Noticias
Arquivo de Marzo 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base do Entroido
6 de marzo de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os vindeiros partidos de base
6 de marzo de 2019
Manzanares, reto para os burelistas
O Pescados Rubén Burela FS volve este sábado á competición, na xornada 23, coa visita á pista do Manzanares Quesos El Hidalgo FS (18.15 horas), co reto de reforzar o seu liderado (51 puntos) nunha das canchas máis complicadas de Segunda LNFS, cun equipo que ocupa a cuarta praza (43 puntos): “É un dos destinos máis complicados da liga, tanto polo seu ambiente coma pola súa pista, debido a que non estamos afeitos a xogar en superficie de goma. Se
7 de marzo de 2019
O Pescados Rubén e Rodiles FS, cada vez máis preto
O Pescados Rubén Burela FS e o club asturiano Rodiles FS están cada vez máis preto. Nas próximas semanas darán un paso máis na súa boa relación a través da formalización dun convenio de colaboración; ambas as entidades reuniranse para pechar os últimos detalles e selar un acordo de traballo conxunto polo fútbol sala en igualdade desde a base. Desta forma a Familia Laranxa estreitará lazos coa veciña de Asturias, unha comu
8 de marzo de 2019
O campión pon a proba o líder en Vista Alegre
As Guerreiras Laranxas defenderán mañá o liderato (54 puntos) de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo en Vista Alegre (18.30 horas) ante o vixente campión da liga, Jimbee Roldán, que chega á bisbarra da Mariña na terceira praza, con 13 puntos de desvantaxe sobre as locais. “Será un partido complicado. Roldán empezou a liga frouxo, nos primeiros partidos caeu posicións na táboa, pero foi de menos a máis. Agora está en boa form
8 de marzo de 2019
Arranca a Xira Descubre o Fútbol Sala, co CD Lugo
Descubre o Fútbol Sala volve un curso máis aos centros escolares da Mariña e con novidades, coa máxima referencia do fútbol na provincia. O vindeiro luns o club burelista estreará a xira cun convidado de luxo, o Club Deportivo Lugo. Os membros dos primeiros equipos do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS participarán nun encontro con máis de 800 escolares da bisbarra, nunha acción enmarcada dentro do convenio de colaboración entre ambos os clubs
8 de marzo de 2019
Tres sufridos puntos para seguir no cume
O Pescados Rubén Burela FS sumou esta tarde tres sufridos puntos na visita do vixente campión, Jimbee Roldán FSF (3-2), para manterse no cume de Primeira. Tras tomar vantaxe de 3-0 nunha primeira parte con intensidade e velocidade de balón, as pupilas de Julio Delgado viñéronse un pouco abaixo tras o descanso e tiveron que pelexar na recta final con porteira xogadora en contra e coa preocupación da lesión de Cristina, no minuto 31, que tivo que s
9 de marzo de 2019
Manzanares non sorprende o líder
O Pescados Rubén Burela FS non se deixou sorprender na complicadísima pista do Manzanares FS Quesos El Hidalgo (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube tiveron que facer fronte a un partido duro e esixente no que os locais saíron mellor, pero a boa reacción dos galegos outorgoulles táboas en dúas ocasións e así puideron conseguir ir medrando na segunda parte. Manzanares saltou á pista coas ideas máis claras. No minuto 4, Pepe apro
9 de marzo de 2019
Oito centros escolares da Mariña abren as súas portas ao Pescados Rubén Burela FS e CD Lugo
El fútbol sala naranja y el fútbol albivermello inundaron esta mañana las aulas de A Mariña. Los miembros de los primeros equipos del CD Lugo y del Pescados Rubén Burela FS visitaron más de 800 alumnos/as de la comarca, de ocho centros escolares, en Alfoz, Burela, Ferreira y Foz, y pudieron compartir con ellos experiencias, anécdotas y risas. Ambos clubes quieren agradecer todas las facilidades mostradas para permitir la difus
11 de marzo de 2019  |  
Destacada
A Mariña suma sinerxias pola igualdade
O Pescados Rubén Burela FS participou hoxe nun fermosísimo acto na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, con motivo do Día Internacional da Muller. O centro de Cervo, coa directora María José Novoa á fronte, recibiu a Jozi e Peque, xunto á vicepresidenta do club, Cesarina Fanego, para recoñecer a traxectoria do equipo laranxa feminino e o seu recente gran paso pola igualdade laboral. Ambas as entidad
11 de marzo de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
12 de marzo de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os próximos partidos da base
14 de marzo de 2019
Cristina terá que pasar polo quirófano
As sensacións de Cristina non eran nada boas tras a lesión do sábado ante Jimbee Roldán e as probas confirmárono; a internacional do Pescados Rubén Burela FS terá que pasar polo quirófano. A resonancia magnética realizada o martes indica que a pivote laranxa sofre rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial. Os servizos médicos do club burelista valorarán esta semana xunto á xogadora a data de
14 de marzo de 2019
Rivas, a primeira de sete finais
Sete xornadas por diante e menos de dous meses restan para o final da liga de Segunda LNFS e o Pescados Rubén Burela FS, agora máis ca nunca, encoméndase á frase favorita de Juanma Marrube, reafirmando a filosofía do traballo continuo, do día a día e do pasiño a pasiño: “Seguimos picando pedra”. Rivas Futsal, desde a novena praza (31 puntos), será o primeiro rival dos catro inimigos que aínda terán que pasar por Vista Alegre; será o sábado, ás 18
14 de marzo de 2019
Tres puntos con obxectivos diferentes
As Guerreiras Laranxas visitarán a pista do Leganés Masdeporte FSF este sábado na xornada 21 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con tres puntos en xogo de obxectivos diferentes, entre a defensa do liderado do Pescados Rubén Burela FS (57 puntos) e a duodécima praza das madrileñas (16 puntos), intentando afastarse dos postos de perigo. A cita arrincará ás 18.00 horas no pavillón municipal de La Fortuna. “Foi unha semana dura, e
15 de marzo de 2019
Un paso máis para o líder fronte a un Rivas que plantou cara (5-2)
Vista Alegre foi testemuña dun paso máis para o líder nesta recta final de Segunda cara á elite, grazas á eficacia na finalización e a un gran traballo de Edu baixo paus. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu unha vitoria moi traballada fronte a un Rivas Futsal (5-2) que plantou cara e contaxiou aos de Juanma Marrube dun xogo de pulos, chegando a desdebuxar a orde laranxa en numerosas fases. Tan só lle fixeron falta 6 segundos aos mar
16 de marzo de 2019
As Guerreiras afinan puntería tras o descanso para impoñerse ao Leganés (1-4)
As Guerreiras Laranxas continúan o seu periplo no cume con paso firme, volverán á casa unha xornada cos tres puntos, nunha tarde na que Leganés Masdeporte resistíuselles. O Pescados Rubén Burela FS dispuxo da afinación necesaria no reinicio, tras un primeiro acto con táboas 1-1. Cun bo inicio, aínda que sen definición, as pupilas de Julio Delgado e Lucas adiantáronse no minuto 14, con Luci ao segundo pau, tras pase de Jenny. Parecía
16 de marzo de 2019
A Coruña, sede da final da Copa Galicia Feminina, en Semana Santa (20-21 de abril)
O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña vestirá as súas mellores galas durante os días 20 e 21 de abril para albergar a fase final da XIII edición da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, como anfitrión. O Pescados Rubén Burela FS pelexará nas semifinais o sábado 20, ás 20.30 horas, fronte ás herculinas. Antes, ás 18.30 horas, o ou
18 de marzo de 2019
Pescados Rubén Burela FS e Rodiles FS formalizan a súa colaboración
O convenio de colaboración entre o Pescados Rubén Burela FS e o Rodiles FS xa é un feito. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu hai uns días ao seu homólogo asturiano, Faustino Ortiz, para selar o acordo; no acto tamén estiveron a internacional burelista Luci e as xogadoras asturianas Jessi e Romina. “Para a Familia Laranxa é un orgullo comezar este camiño de promoción e difusión do traballo en igualdade desde a base cun club
20 de marzo de 2019
19 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores