Noticias
Arquivo de Marzo 2011
Fernando López asume o cargo de xerente no CD Burela FS
A xunta directiva do CD Burela FS vén de nomear a Fernando López Otero como o novo xerente da entidade, a proposta do director xeral, José Luis Sáez. Fernando estivo acompañado polo vicepresidente, Manuel Blanco, na súa presentación na sede do club. A vinculación deste burelao, titulado en Actividades Físicas e Deportivas, coa entidade laranxa retrotráese a 2006, cando asumiu responsabildades no departamento de Mercadotecnia e Comunica
1 de marzo de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Narón FS-Burela FSDomingo 6 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón da Gándara de Narón   Liga Autonómica Cadete ED Vigo 2015-Burela FSAprazado   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS-CP CasásDomingo 6 de marzo,
2 de marzo de 2011
A Mariña FS 12-1 APEM Carballo
A Mariña FS impúxose onte ao APEM Carballo (12-1). Os tantos foron marcados por Jesús Javier García (1), Pablo Díaz (2), Juan Manuel Sánchez (1), José Angel Eiras (4), Roberto López (3) e Ramón Sixto (1), no referente ao equipo local, e por José Manuel Rama (1), por parte dos visitantes. Na tarde de onte reflectiuse, unha vez máis, a importancia do deporte para a mellora terapéutica dos usuarios das asociacións de Axuda ao Enfermo Ment
2 de marzo de 2011
Galicia Sub-23 abre o nacional con empate (3-3) ante Cataluña
Galicia abriu o Campionato de España de Seleccións nun bonito partido ante Cataluña con alternativa no marcador e que finalmente rematou con empate (3-3). A laranxa Lidia participou dende o cinco inicial irmandiño. O equipo galego saltou á pista máis decidido en ataque mentres que a selección catalá se empregou en tarefas defensivas ao comezo. Nos primeiros cincos minutos, aínda que sen ocasións claras, roldou o perigo na portería de S
2 de marzo de 2011
As galegas golean a Castela-A Mancha (2-11)
As galegas golearon hoxe a Castela-A Mancha (2-11), na segunda xornada do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, cun xogo doado e numerosísimas ocasións. A burelista Lidia contribuíu á perfecta finalización irmandiña co terceiro tanto. Aos 4 minutos Marta abriu ou marcador para Galicia. Cun claro dominio irmandiño, o segundo fíxose esperar ata o 11, que enseguida se converteu no 0-4. Esta vantaxe desencadeou nunha certa relax
3 de marzo de 2011
O Burela FSF retomará a liga na cancha do Soto del Real (12 de marzo)
Coincidindo co Campionato Nacional de Seleccións Territoriais de Estepona, coa presenza da laranxa Lidia no combinado galego, o Burela FSF Pescados Rubén aproveita a parada ligueira para repoñer forzas e preparar o próximo enfrontamento, o sábado 12 de marzo (18.00 horas), na cancha do Soto del Real, duodécimo clasificado. Co fin de recuperarse dunha carga física xeneralizada, o cadro de Javier Pardeiro baixou esta semana a intensidade
4 de marzo de 2011
Un duelo directo agarda os laranxas en Lanzarote
Un duelo directo no fondo de play off agarda mañá os laranxas en Lanzarote, na vixésimo oitava xornada de Prata, entre a novena praza dos insulares (34 puntos) e a oitava dos mariñáns (40). O partido comezará ás 19.00 horas, no municipal del Argana, en Arrecife. Aínda que nesta cita os pupilos de Suso Rey non verán perigar a posición actual, non poden descoidarse; teñen que saír da espiral sen triunfos e aproveitar o descanso do Arceba
4 de marzo de 2011
Presentación da XX Copa Galicia (Lalín, 7-8 marzo)
O consistorio de Lalín acolleu esta mañá a fase final da XX Copa Galicia de Fútbol Sala, que se disputará o 7 e 8 de marzo e que enfrontará no Lalín Arena o Azkar Lugo e o Burela FS, na primeira semifinal, e Lobelle de Santiago e o Mera FS, na segunda. O acto estivo encabezado polo presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Probaos; o coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Barcia; o alcalde de La
4 de marzo de 2011
A derrota en Lanzarote prolonga a racha negativa do Burela FS
O equipo mariñán caeu ante o Tías Yaiza por 4-2 malia facer fronte aos locais, nun partido con alternancias na posesión e no que puido gañar calquera. Adiantou Johny aos canarios moi cedo (1-0. Minuto 5) pero respondeu rapidamente Ique para os laranxas (1-1. Minuto 11). Desde ese momento ata o descanso só foron capaces de anotar os locais, o que condenou o Burela FS a irse á caseta cunha desvantaxe considerable (3-1). O segundo tempo f
6 de marzo de 2011
Ribadeo FSF 2-4 Leis Pontevedra
Nun excelente partido con oportunidades e méritos para as dúas partes, o marcador deulle as costas ao Panificadora do Eo-Ribadeo FSF ante o efectivo Leis Pontevedra, segundo clasificado de Autonómica. Saíron as do Leis a resolver canto antes, pero as ribadenses aplicáronse en non deixar fisuras Na súa defensa e obrigaron as visitantes ao tiro exterior. No minuto 7 as pontevedresas conseguiron o 0-1, nunha xogada individual que finaliz
7 de marzo de 2011
Lidia pecha o nacional coas galegas en semifinais
A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Lidia despediuse do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo) co combinado galego nas semifinais, despois dun brillante labor. Os penaltis impediron que o cadro de María Bardanca dese o salto á gran final ante Madrid, campioa do encontro. As galegas conseguiron acceder ás semifinais, como primeiras do Grupo A, despois de vencer a Castela-A Mancha (2-11) e Andalu
7 de marzo de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Narón FS 1-3 Burela FS   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 6-4 CP Casás   Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil A 5-3 ED EON Burela FS Infantil B ED EON Burela FS Alevín A 8-4 EDM Mondoñedo
7 de marzo de 2011
Os laranxas, a punto de dar a sorpresa na Copa Galicia
A punto de dar a sorpresa estiveron os laranxas nas semifinais da XX Copa Galicia (Lalín, 7 de marzo) ante o honorable Azkar Lugo. No entanto, a lotería dos penaltis apareceu para desbaratar o propósito do Burela FS, que mostrou a súa seriedade nun encontro moi equilibrado. Os mariñáns puideron neutralizar o tanto temperán do Azkar (minuto 4) grazas a un lucido taconazo de Clebinho (17) para chegar ao descanso con empate. No segundo pe
9 de marzo de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-ADFS BueuDomingo 13 de marzo, ás 12.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Deporte Escolar - ED EON Burela FS Infantil A-ED Lourenzá Infantil (xornada 2)Xoves 10 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela - ED EON Burela FS Infantil A-ED
10 de marzo de 2011
CP Casás, primeiro rival dos infantís na Copa Autonómica
O CP Casás será o primeiro rival da ED EON Burela FS Infantil na fase previa da Copa Autonómica, que arrincará o 19 de marzo. Tras o bo traballo da liga, na que acadou a terceira praza por detrás de Colegio Liceo e Azkar Lugo, o cadro mariñán afrontará a Copa en cinco xornadas xunto ao mencionado CP Casás, Concello de Guitiriz, O Parrulo FS e Hércules FS, no Grupo A. O B estará composto por IES Coruxo, Salesianos Vigo e Colexio Abrente
10 de marzo de 2011
O ala-pivote Minu deixa o equipo laranxa
O ala-pivote Antonio Minuesa, máis coñecido como Minu, chegou a un acordo co CD Burela FS para desvincularse do equipo laranxa. A marcha do cordobés, que regresa á súa terra, responde a motivos estritamente persoais. Na súa despedida, o xogador estivo acompañado polo director xeral, José Luis Sáez, na sede da entidade. Seis tempadas defendendo a camisola burelista e nada máis e nada menos que os cinco play offs de ascenso a Honra que
10 de marzo de 2011
O cadro de Pardeiro viaxa a Soto del Real coa baixa de Ro e a dúbida de Vanessa
O cadro de Javier Pardeiro viaxa mañá a Soto del Real coa baixa de Ro, por unha escordadura de nocello sufrida no adestramento de onte, e a dúbida de Vanessa, por molestias musculares. O encontro da vixésimo primeira xornada de Honra entre madrileñas e galegas arrincará ás 18.00 horas no municipal sotorrealeño. Dende a quinta praza, o Burela FSF Pescados Rubén medirase ao duodécimo, un conxunto moi forte na casa. Dos 20 encontros dispu
11 de marzo de 2011
O Burela FS recibe o Space Gasifred sen marxe de erro
O Burela FS recibe mañá o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, na vixésimo novena xornada de Prata, sen marxe de erro para manterse na zona de privilexio. Como é habitual, Vista Alegre acollerá o encontro ás 18.30 horas. O cadro laranxa intentará borrar o sabor amargo que quedou na bomboneira coa primeira derrota no feudo laranxa da tempada e loitará por inverter a mala etapa que non o deixa nin a sol nin a sombra nesta segunda volta. Poré
11 de marzo de 2011
O Burela FSF gáñalle o pulso ao contragolpe rival (3-6) e acada os tres puntos
Partido exemplar das pupilas de Pardeiro, que sufriron as contras das locais nos primeiros minutos e souberon adiantarse no marcador nos últimos instantes para rematar gañando o choque con contundencia (3-6), con Vanessa e Milena como goleadoras no último suspiro. Resulta un paradoxo que pese a exercer un control case absoluto, o cadro laranxa empezara por detrás no marcador, pero así son este e outros deportes, que premian o acerto má
13 de marzo de 2011
Vitoria sufrida do equipo laranxa (2-1) e espectáculo lamentable na bancada
Ocorre de cando en vez: que determinados energúmenos confunden un acontecemento deportivo cunha pelexa na rúa para dar a nota e ameazan o espectáculo con actitudes fóra de ton. E aconteceu en Vista Alegre o pasado sábado, no partido que enfrontaba a un Gasifred voluntarioso cun Burela FS en horas baixas que tenta recuperar sensacións. Os de Suso Rey impuxéronse (2-1) con dificultades a un rival que botou máis gañas que ocasións e o equipo visi
13 de marzo de 2011
O Ribadeo regresou cun punto de ouro (4-4) da visita a Mos
Parece que ao equipo ribadense lle van máis os conxuntos potentes. O sábado confirmouno en Mos, cun punto de ouro (4-4) ante o quinto clasificado. A cita comezou case unha hora despois do previsto por problemas no Óscar Pereiro da localidade pontevedresa. O escaso tempo de quecemento non desconcertou os equipos contendentes, que saíron a dalo todo na pista desde o inicio. Adiantouse o equipo local no minuto 10 por mediación de Sara Tou
14 de marzo de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 3-5 ADFS Bueu   Deporte Escolar - ED EON Burela FS Infantil A 6-2 ED Lourenzá Infantil (xornada 2) - ED EON Burela FS Infantil A 10-0 EDM Alfoz Infantil - ED EON Burela FS Infantil B 4-3 Ribadeo FS Infantil - ACD Xove Alevín 3-3 ED EON B
14 de marzo de 2011
O alumnado do CEIP Cervo gozou dunha nova visita laranxa
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria do CEIP Cervo gozou da compaña dos xogadores laranxas Lidia, Juanma e Esteller e do adestrador da ED EON Burela FS Carlos Méndez o venres pasado. A devandita visita do club mariñán pertence a “Coñece o meu Club”, actividade integrada no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos e a facilitarlles aos escolares o coñecemento do
14 de marzo de 2011
Os laranxas defenderán a sétima praza no impoñente Ángel Nieto zamorano
Tres días despois de recuperar a senda da vitoria, ante o Eivissa (2-1), os laranxas porán rumbo mañá a terras castelás para medirse en duelo directo ao Arcebansa Zamora. O parapeto do Ángel Nieto, cun grande ambiente na bancada, acollerá a cita entre a oitava praza dos locais (40 puntos) e a sétima do Burela FS (43) a partir das 21.00 horas. Con nove xornadas para o remate da liga e sen gozar aínda da xornada de descanso, o cadro de S
14 de marzo de 2011
Cuchi causa baixa no vestiario laranxa por motivos familiares
A ala-peche Silvia Estévez, Cuchi, non rematará a tempada co Burela FSF Pescados Rubén por motivos familiares. A xogadora viguesa asinou esta mesma mañá a rescisión do contrato que a vinculaba ao club laranxa. Este era o terceiro exercicio de Cuchi defendendo a elástica burelista. Procedente do Olivo FPR de Vigo, a futbolista chegou ao conxunto mariñán en 2008-09 no seu primeiro ano de competición, estreándose na División de Prata. Sil
15 de marzo de 2011
O Burela FS ve escapar o empate co Zamora (4-3) nos últimos segundos
O Burela FS mereceu máis sorte onte no Ángel Nieto. O desacerto na finalización volveu pasar factura para os laranxas, que viron como o empate co Arcebansa Zamora se lles escapaba a escasos segundos do final (4-3), cun rexeitamento de Edu que aproveitou Carlos Alberto. No primeiro período púidose presenciar un continuo tira e afrouxa por ambas as dúas bandas. O gol temperán dos zamoranos (minuto 5) foi axiña neutralizado por Víctor Cac
16 de marzo de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Autos Lobelle FS-Burela FSDomingo 20 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón de Santa Isabel de Santiago de Compostela   Liga Autonómica Cadete O Parrulo FS-Burela FS (xornada 11)Domingo 20 de marzo, ás 12.45 horas, no pavillón As Lagoas de Narón   Liga Autonómica Inf
17 de marzo de 2011
Gironella, próxima parada dun Burela FSF escaso en efectivos
Gironella será a parada do Burela FSF Pescados Rubén na vixésimo segunda xornada de Honra, o sábado, a partir das 18.00 horas. O cadro de Javier Pardeiro defenderá a súa actual cuarta praza (38 puntos) no camiño ao podio minguado pola escaseza de efectivos; á recente marcha de Cuchi, por motivos persoais, súmanse a baixa de Lara, por unha escordarua de xeonllo, e as dúbidas de Ro, cunha escordadura de nocello, e Dolo, por un problema vírico.
17 de marzo de 2011
O fútbol sala mariñán medirase ao Xapón o 27 de marzo, en Vista Alegre
O pavillón burelao Vista Alegre acollerá un amigable entre a selección do Xapón e un combinado da Mariña o domingo 27 de marzo (19.30 horas), coa organización do CD Burela FS e coincidindo coa xornada de descanso do equipo laranxa de Prata. A entrada ao encontro será gratuíta. Baixo as ordes do técnico burelista, Suso Rey, xogadores do Concello de Trabada FS (Primeira Nacional B),
17 de marzo de 2011
O líder chega dende Puertollano para desafiar a bomboneira
Custodiando o liderado, o CD Puertollano chega á Mariña na trixésimo primeira xornada de Prata para desafiar a fortaleza da bomboneira. O espectáculo futbolístico dará comezo mañá ás 18.30 horas. O Burela FS enfróntase a unha dura tarefa antes da xornada de descanso, na defensa da sétima praza (43 puntos), asediada polo Arcebansa Zamora (43) e o Lanzarote Arrecife 2020 Tías Yaiza (38). Os pupilos de Suso Rey poñerán a proba a resistenc
18 de marzo de 2011
O Burela FSF supera o envite das lesións con empate en Gironella (2-2)
O Burela FSF Pescados Rubén puido superar o envite das lesións, coa ausencia de Lara e con Ro e Dolo tocadas, arrincando o empate en Gironella (2-2). O conxunto laranxa sacou forzas lonxe da casa para conseguir un punto, e xa son 39, que o manteñen ás portas do podio de Honra. A escuadra de Pardeiro decidiuse a tomar as rendas do xogo fronte a un rival que parecía que só quería xogar ao contragolpe. E a táctica saíulles ben ás cat
19 de marzo de 2011
A bomboneira frea o asedio do Puertollano (0-0)
O Burela FS e a bomboneira frearon esta tarde o asedio do líder, o CD Puertollano (0-0), nun encontro equilibrado no que os pupilos de Suso Rey estiveron á altura do gran candidato ao ascenso e demostraron ser merecedores dunha praza para o play off 2010-11. Os metas, Vigara e Edu, foron os grandes protagonistas da cita, desbaratando calquera ocasión por perigosa que fora. As oportunidades máis claras, dende o comezo, foron para os la
19 de marzo de 2011
O Panificadora endósalle 5-1 ao Carballiño e ve a luz da permanencia
Despois do minuto de silencio pola vítimas do Xapón, o Panificadora e O Carballiño iniciaron un encontro no que as dúas escuadras se xogaban moito e co que as ribadenses (5-1) se afastan ata seis puntos do seu rival máis directo e da zona de descenso. Nin as locais nin as visitantes querían perder os tres puntos, pero foron as ribadenses as que máis arriscaron por achegarse á portería contraria. Así, no minuto 9, Nuria conseguiu o 1-0
21 de marzo de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Autos Lobelle FS 6-3 Burela FS   Liga Autonómica Cadete O Parrulo FS 3-3 Burela FS (xornada 11)   Liga Autonómica Infantil CP Casás 0-6 ED EON Burela FS   Deporte Escolar
21 de marzo de 2011
Burela acollerá a Copa de España entre o 3 e o 5 de xuño
O CD Burela FS, club organizador da XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino, xa coñece as datas para a celebración do evento. Será entre o venres 3 e o domingo 5 de xuño, coincidindo cos concorridos festexos patronais da vila, unha cita de referencia na comarca da Mariña e na provincia luguesa. O pavillón Vista Alegre acollerá os cuartos de final na primeira xornada, cos cruzamentos de primeiro clasificado-oitavo, segundo-sétimo, t
21 de marzo de 2011
O Burela FS, o equipo menos batido de Honra e Prata como local
Marcar goles na portería local do pavillón Vista Alegre resulta máis complicado que en calquera outra pista das máximas categorías nacionais. E non porque as dimensións do marco sexan máis escasas; son as que marca a lei. O que ocorre é que, a día de hoxe, o Burela FS defende mellor que ninguén nas divisións de Honra e Prata cando actúa alentado polos seus afeccionados. Dos 35 equipos que compiten nas principais categorías, o burelao é o menos
23 de marzo de 2011  |  La Voz de Galicia
O CEIP Fondo Nois coñece o fútbol sala laranxa
O CEIP focego Fondo Nois tivo a oportunidade de coñecer hoxe de primeira man o fútbol sala de elite coa presenza dalgúns representantes laranxas. O alumnado de entre primeiro e sexto de Primaria compartiu sesións prácticas con Alfonso Mera, director da EDM EON Burela FS; Iván Cao, adestrador do conxunto xuvenil; e Marcelo Santoro, preparador de gardametas; ademais de Jozi, Lola e Ro, do Burela FSF Pescados Rubén, e Edu, Clebinho e Manuel, do B
24 de marzo de 2011
O Benxamín A cítase coas semifinais comarcais
O ED EON Burela FS Benxamín A disputará as semifinais comarcais da Mariña o sábado, despois de rematar segundo de grupo en Deporte Escolar. O conxunto laranxa medirase ao AD Praia de Covas, no pavillón do Colexio do Pilar, ás 10.30 horas. ED Lourenzá e ACD Xove protagonizarán a segunda semifinal, ás 11.20 horas. Ás 12.30, daranse cita os vencedores, na final. Os equipos que cheguen a este último encontro representarán a bisbarra no cam
25 de marzo de 2011
O Xapón recala na Mariña para medirse a unha selección comarcal liderada por Suso Rey
Na xornada de descanso para o Burela FS en Prata, a entidade burelista organizou un amigable coa selección do Xapón, que recala na Mariña para medirse a un combinado comarcal liderado polo adestrador laranxa, Suso Rey. Vista Alegre acollerá o encontro o domingo, a partir das 19.30, con entrada totalmente gratuíta. Na convocatoria do técnico burelista entrarán os laranxas Brais, Purao, Juanma, Ique, Víctor Cachón, Chris
25 de marzo de 2011
As pupilas de Pardeiro reciben o Lacturale Orvina como penúltimo clasificado
As pupilas de Javier Pardeiro reciben, na vixésimo terceira xornada de Honra, o Lacturale Orvina como penúltimo clasificado. A cita dará comezo mañá, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre. O Burela FSF Pescados Rubén verase as caras cun conxunto que pelexa por saír dos postos de descenso (17 puntos) e que ata o momento só foi capaz de puntuar na súa pista; de feito, na primeira volta arrincoulles ás mariñás un empate (2-2). Aínda qu
25 de marzo de 2011
O gaditano Adri Gaona e o Burela FS rescinden contrato
O gaditano Adrián Gaona Martín non continuará sendo xogador do Burela FS. O ala-peche e a entidade laranxa chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os unía en 2010-11, polo que Adri non regresará do permiso que lle concedera o club a mediados de xaneiro para viaxar á súa terra. Cunha nutrida experiencia en Prata, o xogador andaluz chegou ás filas burelistas no verán de 2010, procedente do Extremadura Cáceres 2016. Coa camiset
25 de marzo de 2011
O Burela gaña con solvencia ao Orvina e achégase á terceira praza
O Burela FSF Pescados Rubén liquidou con comodidade o seu compromiso ante o Lacturale Orvina, que recibiu un claro 5-0 en Vista Alegre. Esta vitoria rompe a mala serie como local do conxunto de Javier Pardeiro que mantén a cuarta posición e, tras o empate do Navalcarnero, sitúase a dous puntos do equipo madrileño, terceiro clasificado. A escuadra burelense marcou a pauta do encontro desde o inicio, ante un cadro visitante que intentou defender
27 de marzo de 2011
O Panificadora gaña en Ames (0-2) e confirma a súa melloría
O Panificadora impúxose en Ames ao FC Meigas (0-2), unha vitoria que confirma a súa melloría co paso das xornadas. Nove puntos máis o gol average é a vantaxe que agora ten sobre o Carballiño FS, a falta de cinco encontros para a finalizar a tempada. As de Ribadeo saíron a resolver o partido desde o inicio e atopáronse cun FC Meigas que daba facilidades en defensa. No minuto 6 a ribadense Marta presentouse soa ante a porteira local Est
28 de marzo de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 4-2 Leis Pontevedra FS   Liga Autonómica Cadete Barval FS 5-0 Burela FS   Deporte Escolar ED Lourenzá Infantil 3-3 ED EON Burela FS Infantil A (jornada 9) ED EON Burela FS Infantil B 1
28 de marzo de 2011
A Mariña 2-5 Selección do Xapón
Xogadores do Burela FS, Superti A Pontenova e Concello de Trabada FS defenderon onte a camisola da Mariña, baixo as ordes de Suso Rey, nun amigable ante a Selección do Xapón no que o xogo rápido acabou beneficiando os nipóns (2-5). Vista Alegre acolleu un encontro moi intenso dende o asubío inicial. Como consecuencia dese alto ritmo axiña sumaron as cinco faltas ambos os dous equipos. A vantaxe mariñá, acadada polo laranxa Manu de dobr
28 de marzo de 2011  |  Foto: J.M. Álvez
45 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores