Noticias
Arquivo de Marzo 2020
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base
2 de marzo de 2020
Liga en mércores ante Cartagena con agasallo para @s soci@s
Ao Pescados Rubén Burela FS non lle tocará descanso ligueiro na semana de Copa de España de Málaga. Os pupilos de Juanma Marrube mediranse este mércores ao Jimbee Cartagena, correspondente á xornada 15, aprazada no mes de decembro por inclemencias meteorolóxicas. Vista Alegre acollerá a cita a partir das 21.00 horas e cada soci@ poderá levar un invitad@ á cita; recibirá a entrada totalmente gratuíta para o seu acompañante no
2 de marzo de 2020
Os burelistas reciben o Cartagena este mércores, na xornada 15 aprazada
Na semana de descanso pola Copa de España de Málaga, os burelistas recuperarán a xornada aprazada, do final da primeira volta. Será mañá, ás 21.00 horas, coa visita do Jimbee Cartagena FS, que recala na Mariña na duodécima praza (24 puntos). Cada soci@ laranxa poderá acudir cun acompañante á cita; as invitacións estarán dispoñibles no acceso ao pavillón. “Están en xogo tres puntos moi importantes para viaxar a Zaragoza, o noso rival
3 de marzo de 2020
Pescados Rubén 2-4 Cartagena
Chegou tarde o Pescados Rubén Burela FS para reaccionar na visita do Jimbee Cartagena (2-4), recuperando a xornada 15 aprazada de decembro por inclemencias meteorolóxicas. Tiveron que remar contracorrente os do Mariskal desde moi cedo, con 0-3 xa no minuto 12. Reaccionou o conxunto galego reducindo inmediatamente co 1-3, de Pope, aínda que se estrelou unha e outra vez nas súas intencións; non puido rendibilizar a superiodidade do catro para tres
4 de marzo de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base con compromisos de liga e o Trofeo Biberón Imdecum 2020
5 de marzo de 2020
As Guerreiras reciben o Zaragoza para recuperar a conta de tres en tres
As Guerreiras Laranxas reciben mañá o Sala Zaragoza (18.30 horas), na xornada 23, co propósito de recuperar a senda triunfal para seguir custodiando a segunda praza (59 puntos) da elite, tras o empate en Roldán. Vista Alegre sumarase aos actos do Día Internacional da Muller co apoio das Guerreiras e as mañas e a colaboración de Galegas 8M, facendo un chamamento para a manifestación do domingo en Foz (12.00 horas, desde A Rapadoira).
6 de marzo de 2020
Pescados Rubén 4-2 Sala Zaragoza
O Pescados Rubén Burela FS retomou hoxe a senda triunfal na visita do Sala Zaragoza (4-2) para reforzarse na segunda praza. Custoulles reaccionar ás laranxas, pero souberon reaccionar contra unha defensa pechada que xerou moito perigo á contra e se puxo por diante en dúas ocasións. Vista Alegre quentou motores para o Día Internacional da Muller e a manestación comarcal de mañá en Foz (12.00 horas) coa saída en fair play das pancartas Gal
7 de marzo de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados
9 de marzo de 2020
Comunicado da RFEF
A RFEF pon en coñecemento dos medios de comunicación que enviou unha Circular ás Federacións Territoriais onde lles traslada que, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19, o Consello Superior de Deportes informou da adopción por parte do Goberno de España dun conxunto de medidas preventivas entre as que se atopan a celebración de todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito es
10 de marzo de 2020
A Comisión Delegada da RFEF aproba a suspensión de todos os partidos de fútbol non profesional e fútbol sala masculino e feminino de ámbito estatal 2 semanas
A Real Federación Galega de Fútbol informa ademais que TODA a competición en Galicia de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico tamén queda SUSPENDIDA durante ese mesmo prazo de dúas semanas. Medida de urxencia que comeza a ser efectiva desde o xoves 12 de marzo.
NOTAS INFORMATIVAS DA RFEF E RFGF ADXUNTAS
11 de marzo de 2020
Peque, nominada nos Futsalplanet Awards 2019
A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Patricia González Mota, Peque, figura na prestixiosa lista de nominadas para os Futsalplanet Awards 2019, publicada onte. Moita sorte para a nosa Guerreira!!! Ligazón FUTSALPLANET
12 de marzo de 2020
Suspéndense os adestramentos de base durante 14 días
Despois das medidas que acaba de adoptar a Xunta de Galicia, o Pescados Rubén Burela FS decidiu suspender os adestramentos de base durante 14 días, período no que non haberá actividade lectiva nin extraescolar. XUNTA DE GALICIA: Seguindo o criterio dos expertos, máis medidas para conter o coronavirus: ✔ Peche de centros sociocomunitarios ✔ Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 d
12 de marzo de 2020
O Pescados Rubén suspende os adestramentos sénior tras recibir as últimas recomendacións da RFEF
Súmate á Responsabilidade. Queda na Casa
A RFEF propón aos clubs preparar plans de adestramento individual para os futbolistas e aos xogadores que atendan 'escrupulosamente' as pautas sanitarias e gobernativas. Ligazón RFEF CIRCULAR ADXUNTA A oficina 'laranxa' tamén permanec
13 de marzo de 2020
A RFEF aproba a suspensión de todas as competicións non profesionais ata que as autoridades consideren que se poden retomar sen risco
Ligazón RFEF
23 de marzo de 2020
Paquete de medidas sociais, laborais e económicas ante a crise polo Coronavirus presentadas esta mañá pola RFEF
Os clubs de 1ª, 2ª e 2ªB de fútbol sala, as dúas primeiras categorías de fútbol sala feminino e, por suposto, a 2ªB e a 3ª División de fútbol nacional masculino van ter unha liña de subvención que vai chegar ata os 4 millóns de euros Ligazón RFEF
25 de marzo de 2020
Peque, cuarta mellor xogadora nos FutsalPlanet Awards 2019
Ligazón El Progreso Ligazón FutsalPlanet Awards 2019
27 de marzo de 2020
16 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores