Noticias
Arquivo de Marzo 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo FS-Burela FSDomingo 4 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Lugo   Liga Autonómica Cadete Burela FS-Azkar Lugo FSDomingo 4 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Deporte Escolar ED EON Bure
1 de marzo de 2012
Galicia perde pola mínima ante Madrid (3-2) e despídese do Campionato de España
A fortuna volveu virarlle as costas a Galicia na segunda xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, que se desenvolve esta semana en Vitoria. A Galega perdeu hoxe pola mínima ante Madrid (3-2) e despídese da cita sen puntos, tras a derrota tamén de onte fronte a Valencia (0-4). Ficha técnica Madrid: Elena, Inma, Anita Luján, Belén Awad e Lara, no cinco inicial; ta
1 de marzo de 2012
O Burela FS desafía o clásico Playas de Castellón
O Burela FS Pescados Rubén volverá pelexar por unha nova vitoria, despois de deixar no pasado unha etapa difícil, desafiando o clásico Playas de Castellón. O Poliesportiu Ciutat de Castelló acollerá a 22ª xornada da Segunda División o domingo, ás 12.00 horas. Esta cita preséntase con ansias de play off para os dous equipos. Con 26 puntos e en postos da fase de ascenso, a escuadra laranxa chega con confianza, tras o triunfo da semana pa
2 de marzo de 2012
O Burela FS confórmase co empate (4-4) tras ver escapar os tres puntos na recta final
O Burela FS Pescados Rubén tivo que conformarse esta mañá cun 4-4 na cancha do Playas de Castellón, despois ver escapar unha vantaxe de 2-4 a falta de catro minutos. Os laranxas demostraron unha grande actitude no xogo, reviviron co electrónico en contra na primeira parte e melloraron tras o descanso, porén a recta final detivo as súas posibilidades. Nun inicio moi equilibrado foron os locais os encargados de estrear o marcador; Be
4 de marzo de 2012
Esmagadora vitoria do Panificadora sobre o Poio FS (8-2)
A inxección do Panificadora del Eo-Ribadeo FSF foi letal sobre o Poio (8-2). Aínda que as mariñás comezaron perdendo 0-2, cando aínda non transcorreran catro minutos, un tempo morto permitiulle a Martínez recompoñer a defensa para converterse nunha apisoadora, con marxe de 6-2 xa ao descanso. As xogadoras do Panificadora entraron no partido con máis corazón ca cabeza e atopáronse cun Poio que xa intentaba resolver nos primeiros minuto
5 de marzo de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo FS 6-1 Burela FS Liga Autonómica Cadete Burela FS 1-5 Azkar Lugo FS Deporte Escolar ED EON Burela FS Alevín B 3-2 AD Santiago de Foz (xornada 3, 2ª volta) EDM Mondoñedo Alevín 0-10 ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A) E
5 de marzo de 2012
Bebeto recibe a alta no Hospital da Costa
Nove días despois do gran susto, o xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Alexandro Ribeiro, Bebeto, recibiu esta mañá a alta médica no Hospital da Costa. O brasileiro sufriu un traumatismo torácico, con fracturas costais e neumotórax, nun choque involuntario contra un xogador do Hospitalet Bellsport o 25 de febreiro, en Vista Alegre. O futbolista laranxa, que saíu do centro hospitalario acompañado polo director deportivo, Marcelo San
5 de marzo de 2012
Aarón Fraga e Andrés Míguez defenderán a Galega en Logroño (8-11 marzo)
Os xuvenís burelistas Aarón Fraga e Andrés Míguez defenderán finalmente a Galega no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-19 que se desenvolverá esta semana en Logroño, coincidindo coa XXIII Copa de España 2012. A expedición irmandiña, que realizou onte o último adestramento no pavillón compostelán de Roxos, partirá con rumbo á cidade rioxana o xoves, baixo a batuta de Santiago Valladares. Madrid e Murcia serán os rivais
6 de marzo de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Cidade de Narón-Burela FSDomingo 11 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón Campo da Serra de Narón Deporte Escolar ED EON Burela FS Benxamín B-O Pilar BenxamínSábado 10 de marzo, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Prebenxamín da Mariña Praia de Covas
8 de marzo de 2012
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e o club laranxa estreitan lazos
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e o club laranxa estreitan lazos un ano máis na súa colaboración. O directivo do Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna recibiu esta mesma mañá a Iris Castro, presidenta do colectivo, nas oficinas do club para falar de posibles proxectos conxuntos e renovar o acordo que ambas as entidades veñen mantendo nas últimas tempadas. Iris Castro trasladoulle ao club burelista o agradecemento “
8 de marzo de 2012
O Burela FSF Pescados Rubén golea o pechacancelas 13-1 e sitúase sexto na clasificación
As mariñás dominaron de principio a fin o partido ante o Majadahonda. Cely adiantaba o equipo laranxa tras combinación con Dolo e Peque. Pero só era o principio dunha longa lista. Lidia, tras falta botada por Maite, e Peque ao segundo pau, a pase de Ro, encarrilaban o choque nos oito primeiros minutos. Ro con dous tantos seguidos, o primeiro en combinación con Peque e o segundo aproveitando un pase en longo de Lidia, abrían a porta ao camiño d
11 de marzo de 2012
Madrid obstaculízalle o paso a Galicia no Sub-19
A Selección Galega Sub-19 non puido coarse na final do Campionato de España, en Logroño (8-11 de marzo), a pesar das boas vibracións iniciais. Madrid obstaculizoulle o paso á gran cita ao vencer por 6-2. Os representantes laranxas, Aarón e Andrés, xa participaron na xornada inaugural, fronte a Murcia, con marcador vantaxoso 2-4. No entanto, o segundo rival, o madrileño, freou o ímpeto irmandiño chegando a ter unha distancia de 6-0, con
12 de marzo de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Cidade de Narón 2-4 Burela FS   Deporte Escolar ED EON Burela FS Benxamín B 6-1 O Pilar Benxamín   Liga Prebenxamín da Mariña Praia de Covas 5-3 ED EON Burela FS B
12 de marzo de 2012
O Panificadora del Eo consegue a primeira vitoria fóra da casa á custa do Riazor (2-4)
As de Martínez, cargadas de moral polos últimos resultados, encadean a súa segunda vitoria consecutiva, a primeira fóra da casa, ante o Riazor en terras coruñesas (2-4). O primeiro tempo do partido foi dun lixeiro dominio local, pero pouco a pouco as ribadenses foron facéndose coas rendas do encontro. Ao descanso chegouse co luminoso intacto, aínda que houbo ocasións para alteralo en ambas as porterías. Na segunda metade as r
12 de marzo de 2012
As benxaminas laranxas estrearon a súa conta goleadora
O preparador do Burela FS, Javier Pardeiro, aproveitou o encontro para darlles minutos ás xogadoras que menos participaran e sobre todo ás dúas benjaminas do grupo, Paula Cortiñas e Silvia Rubal. Ambas foron ata capaces de ver portería e anotaron os seus primeiros goles na máxima categoría. O técnico felicitou a ambas as xogadoras polo seu comportamento, non só no partido, senón nos adestramentos. “Tanto Paula como Silvia están gañand
13 de marzo de 2012  |  A Mariña-El Progreso
O Burela FS comparte adestramento coa Fundación Eu Son
O Burela FS Pescados Rubén compartiu o venres pasado adestramento coa Fundación Eu Son, actividade integrada no programa de acción social do club mariñán. Os/As xogadores/as laranxas Cely, Maite, Jozi, André, Purao e Brais gozaron dunha sesión vespertina no pavillón Vista Alegre xunto a diferentes membros do colectivo de discapacitados, con exercicios de quentamento, xogos, partido e intercambio de experiencias. A entidade laranxa cola
13 de marzo de 2012
A Mariña FS arranca 'Todos polo Fútbol' coa visita de Porta Nova
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da bisbarra, A Mariña FS, arrancou onte a liga de ‘Todos polo Fútbol’ coa visita do AFAES Porta Nova ao pavillón Monte Castelo, nunha cita na que destacaron o compañeirismo e a deportividade. O encontro, moi disputado, resolveuse con 5-4 a favor da Mariña FS. Polo equipo local marcaron Jesús Javier García Díaz e José Ángel Eiras García e no visitante os goles foron de Vicente Abella, Jo
14 de marzo de 2012
O Valladolid organizará a Copa de España, co dereito a entrar na cita
A RFEF, a través do Comité Nacional de Fútbol Sala, comunicou a elección do club valisoletano como organizador da próxima edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala, que se celebrará en Valladolid entre os días 7 y 10 de Junio.   [+ información]
14 de marzo de 2012  |  Valladolid FSF
O IES Monte Castelo e o CD Burela FS reafiman o traballo conxunto na potenciación do deporte
O IES Monte Castelo e o CD Burela FS Pescados Rubén reafirmaron o traballo conxunto que veñen desenvolvendo dende hai unha década na potenciación da práctica deportiva, a través de renovación do seu convenio de colaboración. No selo do acordo, o centro de ensino burelao estivo representado polo vicedirector, Alfonso Iglesias, e o club laranxa polo xerente, Fernando López. “Tanto para os alumnos coma para os profesores é un pr
14 de marzo de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Bembrive FSDomingo 18 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Deporte Escolar ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A)-ED Lourenzá AlevínXoves 15 de marzo, ás 19.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A)-ED Lourenzá Ale
15 de marzo de 2012
O Burela FS colabora con Imdecum no II Encontro do Deporte Base na Mariña
O CD Burela FS colaborará coa Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) no II Encontro do Deporte Base na Mariña, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de marzo, na vila mariñá.   O vicepresidente pri
15 de marzo de 2012
O cadro laranxa desprázase á pista do reforzado Zaragoza
O Burela FS Pescados Rubén desprázase mañá á pista dun reforzado Natudelia.com Zaragoza, que pelexa por afastarse paseniño dos postos de descenso. O encontro da vixésimo primeira xornada de Primeira dará comezo ás 18.30 horas no complexo maño de La Granja. Dende a sexta praza (38 puntos), o cadro mariñán continúa co obxectivo de asentarse entre os mellores, para o que esta fin de semana terá que bater a un rival con moitas caras novas
16 de marzo de 2012
Víctor López: ‘Xogar na casa e contra o líder é o mellor aliciente para o Burela FS’
O espectáculo está garantido para a 23ª xornada de Segunda coa visita do primeiro clasificado, Oxipharma Granada, a Vista Alegre (sábado, 18.30 horas). Para a última incorporación no vestiario laranxa, Víctor López, o encontro promete, e moito: “Xogar na casa e contra o líder é o mellor aliciente para o Burela FS”, asegurou o madrileño, que tamén se recoñeceu adaptado, a pesar de recalar na Mariña nunha época de moitos cambios. A banc
16 de marzo de 2012
Contundente triunfo do Burela FS ante o Natudelia (1-7)
O conxunto de Javier Pardeiro segue imparable. Os tres puntos de onte en terras mañas, cun contundente triunfo (1-7) ante o Natudelia.com, asentan o Burela FS Pescados Rubén en postos de Copa e reducen as distancias cos de arriba. As laranxas saltaron á pista para facerse donas do encontro fronte a un Zaragoza que se dedicou a repregarse, con contadísimas tentativas de contragolpe. Milena estreou a súa cuadrícula persoal e o luminoso
17 de marzo de 2012
O cadro laranxa tomba a implacabilidade do Oxipharma (4-1)
  Vista Alegre durmirá hoxe co soño apracible de tres valiosos puntos. E é que o cadro laranxa conseguiu desbaratar as quinielas tombando a implacabilidade do líder, Oxipharma Granada, cun xogo serio, rigoroso e efectivo (4-1), ao tradicional estilo burelista. O aliciente era poderoso e moveu montañas; xa o anunciaba Víctor López na previa.
17 de marzo de 2012
Unha mala primeira parte privou o Panificadora dos tres puntos de Sada (5-4)
O Panificadora del Eo Ribadeo FS foi vítima dunha primeira parte irregular en Sada, o que lle impediu facerse cos tres puntos, por un axustado 5-4. As xogadoras ribadenses tardaron en adaptarse ás esixencias da primeira visita a unha cancha moi rápida e dun rival con experiencia; ao descanso, as mariñás perdían por un contundente 5-1. O primeiro gol local chegou aos 8 minutos por mediación de Susana Insua ante a pasividade da defensa
19 de marzo de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS 5-5 Bembrive FS   Deporte Escolar ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A) 6-1 ED Lourenzá Alevín (xoves) ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A) 2-1ED Lourenzá Alevín (sábado) Santiago de Foz Benxamín 11-0 ED EON Burela FS Benxamín B (xornada 8)
19 de marzo de 2012
Fede Vidal, coa canteira burelista
O seleccionador nacional sub-21, Fede Vidal, compartiu o sábado pasado unha sesión práctica coa canteira do Burela FS Pescados Rubén no pavillón Vista Alegre, actividade integrada no II Encontro do Deporte Base na Mariña da Fundación Imdecum. O técnico da Vermella abriu a visita a Burela cun relatorio no IES Monte Castelo sobre o modelo de xogo sub-21, con numerosos profesionais mariñáns do fútbol sala entre os asistentes. Fede Vi
19 de marzo de 2012
O club burelista amplía o compromiso co proxecto de tutela San Aníbal
O CD Burela FS Pescados Rubén amplía en 2012 o seu compromiso co proxecto de tutela San Aníbal, coa inclusión de novas iniciativas, como a Casa de Familia San Aníbal, na renovación do convenio de colaboración. Xunto ao directivo do club Marcelino Luna, estivo nas oficinas burelistas a responsable do centro, Martina Sendino del Olmo, para rubricar o acordo. Martina Sendino agradeceu a axuda do club aos menores desfavorecidos na práctica
20 de marzo de 2012
Lucía xa traballa forza e musculatura, baixo a supervisión de Alfonso Mera
Arrecendos de optimismo revoan na entidade laranxa co devir da evolución da ala-peche Lucía Nespereira, intervida do ligamento cruzado anterior o pasado mes de xaneiro. A xogadora xa comezou a semana pasada co restablecemento de forza e resistencia muscular, na segunda fase da súa recuperación, baixo a supervisión persoal do preparador físico do equipo, Alfonso Mera. Alfonso Mera asegurou que “aínda é moi cedo para establecer unha data
21 de marzo de 2012
A Copa de España Logroño 2012, marca na rede
A XXIII Copa de España ‘Logroño 2012’ converteuse nun referente multimedia na rede, a través de www.lnfs.es, que ofreceu aos internautas a posibilidade de seguir de maneira virtual todo o acontecido en torno á competición na capital rioxana, así como ver en directo os sete partidos do torneo, o que supuxo 70.023 descargas de vídeos.   [+ inf. en
22 de marzo de 2012  |  LNFS
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete AD Barval FS-Burela FS (xornada 20 aprazada) Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil-EDM A Pontenova InfantilSábado 24 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A)-EDM A Pontenova AlevínSábado 24 de marzo, ás 11.30 horas, no pavill
22 de marzo de 2012
Emoción en Vista Alegre, coa visita do Gironella en duelo directo
A emoción está servida este sábado en Vista Alegre, coa visita do Queralt Gironella, ao que o Burela FS Pescados Rubén lle xogará para arrebatarlle a quinta praza, a tan só 1 puntiño das laranxas.  A vixésimo segunda xornada de Primeira dará comezo na Mariña ás 18.30 horas. Javier Pardeiro admite a “gran dificultade dun rival, serio e organizado, que xa se mantivo líder no primeiro tramo da liga”. “É un equipo que non se caracter
23 de marzo de 2012
O Burela FS reta a revelación manzanareña
O Burela FS Pescados Rubén retará a cancha do Manzanares, revelación no seu debut en Segunda, ocupando a actual segunda praza (41 puntos). A cita arrancará ás 18.00 horas no municipal da localidade cidaderrealeña. O cadro laranxa medirase a un rival que resulta un verdadeiro parapeto na súa pista: 30 dos seus 41 puntos conseguiunos como local. Ata o momento ningún equipo puido facerse cos tres puntos en terras m
23 de marzo de 2012
Cely define a vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Queralt Gironella
Un gol de Cely resolveu o duelo ante o Queralt Gironella e propicia que o Burela FS Pescados Rubén ascenda á quinta praza da Primeira División, á custa do conxunto catalán. O duelo transcorreu polo guión previsto, moita intensidade por ambas as partes e iniciativa no xogo para a escuadra de Javier Pardeiro. Pola súa banda o Gironella esperaba en media pista para desenfundar a súa mellor e eficaz arma, o contragolpe. As burelenses
24 de marzo de 2012
Derrota pola mínima do Burela Pescados Rubén na súa visita a Manzanares
O Manzanares corta a escalada do Burela Pescados Rubén ao que derrotou por 3-2 no tramo final do encontro. O xogo caracterizouse pola máxima igualdade entre ambos os conxuntos e a alternancia no electrónico. O primeiro en golpear foi o Burela. Juanma sorprendeu a Pepote nos primeiros compases de xogo real cun zurdazo desde doce metros para situar o 0-1. O tanto non desanimou o Manzaranes, que, apoiado na súa afección, logrou
25 de marzo de 2012
Tres puntos para o Panificadora á custa do Bembrive de Pontevedra (7-4)
Partido de rivalidade clasificatoria foi o disputado en Ribadeo entre o Panificadora del Eo-Ribadeo FSF e o CDM Bembrive de Pontevedra, ambos agora con 16 puntos, pero co “goal average” a favor das mariñás, coa undécima praza (7-4). Nuria conseguiu 4 dos 7 goles das locais. As ribadenses, que se adiantaron no marcador no minuto 5 por mediación de Elvira ao rematar un saque de esquina, tiveron que superar un marcador adverso antes de m
26 de marzo de 2012
Venancio López, no curso de Instrutor de Fútbol Sala Base de Burela
O seleccionador nacional absoluto de fútbol sala, José Venancio López Hierro, ofrecerá unha lección maxistral o vindeiro mércores, 28 de marzo, destinada ao alumnado do Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base que a Federación Galega de Fútbol organiza o presente curso en Burela, co club laranxa como colaborador. O IES Monte Castelo acollerá o devandito relatorio ás 17.00 horas. José Venancio compartirá a súa experienci
26 de marzo de 2012
A base laranxa pecha a liga Deporte Escolar con éxito rotundo
A base laranxa, moi aplicada, pechou esta fin de semana Deporte Escolar con éxito rotundo. A ED EON Burela FS rematou líder en todas as categorías da competición e todos os equipos participantes puideron festexar a clausura da liga en postos de podio. O título de primeiro clasificado recaeu no Benxamín A (Grupo A), Alevín A (Grupo A), Alevín A (Grupo B) e Infantil (Grupo A); o Benxamín B (Grupo B) finalizou en segundo lugar e o Alevín
26 de marzo de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete AD Barval O Barco-Burela FSSábado 31 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Calabagueiros do Barco de Valdeorras Burela FS-ADFS BueuDomingo 1 de abril, ás 16.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Infantil Burela FS-ADFS BueuDomingo 1 de abril, ás
28 de marzo de 2012
Táctica e liderado, na voz de Venancio López
A táctica e o liderado vertebraron esta tarde a lección maxistral do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, no IES Monte Castelo de Burela, integrada no Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base que organiza a Federación Galega de Fútbol e que conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén. Na súa visita á Mariña, o técnico estivo arroupado polo presidente da Federación, José García Liñares, e polo director da Escola Galega de
28 de marzo de 2012
Un correoso Femesala agarda as burelás, coa presenza de TVG2
Un correoso Femesala Elche agarda as burelás na vixésimo terceira xornada da Primeira División, como loita no asentamento dos postos de Copa. O partido entre a sétima praza levantina e a quinta cantábrica, que dará comezo mañá ás 16.00 horas no pavillón Esperanza Lag, poderá seguirse por TVG2, tras o Telexornal Mediodía. O Burela FS Pescados Rubén viaxa a Elxe con 5 puntos de vantaxe sobre o seu rival
30 de marzo de 2012
Os laranxas reciben un Melilla con dúbidas que pelexa pola salvación
Os laranxas recibirán mañá, na 25ª xornada de Segunda, un Melilla FS que saltará á pista de Vista Alegre con dúbidas de efectivos na súa pelexa pola salvación. O asubío inicial oirase ás 18.30 horas. O Burela FS Pescados Rubén chega concienciado ao encontro para asegurar os tres puntos e seguir loitando por coarse nos postos de play off; para iso, Julio Delgado contará con todo o vestiario, a excepción da consabida aus
30 de marzo de 2012
Vista Alegre acariña os postos de play off co 2-1 fronte ao Melilla FS
O Burela FS Pescados Rubén achégase paseniño ao play off cos tres puntos fronte ao Melilla FS en Vista Alegre. Os laranxas impuxéronse por 2-1, nunha tarde na que non escasearon as ocasións e proliferou a falta de acerto e a potencia repelente dos paus. Tras o aviso de ambas as dúas escuadras nos momentos iniciais, a  laranxa conseguiu ir facéndose co dominio do encontro ante un conxunto enfundado para a guerra, na busca continua
31 de marzo de 2012
O gol de Haydee bríndalle a cuarta praza ao Burela FS en Elxe
O Burela FS Pescados Rubén rompeu esta tarde a fortaleza do Femesala Elxe cun efectivo 0-1, de Haydee, que lles outorga a cuarta praza ás laranxas, con 47 puntos. As pupilas de Javier Pardeiro controlaron de principio a fin a cita de Esperanza Lag, con escasa marxe de manobra para as de Maravillas Sansano, grazas ás intervencións de Jozi. Porén, as laranxas non conseguiron plasmar esa posesión no remate. O Burela puido marchar ao desca
31 de marzo de 2012
45 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores