Noticias
Arquivo de Abril 2015
Cor laranxa no derbi comarcal fronte ao Superti
O Burela FS Pescados Rubén brillou no derbi comarcal fronte ao Superti A Pontenova, impoñéndose a domicilio 1-4, con dobrete de Pancho, xunto a Dani e Alemán, nun inicio meteórico da segunda parte. Co marcador impasible no primeiro período, tras o descanso os laranxas saltaron á pista a por todas. Antes do minuto 22, os da costa xa vencían por 0-3. Os locais conseguiron reducir distancias, pero Alemán volveu poñer terra por medio
1 de abril de 2015
O Torneo Kromex de Segovia e o Triangular de Imdecum, compromisos das Xoias Laranxas para a Semana Santa
O Torneo Kromex Ciudad de Segovia e o II Triangular de Semana Santa Imdecum encherán a axenda do Futuro Laranxa durante a Semana. O Cadete A gozará do seu periplo en Segovia, nunha competición que reúne o mellorciño da base nesta categoría, entre o xoves e o sábado. Integrado no Grupo A, medirase a Riva Atlantis, Salamanca, Palma Futsal e Sierra Salinas. As categorías prebenxamín, benxamín e alevín daranse cit
1 de abril de 2015
Recordos de Copa en "La Salobreja"
Burela Pescados Rubén e Xaén Paraíso Interior reencóntranse en Liga tralo seu duelo copeiro que simbolizou a rebelión dos modestos durante a recente Copa de España de Cidade Real, consumada finalmente coa conquista amarela ante o todopoderoso FC Barcelona.
Aínda que este novo duelo entre galegos e andaluces, correspondente á xornada 27 da LNFS, pouco terá que ver coa semifinal copeira. O sábado 4 de abril a partir das 18.00 horas “A Salabreja” acollerá un intenso partido con dous quipos que necesitan a vitoria para manter os seus obxectivos. Os andaluces loitan por defender a súa cuarta praza (47 puntos) mentres que o Burela Pescados Rubén, noveno con 33 puntos, quere apurar as súas opcións de P
1 de abril de 2015
Foto: Adán Puentes
Campioas de Galicia con goleada
O Burela FS Pescados Rubén defendeu con solvencia o título irmandiño e volveu proclamarse campión da Copa Galicia, por segundo ano consecutivo, esta tarde nas Pontes de García Rodríguez, con goleada sobre o Ourense Envialia (7-0). As laranxas foron donas e señoras dunha finalísima con ataque fluído e unha correcta defensa, na que marcharon ao descanso con vantaxe de 4-0. A gran referencia goleadora da Mariña, Peque, abriu o marcador no minu
1 de abril de 2015
Fotografía: Pedro Chaves. Jaén Paraíso Interior
O Burela Pescados Rubén cae por 5-2 na pista do Xaén
O Burela Pescados Rubén despideuse na "Salobreja" das súas opcións de Play Off ao caer por 5-2 ante o Xaén Paraíso Interior. O conxunto mariñao disputou ante o campión de Copa un duelo de alta intensidade no que non logrou manter o ritmo andaluz debido á escaseza de efectivos laranxas.
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso comezou o choque con boas sensacións ante un Xaén que quixo marcar o paso desde o inicio. A boa defensa mariñá bloqueou a saída dos andaluces aínda que co paso dos minutos o encontro foise abrindo con ambos equipos gozando de oportunidades para abrir o marcador. Neste intercambio de golpes resultou ganador o Xaén que nunha acción de estratexia conseguía o 1-0, obra de Buendía no ecuador do primeiro periodo. C
4 de abril de 2015
Foto: Adán Puentes
Kiko despídese do Burela FS
Lucía Souto Patiño, máis coñecida como Kiko, non continuará nas filas do CD Burela FS Pescados Rubén. A ala zurda coruñesa, que non puido participar nas rotacións do conxunto laranxa con regularidade por motivos de saúde, despídese do club sen acabar a tempada. “Estiven moi a gusto no equipo, o trato de todo o club foi perfecto, pero non me atopo ben e as circunstancias obríganme a pechar antes de tempo esta boa experiencia” explicaba Kiko.
6 de abril de 2015
Cadete A, no Ciudad de Segovia 2015
Unha Semana Santa moi deportiva
As xoias laranxas gozaron dunha Santa Santa percorrendo as pistas, cunha brillante participación tanto no Torneo Kromex Ciudad de Segovia coma no II Torneo Triangular de Semana Santa Imdecum. O Cadete A conseguiu a quinta praza en Segovia despois de impoñerse a FS Segovia (1-5) e Salamanca (2-5) e sucumbir ante Salinas (4-0) e Palma Futsal (5-3). Pola súa banda, os máis pequenos proclamáronse campións na categoría prebenxamín
8 de abril de 2015
Foto: Marián G. Mesa
Juanlu non continuará a fronte do Burela FS
O adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS, Juan Luis Alonso Doral, non continuará á fronte do equipo. O técnico madrileño, de 39 anos, chegou a un acordo co club para rescindir o contrato que o vinculaba á entidade ata finais de 2015-16; motivos familiares fixéronlle tomar esta decisión tras declinar a proposta laranxa de prolongar a súa estadía na Mariña por outra tempada, ata 2017. “É un momento triste p
9 de abril de 2015
Foto: Marián G. Mesa
Confírmase a lesión de cruzado de Matamoros
As probas médicas acaban de confirmar que Jorge Matamoros sofre un desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo; o pichichi laranxa, que se viu obrigado a retirarse do encontro en Vista Alegre fronte ao Uruguay Tenerife antes de Semana Santa, podería estar afastado das pistas entre 6 e 7 meses. Nun primeiro momento, as revisións iniciais parecían descartar a devandita lesión debido á musculatura e gran estabilidade d
9 de abril de 2015
Rival de altura en Terceira (sábado 11, 18.00 horas)
Tras o descanso da Semana Santa, o Burela FS Pescados Rubén B retoma a competición de Terceira División o sábado, coa visita dun rival de altura a Vista Alegre na 22ª xornada. Ás 18.00 horas, A Estrada FS saltará a pista laranxa defendendo a segunda praza (45 puntos) ao axexo do líder, Pizzería A Fuga SD Xove FS (48 puntos). O cadro de Juanma Marrube volve á liga como décimo clasificado (26 puntos) co obxectivo de seguir na súa bo
9 de abril de 2015
Última festa galega para os laranxas (venres 10, 21.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén gozará da última festa galega do fútbol sala 2014-15 para os laranxas. A antepenúltima xornada de Primeira División LNFS enfrontará mañá, ás 21.00 horas, en Vista Alegre a escuadra mariñá co Santiago Futsal. Dende a novena praza (33 puntos), os pupilos de Juanlu buscarán recuperar o camiño triunfal tras o tropezo na pista do campión da Copa de España, Jaén Paraíso Interior. A emoción ase
9 de abril de 2015
As campioas irmandiñas volven á liga en Alcorcón
O Burela FS Pescados Rubén retoma a competición ligueira este domingo, tras proclamarse campioas de Copa Galicia ante o Ourense Envialia (7-0) no descanso de Semana Santa. O seu destino será a complicada pista do AD Alcorcón FSF (Os Cantos, 12.30 horas), que pelexa por meterse en postos de Copa, dende a quinta praza (42 puntos).. Pechando o podio con 52 puntos, as pupilas de Iván Cao, Lucas, buscarán seguir coa súa boa etapa de r
10 de abril de 2015
Foto: Marián G. Mesa
Repartición de puntos no último duelo irmandiño de Vista Alegre
Vista Alegre volveu vivir de emoción e sobresaltos no último duelo irmandiño da tempada en Vista Alegre, con repartición de puntos entre Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal (3-3). A escuadra de Juanlu dispuxo na recta final de dúas ocasións a porta baleira e un dobre penalti no último segundo para levar os tres puntos, sen éxito. Os primeiros compases foron dos laranxas, que intentaron atopar algunha fenda na defensa compostel
11 de abril de 2015
AD Alcorcón FSF 4-1 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido sumar a súa quinta vitoria consecutiva esta mañá na pista do AD Alcorcón FSF. As madrileñas conseguiron os tres puntos e seguen pelexando por entrar en Copa con 4-1 a favor, nunha cita moi igualada. Tras un axustado 1-0 ao descanso, as pupilas de Iván Cao, Lucas, saíron con frescura no segundo período, pero o acerto por partida dobre da locais en contragolpe fixo dano nas filas laranxas, que apostaron por xogo
12 de abril de 2015
O Burela FS leva o fútbol sala ao CEIP Terra Chá de Vilalba
O Burela FS Pescados Rubén entrou a semana pasada nas aulas do CEIP Terra Chá de Vilalba. Jorge Bellvert, Carlitos e Cristina levaron o fútbol sala de elite ao centro de ensino sito en Román, acompañados polo secretario técnico do club, Juanma Marrube. O alumnado recibiu os representantes burelistas cunha marea laranxa de cartolina e un coidadoso traballo de investigación digno do mellor xornalista. Ademais de repasar a historia d
13 de abril de 2015
O Cadete estréase no Campionato Provincial
O Burela FS Cadete B estrearase este sábado no Campionato Provincial, en cuartos de final, medíndose á EDM Begonte; o encontro será ás 19.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo. O conxunto cadete, coa clasificación xa asegurada de subcampión da liga comarcal, disputará mañá un partido aprazado fronte ao Adarve, na capital luguesa. A axenda da base para esta fin de semana tamén inclúe o sábado as competicións de Liga Pro
16 de abril de 2015
O Burela FS B visita o Ribeira FS tras dar a sopresa ante A Estrada
O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Ribeira FS, pechacancelas de Terceira, tras dar a sorpresa a semana pasada batendo a solidez do segundo clasificado, A Estrada FS. Os rapaces de Juanma Marrube impuxéronse por 5-4 en Vista Alegre. A 23ª xornada de Terceira arrincará ás 18.00 horas, no municipal da Fonsagrada. Os mariñáns chegan á cita na sétima posición, con 29 puntos, nunha zona apertadísima ata a décima praza, em
16 de abril de 2015
O Burela FS B visita o Ribeira FS tras dar a sopresa ante A Estrada
O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Ribeira FS, pechacancelas de Terceira, tras dar a sorpresa a semana pasada batendo a solidez do segundo clasificado, A Estrada FS. Os rapaces de Juanma Marrube impuxéronse por 5-4 en Vista Alegre. A 23ª xornada de Terceira arrincará ás 18.00 horas, no municipal da Fonsagrada. Os mariñáns chegan á cita na sétima posición, con 29 puntos, nunha zona apertadísima ata a décima praza, em
16 de abril de 2015
Mata, intervido con éxito
O pichichi do Burela FS Pescados Rubén, Jorge Valhermoso Matamoros, foi intervido con éxito esta mañá na Clínica Cemtro de Madrid. O doutor Enrique Ibáñez, especialista en Traumatoloxía, Ortopedia e Medicina do Deporte, foi o encargado de realizar a intervención do xogador por un desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo. O pivote laranxa viuse obrigado a abandonar a pista fronte ao Uruguay Tenerife o 28 de marzo;
17 de abril de 2015
Tudela, último desprazamento do Burela FS (sábado, 13.00 horas, Teledeporte)
O Burela FS Pescados Rubén despedirase mañá a domicilio na pista do Aspil Vidal Ribera Navarra ante as cámaras de Teledeporte. O partido da penúltima xornada de Primeira División LNFS, no Cidade de Tudela, arrincará ás 13.00 horas. Desde a novena praza, con 34 puntos, os pupilos de Juanlu buscarán pechar a liga mantendo a grande actitude demostrada durante toda a tempada. Mediranse a un rival moi motivado, que ocupa a sexta praza
17 de abril de 2015
O Burela Pescados Rubén recibe a un Gironella en descenso
O Burela Pescados Rubén afronta a xornada 25 da Primeira División co obxectivo de regresar á senda da vitoria ante o Gironella e manter a terceira praza. O duelo entre galegas e catalanas dispútase en Vista Alegre, sábado día 18, a partir das 18.30 horas.
A escuadra mariñá dirixida por Iván Cao “Lucas” mídese a un Gironella que esta tempada loita por evitar o descenso, actualmente é penúltimo con 15 puntos, e chegará a Vista Alegre coa idea de “pecharse atrais á espera dun erro noso para xerar perigo” comentou o técnico laranxa que apela á “paciencia e a concentración para xestionar cada momento do partido. Non debemos pecar de exceso de confianza, o obxectivo é conseguir a vitoria que nos permita
17 de abril de 2015
Fotografía: Aspil Ribera Navarra. LNFS
Derrota do Burela Pescados Rubén por 3-0 na pista do Ribera Navarra
O Burela Pescados Rubén cae derrotado na pista do Aspil Ribera Navarra (3-0) nun partido moi igualado que se decidiu na recta final. O duelo entre navarros e galegos comezou cun alto ritmo e durante os primeiros compases os locais estaban mellor ante un Burela Pescados Rubén que co paso dos minutos foise asentando, sobre todo despois do tempo morto solicitado por Juanlu. A igualdade foi a nota predominante e a actuación de Molina e Alex evitaba q
18 de abril de 2015
O Burela Pescados Rubén golea (7-1) ao Gironella
O Burela Pescados Rubén vence ao Gironella por 7-1 nun partido que no que as burelesas foron de menos a máis, á inversa que as catalás que iniciaron o partido moi enchufadas. Nada máis comezar o Gironella gozou dun par de ocasións que non souberon aproveitar, na primeira Shiori evitou o tanto visitante desviando baixo paus un disparo de Pilar e na segunda Ingrid non puido no man a man con Jozi. Co paso dos minutos o Burela Pescados Rubén foise de
18 de abril de 2015
Horarios do Futuro Laranxa para esta semana
O equipo filial feminino estréase na Copa Provincial e o Cadete B disputa as semifinais da mesma cita.   Todos os horarios no documento adxunto  
23 de abril de 2015
Consigue xa a túa foto do Álbum Estrelas Laranxas
Os protagonistas do Álbum Estrelas Laranxas xa poden conseguir o seu cromo en formato fotografía. Os coleccionistas poderán ampliar a foto que aparece no seu cromo en 7 medidas diferentes, tanto en foto individual como a foto de grupo e tamén poderán ampliar o seu cromo en 3 medidas diferentes.    Se estás interesad@ podes facer a túa reserva na sede do CD Burela FS Pescados Rubén ata&
23 de abril de 2015
Burela FS B-Pazos de Borbén, sábado 25, 18.00 horas (Vista Alegre)
O Burela FS Pescados Rubén B afronta este sábado a 24ª xornada de Terceira División en Vista Alegre, ante o Pazos de Borbén, sétimo clasificado (32 puntos); a cita arrincará ás 18.00 horas. A falta de tres encontros para o remate ligueiro os pupilos de Juanma Marrube ocupan a décima praza con 29 puntos. Ribeira FS 3-2 Burela FS B A semana pasada o equipo rompeu a senda, caendo por 3-
23 de abril de 2015
A Revolución Laranxa despide a tempada na Bomboneira (venres 24, 21.00 horas)
A Revolución Laranxa, a revolución dos humildes, o equipo que escribiu un capítulo máis con letras de ouro na historia do CD Burela FS Pescados Rubén despide a liga mañá na Bomboneira, coa visita do Montesinos Jumilla FS, ás 21.00 horas. Os mariñáns pecharán a tempada 2014-15, a do exitoso debut na Copa de España, con ganas de brindarlle unha vitoria á afección de Vista Alegre, unha cita coa que Juanlu Alonso, todo profesionalidade e compromis
23 de abril de 2015
Peque cumprirá o seu quinto ano en Burela
A máxima goleadora do CD Burela FS Pescados Rubén, Patricia González Mota, máis coñecida como Peque, cumprirá a súa quinta tempada en Burela. A ala-pivote madrileña formalizou o acordo de renovación esta tarde, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila, que celebraron a continuidade da internacional con España como “garantía de solidez dun proxecto que conseguiu posicionarse entre os mellores de España con moito traba
23 de abril de 2015
Ourense, un paso máis cara á Copa
O Burela FS Pescados Rubén buscará dar un paso máis cara á clasificación matemática para a Copa de España, que se disputará en Navalcarnero o 6-7 de xuño, na complicada pista do Ourense Envialia. O duelo irmadiño está programado para mañá a partir das 17.00 horas (Os Remedios). As pupilas de Iván Cao, Lucas, chegan á cita defendendo a terceira praza (55 puntos), a 4 puntos do cuarto, Universidad de Alicante, e a 9 do Alcorcón, que
24 de abril de 2015
O lendario Daniel Ibañes dirixirá o Burela FS en 2015-16
O lendario Daniel Ibañes dirixirá o proxecto do CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16, despois de estar á fronte do Era Pack Chrudim nas dúas últimas tempadas, conseguindo a histórica clasificación para a Elite Round da UEFA Futsal Cup. O ex-xogador do Boomerang Interviú recalou na Mariña onte pola tarde para formalizar o seu contrato para a próxima tempada; o presidente laranxa, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, acompañárono na
24 de abril de 2015
Foto: Marián G. Mesa
O Burela FS clausura a tempada con vitoria ante o Jumilla (4-3)
O Burela FS Pescados Rubén clausurou esta tarde-noite a tempada con vitoria ante a afección de Vista Alegre, con tres puntos fronte ao Montesinos Jumilla FS. O conxunto laranxa di adeus á liga 2014-15 e o seu técnico dos últimos dous anos e medio, Juanlu Alonso, desde a novena praza (37 puntos) e un histórico debut na Copa de España revolucionando todas as quinielas. Os mariñáns levaron a voz cantante no electrónico. Xa no minuto 5,
25 de abril de 2015
Valioso derbi de tres puntos para as laranxas
O Burela FS Pescados Rubén continúa avanzando con paso firme no seu camiño cara á Copa de España co triunfo desta tarde na pista de Ourense Envialia (1-3). Con estes tres puntos, as de Lucas colócanse a 4 puntos do segundo, Cidade das Burgas, que empatou na pista do Gironella. O conxunto mariñán expuxo un partido moi serio, sobre todo en defensa. As filas laranxas, que acudían aos Remedios moi minguadas de efectivos, optaron por plan
25 de abril de 2015
Xuvenil 2014
Dez equipos laranxas estarán no Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2015
A base do Burela FS Pescados Rubén volverá ser fiel a unha das súas tradicionais citas estivais, o Memorial de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2015 (3, 4 e 5 de xullo), que organiza a Fundación Imdecum. A escola laranxa xa formalizou a inscrición de dez equipos, entre prebenxamín e xuvenil, para a referencia deportiva do verán da Mariña. En 2014, o club burelista alzouse co trofeo de campión na categoría Xuvenil, n
27 de abril de 2015
Horarios de partidos da base laranxa
    Próximos partidos e últimos resultados en adxuntos
30 de abril de 2015
Emoción extra no derbi
O Burela FS Pescados Rubén pechará os seus compromisos a domicilio na penúltima xornada de Terceira División coa visita á pista do intratable Pizzería A Fuga SD Xove FS. O líder, con tres puntos de vantaxe sobre A Estrada FS, recibe os pupilos de Juanma Marrube mañá, no municipal, ás 19.00 horas. Un punto ante Pazos Na última xornada, o Burela FS B conseguiu sumar un punto fronte ao Pazos de Borbé
30 de abril de 2015
O Burela FS recibe o Majadahonda afastándose da zona baixa
O Burela FS Pescados Rubén recibe na 27ª xornada de Primeira División RFEF o Majadahonda FSF Afar 4, que chegará o sábado a Vista Alegre (18.30 horas) na duodécima praza (21 puntos) afastándose da zona baixa. Tras a importante vitoria da semana pasada en Ourense (1-3), as pupilas de Lucas buscan seguir dando pasos para selar a súa presenza na Copa de España, aferrándose á terceira praza (58 puntos) e á espreita dunha posible escal
30 de abril de 2015
36 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores