Noticias
Arquivo de Marzo 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
Burela FS 2-2 Ríos Renovables
O Burela FS Pescados Rubén segue o seu camiño. O empate desta tarde na visita do Ríos Renovables (2-2) mantén a pugna pola sétima praza para riberanos e laranxas (30). Vista Alegre volveu vivir un duelo de rivalidade digno de firmes aspirantes aos mellores play off, no que a fortuna goleadora se repartiu na primeira parte para os locais e a segunda para os visitantes e os gardametas captaron gran parte do protagonismo.  
1 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
A un punto do liderado
O Burela FS Pescados Rubén aproveitou a súa gran oportunidade para recortar distancias coa primeira praza de Primeira División RFEF. A clara vitoria desta mañá ante o Viaxes Amarelle FSF (7-0) deixa ás pupilas de Quico Otero a tan só un punto do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (53 puntos), que caeu onte na pista doutro galego, o Valdetires FSF (6-5). Este resultado tamén lles permite ás mariñás ampliar a súa distancia co terceiro, Ciuda
2 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Resultados da base laranxa
Deporte Escolar CD Burela FS Cadete A 16-1 EDM Barreiros Cadete AD Santiago de Foz Alevín 2-5 ED Burela FS Alevín AD Santiago de Foz Benxamín 4-2 ED Burela
3 de marzo de 2014
Martes de Entroido e Mércores de Cinza con Liga Autonómica
Liga Autonómica Cadete Santiago Futsal-Burela FS Martes 4 de marzo, ás 17.45 horas, no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela.   Troula Betanzos FS-Burela FS Mércores 5 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón Municipal de BetanzosLiga Autonómica Infantil Santiago Fut
3 de marzo de 2014
FOTO: A Caixa Escura
O Burela FS B dá a sorpresa na casa do Coruxo e continúa a escalada
O Burela FS Pescados Rubén B deu a sorpresa o sábado pasado na pista do segundo clasificado, Concello de Vigo IES Coruxo, impoñéndose por 2-4 e continuando o camiño cara aos postos altos de Terceira División. Os pupilos de Lucas, que viaxaron con numerosas ausencias, ofreceron un excelente comezo no que conseguiron unha vantaxe no electrónico de 0-3, xa no minuto 11, con dobre diana no 4, de Bruno e Alemán, adornada coa terceira d
3 de marzo de 2014
Venda anticipada para as semifinais da Copa Galicia: Burela FS-Azkar (mércores 12, 20.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén aproveitará a parada ligueira da vindeira semana para disputar as semifinais da XXIII Copa Galicia, coa visita do Azkar Lugo FS o vindeiro mércores, 12 de marzo, a Vista Alegre. O duelo entre castrexos e romanos arrincará ás 20.30 horas. O club mariñán xa abriu a venda anticipada para gozar da emoción e o espectáculo do título galego. Ata o mércores a mediodía, todas
5 de marzo de 2014
Lara defenderá a Galicia na fase final Sub-21
A xogadora do CD Burela FS Peixes Rubén Lara Balseiro defenderá a Galicia na fase final do Campionato de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Sub-21 que terá lugar esta fin de semana en Alcorcón (8-9 de marzo). O combinado irmandiño medirase á Comunidade Valenciana abrindo a cita, ás 10.00 horas do sábado (pavillón La Canaleja). Ás 12.30 horas, Cataluña e Madrid pelexarán polo segundo billete para a final, programada para o domi
5 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Resultados e horarios das xoias laranxas
As xoias laranxas continúan coa súa semana intensa de competición. Despois dos enfrontamentos en Liga Autonómica de Cadetes e Infantís nas pistas de Santiago Futsal e Troula FS, retoman actividade a Copa Nacional Xuvenil, Deporte Escolar e a Liga Prebenxamín da Mariña. Os xuvenís desprazaranse o domingo a Vilalba; os prebenxamíns competirán na liga da Fundación Imdecum tamén nesta xornada con desprazamentos a Xove e Viveiro. O sáb
6 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Silvia Rubal incorpórase á convocatoria de Galicia para o Campionato de España Sub-21
A xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén Silvia Rubal sumarase á súa compañeira Lara na convocatoria definitiva de Galicia para a fase final do Campionato de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Sub-21 que terá lugar esta fin de semana en Alcorcón (8-9 de marzo). “Foi toda unha sorpresa recibir a chamada de Manuel Castillo para interesarse pola miña dispoñibilidade e ánimos para participar no campionato” explicaba hoxe a burele
6 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Festa mariñá en Vista Alegre: Burela FS-Xove FS (sábado 8, 17.00 horas)
Vista Alegre vivirá mañá unha festa mariñá do fútbol sala co sempre apaixonante derbi entre o Burela FS Pescados Rubén FS B e Pizzería A Fuga SD Xove FS. O encontro da 21ª xornada de Terceira División dará comezo ás 17.00 horas, con dous equipos fronte a fronte en duelo de contrastes. A falta de seis xornadas para o remate ligueiro, o cadro laranxa pelexa pola cuarta praza, empatado a 35 puntos coa Estrada FS, que se deberá medir
7 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
Final cara ao play off antes do descanso
O Burela FS Pescados Rubén pelexará mañá nunha gran final polo obxectivo do play off na pista dun rival directo, Montesinos Jumilla FS (17.00 horas, pabellón Carlos García Ruiz). O encontro da 24ª xornada da elite chega antes dun dobre descanso para os pupilos de Juanlu Alonso; tras a parada ligueira pola Copa de España Logroño 2014 (13-16 de marzo), a escuadra mariñá gozará da xornada de descanso o día 22. “A no
7 de marzo de 2014
Fotos: Montesinos Jumilla FS
Montesinos Jumilla FS 6-2 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido completar esta tarde a xesta dos tres puntos antes de recibir o parón ligueiro. O conxunto laranxa mantivo o equilibrio na difícil pista do novel Montesinos Jumilla FS ata a metade do segundo período, aínda que a expulsión de Matamoros, unida ás baixas con que viaxou, o condicionaron en exceso para afrontar o tramo final con garantías (6-2). Este resultado mantén os de Juanlu na oitava praza (30 puntos) a tres
8 de marzo de 2014
O Burela FS B prosegue a súa conta triunfal
O Burela FS Pescados Rubén B encadeou o sábado o seu quinto triunfo consecutivo na busca do podio de Terceira División. O cadro laranxa impúxose nun emocionante derbi comarcal a Pizzería A Fuga SD Xove FS (5-3) nun encontro no que o protagonismo goleador se fixo esperar ata a segunda parte. A escuadra dirixida por Iván Cao, Lucas, asumiu o peso do partido dende a bucina inicial, xerando moito perigo, aínda que o X
10 de marzo de 2014
Lara e Silvia, subcampioas de España con Galicia Sub-21
As xogadoras laranxas Lara Balseiro e Silvia Rubal regresaron onte de Madrid como subcampioas de España coa Selección Galega Sub-21. O combinado irmandiño conseguiu o seu billete o sábado para a gran final logo de vencer en semifinais a Valencia por 3-4, con protagonismo goleador da viveirense Lara, que formou parte do quinteto inicial de Manuel Castilo. Na cita decisiva polo título, Galicia plantouse o domingo dian
10 de marzo de 2014
O Burela FS, galardoado como Mellor Equipo Feminino nos Premios do Deporte Galego 2013
A traxectoria do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF continúa recollendo recoñecementos despois dunha tempada gravada con letras de ouro na historia do fútbol sala. O equipo laranxa, campión da liga 2012-13 e da Copa de España 2014, será o destinatario do galardón de Mellor Equipo Feminino, segundo decidiu o xurado dos Premios do Deporte Galego 2013, que preside o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
11 de marzo de 2014
Resultados de base
Copa Nacional Xuvenil Vilalba FS 5-4 Burela FS   Deporte Escolar Burela FS Cadete A 8-2 EDM Riotorto Cadete CFS Cidade de Viveiro Cadete 3-0 Burela FS Cadete B ED Burela FS Alevín 11-0 Escolas Celeiro Xove FS B
11 de marzo de 2014
Laranxas e transportistas, na busca dun billete para a final da XXIII Copa Galicia
Laranxas e transportistas volverán medir as súas forzas mañá, por terceira vez no que vai de tempada –tras os dous enfrontamentos de liga-, na busca dun billete para a final da XXIII Copa Galicia. Vista Alegre acollerá o encontro de semifinais da cita copeira ás 20.30 horas. O Burela FS Pescados Rubén recibe o compromiso galego comezando a parada de Primeira LNFS que o manterá afastado da liga, en
11 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS, finalista da XXIII Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu esta tarde o billete para a final da XXIII Copa Galicia tras impoñerse ao actual campión, Azkar Lugo FS, cun traballado 1-0; á rápida expulsión de Mimi, no tramo inicial, o banco laranxa viuse minguado na segunda parte pola ausencia de Mata e, máis tarde, Antoñito por molestias. Laranxas e transportistas viviron uns primeiros minutos convulsos, aínda que con máis perigo por parte das filas loc
12 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Calendario da base para a fin de semana
Liga Provincial Xuvenil Cidade de Lugo B-Burela FS Sábado 15 de marzo, ás 18.00 horas, no pavillón do Pombal de Lugo Liga Autonómica Cadete EDM Verín-Burela FSDomingo 16 de marzo, ás 11.30 horas, no pavillón A Granxa de Verín Deporte Escolar Burela FS Cadete A
14 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
5Coruña FS, destino do Burela FS B na 22ª xornada de Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B desprazarase este domingo, na 22ª xornada de Terceira División, á pista do herculino 5Coruña FS coa ilusión de seguir sumando puntos para reducir distancias co liderado, a tan só 2 puntos. O encontro, entre dous equipos nos que prima a xuventude, comezará ás 12.30 horas no Barrio das Flores. Dende a quinta praza, os laranxas teñen cinco grandes finais por diante para c
14 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS visita a pista do farol vermello, AE Vallirana
Tras a parada ligueira de dúas semanas, o Burela FS Pescados Rubén regresa á competición de Primeira RFEF coa visita á pista catalá do farol vermello, AE Vallirana. O encontro da 21ª xornada dará comezo o sábado, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de La Palma de Cervelló. Despois do seu paso polo Campionato Sub-21 con Galicia, a subcampioa de España Lara Balseiro amósase moi motivada para retomar a pugna defin
14 de marzo de 2014
O Burela FS dorme líder de Primeira tras imponerse ao Vallirana (2-5)
O Burela FS Pescados Rubén volveu recoller tres puntos na súa persecución polo cume da elite, impoñéndose na pista do pechacancelas AE Vallirana por 2-5. O conxunto mariñán durmirá líder de Primeira División RFEF, á espera do resultado de mañá entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e o Cidade das Burgas (La Estación 12.00 horas). Non dispuxeron do seu mellor día as laranxas en finalización, pero a súa experiencia e serenidade so
15 de marzo de 2014
O Burela FS vence na Coruña (2-4) con hat trick de Carlitos
O Burela FS Pescados Rubén B volveu responder cos tres puntos nunha xornada na que non houbo sorpresas nos postos altos. O cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, venceu por 2-4 o 5Coruña FS con hat trick de Carlitos. Xa no minuto 4 e con dobrete de Carlitos, o conxunto laranxa avantaxaba 0-2 no Barrio das Flores herculino tras un roubo en primeira instancia e xogada elaborada despois. No entanto, os coruñeses aproveitaron unha contra para re
17 de marzo de 2014
Resultados das xoias laranxas
Liga Provincial Xuvenil Cidade de Lugo B 1-3 Burela FS   Liga Autonómica Cadete EDM Verín 5-4 Burela FS   Deporte Escolar Burela FS Cadete A 3-4 ED Lourenzá Mondoñedo
18 de marzo de 2014
O CEIP Número 1 de Cervo imbúese da filosofía laranxa
O alumnado do CEIP Número 1 de Cervo, en San Cibrao, recibiu onte a visita do CD Burela FS Pescados Rubén. Os xogadores/as de Primeira División Edu, Mimi e Lidia, xunto aos monitores da base Christian e Benito, gozaron duns animados adestramentos cos nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, nos que houbo tempo para todo un pouco: fútbol sala, bromas e confidencias. Dentro do programa laranxa de difusión do fútbol
20 de marzo de 2014
Compromisos do futuro laranxa na fin de semana
Deporte Escolar ED Barreiros Cadete-Burela FS Cadete ASábado 22 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Barreiros EDM O Valadouro Cadete-Burela FS Cadete BSábado 22 de marzo, ás 12.15 horas, no pavillón municipal do Valadouro Liga Prebenxamín da Mariña ED Burela FS-ED
20 de marzo de 2014
Foto: A Caixa Escura
Emocionante recta final en Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B gozará dunha emocionante recta final en Terceira, navegando por unha zona alta da táboa cada vez máis apertada. A falta de catro xornadas e a dous puntos do liderado, o cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, recibirá o correúdo Ribeira FS mañá en Vista Alegre (16.00 horas). “O Ribeira FS é un bo equipo, con experiencia, e sempre me gustou moito; na primeira volta fíxonos moito dano, impoñéndose 7
21 de marzo de 2014
Rioja chega a Burela, como antesala do gran duelo polo liderado
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá, na 22ª xornada de Primeira RFEF, o FSF Rioja, sexto clasificado, na antesala do gran duelo polo liderado fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén dispoñerá dun compromiso complicado, na visita á pista do UA Alicante, cuarto. O encontro entre galegas e rioxanas comezará ás 18.30 horas, en Vista Alegre. Cun só punto entre madrileñas e mariñás, o cadro laranxa non
21 de marzo de 2014
Foto: Xunta de Galicia
Prestixio Galego
O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu onte na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o galardón como Mellor Equipo Feminino dentro dos Premios do Deporte Galego 2013, presididos polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa. O club laranxa recolleu o premio en mans de Cesarina Fanego, cofundadora da empresa patrocinadora Pescados Rubén, que acudiu ao acto xu
21 de marzo de 2014
Vitoria e liderado
O Burela Pescados Rubén alcanza o liderato da Primeira División tras vencer por 2-1 ao Rioja e empatar o Atlético de Madrid en Alacante (5-5). A vitoria pola mínima ante as rioxanas sumado ao tropezo colchoneiro, permite ás mariñás asaltar o liderato no momento cume da Liga xa que na vindeira xornada ambas escuadras enfróntanse no feudo madrileño cun punto de vantaxe para as laranxas.
O conxunto dirixido por Quico Otero sacou adiante o seu compromiso (2-1) ante o Rioja con sufrimento e coraxe xa que as rioxanas mostraron a súa condición de equipo competitivo. Sen un dominador claro e sen claras ocasións de gol transcorreu un choque intenso que viu alterado o empate inicial co gol conseguido por Bea Mateos, minuto 12. Tras un roubo e parede, a xogadora mariñana bateu a Yarie cun potente disparo raso, inclinando a balanza do
22 de marzo de 2014
O Burela FS B segue intratable no camiño cara ao cumio
O Burela FS Pescados Rubén B segue intratable no seu camiño cara ao cumio de Terceira División. O sábado, Vista Alegre rendeulle a súa sétima vitoria consecutiva na visita do Ribeira FS por un contundente 7-3. Ás catro dianas de Manu sumouse o acerto goleador de Xoel, Keko e Pancho. Estes tres puntos outórganlle o cumio provisional ao cadro laranxa, en triplo empate con Leis Pontevedra e A Estrada FS (44 puntos), á espera do que p
24 de marzo de 2014
Resultados de base
Deporte Escolar ED Barreiros Cadete 1-18 Burela FS Cadete A EDM O Valadouro Cadete 12-4 Burela FS Cadete B Liga Prebenxamín da Mariña ED Burela FS 4-3 ED Lourenzá (Prebenxamín 1) AD Santiago de Foz 8-1 ED Burela FS (Prebenxamín 2)  
25 de marzo de 2014
O xuvenil Hélder estará con Galicia Su-19 na final do Campionato de España
O xuvenil do CD Burela FS Pescados Rubén estará con Galicia Sub-19 no periplo da fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se disputará esta fin de semana en Santa Coloma de Gramanet. A localidade barcelonesa acollerá a pelexa polo título o sábado 29 e domingo 30 coa presenza de Galicia, Rexión de Murcia, Andalucía e Cataluña. Os irmandiños estrearán as semifinais ante os m
25 de marzo de 2014
A alumna Patricia Vigo, xunto ao presidente do club e o director da ED Burela FS
O Burela FS formaliza un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para a formación práctica
O Burela FS Pescados Rubén vén de formalizar un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para a formación práctica de alumnado do máster de Xestión Empresarial do Deporte. Dende comezos de febreiro, a estudante mariñá Patricia Vigo Muriel forma parte da estrutura laranxa, baixo a coordinación do director da ED Burela FS, Alfonso Mera. Entre as diferentes actividades e ata finais de xuño, Patricia asumirá
26 de marzo de 2014
Cadete A 2013-14
Cadetes e infantís, na fase final comarcal de Deporte Escolar
O futuro do CD Burela FS Pescados Rubén contará con tres representantes na fase final comarcal de Deporte Escolar que se disputará este sábado en Foz. O Cadete A, Infantil A e Infantil B accederon ás semifinais da Mariña como primeiros dos seus respectivos grupos en liga; os primeiros mediranse ao Pilar, os segundos a Barreiros e os terceiros a Lourenzá-Mondoñedo. No caso de saír vitoriosos, disputarán a final ese mesmo día, ás 12.30 horas, en
27 de marzo de 2014
Visita ao CEIP Fondo Nois
O Burela FS difunde o fútbol sala entre o alumnado de Nois e Trabada
O CD Burela FS Pescados visitou esta semana os centros de educación primaria de Nois e Trabada para difundir e promover a práctica do fútbol sala entre o seu alumnado. O luns pasado, David ‘Burrito’, o porteiro Brais, Bea Mateos e o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, achegáronse ao CEIP Fondo Nois de Foz, onde gozaron de exercicios e xogos co balón xunto ao alumnado de 3º e 4º. Onte, o destino para a filosofía laranxa encamiñ
27 de marzo de 2014
Primeiro gran paso cara ao título
Que son 600 quilómetros por repetir o soño laranxa? Animamos a todos galegos esparexidos por Madrid a que se acheguen a La Estación para gozar do espectáculo. Precisamos o voso apoio!
28 de marzo de 2014
Regreso á competición na casa do pechacancelas, Colegios Gran Canaria
O Burela FS Pescados Rubén regresa mañá á competición de Primeira, logo da parada pola Copa de España e da xornada de descanso de liga, na casa do pechacancelas, Colegios Arenas Gran Canaria (18.30, hora insular). O cadro laranxa, oitavo (30 puntos), pelexará polos tres puntos para non descolgarse dos postos de play off. O conxunto de Juanlu afronta a 26ª xornada coa reincorporación de Hugo, xa totalmente recupera
28 de marzo de 2014
O Burela cede o liderado tras caer en La Estación
Partido trepidante e con grandes doses de emoción o disputado polos candidatos ao título de Liga de Primeira División. O Burela Pescados Rubén caeu derrotado en La Estación polo Atlético de Madrid (4-3), tras remontada roxiblanca no tramo final con xogo de cinco. Con esta vitoria das madrileñas, as mariñás ceden o liderato a un Atlético de Madrid que se sitúa con 60 puntos, polos 58 do Burela Pescados Rubén.
O duelo no cumio non decepcionou, tras uns primeiros compases de tanteo no que ambas escuadras mediron as súas forzas as roxiblancas tomaron a iniciativa no marcador. Nunha contra, previa falta a Bea Mateos, Ju Delgado situou o 1-0 que ampliou Rosana (2-0) tras superar a Jozi no un contra un. A eficacia goleadora colchoneira danou a nave burelesa por uns instantes ata que emerxeu a figura da súa capitá. Lidia Mesías aproveitou varios rexeites rec
29 de marzo de 2014
Prensa: C.A. Gran Canaria
Vitoria solvente en Canarias
O Burela Pescados Rubén gana con solvencia ao Colegio Arenas Gran Canaria (3-7) e suma tres puntos que o manteñen nos postos de Play Off polo título.
Durante o primeiro periodo os bureleses lograron sorprender continuamente aos canarios con numerosos contragolpes e mostrando unha seriedade defensiva que evitou calquera acción de perigo amarela. Juanma abriu o marcador no minuto seis (0-1) e as oportunidades de aumentar a renda sucedéronse pero a escasa eficacia laranxa propiciou que o Gran Canaria chegase vivo ao descanso. Na segunda parte o Burela puxo a directa e pronto logrou o 0-3, con gol
29 de marzo de 2014
40 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores