Noticias
Arquivo de Abril 2014
Emocionante fase final comarcal en Deporte Escolar
As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén viviron unha emocionante final comarcal de Deporte Escolar durante a fin de semana. O Infantil A conseguiu superar as semfinais fronte á EDM Barreiros (7-1), aínda que na gran final bateu con Lourenzá-Mondoñedo (3-0), que xa desbancara o Infantil B (0-9) na fase anterior; pola súa banda, o Cadete A tamén tivo un enfrontamento rifadísimo co Pilar, que caeu do lado dos focegos pola mínima (2-3
1 de abril de 2014
Cidade das Burgas, último obstáculo para as laranxas cara á final da Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén pelexará mañá polo seu pase á cita decisiva polo título da XXIII Copa Galicia; será na pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 20.00 horas). No caso de saír vitoriosas, as laranxas veranse as caras na gran final co Ponte Ourense, que se impuxo en semifinais ao Viaxes Amarelle (1-5). Tras a perda dos tres puntos e o liderado na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, o cadro de Quico Otero amósase moi
1 de abril de 2014
Foto: Héctor Manasé
Cultura oriental nas filas laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu o luns a Shunya Kamifukumoto, xogador xaponés, que recalou na Mariña para adestrar co equipo de Primeira División LNFS e aprender sobre a cultura española do fútbol sala e a dinámica de traballo da estrutura laranxa. Shunya Kamifukumoto, ala-pivote de 27 anos que ostenta o brazalete de capitán do Fuchu Athletic da F. Ligue, liga nacional xaponesa, coñeceu onte en Vista Alegre os seus novos co
2 de abril de 2014
Dobre brillo laranxa na final da Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén xa é finalista da XXIII Copa Galicia, grazas ao 2-4 de onte nos Os Remedios ante o Cidade das Burgas, con hattrick da capitá, Lidia Mesías. Deste xeito, as pupilas de Quico Otero suman a súa clasificación á do cadro de Juanlu, que se impuxo en semifinais ao actual campión, Azkar Lugo (1-0). As burelistas tiveron que remar contra un electrónico adverso. O Cidade das Burgas conseguiu adiantarse, xa no minu
3 de abril de 2014
Alumnado do CEIP Alfoz
Maratón Laranxa, co apoio dos escolares da Mariña
Vista Alegre gozará mañá dun maratón laranxa en estado puro cunha presenza moi especial dende a bancada. Escolares dos CEIP de Alfoz e Fondo Nois, ademais de alumnado da EDM Cervo, animarán o Burela FS Pescados Rubén nos seus compromisos ligueiros con Móstoles FSF (Primeira RFEF 16.00 horas) e Jaén Paraíso Interior (Primeira LNFS 18.30 horas). A bomboneira tamén contará con outros espectadores de luxo, o c
4 de abril de 2014
Bueu, destino dos burelistas na pelexa polo título de Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B desprazarase mañá á pista do ADFS Bueu (16.45 horas) na intensa pelexa polo título de Terceira División. A tan só tres xornadas para o seu peche, o cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, ocupa a segunda praza con 44 puntos, empatado con Leis Pontevedra FS e A Estrada FS, pisando os talóns ao Pazos de Borbén (45 puntos); Santiago Futsal e Coruxo son quinto e sexto, respectivamente, con 43. Tras o descanso competit
4 de abril de 2014
Horarios das categorías de base
Todos os horarios das categorías de base
4 de abril de 2014
Foto: Prensa Jaén FS
Jaén, penúltimo visitante en Vista Alegre
O Jaén Paraíso Interior será o penúltimo visitante do Burela FS Pescados Rubén no súa carreira cara aos play off. Vista Alegre acollerá mañá un intenso Maratón Laranxa, co partido de Primeira RFEF, Burela FS-Móstoles como antesala; a entrada para ambas as citas (16.00 e 18.30 horas) será gratuita para soci@s; o prezo para non
4 de abril de 2014
Quico Otero: 'Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga'
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá o Móstoles FSF na 24ª xornada de Primeira RFEF. Tras o pase á final da Copa Galicia ante o Cidade das Burgas (2-4), as laranxas volven á liga máis reforzadas. “Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga. A vitoria en Ourense serviunos para soltarnos un pouco despois de Navalcarnero, un bo punto de recuperación anímica para seguir con forza na liga” explicou o técnico, Quico Otero. O cadro
4 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
Burela FS 3-0 Móstoles FSF
O CD Burela FS Pescados Rubén non defraudou e conseguiu sumar esta tarde tres puntos na visita do Móstoles FSF (3-0), mantendo intactas as súas opcións para seguir a pola carreira do liderado a seis xornadas para o final ligueiro. Os primeiros minutos transcorreron en Vista Alegre con chegadas cada vez máis perigosas por ambas as bandas, resoltas por Anita e Jozi. Lara tivo nas súas zapatillas a primeira gran ocasión das laranxas, no
5 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
Tres puntos para seguir soñando co play off
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu esta tarde tres traballadísimos puntos na visita a Vista Alegre do Jaén Paraíso Interior (2-1), un resultado que lle permite manterse en postos privilexiados e seguir soñando co play off. Tal e como adiantaba o técnico laranxa, Juanlu, os mariñáns tiveron que pelexar durante os corenta minutos “con paciencia e concentración ante un rival afeito a partidos moi pechados”; Matamoros anotou o gol da vitoria para é
5 de abril de 2014
Proba superada e recta final na loita polo título
O Burela Pescados Rubén B superou a proba de Bueu onde venceu por 5-8 nun choque con alternativas, intensidade e emoción ata o final. Os pupilos de Lucas lograron liquidar un choque no que tras un mal arranque remontaron nunha segunda parte de toma e daca contínuo, cun hat trick de Carlos. Xoel aumentou a renda laranxa pero o Bueu reaccionou para situarse por diante (5-4) a sete do final. Un novo tanto de Carlos, o cuarto na súa conta particular,
7 de abril de 2014
Resultados da base burelista
Copa Nacional Xuvenil Burela FS 11-0 Vilalba FS   Liga Autonómica Cadete Leis Pontevedra 0-1 Burela FS   Amigables ED Barreiros Cadete 2-7 Burela FS Cadete B ACD Xove Infantil 0-8 ED Burela FS Infantil
8 de abril de 2014
Foto: Héctor Manasé
Selo de calidade con futuros formadores
O berce do fútbol sala na Mariña non só aposta por potenciar a destreza e habilidade sobre a pista coas escolas de base senón tamén pola formación de adestradores. Este ano, co curso de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2, é o terceiro que o IES Monte Castelo de Burela acolle ciclos baixo a organización da Federación Galega de Fútbol. O curso de Nivel 2, que arrincou a principios de novembro coa presenza do seleccionado
9 de abril de 2014
O Burela FS recibe a Selección de Vietnam en amigables solidario (martes 15, 20.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén recibirá en Semana Santa a Selección de Vietnam, dirixida polo técnico galego Bruno García, nun amigable solidario, o martes 15 de abril, ás 20.30 horas, en Vista Alegre. A entidade laranxa habilitará unha Fila 0 para a ocasión; parte da recadación destinarase á Asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. O prezo da entrada para adult@s será de 5 eu
9 de abril de 2014
Aarón, Mamadou e Luismi poñen rumbo Campionato de España de Cidade Real (Almagro, 11, 12 e 13 de abril)
A ED Burela FS e a comarca da Mariña contarán con tripla representación sobre as pistas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se disputará en Almagro (Cidade Real) entre os días 11 e 13 de abril, reunindo as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Os laranxas Aarón Fernández e Mamadou Diouf defenderán a Galicia Cadete e Luismi Nieto lucirá a camisola do combinado irmandiño infantil, dirixido polo tamén mariñán Ibán Gar
9 de abril de 2014
O Burela FS Xuvenil pelexa pola primeira praza para as semifinais da Copa
O Burela FS Pescados Rubén chega esta fin de semana á recta final da fase final da Copa Nacional Xuvenil liderando o Grupo Norte, con 6 puntos. Este domingo pelexará pola primeira praza para as semifinais disputando a cuarta xornada –aprazada- fronte ao segundo de grupo e actual campión de liga, Azkar Lugo (12.00 horas, municipal de Lugo). Entre trasnportistas e vilalbeses, empatados con 3 puntos, decidirase a se
10 de abril de 2014
A Caixa Escura Producións
Porque hai moitos motivos para apostar por nós
O Burela FS Pescados Rubén volve colocarse baixo os focos para facer chegar a súa especial idiosincrasia a todos os recunchos do mundo, unha forma de vivir, sentir e gozar do fútbol sala que fan da entidade mariñá un CLUB ÚNICO. Nunha tempada na que os soños laranxas non teñen límite, cunha espectacular recta final, coa pelexa polos play off en Primeira LNFS, a loita polo título en Primeira RFEF e ata a esperanza de ascenso desde
10 de abril de 2014
O Burela FS B despide a tempada soñando co título (sábado 12, Vista Alegre, 16.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B despide mañá a tempada en Vista Alegre, na penúltima xornada de Terceira, soñando co título. Dende unha esixente segunda praza, a tan só un punto do Pazos de Borbén, os pupilos de Iván Cao, Lucas, recibirán O Carballiño FS, oitavo clasificado, no templo laranxa (16.00 horas). Os mariñáns chegan á 25ª xornada con cautela, despois da experiencia da primeira volta, cando caeron por 5-3 na
11 de abril de 2014
O Burela FS busca a sorpresa na casa do campión de Primeira (sábado 12, Energy TV, 13.00)
O Burela FS Pescados Rubén seguirá pelexando polos postos de play off e buscará mañá a sorpresa na casa do xa campión de Primeira LNFS 2013-14, Inter Movistar. Madrileños, con selo matemático do primeiro posto da fase regular desde a semana pasada en Peñíscola, e galegos bateranse na xornada 28 ante as cámaras de Energy TV (13.00 horas). “Son puntos cos que non contas a priori, pero se conseguimos
11 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
O cadro laranxa visita Os Remedios á caza do líder
O Burela FS Pescados Rubén gozará mañá dunha nova experiencia de derbi galego, na 25ª xornada de Primeira División, fronte ao Ponte Ourense. O cadro laranxa visitará Os Remedios, ás 17.00 horas, manténdose á caza do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, que avantaxa as mariñás (61 puntos) en dous puntos. “O Ponte é un cadro que por configuración debería estar pelexando con nós arriba. Demostrou do que é capaz cos grandes; empat
11 de abril de 2014
Fotografía: Prensa Inter Movistar
O Inter non permitiu a sorpresa laranxa
Espectáculo en Energy TV co encontro protagonizado polo Inter Movistar e Burela Pescados Rubén. Os mariñans acudían ao Caja Madrid coa intención de repetir a sorpresa coma no feudo de ElPozo. Nesta ocasión non puido ser, o Inter mantén a súa poderosa marcha como líder e a máquina verde non permitiu a sorpresa derrotando (5-1) a un Burela atrevido e valente que competiu a gran nivel, pero Ricardinho vai de verde.
O Inter arrincou o choque con ritmo e intensidade para evitar calquera susto inicial e aínda que Álex evitou as primeiras embestidas nada puido facer ante o golazo conseguido por Cardinal (1-0) que tras virarse enviou o balón á escuadra burelesa. Sen baixar o pistón, os madrileños continuaron co seu asedio ante un Burela que tiña en Álex ao seu mellor baluarte ata o momento. O Inter aumentou a súa renda por mediación de Tobe nunha acción colectiv
12 de abril de 2014
Triunfo no derbi e líderes
O Burela Pescados Rubén imponse por 2-4 no derbi galego disputado en Os Remedios ante o Ponte Ourense e déitase como líder da Primeira División á espera do duelo entre o Atlético de Madrid e Rioxa que se disputa mañá ás 13.00 horas.
Nun escenario complicado, as mariñáns sumaron tres puntos vitais ante un Ponte Ourense competitivo que vendeu cara a súa derrota. O Burela Pescados Rubén superou a presión inicial das ourensáns e por mediación de Maite logrou situarse con vantaxe (0-1) aínda que a resposta local foi inmediata, establecendo Laura o empate (1-1) tras un córner. Con igualdade e máxima intensidade ambas escuadras buscaron a meta rival pero sería de novo o Burela o qu
12 de abril de 2014
Vitoria ante O Carballiño e último envite para coñecer ao campión
O Burela B Pescados Rubén vence ao Carballiño FS por 5-4 nun partido que dominou con claridade durante o primeiro, na segunda os mariñaos baixaron a intensidade aínda que nunca viron perigar o resultado. Con esta vitoria os pupilos de Lucas suman 50 puntos e mantéñense no alto de clasificación de Terceira División, empatado coa Estrada e Leis Pontevedra. O campión sairá da próxima e última xornada, loita na que tamén están implic
14 de abril de 2014
Aarón, Mamadou e Luismi campións de España con Galicia
Noraboa aos canteiráns do Burela Pescados Rubén; Aarón, Mamadou e Luismi que se proclamaron Campións de España coa selección galega no Campionato de España celebrado en Almagro (Cidade Real) este fin de semana, organizado pola Confederación Nacional de Fútbol Sala. Os cadetes Aarón e Mamadou conquistaron o campionato tras impoñerse Galicia ás seleccións de Andalucía (4-1), Valencia (8-0) e Estremadura (3-0). En categoría infantil, Luismi alcanzou
14 de abril de 2014
Firma do Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego
O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, acompañado polos capitáns do equipo masculino e feminino, Juanma e Lidia, e os canteiráns Carlitos e Paula, asistiron durante a mañá de hoxe, luns 14 de abril, ao acto protocolario da firma do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición 2013/2014 da Fundación Deporte Galego. Os clubs lucenses, do mesmo xeito que en edicións precedentes, procederon a selar o acordo no E
14 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
Resultados de base
Copa Nacional Xuvenil Azkar Lugo FS 5-3 Burela FS Liga Autonómica Cadete ED Vigo 2015 3-1 Burela FS (xornada 19) Liga Autonómica Infantil ED Vigo 2015 3-6 ED Burela FS (xornada 19) Amigable ED Burela F
15 de abril de 2014
Unha visita moi especial
O gardameta infantil Noé Cabana recibiu unha visita moi especial na súa convalecencia. Despois de ser intervido do menisco por unha lesión durante unha concentración coa Selección Galega no Campionato de España, o porteiro de Primeira LNFS Edu quixo pasarse para ver como se atopaba o mozo deportista e interesarse pola súa evolución; xunto a Noé tamén estiveron os compañeiros de equipo para amosarlle o seu apoio. A fami
15 de abril de 2014
Fotografía: Héctor Manasé
Solidariedade coa Fundación Eu Son e Camiña
Vista Alegre acolleu o encontro amigable entre o Burela Pescados Rubén e a Selección de Vietnam de carácter solidario coa Fundación Eu Son e a Asociación Camiña de Burela.
A recadación do encontro, ademais da Fila 0 habilitada para a ocasión, está destinada para ambas entidades que realizan unha labor encomiable e vital con persoas con discapacidade de Burela e outros puntos da Mariña. Nun partido no que o resultado era o menos importante, a selección vietnamita dirixida polo ferrolán Bruno García, impúxose por 1-2 a un Burela Pescados Rubén que afrontou o envite coas precaucións lóxicas ante o inmi
16 de abril de 2014
Semana Santa deportiva
A canteira laranxa gozará dunha Semana Santa deportiva na que participará en diferentes torneos en A Mariña e Segovia.
En categoría prebenxamín, benxamín e alevín o Burela Pescados Rubén disputará o I Torneo Semana Santa Fundación Imdecum que se celebra en Burela, xoves día 17. Tamén estrea torneo o Concello de Barreiros que contará co equipo benxamín, infantil B e cadete B do club burelés, sábado día 19. Ata Segovia desprazarase o equipo cadete A do Burela Pescados Rubén para competir, un ano máis, no Torneo Kromex “Cidade de Segovia”. O torneo seg
16 de abril de 2014
Visita a Nois
Fútbol sala laranxa en Nois e Cervo
O CD Burela FS Pescados chamou ás portas da Semana Santa con fútbol sala de base visitando os CEIP Fondo Nois e de Cervo hai algúns días. O luns 7, o colexio de Nois recibiu, como segunda visita laranxa ao centro neste curso, o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, e os xogadores Isi, Jozi, Antoñito e o xaponés Shunya Kamifukumoto. O mércores 9, o adestrador de Primeira LNFS, Juanlu, compartiu unha diverstidísima xornada co est
16 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
Vista Alegre xógase o billete ao play off en derbi co Santiago Futsal (sábado 19, 18.30 horas)
Vista Alegre prepárase para o gran día. A bomboneira ten mañá nas súas mans o billete para o play off a dúas xornadas do remate ligueiro nunha gran festa do fútbol sala galego (18.30 horas), coa vista do Santiago Futsal, que chega á Mariña coas mesmas necesidades ca os laranxas. O cadro de Juanlu pechou a preparación da semana esta mañá, sen novidades na convocatoria. O vestiario ao completo estará preparado para a gran cita do ano; Hugo, que ma
18 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
O derbi galego remata en táboas (2-2) e Burela FS pode seguir pelexando polo play off na última xornada
Vista Alegre asistiu esta tarde a un intenso derbi galego, que burelistas e santiagueses pecharon en táboas (2-2), mantendo o empate a puntos (37) e o soño por seguir na pelexa de gañarse o billete para os play off na última xornada da fase regular da liga de Primeira División LNFS. O cadro de Juanlu soubo ir contra corrente no marcador e armouse de paciencia para conseguir a igualada no segundo tramo tras o 1-2 a favor dos visitantes á chegada d
19 de abril de 2014
Calendario semanal categorías de base
Terceira División Pazos de Borbén - CD Burela Pescados Rubén B Sábado 26 de abril, 18.00 horas. Municipal de Borbén. Categoría Xuvenil. Amigable Peña Españolista Sarria - Burela Pescados Rubén Domingo 27 de abril, 17.30 horas. Pavillón O Chanto de Sarria Liga Autonómica Cadete CD Burela FS- IES Coruxo (4-2) Lunes 21 de abril, 17.30 horas. Vista Alegre de Burela CD Burel
23 de abril de 2014
Cultura e solidariedade
O Burela Pescados Rubén participou, un ano máis, no Maratón de Lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril de Burela para celebrar o día do libro. O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello de Burela sendo Claudia, Cristina, Christian e Edu os representantes laranxas nesta edición. Na oficina do club, a Fundación Eu Son e Asociación Camiña; representados por Noelia Eijo e Silvino Oroza recibiron de mans do presidente do Bu
23 de abril de 2014
O Burela B visita ao Pazos coa Liga en xogo
O Burela B Pescados Rubén pecha a competición de Terceira División con opcións ao título de campión aínda que dependerá doutros resultados. A falta da última xornada que se disputa o sábado 26 de abril, con horario unificado ás 18.00 horas, 5 equipos contan con opcións de alzarse co campionato; A Estrada (50 puntos), Burela B (50 puntos), Leis (50 puntos), Santiago B (49 puntos) e Pazos de Borbén (48 puntos). Precisamente os bureleses visitan a c
24 de abril de 2014
Cita histórica en Santa Coloma
Cita coa historia para o Burela Pescados Rubén que se xoga o pase ao Play Off polo título de Liga ante o Marfil Santa Coloma. Día: venres 25 Hora: 21.00 Lugar: Santa Coloma de Gramanet Pavillón: Municipal Jacint Verdaguer.
Na partida decisiva, a escuadra mariñá afronta o envite con bos triunfos na súa man; sen depender de terceiros e con sensacións positivas ante un Marfil Santa Coloma, cuarto clasificado, e sen obrigacións en xogo. Malia iso, Juanlu Alonso indicou que “non caeremos no erro de pecar de exceso de confianza pola súa situación nin estar pendentes doutros resultados. Dependemos de nós mesmos e imos coa única idea de gañar o encontro sen entrar en espec
24 de abril de 2014
Sprint final pola Liga
Nova etapa na loita polo título de Liga entre o Burela Pescados Rubén e o Atlético de Madrid que afrontan o sprint final con dous puntos de vantaxe para as madrileñas. Nesta ocasión, a escuadra burelesa encara unha etapa de montaña ante o Roldán, quinto clasificado e conxunto revelación da tempada que chega a Burela en plena loita co Alacante por un posto na Copa de España.
O duelo dispútase o sábado 26, a partir das 18.30 horas en Vista Alegre que arroupará ao seu equipo para lograr unha nova vitoria e manter o pulso coas colchoneiras. O adestrador burelés, Quico Otero, espera un partido “aberto xa que o Roldán é un conxunto atrevido que ten na velocidade unha das súas mellores virtudes, ademais das xogadas de estratexia. Si están na loita pola cuarta praza é porque teñen calidade e compiten ben así que debemos est
25 de abril de 2014
Fotografía: Prensa Marfil Santa Coloma
Vitoria e clasificación histórica
Si nos contan fai anos que o noso equipo disputaría o Play Off polo título de Liga da Primeira División, moita xente catalogaría esta afirmación como utópica... Burela, un pequeno pobo costeiro na Mariña Lucense demostrou en numerosas ocasións o seu carácter loitador, traballador, tenaz...
Pois sí, ese día chegou. Superando duros golpes e tristezas, o Burela Pescados Rubén logrou unha histórica clasificación para os Play Off polo título na Mellor Liga do Mundo. Quedan oito equipos e o Burela Pescados Rubén será o representante galego na carreira polo título de campión. A sétima plaza acadada, enfróntanos a un grande do Fútbol Sala como ElPozo Murcia que visitará Vista Alegre o 10 de maio. Imposible? Veremos, pero ese será outro cap
26 de abril de 2014
Foto: A Caixa Escura
Burela FS 1-4 Roldán FSF
O Burela FS Pescados Rubén non puido cumprir hoxe co obxectivo dos tres puntos na visita a Vista Alegre do férreo Roldán FSF (1-4); logo dunha primeira parte dubitativa, as mariñás intentaron recuperar as súas forzas sen fortuna na finalización. Este resultado deixa as laranxas a 5 puntos do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, que liquidou a súa cita fronte ao Viaxes Amarelle con 5-2. Ás burelistas custoulles entrar no ritmo de x
26 de abril de 2014
42 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores