Noticias
Arquivo de Abril 2016
O mellor entre os mellores recala en Vista Alegre (TVG2, 18.15 horas)
Vista Alegre xa está preparado para recibir mañá ao mellor entres os mellores de Primeira LNFS. O recente campión da Copa de España e actual líder ligueiro, Movistar Inter, visitará pista da bomboneira a partir das 18.15, coa emisión en directo da TVG2. “Vista Alegre ten que estar ata a bandeira; será un partido moi bonito para a afección. Ese ambiente, o apoio e os ánimos do público axudarannos moito para querer superarnos aínda máis” explica
1 de abril de 2016
Sen relaxación
O CD Burela FS Pescados Rubén visitará mañá, na 22ª xornada de Primeira RFEF, a pista do CD Orvina KE (19.30 horas, Ezkaba), sen relaxarse. Malia as distancias na clasificación e do contundente triunfo da primeira volta (7-0), o CD Burela FS Pescados Rubén foxe de confianzas. Desde a segunda praza (56 puntos) e sen tregua no axexo ao Atlético de Madrid Navalcarnero (58), o técnico laranxa, Lucas, pide concentración absoluta ás sú
1 de abril de 2016
Burela FS Pescados Rubén 1-4 Movistar Inter
Vista Alegre gozou dunha gran tarde dentro e fóra da pista. O Burela FS Pescados Rubén volveu dar unha boa imaxe ante o espectacular e implacable Movistar Inter (1-4). O conxunto de Daniel Ibañes, que volveu competir de ti a ti cun equipo da Galaxia dos Grandes, ofreceu a súa mellor versión tras o descanso, a pesar do 0-2 en contra; o merecido gol dos laranxas chegou na recta final con aposta de cinco. Os heroes laranxas mantiveron
2 de abril de 2016
Festín burelista en Ezkaba (1-8)
O dominio burelista no xogo e o marcador deixou pegada en Ezkaba cun festín goleador das de Lucas ante o Orvina (1-8), que non foi capaz de xerar perigo para as mariñás. Peque anotou o primeiro do CD Burela FS Pescados Rubén xa no minuto 3, de disparo exterior; no 8 Ceci asinaba o 0-2, de potente disparo dentro da área tras tentativa de despexe das navarras. Antes de chegar ao ecuador do primeiro acto, as locais aproveitaron con efic
2 de abril de 2016
'Descubre o Fútbol Sala' en Xove
O Burela FS Pescados Rubén comezou a semana facendo a parada de ‘Descubre o Fútbol Sala’ no CEIP de Xove. Bea Mateos e Álex Pérez, xunto ao monitor da base Mario Pillado, visitaron o alumnado de 5º de Primaria do centro, confesándolles algunhas das súas experiencias e ilusións no fútbol sala, ademais de convidalos ao partido que este sábado enfrontará o equipo feminino co UA Alicante en Primeira RFEF. No que vai de curso, a fi
5 de abril de 2016
Burela espera a Guatemala con xuventude na cita solidaria de mañá
O CD Burela FS Pescados Rubén espera mañá a Selección de Guatemala apostando polo Futuro Laranxa para a cita solidaria, cuxa recadación con Fila 0 (2 euros/entrada) irá destinada á Asociación Camiña e a Fundación Eu Son. Vista Alegre acollerá o amigable  a partir das 20.30 horas, coa novidosa presenza dos xuvenís Christian Rivas, ‘Pitero’, e Sergio Cora, ademais de Alemán, do Burela FS B, na convocatoria mariñá.
5 de abril de 2016
Esencial para seguir 'in crescendo'
O CD Burela FS Pescados Rubén ten mañá unha cita co destino en El Cabanyal (20.00 horas), fronte ao Levante UDDM, un partido decisivo na 27ª xornada de Primeira LNFS para seguir in crescendo no periplo cara aos play off. “Afrontamos o partido en boas condicións, nun bo momento de xogo; é un partido esencial para manter intactas as ilusións do play off” adiantaba Antoñito, encargado de abrir o marcador no triunfo fronte aos valencianos na Mariñ
7 de abril de 2016
Luismi e Nito, na final nacional con Galicia Cadete
Os cadetes laranxas Luismi Nieto e Néstor Valle, Nito, volverán vestir as cores de Galicia para defender o combinado na final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputa esta fin de semana en Mataró. Sábado 9 de abril11.00 horas: Madrid-Castela A Mancha13.00 hoas: Cataluña-Galicia Domingo 10 de abril12.00 horas: FINAL &nbs
8 de abril de 2016
Ánimos de revancha
O Burela FS Pescados Rubén recibe este sábado ao UA Alicante con ánimos de revancha na 23ª xornada de Primeira RFEF. O cadro levantino, único tropezo das laranxas na tempada, chegará a Vista Alegre (18.30 horas) na quinta praza (42 puntos). A cita poderá seguirse en directo a través de streaming. “É un día marcado no calendario. É o único equipo que nos gañou na lig
8 de abril de 2016
Fotografía: Levante UDDM. LNFS
O Burela Pescados Rubén suma tres valiosos puntos en Valencia para seguir soñando
Gran vitoria do Burela Pescados Rubén en Valencia onde conquistou tres valiosos puntos para seguir soñando co Play Off polo título. A escuadra burelesa derrotou por 2-4 ao Levante UD que acariñou a remontada pero estrelouse co acerto laranxa e as intervencións de Álex.
O choque comezou cun Burela Pescados Rubén atrevido e intenso que anulou o empuxe levantino durante os primeiros compases. O premio burelao chegou por mediación de Iago Rodríguez que tras recibir de costas na frontal do área logra virarse e perforar a meta local. O 0-1 reforzou a confianza visitante que con boa circulación de balón e movilidade conseguía ameazar a meta defendida por Yeray. Apenas xeraba inquietude o ataque levantino ante a seguri
8 de abril de 2016
O Burela Pescados Rubén segue soñando e dorme líder tras gañar ao Universidad de Alicante
O Burela Pescados Rubén logra unha brillante vitoria por 3-1 ante o Universidade de Alicante que deixou boa imaxe en Vista Alegre pero claudicou ante bo xogo local. Con este resultado o conxunto mariñao déitase como líder á espera do resultado que depare o enfrontamento de mañá entre Alcorcón e Atlético de Madrid.
O inicio da contenda foi trepidante cun Burela Pescados Rubén a ritmo de tambores que logrou plasmar o seu dominio con eficacia. Maite inaugurou o marcador (1-0) e sen que as alicantinas lograsen repoñerse do primeiro envite Peque cun disparo afastado marcou o 2-0. Con apenas cinco minutos de partido o Universidade de Alicante víase obrigado a unha remontada complexa, Txitxo gozou dunha boa ocasión pero o seu disparo foise ao pau. Apertou o Unive
9 de abril de 2016
Venda anticipada para o Día do Club ante ElPozo Murcia
Vista Alegre xa prepara o seu terceiro e último Día do Club da tempada ante outro dos grandes, ElPozo Murcia. A partir desta tarde, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo deste sábado, 16 de abril (18.30 horas), coa visita do actual bronce de Primeira LNFS. Para este encontro os soci@s terán acceso gratuíto. A venda anticipada estará dispoñible ata o venr
11 de abril de 2016
Silvia, Adrián e Rubén fórmanse na engrenaxe burelista
O CD Burela FS Pescados Rubén terá novos membros na súa estrutura durante os vindeiros meses. Dende a semana pasada tres alumn@s realizan as prácticas formativas do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo. Os estudantes e tamén xogadores na base laranxa Silvia Rubal, Adrián García e Rubén Fernández foron recibidos na sede burelista polo presidente, Manuel Blanco, acompañados polo xef
13 de abril de 2016
Maite: 'Suponse que somos favoritas pero cada partido é un mundo'
O CD Burela FS Pescados Rubén cruzou o norte español esta noite para medirse ao Gironella FS mañá a partir das 17.30 horas, na 24ª xornada de Primeira RFEF. “Suponse que somos favoritas pero cada partido é un mundo. Temos baixas e algunhas chegamos sen estar ao cento por cento, pero debemos sacar o partido adiante para seguir pelexando por todo” advertía a capitá laranxa Maite, que viaxou a terras catalás sen adestrar durante a semana por un p
15 de abril de 2016
A clasificación pasa por Vista Alegre
O CD Burela FS Pescados Rubén recibe mañá na Bomboneira (18.30 horas) a outro dos grandes, dos xigantes, ElPozo Murcia FS, que recala na Mariña defendendo a terceira praza (54 puntos); a cita poderá seguirse en directo en streaming a través de LNFS DIRECTO. “Temos que dalo todo polo play off. Chegamos xustos pero con ilusión e ganas de facelo ben, conscientes de que a clasificación pode
15 de abril de 2016
JM Álvez
CD Burela FS Pescados Rubén 1-8 ElPozo Murcia
O Burela FS Pescados Rubén viviu unha das súas tardes máis desafortunadas en Vista Alegre hoxe fronte ao sempre impoñente ElPozo Murcia (1-8). A actitude e as ganas dos mariñáns, que sabían que o encontro de hoxe se suscitaba como unha gran xesta, non foron suficientes para bater a determinación do Bronce de Primeira, que puxo a remontada para os laranxas pouco accesible, con 0-4 xa ao descanso. Jé estreou o luminoso no minuto 5, tra
16 de abril de 2016
Sen erro en Gironella (3-6)
O CD Burela FS Pescads Rubén regresa de terras catalás con tres puntos máis, sen erro no seu propósito de loitar por todo. As pupilas de Lucas remaron contra a rápida iniciativa no marcador das locais, souberon recompoñerse nuns primeiros minutos moi rifados no marcador para apropiarse da cita con 2-4 xa ao descanso. As mariñás viviron uns compases iniciais ás que non están afeitas. Ao temperán gol por arriba de Berta, desde saque de
16 de abril de 2016
O fastuoso Palau, despedida a domicilio cun soño por diante
O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá mañá os seus desprazamentos ligueiros no fastuoso Palau Blaugrana, coa posibilidade aínda de converter en realidade o soño del play off ata a última xornada. A cita entre o maxestuoso FC Barcelona Alusport e os heroes laranxas comezará ás 21.00 horas, con emisión en directo de Esport 3 e a través da web de CRTVG.  A grandiosidade do Movistar pesou demasiado a semana pasada nos mariñáns, per
21 de abril de 2016
Espectáculo, emoción e rivalidade irmandiña en Vista Alegre
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá, na 25ª xornada, o Ourense Envialia FSF nun complicadísimo duelo con espectáculo e rivalidade garantidas. A cita de Vista Alegre arrincará ás 18.30 horas e poderá seguirse en directo en streaming, coa colaboración do xornalista Miguel Albo e a xogadora Lara Balseiro. “Chegamos con moitas ganas a un partido moi complicado. Ourense foi un dos equipos cos que nos deixamos puntos; na ida foi un
22 de abril de 2016
Fotografía: Prensa FC Barcelona Lassa. LNFS
O Burela Pescados Rubén rondou a sorpresa no coliseo blaugrana
O Burela Pescados Rubén competiu con orgullo no Palau Blaugrana ante o poderoso FC Barcelona Lassa que finalmente se alzou coa vitoria por un axustado 4-3. Malia a derrota no fortín blaugrana os mariñaos disputarán a última xornada con opcións de conseguir unha praza nos Play Off polo título para poñer a guinda a unha excepcional tempada.
O desafío do Palau comezou cun guión inesperado para os culés xa que o Burela Pescados Rubén logrou sorprender ao comezo cun potente disparo raso de Jorge Bellvert para situar o 0-1 no marcador. O gol dos laranxas obrigou ao Barça a cambiar de marcha e comezou a exercer unha boa presión sobre os pupilos de Daniel Ibañes que esperaban a súa oportunidade ao contragolpe. Álex mostrouse moi seguro ante os disparos afastados dos blaugrana; Dyego e Wil
22 de abril de 2016
Remontada laranxa no derbi galego para continuar soñando
O Burela Pescados Rubén mantén a súa serie racha triunfal tras vencer ao Ourense Enviália por 4-1 nunha gran segunda parte das burelistas comandadas por Peque. Co seu hat trick e liderado Peque marcou o camiño dunha remontada que permite ao conxunto de Lucas chegar á próxima xornada co obxectivo de asaltar o liderato na pista do Atlético Féminas Navalcarnero.
O derbi galego disputado en Vista Alegre comezou cun ritmo lento que beneficaba á escuadra visitante. O Ourense pechaba ben os espazos ante un Burela que controlaba a posesión pero sen atopar camiños na férrea defensa plantexada polas ourensanas. Co paso dos minutos a intensidade foi aumentando e o primeiro aviso serio chegou cun disparo de Peque que se marchou desviado por pouco, minuto 13. Instantes despois chegou a resposta ourensana pero Sara
23 de abril de 2016
Nova cita coa historia (venres 29, 21.00 horas)
O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá a súa mellor tempada da historia mañá en Vista Alegre ante a Marea Laranxa pelexando por un novo soño, a clasificación para play off. Medirase ao UMA Antequera (21.00 h., horario unificado), que chega á Mariña no fondo da táboa, buscando tres puntos que lle poidan dar a salvación. O destino, moitas veces caprichoso, volve poñer os de Daniel Ibañes fronte a unha proeza, como xa ocorreu co bi
28 de abril de 2016
Máis de medio título en xogo en terra hostil
As pupilas de Iván Cao, Lucas, completarán mañá unha fin de semana de soño para a Familia Laranxa, tras a pugna polo play off de Primeira LNFS de hoxe, co duelo no cumio na pista do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 17.30 horas), con vantaxe de 2 puntos sobre as laranxas. “Sempre que nos enfrontamos os partidos resolvéronse a favor dun ou doutro por pequenos detalles e mañá non vai ser diferente. Quen saiba man
29 de abril de 2016
Brillo e vitoria en Vista Alegre, sen play off
Vista Alegre viviu unha tarde de brillo laranxa na despedida da tempada. Os de Daniel Ibañes competiron para gañar fronte a UMA Antequera; remontaron o rápido gol dos andaluces e ampliaron distancias ata 5-3 soñando co premio do playoff que finalmente caeu en mans do Peñíscola con empate ante Magna Gurpea. Malia levar a batuta desde o inicio os de Daniel, foron os andaluces os protagonistas da estrea, con Miguel Conde, xa no minuto 3
29 de abril de 2016
O Burela FS arrebátalla o trono ao Navalcarnero (2-3)
O CD Burela FS Pescados Rubén loitou contra vento e marea en terra hostil para cumprir coa súa décimo cuarta vitoria consecutiva e arrebatarlle o liderado ao Atlético de Madrid Navalcarnero na súa casa, co apoio de máis dun centenar de afeccionados laranxas. As pupilas de Lucas remontaron en dúas ocasións a dianteira do Futsi e marcaron o definitivo 2-3 no último minuto, un resultado que lles outorga a primeira praza de Primeira RFEF con 1 punto
30 de abril de 2016
25 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores