Derbi galego con sabor mariñano
O Burela Pescados Rubén conquistou o derbi galego no Multiusos Fontes do Sar tras derrotar ao Santiago Futsal por 1-2, nun duelo trepidante e con grandes doses de emoción. Con esta vitoria, a escuadra dirixida por Juanlu acariña a permanencia matemática na Primeira División xa que, a falta de tres xornadas, suma 15 puntos mentres o Puertollano, colista, contabiliza 7 no seu casillero.
O derbi transcorreu polo guión previsto, alta intensidade en ambos conxuntos que manexaron mellor a faceta defensiva que a ofensiva. O primeiro tanto presaxiabase fundamental para o devir do choque e tras un primeiro periodo sen goles, o estilete laranxa comezou a declinar o derbi. Matamoros acudiu á súa cita co gol, décimo na súa conta particular, no minuto 23 de xogo. Nesta ocasión aproveitou unha indecisión de Barrón tras saque en longo de
13 de abril de 2013
O Burela FS B conserva a segunda praza tras o 2-0 ao Coruxo
O Burela FS Pescados Rubén B segue na segunda praza da Terceira División, privilexio concedido polo 2-0 ante o Coruxo. Con este resultado, os pupilos de Lucas avantaxan en cinco puntos aos vigueses e manteñen o empate co Pazos de Borbén, que tamén se impuxo nesta xornada, ao Bueu.
Os laranxas fixéronse co encontro a pesar de certas incertezas en ataque. Ao descanso, xa chegaron por diante grazas a un lanzamento
15 de abril de 2013
Cadetes e alevíns, rumbo á final do Campionato Comarcal (Foz, sábado 20)
A base do Burela FS Pescados Rubén contará coa presenza de tres equipos, nas categorías cadete e alevín, na final do Campionato Comarcal de Deporte Escolar que se disputará o vindeiro sábado, 20 de abril, en Foz.
A dobre representación laranxa cadete, como campión no Grupo B e subcampión no Grupo A, atoparanse en semifinais ás 10.50 horas, no pavillón de Marzán. Antes, ás 10.00, enfrontaranse Lourenzá Mondoñedo e
17 de abril de 2013
A Pataca Naranxa tamén estará en Segovia
Despois da avalancha de Santiago, A Pataca Naranxa xa ultima outro desprazamento para seguir apoiando incondicionalmente ao Burela FS Pescados Rubén. O próximo destino será Segovia, para medirse ao Caja o sábado 27 de abril, na penúltima xornada de Primeira División.
Ata o martes 23 de abril todos os socios/as da Pataca poderán reservar a súa praza. Para iso será necesario que efectúen o ingreso de 50 eur
17 de abril de 2013
O Burela FS estrea a Copa Xuvenil con visita do Azkar
O derbi provincial entre transportistas e laranxas non só se verá esta fin de semana en Primeira División. O Burela FS Pescados Rubén estreará o periplo da Copa de Liga Nacional Xuvenil coa visita do Azkar Lugo, o domingo, ás 12.00 horas (Monte Castelo).
Despois da presentación de renuncia dalgún equipo, a Federación Galega de Fútbol aprobou en reunión o martes pasado un formato competicional configurado por dous
18 de abril de 2013
Recta final para Autonómica e primeiros pasos para Deporte Escolar e Copa Xuvenil
As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén diversifican competicións esta fin de semana en fases moi diferentes.
Xuvenís, cadetes e infantís afrontan a recta final de Autonómica con tripla cita ante a EDM Guitiriz; o pavillón da Veiga (San Cibrao) acollerá os encontros o domingo, por coincidir un torneo de ximnasia rítmica en Vista Alegre.
Dando os primeiros pasos, cadetes e alevíns desprazaranse ata Foz nunha
18 de abril de 2013
Vilalba, último compromiso a domicilio para o Burela FS B
O Burela FS Pescados Rubén B pechará os compromisos a domicilio na pista do Vilalba FS mañá (19.00 horas) custodiando o título da segunda praza. O cadro de Iván Cao, Lucas, segue dependendo de si mesmo para rematar como subcampión da categoría, pero para iso precisa arrebatarlles os tres puntos aos da Terra Chá, décimos con 41 puntos, arroupados por unha numerosa afección.Empatado coa escuadra laranxa (55 puntos), o Pazos
19 de abril de 2013