Noticias
Arquivo de Abril 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil A Mariña FS-Burela FSSábado 2 de abril, ás 16.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro   Liga Autonómica Cadete Burela FS-ADFS BueuDomingo 3 de abril, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil ED EON
1 de abril de 2011
Cidade das Burgas, vindeiro destino para as laranxas en derbi autonómico
As laranxas viaxan este sábado a Ourense, na vixésimo cuarta xornada de Honra, para medirse ao Cidade das Burgas. O pavillón dos Remedios acollerá o derbi autonómico a partir das 17.00 horas. Tres puntos importantes estarán en xogo neste duelo. O Burela FSF Pescados Rubén pelexa por asentarse na cuarta praza (42), asediada polo Diamante-La Rioja (39), e acceder ao podio, co terceiro posto, do Atlético de Madrid Navalcarnero, a tan só u
1 de abril de 2011
A emoción chega a Vista Alegre co sólido Ribera Navarra
Espectáculo e emoción están garantidos esta fin de semana en Vista Alegre coa visita do segundo clasificado, o sólido OPDE Ribera Navarra, na trixésimo terceira xornada de Prata. A cita arrincará mañá ás 18.30 horas. A intensidade que xa se viviu na primeira volta, cunha brillante remontada dos laranxas (4-4) no Elola, vaticina un extraordinario encontro. Os pupilos de Suso Rey pelexarán por facer valer a fortaleza de Vista Alegre ante
1 de abril de 2011
O Burela FS remonta un 0-3 ante o segundo clasificado e rescata un punto
O Burela FS deu hoxe unha lección de como se debe reaccionar fronte a un marcador moi en contra, na visita do segundo clasificado, OPDE Ribera Navarra (3-3). A escuadra laranxa foi valente e apostou polo xogo de cinco, co que puido remontar un 0-3 no último cuarto do encontro e rescatar un punto para a súa cuadrícula. A pesar da intensidade e das ganas de ambos os conxuntos por abrir o marcador, os goles fixéronse esperar. Antes de cum
2 de abril de 2011
Cómodo triunfo das laranxas fronte ás ourensás (1-7)
As pupilas de Javier Pardeiro acadaron esta tarde un cómodo triunfo na complicada pista do Cidade das Burgas (1-7), nunha cita na que as laranxas lles sacaron brillo ás xogadas de estratexia. Con estes tres novos puntos, as mariñás durmirán esta noite na terceira praza (45) acariñando o podio, á espera do resultado de mañá entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e Ponte Ourense, en duelo directo. O dominio do Burela FSF Pescados Rubén
2 de abril de 2011
Táboas para o Ribadeo FSF-CD Riazor (0-0)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF asinou unha igualada na visita do CD Riazor (0-0). Con esta, as mariñás xa suman catro xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, aínda que nesta ocasión non puideron pasar do empate sen goles. Nun partido de grande intensidade entre dous equipos que se coñecen á perfección, as accións atacantes non puideron coas defensivas, con grandes intervencións das tres porteiras participantes, María polo Riaz
4 de abril de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil A Mariña FS 5-3 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 6-2 ADFS Bueu   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 0-0 O Parrulo Ferrol FS   Deporte Escolar-Oitavos Provinciais
4 de abril de 2011
FS A Mariña recibe o Porta Nova
O pavillón Monte Castelo acollerá hoxe o encontro entre FS A Mariña e Afaes Porta Nova, de Narón, ás 16.30 horas. O partido da primeira volta,  disputado o venres pasado, deixou un resultado favorable para o equipo mariñán (5-2), con goles de José Ángel Eiras (3), Roberto López (1) e Ramón Sixto (1). Ata o de agora os mariñáns computan dúas victorias e unha derrota, pero sobre todo contan con moitas ganas de pasalo ben e
5 de abril de 2011
A LNFS pon en marcha un certame de relatos curtos con motivo do Día do Libro
A Liga Nacional de Fútbol sala organizou a primeira edición do Certame de Relatos sobre Fútbol Sala, baixo o título “Le, escribe... ¡Adestra a túa mente!”. Trátase dunha iniciativa que se enmarca na celebración do Día do Libro, que terá lugar o próximo 23 de abril, e que pretende fomentar a lectura entre os amantes deste deporte. As obras, no estilo que prefira o autor -relato, conto, poesía, etc.-, deben versar sobre calquera tema re
6 de abril de 2011
O CD Burela FS, centro de formación para dous estudantes do IES Monte Castelo
Dende o pasado 28 de marzo, o CD Burela FS conta con dúas persoas máis na súa engrenaxe interna, os estudantes do IES Monte Castelo José Manuel Fraga e Lidia Mesías, que poñerán en práctica as capacidades do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas no club laranxa como centro de formación. Baixo a coordinación, seguimento e valoración do director da EDM EON Burela FS, Alfonso Mera, Lidia e José realizarán as prácticas format
6 de abril de 2011
Burela acollerá a clausura da Liga Prebenxamín o domingo 10
Os pavillóns burelaos Monte Castelo e Vista Alegre acollerán a clausura da Liga Prebenxamín da Mariña este domingo, nunha gran final que reunirá a todos os participantes. A xornada lúdico-recreativa desenvolverase con partidos de 15 minutos entre todos os equipos. A entrega de trofeos e medallas aos pequenos deportistas despedirá a competición ata 2011-12. O CD Burela FS obsequiará a todos os clubs participantes con entradas pa
7 de abril de 2011
O Barcelona B inaugura a recta final laranxa cara ao play off
O FC Barcelona B inaugura mañá a recta final dos laranxas, en Vista Alegre (18.30). Cinco xornadas e cinco verdadeiras finais lle quedan ao Burela FS para rematar a liga entre os privilexiados para disputar a fase de ascenso, con moi pouca marxe de erro. Con 45 puntos, os pupilos de Suso Rey defenderán a última praza de play off, ante o undécimo clasificado (42), un rival complicado, con xogadores novos, moi rápidos e cunha boa defens
8 de abril de 2011
O Burela FSF defenderá a terceira praza ante un Alcorcón ávido de puntos
O Burela FSF Pescados Rubén defenderá este domingo, na vixésimo quinta xornada de Honra, a súa recentemente estreada terceira posición, ante un Ciudad de Alcorcón, que necesita os puntos para desfacerse do título de farol vermello. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 12.30 horas. Tras o resultado favorable da semana pasada ante o Valladolid (3-2), o cadro madrileño (17 puntos) chegará a Bure
8 de abril de 2011
Vitoria do Burela FS ante o equipo azulgrana (5-3) logo dun final brillante
Viviu Vista Alegre un deses partidos vibrantes que se deixan ver de vez en cando e que levantan a afección burelá. O equipo que dirixe Suso Rey perdía a falta de tres minutos para o final, cando se puxo a xogar con Purao de porteiro xogador e levantou un marcador que daquela mostraba un inquietante 2-3. Primeiro anotou Purao un excelente disparo para o empate, no minuto 37, e, pouco despois, Víctor Chacón remataba desde o lado dereito un
9 de abril de 2011
O Alcorcón non pode coa capacidade goleadora das xogadoras laranxas (9-7)
O Burela FSF Pescados Rubén deu un festival goleador en Vista Alegre (9-7), diante dun equipo visitante que se defendeu con acerto no segundo tempo, grazas en parte a que as xogadoras de Pardeiro se cargaron de faltas cando aínda quedaban bastantes minutos para o final. Empezou demoledor o cadro laranxa, con goles de Vanessa (3), Lucía (2) e Claudia (1) no primeiro tempo, por só un gol das visitantes. As xogadoras burelás dominaba
10 de abril de 2011
Bembrive 4-1 Panificadora del Eo
O equipo ribadense non puido prolongar a súa imbatibilidade na quinta xornada consecutiva ao caer derrotado no municipal de Bembrive por 4-1 ante un dos equipos que loita por disputar a competición da Copa Galicia desde a cuarta posición. As cousas puxéronselles difíciles ás mariñás nos compases iniciais. Apenas transcorrera un minuto e medio, cando a local Andrea inaugurou o marcador e trinta segundos máis tarde Lara conseguiu o 2-0.
11 de abril de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo 6-0 Burela FS   Deporte Escolar-Cuartos Provinciais Cospeito Infantil 3-4 ED EON Burela FS Infantil B Quiroga Infantil 0-4 ED EON Burela FS Infantil A   Amigable ED EON Burela FS Alevín A 3-3
11 de abril de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Cidade de Narón (xornada 17)Domingo 17 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela ED Vigo 2015-Burela FS (xornada 16)Martes 19 de abril, ás 19.00 horas, no pavillón central das Travesas en Vigo
14 de abril de 2011
O Burela FSF pon rumbo á pista do histórico Femesala
O Burela FSF Pescados Rubén desprazarase á pista do histórico Femesala Elche na vixésimo sexta xornada de Honra. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán os privilexios do podio fronte a un rival que, dende a undécima praza, pelexa por manter vivas as opcións da Copa de España. O pavillón M. Esperanza Lag acollerá o encontro o sábado a parti das 18.30 horas. A escuadra laranxa medirase a un equipo moi sólido, cuxa traxectoria na segund
14 de abril de 2011
Os infantís Renato e Christian defenden a Galicia no nacional de Ponteareas
Os xogadores infantís da ED EON Burela FS Renato Lopes e Christian García defenderán o combinado galego entre hoxe e o domingo no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que terá lugar na vila pontevedresa de Ponteareas. A escuadra irmandiña, dirixida por Ibán García, medirase en grupo único a Castela-A Mancha, Andalucía e Estremadura. Completan a convocatoria Alexandre, Santi e Jose, do Azkar Lugo; Yago e Pablo, do Li
15 de abril de 2011
Os laranxas visitan o fondo da táboa en Albacete co fin de asegurar a fase de ascenso
Os laranxas visitarán mañá o fondo da táboa en Albacete co firme obxectivo de asegurar un billete para a fase de ascenso. Dende a oitava praza os pupilos de Suso Rey mediranse a un rival xa descendido matematicamente, que pelexará polo orgullo dende o décimo sétimo posto. A trixésimo quinta xornada de Prata  arrincará no pavillón universitario ás 17.30 horas. Aínda que a priori o Burela FS parte como favorito non debe descoidarse.
15 de abril de 2011
O Burela vence o Albacete (3-5) e avanza cara ao play off
O Burela FS meteu un pé e medio na fase de ascenso á División de Honra logo de liquidar cun 3-5 o seu encontro na cancha do Albacete, un equipo xa descendido a Primeira Nacional A. O choque tivo varias partes ben diferenciadas, xa que o cadro laranxa dominou por completo o primeiro tempo, con 0-3 ao descanso, pero na segunda houbo máis alternativas e ata o Albacete chegou a equilibrar a balanza en catro minutos fatídicos para os mariñáns. A ca
18 de abril de 2011  |  A Mariña-El Progreso
A cor laranxa mantense no podio grazas á vitoria en Elxe (1-2)
O Burela FSF Pescados Rubén afiánzase na terceira posición da División de Honra logo de vencer por 1-2 na pista do Femesala Elche. O cadro de Pardeiro chega á parada de Semana Santa reforzado deportiva e moralmente. O choque saíu como esperaba o técnico mariñán, que aproveitou para tecer pases entre liñas con boas circulacións de balón. O Burela FSF rompeu continuamente a presión ilicitana e xerou múltiples ocasións, sobre todo con Van
18 de abril de 2011  |  A Mariña-El Progreso
O Panificadora cumpre o obxectivo da permanencia
O obxectivo está cumprido para o Panificadora del Eo Ribadeo FSF, que volverá xogar en Autonómica a próxima tempada. Aínda que non puido conseguir os tres puntos o pasado sábado na visita do Cidade das Burgas (0-3), a derrota do Carballiño na cancha do Funeraria Apóstolo facilítalles ás mariñás, matematicamente, a permanencia na categoría a falta de dúas xornadas para a finalización. Demasiado castigo foi o 0-3 para o Panificadora tal
18 de abril de 2011
Renato e Christian proclámanse campións de España con Galicia Infantil
Os xogadores do ED EON Burela FS Infantil Renato e Christian proclamáronse campións de España con Galicia no campionato da Confederación Nacional de Fútbol Sala celebrado esta fin de semana en Ponteareas. Os irmandiños puideron validar o título tras vencer na final a Andalucía por un contundente 7-0. Ao festexo da selección infantil sumáronse os cadros galegos benxamín e cadete, que se alzaron co trofeo, en Mondariz e O Porriño respect
18 de abril de 2011
O internacional xaponés Toru Sato adestrará co cadro laranxa ata finais de tempada
O internacional xaponés Toru Sato adestrará co Burela FS ata finais de tempada. O ala-peche chega á Mariña tras a formalización do acordo entre o club laranxa e a Federación Xaponesa de Fútbol. O xogador, que xa coñeceu os seus compañeiros dos próximos meses na sesión matinal de hoxe, foi recibido nas oficinas do club polo xerente da entidade, Fernando López, e o directivo Antonio Ródenas. Procedente do Shriker Osaka da F-Lea
19 de abril de 2011
O Burela FS abre o prazo de inscrición para o I Torneo de Base EON (1-3 xullo)
O club laranxa xa ten aberto o prazo de inscrición para a cita que se converterá na sensación deportiva do verán mariñán en 2011, o I Torneo de Base EON Burela FS, previsto para o 1, 2 e 3 de xullo. O torneo reunirá as categorías de Benxamín (2002-01), Alevín (2000-1999), Infantil (1998-97) e Cadete (1996-95) nunha competición que est
19 de abril de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS 4-3 Cidade de Narón (xornada 17) ED Vigo 2015 8-1 Burela FS (xornada 16)
20 de abril de 2011
O Valencia desafía a solidez da bomboneira dende a terceira praza
O UPV Maristas Valencia desafía na trixésimo sexta xornada de Prata a solidez do Burela FS na bomboneira dende a terceira praza. Vista Alegre acollerá o encontro o sábado ás 18.30 horas. Nunha fin de semana na que se pode mover moito a táboa, os laranxas poñeranse a proba como o equipo menos goleado da categoría, na defensa da sétima praza (51 puntos), fronte a un rival dos mellores finalizadores, que para esta cita pe
20 de abril de 2011
Os pupilos de Suso Rey aseguran o play off cun xogo brillante ante os valencianos (4-2)
Vista Alegre asistiu ao brillo da cor laranxa ante o UPV Maristas Valencia (4-2) nunha tarde na que os pupilos de Suso Rey deron mostras, unha vez máis, de ser merecedores do privilexio de play off. Os tres puntos asegúranlle ao cadro mariñán o billete para a fase de ascenso dende a sexta praza (54 puntos), superando en catro puntos o noveno, UMA Antequera, que a falta de dúas xornadas rematará a competición con descanso, e con inmunidade
23 de abril de 2011
Homenaxe aos campións galegos
Coincidindo coa visita do UPV Maristas Valencia (4-2) na División de Prata a Vista Alegre, o CD Burela FS homenaxeou o sábado pasado os infantís laranxas Renato e Christian, que se proclamaron campións de España con Galicia na cita da Confederación Nacional de Fútbol Sala celebrada en Ponteareas (15-17 de abril). O presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o director xeral, José Luis Sáez Castro, fixéronlles entrega aos xogadores de ca
25 de abril de 2011
Prone Lugo, primeiro rival dos xuvenís na Copa
O Burela FS Xuvenil comezará a andadura na Copa Nacional este sábado coa visita do Prone Lugo AD. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 16.00 horas. Na primeira fase da competición, a unha volta, compartirán o Grupo Norte, con lugueses e burelaos, o Cidade de Narón e o Puerto Celeiro. AD FS Bueu, Leis Pontevedra, Cidade de Ourense e Xacobeo Lobelle FS compoñerán o Grupo Sur. Os dous primeiros de cada grupo accederán á
28 de abril de 2011
O cadro de Pardeiro sumará tres puntos ante o retirado Campillos
O Burela FS Pescados Rubén prolonga o descanso da Semana Santa sumando tres puntiños na vixésimo sétima xornada de Honra ante o retirado CD Campillos (7-0) que o manteñen no podio. O cadro de Javier Pardeiro volverá á competición o 14 de maio, en duelo directo, na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, que dende a cuarta praza (48 puntos) esta fin de semana visita o sétimo clasificado, Valladolid (42). A gran cita da xornad
28 de abril de 2011
Antesala de play off nas Canarias
O Burela FS xa está nas illas Canarias para disputar o que será o último encontro a domicilio da liga 2010-11, ante o Colegios Arenas Gáldar. A trixésimo sétima xornada de Prata no pavillón insular Vega Mateos soará a play off, entre dous conxuntos clasificados matematicamente para disputar a fase de ascenso. O encontro dará comezo mañá ás 22.00, hora peninsular. Dende a sexta praza (59 puntos), a escuadra de Suso Rey visitará a zona m
29 de abril de 2011
34 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores