Noticias
Arquivo de Marzo 2016
Un bo resultado para visitar o impoñente Superti
O Burela FS Pescados Rubén B visitará este sábado, en derbi mariñán, a pista o impoñente Superti A Pontenova (19.00 horas), coas boas sensacións da recente vitoria en Vista Alegre noutro derbi, pero provincial, o da semana pasada fronte ao Prone Lugo FS (5-2). “Nas últimas xornadas xa estabamos ben, pero ao final o que xulga son os puntos, así que nos veu moi ben animicamente; os rapaces merecíano” explicaba o técnico laranxa, Jua
4 de marzo de 2016
Jaén antes de Guadalajara 2016
O Burela FS Pescdos Rubén xa está en terras andaluzas para disputar a 23ª xornada de Primeira LNFS, última parada ligueira antes da Copa de España Guadalajara 2016 (10-13 de marzo). E farao medíndose actual campión do título copeiro, Jaén Paraíso Interior, que logo de dar a gran sorpresa o ano pasado nesta ocasión non estará entre os oitos mellores para volver gozar do espectáculo. Desde a oitava praza (27 puntos), os pupilos lar
4 de marzo de 2016
Fotografía: Prensa Jaén. LNFS
Tablas en "La Salobreja" entre Jaén Paraíso Interior e Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén rescata un punto no tramo final do duelo ante o Jaén Paraíso Interior que finalizou con empate a tres tantos. O encontro tivo alternativas no xogo e o marcador que empezou con iniciativa mariñá co tanto logrado por Iago Rodríguez no minuto cinco. Co 0-1 os xienenses deron un paso adiante mentres que o Burela cedeu terreo e intentaba aproveitar os espazos para a contra. O partido transcorría a máxima intensida
5 de marzo de 2016
Volvemos soñar?
Pouco máis de 24 horas restan para que o CD Burela FS Pescados Rubén e a Marea Laranxa volvan soñar cunha das grandes citas a tempada, gozar do gran premio que os de Daniel Ibañes gañaron nun encontro decisivo de infarto en decembro. Co billete entre os oito mellores da primeira volta, espéraos a XXVII Copa de España Guadalajara 2016 co orgullo e a responsabilidade de inaugurar a competición fronte ao Catgas E. Santa Coloma (xoves 10, 19.00 horas
9 de marzo de 2016
Guadalaxara tamén abre as súas portas ao Futuro Laranxa
A Copa de España Guadalajara tamén abrirá as súas portas á ilusión das categorías de base. O Futuro Laranxa estará representado sobre a pista polo equipo infantil burelista, que se medirá mañá, venres, en cuartos de final ao Catgas E. Santa Coloma (10.30 hora, pavillón San José). A expedición de Mario Pillado e Christian Fustes desembarcará na cidade copeira esta tarde para animar o equipo sénior no Palacio Multiúsos de Guadalaxara f
10 de marzo de 2016
O soño continúa
“É imposible non estar orgulloso deste grupo” dicía emocionado ao finalizar o partido Daniel Ibañes, e non é para menos porque o humilde CD Burela FS Pescados Rubén volve facer historia, na súa segunda Copa de España repite e plántase nas semifinais. Intenso ritmo inicial e disciplina defensiva, cun gran traballo colectivo déronlles o billete aos laranxas para pelexar entre os catro mellores o sábado, logo de impoñerse por 4-6 ao Catgas E. Santa
10 de marzo de 2016
O Burela Pescados Rubén recibe ao Majadahonda FSF Afar4 en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén afronta a vixésima xornada de Primeira División ante o Majadahonda FSF Afar4 que chega a Vista Alegre con ganas de dar a sorpresa tralo seu triunfo na casa do Cidade As Burgas. O duelo dispútase o sábado 12 a partir das 18.30 horas e será retransmitido en directo vía streaming na sección multimedia de www.burelafs.org. Tamén podes seguir a Copa de España de Guadalajara desde Vista Alegre. Entrada gratuita.
A escuadra burelesa debe sumar tres novos puntos para manter o ronsel do Futsi, líder con 52 puntos, que se mide no seu feudo ao Rioja FSF. As burelesas non deben pecar de exceso de confianza polo que o seu técnico reclama “moita concentración e xogar ao noso mellor nivel para evitar que o Majadahonda medre e nos complique a vitoria. Gañaron no feudo do Cidade As Burgas así que temos un precedente claro do seu perigo si non facemos ben as cousas”
11 de marzo de 2016
A ilusión do humilde fronte á solidez do xigante
Sábado 12 de marzo, ás 18.00 horas. Xa está marcado en todas as axendas da afección laranxa e dos amantes do fútbol sala galego. Por segundo ano consecutivo repite a súa fazaña de participación copeira con presenza en semifinais o CD Burela FS Pescados Rubén. O xigante Movistar Inter, que se impuxo 8-0 a Palma Futsal, será o seu rival en semifinais de Guadalajara 2016 con brillo laranxa nas bancadas malia os máis de 600 quilómetros de distancia;
11 de marzo de 2016
Fazaña sen a recompensa merecida
O Burela FS Pescados Rubén volveu facer historia esta tarde sobre a Pista Azul aínda que a recompensa sobre o electrónico non foi compañeira de viaxe. Os pupilos de Daniel Ibañes plantaron cara ao impoñente Movistar Inter, de ti a ti, gozando, competindo e sen nada que perder. Deron a gran sorpresa, con precisión finalizadora, adiantando ata 2-0 á máquina verde nunha cita intensa que finalmente caeu do lado interista (3-6) e da que a pesar do res
12 de marzo de 2016
Vitoria solvente do Burela Pescados Rubén ante un entusiasta Majadahonda
Cómoda vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Majadahonda FSF Afar4 por 6-1 nun duelo de control burelao durante os corenta minutos. O conxunto madrileño salvou os mobles no primeiro periodo pero na segunda parte non puido conter a superioridade local. As mariñás abriron pronto o marcador cun tanto en propia porta de Elena e co 1-0 o efecto sorpresa das visitantes desapareceu. O Burela controlaba o partido e gozou de ocasións para aumentar a súa
12 de marzo de 2016
Comeza a Liga Primavera para Benxamíns e Alevíns
Os equipos benxamíns e alevín da ED Burela FS estrearanse esta semana na Liga Primavera. O Benxamín A compatibilizará a nova competición co campionato provincial; a segunda praza na Liga de Deporte Escolar outorgoulle o billete para a cita; o  Benxamín B e o Alevín remataron na cuarta praza.  
16 de marzo de 2016
Batalla pola oitava praza
Vista Alegre recibe este sábado a los héroes naranjas de la Copa de España Guadalajara 2016 con una batalla decisiva por los play off. El CD Burela FS Pescados Rubén recibe al Peñíscola RehabMedic FS (18.30 horas) en duelo directo por la octava plaza, con empate a 28 puntos. El encuentro podrá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.com, con la colaboración de Iván Díaz Rolle y Ramón González. Antes del
18 de marzo de 2016
Unha de derbi
O Burela FS Pescados Rubén vivirá unha nova xornada de derbi irmandiño mañá na pista do Cidade das Burgas (17.00 horas, Vos Remedios), que ocupa a oitava praza con 29 puntos, fronte á segunda das mariñás, con 53 puntos. “Non será un partido diferente aos nosos últimos compromisos. Teremos que ter paciencia para atopar fendas na súa defensa pechada e non darlles opcións á contra, con especial atención sobre Vane Sotelo e Iria, as
18 de marzo de 2016
Segundo acto de gol laranxa para levar o derbi en Ourense (1-6)
O Burela FS Pescados Rubén non fallou nunha nova cita con aroma a derbi impoñéndose por un claro 1-6 ao Cidade das Burgas. O acerto de Gaby por partida tripla e de Dany no segundo acto outorgoulles os tres puntos ás laranxas que chegaron ao descanso cun axustado 1-2, sempre mandando no resultado. Inaugurou o electrónico o equipo de Lucas no minuto 9, en contraataque de Peque que culminou a brasileira Dany. A 7 laranxa volveu recupera
19 de marzo de 2016
A oitava praza queda na Mariña
Vista Alegre e o Burela FS Pescados Rubén aliáronse esta tarde para non deixar escapar da Mariña a oitava praza nun intenso duelo fronte ao Peñíscola RehabMedic (3-2), por momentos certamente tolo, cun primeiro acto cuxo equilibrio se reflectiu no marcador ao descanso (1-1) e un segundo capítulo con máis méritos dos laranxas. Adiantouse o Peñíscola cunha punteira de Juanqui en pase longo de Yeray; aínda non se cumprira o minuto 4 de
19 de marzo de 2016
O recoñecemento dos galegos no punto de mira
Tan só queda 1 día para que o CD Burela FS Pescados Rubén salte á pista para pelexar polo recoñecemento de todos os galegos na final da Copa Xunta fronte ao Santiago Futsal (20.30 horas, Fontes do Sar). O de mañá será o primeiro dos dous desprazamentos dos mariñáns esta semana á capital galega para medirse aos composteláns; o outro será en liga, o sábado, na 25ª xornada de Primeira LNFS (18.00, TVG2 en directo). “Despois de perder
22 de marzo de 2016
Segovia e o Triangular de Imdecum, entre as citas do Futuro Laranxa
Como toda unha tradición xa na Semana Santa, o Futuro Laranxa participará no  IV Torneo Ciudad de Segovia na categoría cadete e no Triangular da Fundación Imdecum en prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Tamén continuará rodando o esférico na Liga Primavera. Os máis maiores da escola burelista regresarán a unha das palestras de máis renome da base española entre mañá e o sábado xunto a DLink Zaragoza, Las Rozas Boadilla, Nueva E
23 de marzo de 2016
Foto: Prensa Santiago Futsal
A prórroga arrebátalles a Copa aos laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén non puido traer a Copa Galicia para A Mariña fronte ao Santiago Futsal (2-5) nun envite moi igualado que tivo que decidirse na prórroga tras o 2-2 no tempo regulamentario. Á volta do descanso os de Daniel Ibañes non puideron manter a renda de 2-0, que se esvaeu en tan só tres minutos, e tiveron que remar contra a corrente dos composteláns no Fontes do Sar, con seis títulos irmandiños na súas vitrinas. Ambas as
23 de marzo de 2016
Fotografía: Santiago Futsal. LNFS
O Burela Pescados Rubén gaña o derbi galego e segue en postos de Play Off
Vitoria do Burela Pescados Rubén por 1-4 no derbi galego ante o Santiago Futsal que mantén aos mariñaos en postos de Play Off polo título. O derbi tivo reminiscencias da final de Copa Galicia aínda que cun desenlace favorable para os laranxas.
Aos doce segundos de xogo o brasileiro Petry acudiu á súa cita co gol para adiantar (0-1) á escuadra de Daniel Ibañes. O Santiago Futsal acusou momentáneamente o golpe recibido pero co paso dos minutos comezou a levar o peso do partido ante un Burela que cedía a iniciativa para buscar os espazos ao contragolpe. Sen ocasións claras transcorría un partido intenso e os composteláns probaban fortuna con disparos afastados sen excesivo perigo para Ále
26 de marzo de 2016
Venda anticipada para a visita do todopoderoso Movistar Inter
Os heroes laranxas de Guadalajara 2016 xa preparan a súa revancha para a chegada do todopoderoso Movistar Inter á Mariña. A partir de mañá, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre este sábado, 2 de abril, coa visita do campión de España e líder de Primeira (18.15 horas, emitido en directo por TVG2). A venda anticipada estará dispoñible ata o venres, día 1, ás
28 de marzo de 2016
A XUNTA PROMOCIONARÁ O LEITE DE CALIDADE GALEGA 100% NO PARTIDO QUE ENFRONTARÁ Ó BURELA FS PESCADOS RUBÉN E O MOVISTAR INTER
 A acción enmárcase dentro da campaña de apoio ao sector leiteiro galego que está a desenvolver a Xunta de Galicia e permitirá ao público asistente ao encontro do vindeiro sábado degustar este leite de calidade a través do reparto gratuíto de minibricks  A delegada da Xunta ultimou os detalles da iniciativa co presidente do club deportivo durante un encontro mantido esta tarde en Burela
Lugo, 29 de marzo de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con Manuel Blanco Fanego, presidente do Burela FS Pescados Rubén, para ultimar os detalles do acto promocional do leite de marca Galega 100% que está previsto desenvolver o vindeiro sábado, ás 18:15 horas en Vista Alegre, coincidindo co partido que enfrontará ó equipo burelés e Movistar Inter. Esta acción promocional enmárcase den
29 de marzo de 2016
Balón solidario a escena coa Selección de Guatemala
A Fila 0, con donativo de 2 euros como entrada, irá destinada á Asociación Camiña e a Fundación Eu Son
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá o vindeiro mércores, 6 de abril, a selección de Guatemala, dirixida polo ex–adestrador do antigo Lobelle e do Palma Futsal Tomás de Dios, para disputar un amigable no que se habilitará unha Fila 0 a favor da Asociación Camiña e a Fundación Eu Son de Burela. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, con donativo de 2 euros como entrada. Esta tarde, o presidente do club
31 de marzo de 2016
22 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores