Terceira División tamén reúne a romanos e castrexos
A xornada dominical volverá reunir as filas romanas e castrexas, despois do derbi do sábado entre Prone Lugo AD e o Burela FS Pescados Rubén (municipal dos Deportes, 18.00 horas); será na xornada 19 de Terceira División, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Sarria.
Burela FS B 1-2 CP Casás
Os pupilos de Juanma caeron pola mínima o sábado pasado en Vista Alegre, na visita do CP Casás na xornada
5 de marzo de 2015
A burelista Paula parte hoxe na expedición de Galicia Sub-21 cara á final do Campionato de España
A burelista Paula Cortiñas viaxa de novo hoxe con Galicia Sub-21 cara á fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se disputará en Murcia esta fin de semana, 7 e 8 de marzo.
O combinado irmandiño, con José Luis Sáez como xefe de expedición, medirase en semifinais á Rexión de Murcia o sábado, ás 12.00 horas (municipal Gabriel Pérez de Roldán). Unha hora antes enfrontaranse Cataluña e a Comunidade Valenciana.
5 de marzo de 2015
Emocionante derbi lucense entre romanos e castrexos
A emoción do derbi lucense, entre romanos e castrexos, chega na 25ª xornada de Primeira División como antesala para o Burela FS Pescados Rubén da súa primeira participación na Copa de España (Cidade Real, 12-15 de marzo). O Prone Lugo AD recibirá mañá os laranxas ás 18.00 horas no municipal da cidade amurallada.
Desde a décima praza (27 puntos), o cadro de Juanlu Alonso buscará en Lugo un reforzo anímico de cara á súa gran cita c
6 de marzo de 2015
Os castrexos asaltan a muralla (3-7)
O derbi lucense finalizou cunha contundente e merecida vitoria do Burela Pescados Rubén no feudo do Prone Lugo (3-7). O duelo provincial constatou a superioridade burelesa ante un voluntarioso conxunto local que aínda que logrou adiantarse no marcador acabou goleado e consumando o seu descenso matemático á Segunda División.
O encontro comezou con ambas escuadras pulsando ao seu rival, o Prone aproveitou un córner para tomar vantaxe por mediación de Javi Río (m.4). O 1-0 provocou a reacción mariñán e Chano, por partida dobre, remontou o marcador. O empate nun remate ao bordo do área e o 1-2 nunha gran acción individual que finalizou coa zurda. Os pupilos de Juanlu comezaron a levar o timón do partido fronte a un Prone que esperaba a súa oportunidade ao contragolpe. M
7 de marzo de 2015
Neoplan para a quixotesca fazaña na Copa de España
Mércores 11 de marzo de 2015, ás 00.00 horas, arrincará o autobús dos soños laranxas. Tras numerosos destinos e miles de quilómetros realizados, o autocar diríxese por primeira vez na historia do CD Burela FS Pescados Rubén á Copa de España. Un novo fito histórico da entidade mariñá que representará a Galicia en Cidade Real, sé da Copa de España 2015 que contará cun escenario excepcional, o Quixote Area.
O Burela Pescados Rubén parte á Copa cun plan para derrocar ao todopoderoso Inter Movistar. Ademais de acharse en terreo de fazañas quixotescas tamén contará con “Neo” que, do mesmo xeito que os castrexos laranxas, sacará a relucir as súas mellores galas e prestacións para esta emocionante e anhelada aventura. O “Neoplan”, propiedade da empresa mindoniense de transportes Autos Morán S.A, portará os emblemas de Deporte Galego e a forza unha Galici
10 de marzo de 2015
O PREMIO E A ILUSIÓN DA COPA
O Burela FS Pescados Rubén xa está en Cidade Real para escribir un novo capítulo da historia laranxa. O conxunto da Mariña debutará na Copa de España mañá ante o actual campión de Liga e Copa, Inter Movistar (21.15 horas). “Para nós é un premio e unha ilusión, é a competición máis bonita do fútbol sala e unha grande oportunidade de presentarnos para todo o fútbol sala nacional” explicaba o técnico, Juanlu Alonso, a poucas horas para a gran cita.
Esta tarde, ás 19.30 horas, o equipo mariñán estreará o Quijote Arena na última sesión de adestramento antes da súa gran xesta en cuartos de final ante o titánico madrileño, con Edu, que só xogará en caso de extrema necesidade, Álex, Erik, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Behroz, Miguel, Carlitos, Antoñito, Renato, Ángel, Matamoros, Chano e Hélder.
“Imos competir porque é a nosa máxima ilusión” aseguraba Juanlu, destacando o bo momento
11 de marzo de 2015
A Copa de España, un soño tamén para o Futuro Laranxa
O Burela FS Pescados Rubén gozará por partida dobre da Copa de España Cidade Real 2015. Xunto ao equipo de Primeira LNFS, que se medirá esta noite ao actual campión, Inter Movistar (21.15 horas, Teledeporte), tamén debutará o equipo Infantil. Dirixido por Mario Pillado e Christian Fustes, o conxunto de base mariñán participará na Minicopa baténdose ao mesmo rival que o sénior, mañá, ás 12.30 horas (pavillón Puerta Santa María)
12 de marzo de 2015
Burela FS e Activity Center únense para impulsar o deporte mariñán
O CD Burela FS Pescados Rubén e Activity Center únense para impulsar o deporte e promover os hábitos de vida saudable na Mariña. Ata as instalacións do centro deportivo, situado na avenida do Perdouro, 37, de Burela, trasladouse o presidente do club laranxa, Manuel Blanco, para formalizar o acordo de colaboración co seu xerente, Ibán García.
No marco de devandito convenio, os socios do CD Burela FS poderanse beneficiar dun descon
12 de marzo de 2015