modia. 
23 de marzo de 2010
A Pataca Naranxa tamén estará en Avilés
Baixo o lema ‘Mareona Naranxa, todos xuntos por unha ilusión’, a peña A Pataca Naranxa anima a toda a afección do CD Burela FS a viaxar a terras asturianas para apoiar o equipo mariñán no seu enfrontamento ante o Avilés Oquendo, o 27 de marzo, ás 17.30 horas, no complexo deportivo Xoán XXIII. A Pataca Naranxa empraza a todos os seus socios e socias para unha saída conxunta o vindeiro sábado, ás 15
23 de marzo de 2010
Viveiro aprende fútbol sala co equipo laranxa feminino
Unha pequena representación do Burela FSF Pescados Rubén trasladouse onte á cidade do Landro para visitar a sección de fútbol sala da Escola de Fútbol de Viveiro. O segundo adestrador do equipo laranxa, Marcelo Santoro ‘Neco’, a gardameta brasileira Jozi e a ala viveirense Lara compartiron un adestramento no pavillón municipal coas trece rapazas que compoñen o equipo cadete. O preparador burelista quedou gratamente sorprendido co excel
24 de marzo de 2010
Vista Alegre acollerá un amigable benéfico entre Galicia e Libia o 29 de marzo
O pavillón burelao Vista Alegre acollerá un amigable entre as seleccións de Galicia e Libia o vindeiro luns 29 de marzo, a partir das 21.00 horas, coa organización da Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do CD Burela FS. O encontro, de carácter benéfico, destinará a recadación para a reconstrución de Haití polo terremoto sufrido no pasado mes de xaneiro. A Selección Galega Absoluta de Fútbol
24 de marzo de 2010
Cinco burelistas representarán a Selección Galega ante Libia
O amigable benéfico por Haití entre a Selección Galega Absoluta de Fútbol Sala e Libia do vindeiro luns, 29 de marzo, brillará con cor laranxa e non só porque se dispute en Vista Alegre, senón tamén porque o combinado irmandiño contará con cinco representantes do CD Burela FS nas súas filas. Dous dos elixidos foron os xogadores Juanma e Revilla, que defenderán a camisola de Galicia na pista xunto ao g
24 de marzo de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Puerto Celeiro FS-Burela FSDomingo 28 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro   Liga Autonómica Cadete Autos Lobelle FS-Burela FSDomingo 28 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón de Restollal de Santiago de Compostela   Liga Autonómica Infantil
25 de marzo de 2010
O CD Burela FS fletará un autobús para a Copa de España de Ourense
O CD Burela FS, en colaboración coa peña Soles Laranxas, poñerá á disposición da afección un autobús, por xentileza de Autos Morán, para que as persoas que o desexen poidan desprazarse a Ourense, con entrada incluída, para presenciar o enfrontamento entre o Burela FSF Pescados Rubén e o Femesala Elche o venres 9 de abril, nos cuartos da XVI Copa de España. O bus partirá da estació
25 de marzo de 2010
O Burela FSF buscará os tres puntos fronte ao Teldeportivo antes de internarse na Copa de España
O Burela FSF Pescados Rubén buscará esta fin de semana os últimos tres puntos ligueiros, antes da xornada de descanso e de internarse na XVI Copa de España, fronte ao Teldeportivo FSF Preconte. Vista Alegre acollerá mañá o encontro entre as burelás, na sétima praza (39), e as canarias, na décimo terceira (13), a partir das 19.00 horas. A vixésimo cuarta xornada de Honra reunirá na bomboneira dous noveis na categoría co
26 de marzo de 2010
Os pupilos de Suso Rey visitan o desafortunado Avilés Oquendo
Os pupilos de Suso Rey visitan mañá, na vixésimo sexta xornada de Prata, a pista do desafortunado Avilés Oquendo, un rival que xa encadea catro derrotas consecutivas. O encontro dará comezo ás 17.30 horas, no Complexo Deportivo da cidade asturiana. O Burela FS buscará a vitoria antes do descanso de Semana Santa para conservar a renda da segunda praza (46 puntos) cos rivais máis próximos, Colegios Arenas Gáldar (39) e G
26 de marzo de 2010
Presentación do encontro polas vítimas de Haití Galicia-Libia
O Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación do amigable que disputarán as seleccións de Galicia e Libia en Burela o vindeiro luns, 29 de marzo (21.00 horas). O acto, encabezado polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Antonio Lobelle, tamén contou coa presenza do secretario da entidade, Diego Batalla; o coordinador autonómico de Cruz Vermella, Joaquín Varela; e o directivo do CD Burela F
26 de marzo de 2010  |  Foto: Xacobeo 2010 Lobelle
O equipo feminino volve á senda do triunfo en Vista Alegre (4-3)
O Burela FSF Pescados Rubén recuperou a sensación da vitoria en Vista Alegre ante o Teldeportivo FSF Preconte, logo dun encontro disputado ata o final. As de Pardeiro comezaron adiantándose no marcador con goles de Ro e Lucía, nos minutos 4 e 8. Pero pouco lles durou a alegría ás laranxas, que vían como primeiro Nira (2-1. Minuto 10) e inmediatamente despois Muni (2-2. Minuto 11) empataban a contenda mediado o primeiro tempo. O numeros
28 de marzo de 2010
O equipo feminino volve á senda do triunfo en Vista Alegre (4-3)
O Burela FSF Pescados Rubén recuperou a sensación da vitoria en Vista Alegre ante o Teldeportivo FSF Preconte, logo dun encontro disputado ata o final. As de Pardeiro comezaron adiantándose no marcador con goles de Ro e Lucía, nos minutos 4 e 8. Pero pouco lles durou a alegría ás laranxas, que vían como primeiro Nira (2-1. Minuto 10) e inmediatamente despois Muni (2-2. Minuto 11) empataban a contenda mediado o primeiro tempo. O numeros
28 de marzo de 2010
Vitoria incontestable do Burela FS en Avilés (0-7)
Os de Suso Rey deixaron ben claras as súas aspiracións de cara ao play off de ascenso cunha vitoria autoritaria na pista do Avilés (0-7), nun choque no que destacou a capacidade goleadora de Manu, con dous tantos de dobre penalti no último treito do partido. Tamén completaron as rotacións Turero e Brais, cunha notable intervención no xogo laranxa. Anotaron Cristian, Minu e André na primeira parte. Completaron a goleada Dani, de no
28 de marzo de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Puerto Celeiro FS 4-1 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Autos Lobelle FS 2-2 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 6-1 O Parrulo FS   Deporte Escolar
29 de marzo de 2010
42 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores