Noticias
Arquivo de Marzo 2013
Leis Pontevedra, no punto de mira dos laranxas
Os laranxas continúan coa mirada fixa na segunda praza. O obxectivo da 23ª xornada de Terceira estará na pista do Leis Pontevedra, noveno clasificado (35 puntos). O Burela FS Pescados Rubén B (42 puntos) intentará darlle continuidade ao ronsel positivo de resultados mañá, a partir das 17.00 horas, para seguir pelexando pola escalada no podio. “Estamos nun bo momento e temos que aproveitalo se queremos seguir loitando pola segunda
1 de marzo de 2013
Un Burela FS diferente reta a hexemonía do FC Barcelona
A Mariña vivirá este sábado outra festa do fútbol sala, con cheo absoluto. Un Burela FS Pescados Rubén diferente, coa estrea de Juanlu na dirección, retará a hexemonía do FC Barcelona Alusport na 18ª xornada da elite, a partir das 19.30 horas. A venda de entradas na taquilla de Vista Alegre estará aberta dende as 18.15 horas. O cadro laranxa recibirá na bomboneira o líder de Primeira (40 pu
1 de marzo de 2013
Duelo galego de contrastes (domingo 3, 12.30 horas)
A xornada dominical de Vista Alegre renderase á Primeira División RFEF cun derbi galego de contrastes. Esmerándose por seguir no cumio da máxima categoría, o Burela FS Pescados Rubén esperará na bomboneira o Viaxes Amarelle FSF, na penúltima praza, a partir das 12.30 horas. “Temos que estar previdas” avisa Haydee. “É un equipo novel en Primeira, que se adaptou e colleu o ritmo da categoría. Os derbis sempre son pe
1 de marzo de 2013
Meritoria segunda parte dos laranxas ante o campión de España (2--7)
Vista Alegre viviu esta tarde un espectáculo dentro e fóra da pista. Con cheo histórico nas bancadas, o Burela FS Pescados Rubén de Juanlu apuntou maneiras ante o intratable FC Barcelona FS Alusport (2-7), nunha cita na que os locais foron de menos a máis, cunha meritoria segunda parte na que puideron xerar perigo e mitigar o tsunami do líder. O tres veces campión da Copa de España chegou a Burela para non especular. Coa ser
2 de marzo de 2013
O Burela FS non defrauda ante o Amarelle (7-1) e segue líder
O Burela FS Pescados Rubén fixo gala do cartel de favorito no derbi galego desta mañá en Vista Alegre ante o Viaxes Amarelle, impoñéndose por un contundente 7-1, resultado que lles permite ás laranxas continuar na primeira praza, compartida con Atlético de Madrid Navalcarnero (2-0, Cidade das Burgas). Con control absoluto, as mariñás marcaron o ritmo do encontro, avasalando a área rival desde os primeiros compases, ante un
3 de marzo de 2013
O brasileiro Silva abandona a disciplina laranxa
Rafael Silva de Jesús, coñecido como Silva, non continuará na disciplina laranxa. O ala brasileiro vese obrigado a abandonar o CD Burela FS Pescados Rubén por motivos persoais para regresar ao seu país. O canarinho (Rio de Janeiro, 1986) chegou á escuadra mariñá en decembro de 2012, como reforzo de inverno, procedende do Iberia Star de Xeorxia. Cun amplo repertorio no seu país -Vasco (2005), Macaé (2006-07), Flamengo (2008), USS V
4 de marzo de 2013
Valioso botín para as promesas da ED EON Burela FS
As promesas da ED EON Burela FS viviron unha nova xornada con fortuna goleadora, da que obtiveron un valioso botín con con 6 vitorias, en Nacional Xuvenil, Autonómica Cadete e Deporte Escolar (2 en cadete, infantil e alevín), 1 empate en Deporte Escolar Alevín e 2 rifafísimas derrotas, en Escolar Infantil e Benxamín. Tras os encontros de Vista Alegre, a base laranxa puido pechar a mañá do sábado compartindo unha divertidísima sesión,
4 de marzo de 2013
Quinta vitoria consecutiva para o Burela FS B
O Burela FS Pescados Rubén segue na liña ascendente. A vitoria na pista do Leis Pontevedra (4-8, 23ª xornada) converteuse na quinta consecutiva para os de Lucas, na mellor etapa da súa primeira tempada en Terceira. Este resultado mantén as posibilidades dos mariñáns (45 puntos) de acceder á segunda praza, nas mans do Pazos de Borbén (46), que venceu 13-5 ao Eypar. Os laranxas dominaron, con eficacia vertical; tras
5 de marzo de 2013
Galicia Sub-23 en Vista Alegre (xoves 7, 19.30 horas)
Con rumbo á final do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, Galicia fará unha paradiña mañá en Burela para compartir pista co equipo laranxa (Vista Alegre); a partir das 19.30 horas, ambas as escuadras disputarán un amigable aberto ao público. A selección irmandiña, con Lidia Mesías e Lara Balseiro xa nas súas filas, partirá cara a San Lorenzo del Escorial o venres pola mañá dende A Mariña. Pe
6 de marzo de 2013
Inter Movistar, outro dos grandes no camiño do Burela FS (venres 8, 21.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén visitará a outro dos grandes de Primeira no ecuador do seu particular Tourmalet, na 19ª xornada. Juanlu debutará cos laranxas a domicilio mañá fronte ao Inter Movistar, terceiro clasificado (40 puntos), un equipo con máis de 40 títulos nacionais e internacionais no seu palmarés, unha escuadra que o adestrador laranxa coñece moi ben internamente, coa que celebrou moitas tardes de gloria (Caja Madrid, 21.00 hor
7 de marzo de 2013
Nove citas para as categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Vilalba FSDomingo 10 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil A-ED EON Burela FS Infantil B Venres 8 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón dos Castros de Burela ED EON Burela FS Infantil B-Cidad
8 de marzo de 2013
Oportunidade de ouro en Terceira
Ao Burela FS Pescados Rubén FS B preséntaselle unha oportunidade de ouro mañá para empoleirarse á segunda praza da Terceira División coa visita a Vista Alegre do pechacancelas da categoría, Grupo 7a9 CAFyD (17.00 horas). Ademais de concentrarse para non deixar escapar os tres puntos da bomboneira na 24ª xornada, os pupilos de Lucas (45 puntos) terán a vista posta no complicado desprazamento do Pazos de Borbén, que
8 de marzo de 2013
Trasladámonos...
O CD Burela FS Pescados Rubén cambiará a súa sede a próxima semana. A partir do lunes, 11 de marzo, as oficinas da entidade laranxa estarán situadas na avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, a tan só uns metros da localización actual. Atención ao público: De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00
8 de marzo de 2013
Podemos
Histórico empate do Burela Pescados Rubén (2-2) na cancha do mítico Inter Movistar, que tivo que conformarse co reparto de puntos ante un equipo que recupera a ilusión.
O duelo no Caja Madrid sorprendeu aos afeccionados locais que comprobaron como o Burela presentou a súa candidatura á vitoria desde o principio. Os laranxas amosaron unha seguridade e intensidade defensiva que lles permitía catapultarse con perigo ao contragolpe, obrigando aos interistas a repliegues rápidos para non verse sorprendidos. A piques de chegar ao ecuador do primeiro periodo e tras varios intercambios de golpes apareceu,
9 de marzo de 2013
Resultados de base
Liga Nacional XuvenilBurela FS 6-2 Vilalba FSDeporte EscolarED EON Burela FS Infantil A 2-4 ED EON Burela FS Infantil BED EON Burela FS Infantil B 7-1 Cidade de Viveiro InfantilACD Xove Infantil-ED EON Burela FS Infantil B (suspendido)Celeiro/Xove FS Alevín 0-6 ED EON Burela
11 de marzo de 2013
Talón de Aquiles para os laranxas
Os laranxas recolleron un traballadísimo punto en Terceira División, na visita dun pechacancelas que se converteu no talón de Aquiles burelista, ante o que na primeira volta tamén se tiveron que conformar co empate. Vista Alegre tivo que armarse de paciencia de cara ao gol, nun encontro que se decidiu no último minuto. O Burela FS Pescados Rubén marcou o compás do partido, aínda que o xogo en exceso horizontal limitou o pe
11 de marzo de 2013
Foto: www.elpozomurcia.com
Venda anticipada para ElPozo Murcia, na nova sede do Burela FS
A entidade laranxa abrirá a venda anticipada esta tarde para o próximo Día do Club, o sábado 16 de marzo, na visita á bomboneira de ElPozo Murcia, ás 18.30 horas. A afección poderá adquirir as entradas na nova sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ata o venres 15 entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.Os NON SOCIOS tamén poderán adquirir entradas de adulto en Foz
12 de marzo de 2013
O CD Burela FS inaugurará a súa nova sede o sábado
O presidente da LNFS, Javier Lozano, e o seu homólogo na FGF, José García Liñares, presidirán o acto
O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a súa nova sede, sita na Avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, o vindeiro sábado, coincidindo con outra festa do fútbol sala de elite na Mariña, a visita do todopoderoso ElPozo Murcia. O acto de inauguración, previsto para as 12.00 horas, estará presidido polo presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, e o seu homólogo na Federación Galega de Fútbol, José García Liña
14 de marzo de 2013
O Burela FS visita o Móstoles FSF na 22ª xornada
Despois do Campionato de España de Seleccións, volve a liga de Primeira RFEF coa visita do líder laranxa á pista do Móstoles FSF, décimo clasificado (21 puntos). O encontro da 22ª xornada entre madrileñas e galegas comezará ás 19.30 horas, no pavillón Villafontana. O cadro de Javier Pardeiro partiu hoxe a mediodía con rumbo ao seu destino coas dúbidas de Lucía, por sobrecarga, e Haydee, por unha contractura que
14 de marzo de 2013
Pulo de confianza para medirse ante ElPozo
O Burela FS Pescados Rubén enfrontarase mañá a outros dos titáns da máxima categoría, o nomeado ElPozo Murcia, segundo clasificado (45 puntos), coa intención de “aproveitar o pulo de confianza” que outorgou o empate da semana pasada ante o grande Inter Movistar, segundo expresou o técnico laranxa, Juanlu. Un novo e mellor Burela FS pechará o complicadísimo ciclo de calendario, o seu particular Tourmalet, ante a afección de Vista
15 de marzo de 2013
Duelo en Terceira, na pista dun perseguidor laranxa
A 25ª xornada de Terceira transportará os efectivos do Burela FS Pescados Rubén á pista do Ventorrillo, perseguidor dos laranxas; o encontro está programado para as 20.00 horas.Os laranxas xa esqueceron a cita atípica da semana pasada, na que reinou a incomodidade, ante o pechacancelas, o CAFyD (1-1). Atópanse na terceira praza (46 puntos) e buscarán recuperar a positividade para non descolgarse do podio, nunha xornada moi
15 de marzo de 2013
Deporte Escolar e Autonómica nos deberes das categorías de base
As promesas da entidade burelista concentrarán a maior parte dos compromisos da xornada no pavillón Vista Alegre, con 4 encontros de Deporte Escolar, o sábado, e tres de Liga Autonómica, con Cadete e Xuvenil o sábado e Infantil o domingo. Tan só dous equipos se terán que desprazar esta xornada, en Deporte Escolar; o Infantil visitará Ribadeo e o Alevín xogará en Mondoñedo.
15 de marzo de 2013
Repartición de puntos en terras madrileñas
O Burela FS Pescados Rubén regresará esta noite con repartición de puntos en terras madrileñas. Ás pupilas de Javier Pardeiro escapáronselles dous prezados puntos na casa do Móstoles FSF tras manter a vantaxe de 0-1 ata a recta final dun encontro moi intenso que finalizou con 1-1 malia as numerosas ocasións de gol. Con certo sabor amargo, o cadro laranxa durmirá hoxe como líder con 49 puntos e coa incógnita ata o domingo do que deparará a 22ª
15 de marzo de 2013
Nova casa laranxa
O Burela FS Pescados Rubén e toda a familia laranxa viviron esta mañá unha inauguración de luxo da súa nova sde, nun acto presidido polo presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano Cid, e o seu homólogo na Federación Galega de Fútbol, José García Liñares. Antes de descubrir a placa inaugural, a máxima autoridade da Liga felicitou ao club mariñano polas novas instalacións, como espello dun serio traballo a favor
16 de marzo de 2013
Valiosísimo punto ante o histórico ElPozo Murcia (1-1)
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu esta tarde un valiosísimo punto ante o histórico ElPozo Murcia (1-1) nun Vista Alegre repleto de cantos de ánimo. A seriedade sobre a pista da escuadra laranxa mantivo baixo control o vendaval levantino, ata con vantaxe no marcador ata o 35, e rozou a perfección nos últimos vinte minutos, con aparicións estelares de Edu. Os de Juanlu finalizan así o seu particular Tourmalet ante a tríada do podio, con boa n
16 de marzo de 2013
Tropezo do Burela FS B en Ventorrillo
O Burela FS B Pescados Rubén non tivo a súa tarde máis acertada o sábado; caeu na pista do Ventorrillo FS por 9-3, resultado moi condicionado pola falta de definición laranxa e a veteranía dos locais. Con equilibrio sobre a pista durante a primeira parte, a falta de acerto dos mariñáns xa se deixou notar desencadeando na vantaxe para o Ventorrillo, con 3-1 xa ao descanso. Ao regreso o Burela FS B dominou e gozou das m
18 de marzo de 2013
Resultados de base
Liga Nacional XuvenilBurela FS 3-5 Hércules FS Liga Autonómica CadeteBurela FS 6-3 Hércules FS Liga Autonómica InfantilED EON Burela FS 2-7 ACD Lumieira Deporte EscolarBurela FS Cadete 3
18 de marzo de 2013
0079, número gañador da bicicleta MMR de Cerezo Bikes
O número gañador do sorteo realizado durante o descanso do Burela FS-ElPozo Murcia o sábado, foi o 0079; o posuidor da papeleta, gañadora dunha bicicleta MMR doada por Cerezo Bikes, é Ramiro Fernández Rey, socio burelista número 44.
19 de marzo de 2013
O Burela Fs asinou o Plan de Patrocinio de Deporte Galego
O CD Burela FS Pescados Rubén asinou onte, en Lugo, o Plan de Patrocinio para Clubs de Alta Competición 2012-13 da Fundación Deporte Galego. Á xuntanza dos clubs da Coruña e Lugo co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiron representando a entidade laranxa Dolo, Lucía, Juanma e Isi, xunto ao director xeral, José Luis Sáez Castro. No ámbito do Plan, José Ramón Lete asinou onte os contratos cos
19 de marzo de 2013
Celebra o Día do Pai co Burela FS
A ED EON Burela FS reunirá o alumnado da escola laranxa con seus pais sobre a pista de Vista Alegre o sábado 23 e cun balón nos pés, a través dun divertido concurso durante o descanso do Burela FS-UA Alicante (18.30 horas). Pais e fillos deberán afinar puntería para a emocionante cita destinada ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil da base burelista; as familias que desexen compartir esta entretida xornada poderán
19 de marzo de 2013
Xuvenís e cadetes abren as vacacións de Pascua
As categorías xuvenil e cadete protagonizarán a axenda da base laranxa desta fin de semana, comezando as vacacións de Pascua, con catro citas lonxe da Mariña. Na web AD A Mariña poden consultarse as clasificacións de Deporte Escolar, competición que finalizou a semana pasada. Liga Naciona
21 de marzo de 2013
Esgotando oportunidades
O Burela FS Pescados Rubén B recibe este sábado, ás 16.00 horas, o segundo clasificado de Terceira, Pazos de Borbén, en Vista Alegre. A falta de cinco xornadas para o remate ligueiro e tras subir tan só 1 punto nas dúas últimas xornadas, os laranxas non poden desaproveitar  oportunidades para empoleirarse de novo ao podio. Tan só tres puntos os separan da segunda praza do rival (puntos). Roldand
21 de marzo de 2013
Festival goleador en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén liquidou con autoridade o compromiso ante UA Alicante ao que endosou un inapelable 8-0. Con esta vitoria, a escuadra laranxa mantén o pulso polo título co Atlético de Madrid que venceu por 3-2 ao Roldán.
O conxunto mariñano impartiu un curso de pesca á escuadra mediterránea xa que, sorprendentemente, as burelesas cederon desde o inicio a iniciativa do xogo ás visitantes que picaron o anzuelo sen dubidar. O Burela Pescados Rubén aproveitou os espazos e golpeou sen compaixón. A lección táctica deseñada por Javier Pardeiro comezou a xera
23 de marzo de 2013
A permanencia máis cerca
O Burela Pescados Rubén logra unha vitoria fundamental ante o Colegio Arenas Gáldar (0-1) para conseguir a permanencia en Primeira División.
Christian dinamitou a esperanza canaria na recta final dun partido de máxima tensión, que o Burela Pescados Rubén puido resolver con anterioridade. O conxunto galego levou a iniciativa ante un Gáldar moi conservador que esperaba agazapado para aproveitar algún despiste laranxa. Os de Juanlu mostraron a súa solvencia defensiva e foron máis incisivos ofensivamente que os canarios pero ao descanso chegouse co empate inicial. Na segu
23 de marzo de 2013
Pleno de triunfos na base
Liga Nacional Xuvenil Leis Pontevedra 3-7 Burela FS Liga Autonómica Xuvenil Ventorrillo FS 5-8 Burela FSED Vigo 2015 1-2 Burela FS (aprazado da xornada 4) Liga Autómica Cadete Cidade de Narón 3-3 Burela FS
25 de marzo de 2013
A intensidade da segunda parte dálle os tres puntos ao Burela FS B (4-1)
O Burela FS Pescados Rubén B conseguiu tres puntos moi traballados na visita do Pazos de Borbén. Despois dunha primeira parte sen garra, os pupilos de Lucas repuxéronse do 0-1 en contra  e atoparon a clave do gol nos últimos seis minutos para rematar 4-1. A escasa enerxía inicial e os desaxustes ofensivos condicionaron o transcurso do primeiro período, fronte a un rival que se dedicou a buscar o perigo á contra. Precisamente
25 de marzo de 2013
Segovia e Sarria, destino das promesas laranxas en Semana Santa
As promesas da ED EON Burela FS gozarán das vacacións escolares da Semana Santa con dous desprazamentos futbolísticos. O I Torneo Kelme Cup Ciudad de Segovia será o destino dos cadetes entre o xoves 28 e o sábado 30. Un pouco máis preto, sen saír da provincia, os alevíns mediranse ao Sarria Peña Españolista, o xoves, coincidindo coa fase final da Copa Galicia Masculina e Feminina, na Terra Chá. O
26 de marzo de 2013
Manuel Rubiños, gañador do Día do Pai Laranxa
O alevín laranxa Manuel Rubiños recibiu un balón asinado polos xogadores do Burela FS Pescados Rubén, como gañador do Día do Pai Laranxa.Durante o descanso do esmagador Burela FS-UA Alicante (8-0) da Primeira RFEF, o alumno da ED EON Burela FS participou o sábado pasado nun divertido xogo de dobres penaltis cos irmáns Asier e Isaac Regueira, prebenxamín e benxamín burelistas, e o alevín Diego Eijo, xunto a seus pais.
26 de marzo de 2013
38 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores