Noticias
Arquivo de Abril 2012
FC Meigas de Ames 1-5 Panificadora del Eo-Ribadeo FS
As ribadenses conseguiron en Bertamiráns (Santiago de Compostela) a súa cuarta vitoria, dos últimos cinco encontros disputados, derrotando por 1-5 o FC Meigas. Ao descanso o resultado xa era de 0-3 a favor do Panificadora. As de Martínez non fixeron o seu mellor partido pero foron resolutivas para sumar tres novos puntos. As locais só se achegaron á portería de Antía nos primeiros minutos do partido. Eva inaugurou o marcador para as vi
2 de abril de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete AD Barval O Barco 2-3 Burela FS Burela FS 5-4 ADFS Bueu   Liga Autonómica Infantil Burela FS 2-4 ADFS Bueu   Amigables Burela FS Cadete 7-2 Celeiro Cadete ED EON Burela FS Prebenxamín A 2-2 ED E
2 de abril de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Cidade de Narón (aprazado da xornada 5)Domingo 8 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
4 de abril de 2012
Dende Croacia ata a ED EON Burela FS
Dende Croacia, aínda que con algunha que outra escala, a Copa de Europa de Fútbol Sala, último título de España, chegou a semana pasada ata a ED EON Burela FS na mellor compaña posible, cun dos grandes protagonistas da xesta, con nada máis e nada menos que o seleccionador nacional, Venancio López Hierro. O técnico, relator no curso de Instrutor de Fútbol Sala Base  2011-12 que organiza a Federación Galega de Fútbol en Burela, comp
4 de abril de 2012
Turero rematará a tempada no Automoción La Junquera, de Segunda B
O canteirán Rubén García Freije, máis coñecido como Turero, rematará a tempada nas filas do Automoción La Junquera de Vilagarcía de Arousa, militando na Segunda División B. O CD Burela FS Pescados chegou a un acordo co club pontevedrés para a incorporación do ala mariñán na recta final da competición, loitando polo asentamento na categoría. O xogador trabadense, de 21 anos, debutou en 2009-10 na antiga División de Prata da LNFS co Bure
4 de abril de 2012
O Xoula-Ribadeo dobrega o líder, Concello de Friol (2-1)
No descanso do Panificadora del Eo, en Autonómica, as boas noticias seguen chegando ao Ribadeo FS. O Concello de Friol, líder indiscutible e campión dos tres últimos campionatos de Provincial Feminina, sufriu a súa primeira derrota da tempada na Mariña ao caer derrotado, o pasado venres, ante o Xoula (2-1). A pesar de non poder contar co persoal ao completo, o equipo de Martínez callou un excelente encontro ante, sen dúbida, o mellor equipo da
9 de abril de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS 4-1 Cidade de Narón (aprazado da xornada 5)
9 de abril de 2012
Vilalba, rival dos laranxas no Provincial Cadete
O Burela FS Cadete intérnase esta fin de semana no Campionato Provincial que acollerá a cidade luguesa. Vilalba será o rival a bater nos cuartos de final o vindeiro domingo, 14 de abril, no pavillón do Pombal. Os pupilos de Carlos Méndez, que conseguiron o pase á cita tras rematar en segunda posición na competición comarcal, arrancarán a pugna contra os chairegos ás 17.00 horas, despois do Lumieira Lugo-Láncara (16.00). Ás 18.00, O Pil
11 de abril de 2012
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-CD Mare Nostrum (xornada 16 adiantada) Domingo 15 de abril, ás 20.00 horas, no pavillón Monte Castelo
11 de abril de 2012
A bomboneira prepárase con ilusión para o duelo ante o líder
O líder e gran candidato á liga de Primeira, Atlético de Madrid Navalcarnero (58 puntos), chega na vixésimo cuarta xornada á bomboneira, para medirse ao Burela FS Pescados Rubén nun duelo de altura ilusionante e que promete moito, sobre todo espectáculo. O partido comezará, o sábado, ás 18.30 horas. Vista Alegre será testemuña dunha cita con infinitas posibilidades para o xogo bonito, na que medirán as
12 de abril de 2012
O Burela FS viaxa a Eivissa coa fase de ascenso no punto de mira
O Burela FS Pescados Rubén viaxa hoxe a Eivissa convencido de romper o maleficio a domicilio e coa fase de ascenso no punto de mira. Co Space Gasifred, no polideportivo Blancadona (17.30 horas), o cadro laranxa inicia mañá o último tramo da liga, cun mes e cinco auténticas finais por diante. Coa última praza de play off en xogo co UMA Antequera compartindo 33 puntos, o Burela FS precisa sumar puntos para asentarse na zona privilexiada.
13 de abril de 2012
Fútbol Sala de alta escola e vitoria do Burela que conquista a súa afección
O duelo ante o líder presumíase de altos voos e non decepcionou á numerosa afección laranxa que tivo o privilexio de gozar dunha gran vitoria do seu equipo por 4-2. O Burela Pescados Rubén sumou o seu sexto triunfo consecutivo e cortou a excelente etapa do Atlético Madrid Navalcarnero, nas últimas dez xornadas; dez vitorias e un empate que o sitúan como líder sólido da Primeira División. A pesar dos seus números e o seu pote
15 de abril de 2012
Ique salva un punto en Eivissa, onde o Burela mereceu máis
O Burela Pescados Rubén logra un empate agridoce na pista do Space Gasifred Eivissa, onde ambos os conxuntos repartíron os puntos tras o 2-2 final. Este resultado mantén intactas as opcións de play off do conxunto dirixido por Julio Delgado a falta de catro xornadas para o final da Segunda División. O Burela mereceu maior botín en terras eivisencas pero a falta de puntería, sobre todo na primeira parte, e unha controvertida arbitraxe i
15 de abril de 2012
O Panificadora resarce a súa seca goleadora á custa do Mesón Río Ulla (13-1)
O Panificadora del Eo-Ribadeo equilibrou a súa seca de goles na visita do Mesón Río Ulla, de Vedra, pechacancelas da táboa. Ao descanso, o 5-0 era un resultado curto para o que se puido presenciar no municipal ribadense. Elvira e Elena, cun ‘hat trick’ cada unha, foron as goleadoras dun encontro, con dominio e asedio absoluto das locais. Ana foi a encargada de inaugurar a conta goleadora cando aínda non transcorrera o minuto 5. Poster
16 de abril de 2012
O Prebenxamín A coróase no Torneo do Vicedo
O ED EON Burela FS Prebenxamín A coroouse esta fin de semana no Torneo do Vicedo tendo o séquito da ED Celeiro como obxectivo. As pequenas promesas arrasaron no primeiro encontro, 7-1 ante o Celeiro B; na final o marcador estivo máis equilibrado: 3-1 fronte conxunto A da devandita escola viveirense. Provincial. O conxunto burelista cadete freou o percorrido no Campionato Provincial na eliminatoria de cuartos en Lugo, c
16 de abril de 2012
O Burela FS visita o Azkar no inicio da Copa Xuvenil
O Burela FS visitará este domingo o Azkar Lugo na primeira xornada da Copa de Xuvenís de Fútbol Sala. No Grupo Norte, os rapaces de Iván Cao, Lucas, enfrontaranse ademais, en sistema de liga a dobre volta, co Cidade de Narón FS e C. Mar Cidade de Viveiro, nun total de seis xornadas ata o 27 de maio. Autos Lobelle FS, AD Bueu, IES Coruxo e Leis Pontevedra FS compoñerán o Grupo Sur.   Outra festa para
17 de abril de 2012
Solidariedade co Brasil
O programa de acción solidaria do CD Burela FS Pescados Rubén cruzou desta vez o charco para contribuír co seu pequeno gran de area laranxa ao sorriso futbolístico brasileiro. A través das xestións do director deportivo, Marcelo Santoro, os nenos/as máis desfavorecidos do municipio de Guapimirim, no Río de Xaneiro, recibiron material deportivo doado pola entidade mariñá. Con esta achega, o club burelista apoia un proxecto de apadriñame
18 de abril de 2012
Xornada das categorías de base
COPA NACIONAL XUVENIL Azkar Lugo-Burela FSDomingo 22 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Lugo LIGA AUTONÓMICA CADETE Burela FS-CD BeadeDomingo 22 de abril, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela CUARTOS DE FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL DE DEPORTE ESCOLAR ED EO
18 de abril de 2012
O Burela FS chama á porta do podio en derbi galego, na cidade das Burgas
O Burela FS Pescados Rubén chama esta semana á porta do poido en derbi galego, coa visita ao Cidade das Burgas na vixésimo quinta xornada de Primeira. A cita, no pavillón dos Remedios, arrancará o sábado ás 16.30 horas. A tan só un puntiño da terceira praza, o cadro laranxa intentará non desaproveitar o encontro, aínda que a súa entrada no trío de privilexiados non se presenta con moitas papeletas para esta xornada, de
19 de abril de 2012
Sprint final con Vista Alegre como escenario
O Burela Pescados Rubén recibe en Vista Alegre, sábado 21 ás 17.30 horas, o Sala 5 Martorell FS, quinto clasificado da Segunda División. A catro xornadas para a conclusión da liga regular, o conxunto dirixido por Julio Delgado afronta a recta final co firme propósito de clasificarse para o play off de ascenso. Nestas catro xornadas os burelenses disputan tres partidos en Vista Alegre e un como visitante, ante o Maristas Valenc
20 de abril de 2012
O Burela FS non puido pasar do empate (1-1) ante o Martorell
Intentouno ata o último momento o equipo de Julio Delgado, pero non puido ser. O cadro laranxa dominou o xogo e dispuxo das mellores ocasións ao longo dos corenta minutos pero o gol en inferioridade a raíz da expulsión de Ique (vermella directa no minuto 6) condicionou en exceso un partido apaixonante que, non obstante, deixou un sabor de boca amargo en Vista Alegre. Marc Areny abriu o electrónico para os visitantes na xogada de vantax
22 de abril de 2012
Vitoria brillante no derbi galego (3-5) xogado en Ourense
O Burela FS Pescados Rubén impúxose no derbi entre galegas ao Cidade das Burgas, alcanzando os sete partidos consecutivos vencendo. O duelo resultou moi competido e xa aos tres minutos anotaba o Burela FS o primeiro tanto, obra de Peque, tras un roubo de balón de Dolo. Aos nove minutos, Claudia á saída dun córner conseguiu facer o segundo tanto das lucenses que pouco despois ampliaban a súa renda cun gol de Dolo, tras un novo roubo de balón, e
22 de abril de 2012
Marcón 5-1 Panificadora del Eo
O Panificadora del Eo Ribadeo FSF non puido conseguir a súa cuarta vitoria consecutiva nesta tempada. O equipo de Martínez, que só puido contar para este encontro con sete xogadoras, viu truncada a súa boa etapa polo Marcón de Pontevedra, cuarto clasificado, un dos equipos destacados de Autonómica e aspirante ao título de liga. As ribadenses saltaron á pista con pouco convencemento das súas posibilidades e aos catro minutos xa encaixa
23 de abril de 2012
Resultados das categorías de base
COPA NACIONAL XUVENIL Azkar Lugo 5-3 Burela FS   LIGA AUTONÓMICA CADETE Burela FS 12-3 CD Beade   CUARTOS DE FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL DE DEPORTE ESCOLAR ED EON Burela FS Benxamín 9-0 ED A Fonsagrada Benxamín ED EON Burela
23 de abril de 2012
Vista Alegre recibe o Barcelona, coas ausencias de Ique e Purao
Vista Alegre recibe mañá o FC Barcelona B Alusport na tentativa laranxa de regresar aos postos de privilexio da fase de ascenso, coas ausencias de Ique, que cumprirá un partido de sanción tras a expulsión ante o Sala 5 Martorell, e Purao, cunha rotura de menisco que o obrigará a manter repouso durante uns días por prescrición médica. A vixésimo oitava xornada de Segunda dará comezo en Burela ás 21.00 horas. O Burela FS
24 de abril de 2012
Haydee participará nas Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012
A burelista Haydee Agras participará como relatora nas Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012, que se estrearán mañá (17.00 horas) no IES Monte Castelo de Burela. A xogadora laranxa, que acompañou o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, e o vicedirector do centro, Alfonso Iglesias, no acto de presentación a comezos da semana, falará de técnicas de análise do rival o xoves 3 de maio. Baixo o título
25 de abril de 2012
O Burela FS cumpre e imponse ao Barcelona B (3-0)
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu onte e impúxose ao FC Barcelona B Alusport (3-0), no partido adiantado da 28ª xornada de Segunda. Con esta vitoria dá un paso moi importante para clasificarse para a fase de ascenso a Primeira, a falta de dúas citas para o remate ligueiro. Coa presenza duns 400 afeccionados/as, os laranxas controlaron o encontro e as ocasións nos primeiros vinte minutos,  aínda que tiveron que armarse de pacienci
26 de abril de 2012
Espina & Delfín renova o compromiso coa aposta formativa laranxa
Espina & Delfín vén de renovar o seu compromiso coa aposta formativa laranxa. Dende 2009-10 a empresa galega presta o seu apoio ás categorías de base do CD Burela FS, a través do patrocinio do equipo cadete. Fundada nos anos 70, a entidade dirixe a súa actividade dende Santiago de Compostela, especializada na área de depuración da auga, co mantemento e xestión de servizos municipais. Espina & Delfín abarca os diferentes ciclos
26 de abril de 2012
Xornada das categorías de base
Copa Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Cidade de NarónDomingo 29 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete Burela FS Espina & Delfín-O Parrulo FSMartes 1 de maio, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Amigables Celeiro Flanagan’s Cadete
27 de abril de 2012
Resultados das categorías de base
Copa Liga Nacional Xuvenil Burela FS 3-2 Cidade de Narón   Liga Autonómica Cadete Burela FS Espina & Delfín-O Parrulo FSMartes 1 de maio, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Amigables Celeiro Flanagan’s Cadete 2-7 Burela FS Espina & Delfí
30 de abril de 2012
Contundente vitoria do Xoula sobre o Sporting Rabadense (8-0)
O Xoula-Ribadeo materializou unha contundente vitoria sobre o Sporting Rabadense (8-0) na Copa Provincial. As visitantes só se achegaron á portería local nunha única ocasión ao comezo da segunda metade, que Antía desviou sen apuros. Ana, Elena e Eva, en dúas ocasións, foron as goleadoras da primeira metade, mentres que Elvira, Tania, Yoli e Nuria foron as da segunda. Tamén xogaron Antía, Sabela e Iria. Este resultado permítel
30 de abril de 2012
Magnífica oportunidade coa chegada do Orvina
O Burela FS Pescados Rubén disporá mañá dunha magnífica oportunidade ante o Lacturale Orvina para consolidarse entre os mellores, na 26ª xornada, a primeira das cinco citas que agardan ás laranxas na recta final da Primeira División, no último mes. O encontro de Vista Alegre comezará ás 12.00 horas. Este é un partido moi importante para as pupilas de Javier Pardeiro; os tres puntos pódenlles dar moitas
30 de abril de 2012
Vista Alegre acollerá a Final Provincial de benxamíns e alevíns, o 5 de maio
Burela e o pavillón Vista Alegre terán a honra de acoller a fase final do Campionato Provincial de Deporte Escolar nas categorías benxamín e alevín. Será o vindeiro sábado, 5 de maio. No conxunto anfitrión, o ED EON Burela FS, recaerá o privilexio de abrir a xornada nas dúas categorías. Os alevíns laranxas mediranse ao Azkar Lugo ás 10.30 e unha hora máis tarde farano os benxamíns ante o Lumieira, da cidade amurallada. O segundo encont
30 de abril de 2012
33 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores