Noticias
Arquivo de Abril 2010
Comeza a conta atrás para a Copa de España
O Burela FSF Pescados Rubén inicia a conta atrás para escribir un novo capítulo na súa curta e exitosa historia, o da XVI Copa de España (Ourense, 9-11 abril). As pupilas de Javier Pardeiro aproveitan as últimas sesións para afrontar a gran cita do venres 9 de abril na mellor forma, tanto física como animicamente. O destino quixo que o Burela FSF se cruce en cuartos cun dos titáns de Honra, o Femesala Elche, un rival que se postul
5 de abril de 2010
O Concello de Burela ofrece unha recepción a Manu e Juan como subcampións de España Sub-18
Os xogadores do Burela FS Manuel Jiménez e Juan Quiroga foron recibidos esta tarde no consistorio burelao pola concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de subcampións de España acadado coa Selección Galega Sub-18, o pasado 21 de marzo. No acto tamén estiveron presentes o directivo da entidade Marcelino Luna e o director da escola deportiva, Alfonso Mera. Neves Cando loou o traballo dos futbolistas
6 de abril de 2010
Obxectivo copeiro, bater o mellor palmarés do fútbol sala feminino
O Burela FSF Pescados Rubén participará mañá por primeira vez na Copa de España e non será unha tarefa nada doada. A partir das 12.00 horas, no pavillón ourensán dos Remedios, as pupilas de Javier Pardeiro afrontarán o seu debut nos cuartos de final ante o campionísimo Femesala Elche, equipo que ostenta o mellor palmarés do fútbol sala feminino español. O conxunto de Maravillas Sansano conquistou o título de Liga da División de Honra e
8 de abril de 2010
Javier Pardeiro seguirá á fronte do Burela FSF a vindeira tempada
Javier Pardeiro continuará unha tempada máis na súa casa, nas filas do CD Burela FS, á fronte do ambicioso proxecto feminino. Esta mesma mañá, unhas horas antes do debut na Copa de España, o técnico burelao foi recibido polo vicepresidente do club, Manuel Blanco, para asinar a súa renovación coa entidade laranxa para 2010-11. Pardeiro séntese “con ganas de asumir un novo reto na elite do fútbol sala feminino”. “Estamos vivindo un debut
8 de abril de 2010
Xornada das categorías inferiores
Deporte Escolar EDM Burela FS Infantil-ED Barreiros Infantil (aprazado 4ª xornada)Domingo 11 de abril, ás 12.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela ACD Xove Benxamín-EDM Burela FS Benxamín BSábado 10 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Xove   Amigables EDM Burela FS Benxamín A-EDM B
9 de abril de 2010
O Burela FS pelexa polo billete de play off ante o RAM León
O Burela FS terá nas súas mans o billete de play off mañá, na vixésimo sétima xornada de Prata, ante o OE RAM León. Unha vitoria ante os casteláns garantiríalles aos pupilos de Suso Rey a presenza matemática entre os catro afortunados do Grupo Norte, independentemente dos resultados rivais, a falta de tres encontros para o remate. A partir das 18.30 horas, Vista Alegre acollerá un partido que pode ser decisivo para os plans laranxas,
9 de abril de 2010
O Burela FSF apéase da Copa de España dando o dó de peito ante as ilicitanas
Entrega, intensidade e presión foron as armas empregadas polo Burela FSF Pescados Rubén no seu paso pola XVI Copa de España en Ourense. Cun alto ritmo de xogo, as pupilas de Javier Pardeiro deron o dó de peito esta mañá, nos cuartos de final, ante o campionísimo Femesala Elche, nun encontro no que a definición inclinou a balanza en favor das ilicitanas (6-2). As imprecisións e os disparos de media distancia protagonizaron os inicios d
9 de abril de 2010  |  Foto: ACFSF
Unha traballada e merecida vitoria ante o León (3-2) garante aos burelaos o play off
O Burela FS participará no seu quinto play off á División de Honra, en 2009-10. A traballada e merecida vitoria de hoxe ante o OE RAM León (3-2), a pesar dunha arbitraxe un tanto polémica, asenta os mariñáns na segunda praza (52 puntos) do Grupo Norte de Prata e garántelles a presenza entre os catro primeiros, con billete para a fase de ascenso. Conscientes da relevancia deste encontro, os pupilos de Suso Rey non defraudaron. Saltaron
10 de abril de 2010
Resultados das categorías inferiores
Deporte Escolar EDM Burela FS Infantil 8-9 ED Barreiros Infantil (aprazado 4ª xornada) ACD Xove Benxamín 3-1 EDM Burela FS Benxamín B Amigables EDM Burela FS Benxamín A 4-9 EDM Burela FS Alevín A EDM Burela FS Benxamín A 7-4 ED Barreiros Alevín
12 de abril de 2010
O Burela FSF, arroupado por Raquel Arias na Copa de España
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, acompañou o Burela FSF Pescados Rubén na véspera da súa estrea na XVI Copa de España. O xoves pasado, Arias trasladouse a Ourense para mostrar o seu apoio ao equipo mariñán, nunha xuntanza na que tamén estiveron presentes os vicepresidentes do club, José Saa e Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna. En sinal de gratitude, o conxunto burelista fíxolle entrega á dele
12 de abril de 2010
Os benxamíns, alevíns e infantís participarán no Campionato Provincial en Idade Escolar
Os equipos Benxamín A, Alevín A e Infantil B da EDM Burela FS participarán no Campionato Provincial en Idade Escolar despois de quedar entre os tres primeiros clasificados nas súas respectivas ligas. Os benxamíns e alevíns, que remataron en terceira posición a competición, accederán ao campionato en oitavos de final, o vindeiro sábado, 17 de abril, no pavillón municipal de Vilalba. Os primeiros, adestrados por Carlos Moreno, enfrontara
13 de abril de 2010
Brillo laranxa na Copa de España
Máis de medio centenar de afeccionados/as acompañaron o Burela FSF Pescados Rubén no seu debut na XVI Copa de España en Ourense o venres pasado, ante o Femesala Elche. O pavillón dos Remedios brillou coa presenza da afamada bancada mariñá, composta por unha nutrida representación da peña Soles Laranxas, que se desprazou en autobús, e outros/as seareiro/as que se trasladaron ata a cidade auriense en vehículos particulares. Cun prestixi
13 de abril de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Autonómica Infantil Azkar Lugo-Burela FSSábado 17 de abril, ás 16.00 horas, no Centro Deportivo Terra de Lugo Campionato Provincial en Idade Escolar-OITAVOS Vilalba Benxamín-EDM Burela Benxamín ASábado 17 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Vilalba Guitiriz Alevín-EDM Burela Alevín A
15 de abril de 2010
O Burela FSF retoma os adestramentos
O Burela FSF Pescados Rubén regresa hoxe aos adestramentos despois da súa participación na XVI Copa de España o venres pasado en Ourense, aínda que esta fin de semana non haberá competición debido aos compromisos da Selección Española ante Rusia. As pupilas de Javier Pardeiro terán máis tempo para preparar a súa vindeira cita na liga de Honra; será o 24 de abril (20.00 horas), na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, outro dos bat
15 de abril de 2010
O sprint burelao arrinca na pista navarra
Despois de acadar a clasificación matemática para o play off a semana pasada, o Burela FS terá que afanarse nas tres últimas xornadas. O sprint laranxa arrincará mañá ante o OPDE Ribera Navarra, no pavillón municipal Elola de Tudela, a partir das 19.15 horas, coa presenza do presidente da LNFS, Javier Lozano, na bancada. O cadro de Suso Rey chega á vixésimo oitava xornada de Prata con todos os seus efectivos para obter un novo éxito na
16 de abril de 2010
Semana de decisións para a LNFS e a ACFSF
Con moita competición aínda por disputar na presente tempada, o exercicio 2010-11 reclama atención na planificación. Así, esta converteuse nunha semana de decisións e proxectos para dous dos organismos reitores do fútbol sala español, a Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e a Asociación de Clubs de Fútbol Sala Feminino (ACFSF), e, como non, para o CD Burela FS. O mércores pasado, a entidade mariñá estivo representada polo seu directivo
16 de abril de 2010
Os laranxas empatan en Tudela (2-2) e reducen a distancia co liderado
O Burela FS regresa de Tudela cun punto, tras o empate 2-2 fronte ao OPDE Ribera Navarra. Un punto que sabe a pouco, tendo en conta que o líder talaverano caeu na casa do Illescas (3-2), pero un punto moi práctico, que serve para colocarse a tres da cabeza do Grupo Norte. O dominio laranxa non tivo esta tarde a recompensa merecida, a pesar de que todo apuntaba a un desenlace de celebración. O pichichi burelista, Dani Martín, sacoulles
17 de abril de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Autonómica Infantil Azkar Lugo 5-1 Burela FS Campionato Provincial en Idade Escolar-OITAVOS Vilalba Benxamín 1-3 EDM Burela Benxamín A Guitiriz Alevín 2-1 EDM Burela Alevín A   Amigables Praia de Covas Infantil 6-1 EDM Burela Infantil B
19 de abril de 2010
O Burela FS adhírese á Carta Verde do Deporte Español
O CD Burela FS vén de adherirse á Carta Verde do Deporte Español, iniciativa posta en marcha polo Consello Superior de Deportes, en colaboración co Comité Olímpico Español, a Fundación Biodiversidade de Medio Ambiente e a ONG Green Cross España. O club mariñán formalizou o seu compromiso co medio natural a semana pasada na sinatura do devandito documento, tras o visto e prace do CSD. A entidade laranxa mostrou o seu interese a través
19 de abril de 2010
As escolas de Barreiros e O Valadouro apostan polo fútbol sala a través do Burela FS
Dentro do seu programa de promoción e impulso do fútbol sala na comarca da Mariña, o CD Burela FS formalizou a semana pasada dous convenios de colaboración coas escolas municipais de Barreiros e O Valadouro. O directivo do club Marcelino Luna e o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, desprazáronse a San Cosme para asinar o acordo co alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, e o coordinador deportivo municipal, Rubén Caserío. En Ferreira, o
20 de abril de 2010
Burela acollerá a Copa da Mariña benxamín o 24 de abril
A vila de Burela acollerá a Copa da Mariña na categoría benxamín o vindeiro sábado, 24 de abril, baixo a coordinación do CD Burela FS. Oito equipos, distribuídos en dous grupos, participarán na fase previa do campionato, nos pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre. Praia de Covas, Cervo, Burela A e Santiago de Foz competirán no Grupo A e Mondoñedo, Burela B, Xove e A Pontenova farano no B. O club laranxa tamén contará con repres
20 de abril de 2010
O Burela FS celebra o acceso a play off co sorteo dun Toyota Yaris
Como celebración da súa quinta tentativa por acadar a Honra, e con moi boas sensacións, o Burela FS, en colaboración con Eje Atlántico 3000, sorteará un Toyota Yaris entre a súa afección, no mes de maio, no primeiro partido de play off en Vista Alegre. En plena crise económica mundial, o club laranxa aperta o cinto para agraciar a un dos seus seareiros/as con, nada máis e nada menos, que un coche a estrear, totalmente
21 de abril de 2010
Xornada das categorías inferiores
Campionato Provincial en Idade Escolar-CUARTOS - Azkar Prone Benxamín A-EDM Burela FS Benxamín ASábado 24 de abril, ás 10.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo - A Fonsagrada Infantil-EDM Burela FS Infantil BSábado 24 de abril, ás 11.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo   Copa da Mariña-CUARTOS - Mondoñedo Benxa
22 de abril de 2010
As burelás regresan á liga en duelo directo ante o Navalcarnero
Despois de tres semanas, o Burela FSF Pescados Rubén regresa á liga da División de Honra en duelo directo a domicilio ante o Atlético de Madrid Navalcarnero. O encontro dará comezo mañá ás 20.00 horas, no pavillón municipal La Estación. Con 42 puntos, madrileñas e burelás ostentan a sexta e sétima posición respectivamente, co descanso aínda pendente para o Navalcarnero. A vixésimo sexta xornada de Honra pode servir para alixei
23 de abril de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Vista Alegre clausura a competición de Prata ante o Delta Badajoz
Inmerso nunha recta final de vertixe, o Burela FS disputará mañá o seu último partido ligueiro en Vista Alegre, na vixésima novena e penúltima xornada de Prata, coa visita do Extremadura Delta Badajoz. A partir das 18.30 horas, os pupilos de Suso Rey intentarán manterse na pelexa pola primeira praza ante un equipo modesto que gozará dos seus últimos minutos da tempada na Mariña, sen nada en xogo. Coa garantía da segunda praza do Grupo
23 de abril de 2010
As burelás caeron ante Navalcarnero malia un extraordinario segundo tempo
O equipo laranxa comezou ben, pero as madrileñas adiantáronse ata poñer o 3-0 no electrónico. Só Claudia foi quen de marcar no minuto 19, inmediatamente despois de que Elena anotara o terceiro para o Atlético de Madrid. A segunda parte tivo unha clara cor visitante. As pupilas de Pardeiro chegaron a enviar catro balóns ao poste e mesmo erraron un dobre penalti. Malia a derrota, o Burela FSF Pescados Rubén deu unha excelente imaxe ante
25 de abril de 2010
Empate (4-4) ante o Delta Badajoz no último partido da liga regular en Vista Alegre
Andaban os mariñáns pensando aínda no doado que se lles puxera o partido ante os estremeños logo do gol de Minu no minuto 7 (1-0) que a duras penas puideron reaccionar cun gol de Dani Martín, no último suspiro do primeiro tempo, ao ameazante 1-3 que lucía o electrónico aló polo minuto 19. Os de Suso Rey lanzáronse con máis determinación que acerto cara á portería rival no segundo tempo, pero atopáronse cun gol do incisivo Bae
25 de abril de 2010
Resultados das categorías inferiores
Campionato Provincial en Idade Escolar-CUARTOS Azkar Prone Benxamín A 4-2 EDM Burela FS Benxamín A A Fonsagrada Infantil 2-2 EDM Burela FS Infantil B*A Fonsagrada, vencedor nos penaltis   Copa da Mariña-CUARTOS Mondoñedo Benxamín 5-1 EDM Burela FS Benxamín B EDM Burela FS Benxamín B
26 de abril de 2010
Eivissa, máximo candidato á primeira rolda de ascenso fronte ao Burela FS
A falta dunha soa xornada para que conclúa a fase regular na División de Prata, todo fai indicar que o Gasifred Eivissa será o primeiro escollo do Burela FS no seu quinto intento por alcanzar a máxima categoría. Como segundo clasificado do Grupo Norte, ao equipo mariñán correspóndelle cruzarse no arranque do play off co cuarto do Grupo Sur, e o conxunto eivisenco parte con vantaxe sobre os seus perseguidores e é o favorito nas apostas para ese
27 de abril de 2010  |  La Voz de Galicia
Jozi e Claudia participan na Semana da Saúde de Alcoa-San Cibrao
As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Jozi de Oliveira e Claudia Rodríguez participaron onte pola tarde nunha charla-coloquio en San Cibrao, integrada na VI Semana da Saúde, Seguridade e Medio Natural organizada pola multinacional alumínica Alcoa (26-30 de abril). Jozi e Claudia trasladáronse ata as instalacións de Alcoa-San Cibrao para compartir as súas experiencias como deportistas de elite con empregados/as do complexo e famili
27 de abril de 2010  |  Foto: Alcoa-San Cibrao
Juanma e Edu, nas II Xornadas Técnicas Valle del Narcea
Os burelistas Juanma e Edu protagonizaron onte as II Xornadas Técnicas de Fútbol Sala Valle del Narcea xunto ao alumnado do club asturiano Cangasport, baixo a coordinación de Daniel Cuervo. O pavillón do instituto Cangas del Narcea acolleu dúas sesións, entre as 17.30 e as 20.00 horas, centradas na importancia do xogo como método de aprendizaxe e nos conceptos técnico-tácticos de pase e mobilidade. No primeiro adestramento, Juanma e E
27 de abril de 2010
FS A Mariña continúa na pelexa pola primeira praza de Todos polo Fútbol
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña continúa na pelexa pola primeira praza do campionato galego ‘Todos polo Fútbol’,  a pesar da derrota de onte ante APEM Cee (0-3), no pavillón Monte Castelo. Despois da rifada vitoria a domicilio co Porta Nova (2-3), o venres 16, os rapaces do FS A Mariña tiveron un pequeno tropezo ante os ceenses, que non lles impide seguir na loita polo liderado, empatados a puntos co ou
28 de abril de 2010
Sorteo laranxa dun Toyota Yaris
Como celebración da súa quinta tentativa por acadar a Honra, e con moi boas sensacións, o Burela FS, en colaboración con Eje Atlántico 3000, sorteará un Toyota Yaris entre a súa afección, no mes de maio, no primeiro partido de play off en Vista Alegre. En plena crise económica mundial, o club laranxa aperta o cinto para agraciar a un dos seus seareiros/as con, nada máis e nada menos, que un coche a estrear, totalmente
29 de abril de 2010
Os infantís inician a Copa Autonómica
O conxunto Infantil A do Burela FS disputará esta fin de semana o primeiro encontro dos cuartos da Copa Autonómica; será o sábado, 1 de maio, ante O Barval FS, no pavillón burelao Vista Alegre, a partir das 16.00 horas. Con partidos de ida e volta, esta primeira eliminatoria tamén enfrontará a Cidade de Narón-CP Casás e O Parrulo FS-Vigo 2015 FS; o Azkar Lugo pasa directamente ás semifinais como campión da liga 2010. O club ma
29 de abril de 2010
Os burelaos despiden a liga coa mirada no Grupo Sur
En Valverde, pista do pechacancelas do Grupo Norte, o Burela FS despide mañá a fase ligueira 2009-10, coa mirada posta nos resultados do Grupo Sur, que decidirán o rival laranxa na primeira eliminatoria da fase de ascenso a Honra. O encontro arrincará ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Valverde del Majano, no horario unificado indicado pola LNFS para a trixésima xornada. Os pupilos de Suso Rey viaxan a terras segovianas cos deber
30 de abril de 2010
As laranxas voltan á bomboneira fronte ao Zaragoza
Despois dun mes, entre descansos ligueiros e a participación na Copa de España, o Burela FSF Pescados Rubén volta mañá á bomboneira ante o Natudelia.com Zaragoza, un rival que pelexa por asentarse no ecuador clasificatorio. A vixésimo sétima xornada laranxa en Honra comezará ás 18.30 horas. Na sétima posición e con 42 puntos, as pupilas de Javier Pardeiro terán unha boa ocasión para eliminar a distancia co sexto, o Atlético de Madrid N
30 de abril de 2010
36 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores