Noticias
Arquivo de Abril 2017
Fotografía: J.M. Álvez
Reparto de puntos no derbi irmandiño
A primeira parte do derbi galego entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar comezou con ambos equipos marcando un ritmo alto e con transicións rápidas cara a meta rival. Con dominio alterno o choque transcorría sen ocasións claras de gol ata que se superou o ecuador. Tralo minuto 10 empezou o duelo nas porterías, Jozi evitou que o Poio adiantásese, minuto 13. A resposta local chegou por mediación de Judith tras pase de Dany e acto seguido chegou
1 de abril de 2017
Fotografía: Prensa Ribera Navarra. LNFS
O Aspil Vidal Ribera Navarra vence por 6-3 ao Pescados Rubén Burela
Crónica LNFS. Aspil Vidal Ribera Navarra venceu ao Pescados Rubén Burela (6-3) nun partido que estivo controlado polos navarros na súa totalidade. Os tudelanos fixéronse coa vitoria grazas aos tantos de Lucas, J. Mínguez, Rubi e Ferran Plana e obtén a permanencia matemática e a falta de tres xornadas loitará por alcanzar a oitava praza que dá dereito a xogar os Play Off. Os mariñaos pola súa banda, continúan en postos de descenso.
O primeiro achegamento a porta foi para o conxunto galego, obrigando a Molina a despexar o esférico. Despois foi Bellvert quen tivo a oportunidade de anotar, pero Pedro estivo rápido evitando o tanto visitante e mandando o balón a saque de esquina nunha boa acción defensiva. No minuto cinco Lucas, que saíu desde o banquiño, anotou o primeiro tanto do partido, poñendo o 1-0 no marcador tras marcar no segundo pau logo dunha asistencia de Luisma.
1 de abril de 2017
Resultados do Futuro Laranxa
Consulta aquí os resultados de 1-2 de abril.
4 de abril de 2017
Compromisos de base para comezar a Semana Santa
Consulta aquí os horarios do 7-9 de abril.
6 de abril de 2017
Apúntate xa ao Xantar da Irmandade Laranxa, sábado 6 de maio
A Familia Laranxa festexará un gran Xantar de Irmandade o sábado 6 de maio, no que xogadores e xogadoras dos conxuntos de Primeira División, alumnado da escola, adestradores, afección e directiva poderán compartir un entretido día de confraternidade. O pavillón Monte Castelo acollerá a cita lúdico-gastronómica, nunha xornada con actividades para os máis pequenos, sobremesa musical, grandes sorteos e moitas sorpresas.
6 de abril de 2017  |  
Destacada
Jorge Quelle, xunto ao adestrador Christian Fustes; o seleccionador, Ibán García; e o coordinador de seleccións locais, Alfonso Mera
Jorge Quelle defenderá a Galicia Infantil no Nacional
O infantil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle defenderá a Galicia Infantil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará entre mañá e o domingo na localidade abulense de Arévalo. O combinado que dirixe o tamén mariñán Ibán García partirá mañá dende A Coruña e xa se medirá a Castela A Mancha pola tarde, ás 17.00 horas no pavillón Ataquines, intregrado no Grupo A. O sábado enfrontarase a Valencia ás 10.00 h
6 de abril de 2017
Dobre reto en Ourense
O Pescados Rubén Burela FS encadea emoción de derbi irmandiño mañá na casa do Ourense Envialia FSF (17.00 horas, Os Remedios), na xornada 24, co obxectivo de plasmar no resultado o  bo xogo mariñán, pero tamén de desquitarse do último envite coas ourensás, no que se despediron do periplo de Copa Galicia: “É un dobre reto. O último enfrontamento con Ourense, en Copa Xunta, foi moi negativo pola derrota e tamén polo resultado avultado; por
7 de abril de 2017
Reparto de puntos no derbi irmandiño
Crónica. Gustavo Voces. ACFSF Reparto de puntos nun competido e equilibrado derbi galego entre Ourense Envialia e Pescados Rubén Burela con alternativas no xogo e no marcador para ambas escuadras. O Ourense Envialia parecía levar o peso do partido no primeiro acto, cun conxunto lucense máis focalizado en tarefas defensivas buscando sorprender ao contragolpe. Precisamente nunha contra visitante chegaba o primeiro gol do partido, obra de Shiori a p
8 de abril de 2017
Jorge Quelle, campión de España con Galicia Infantil
O xogador infantil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle proclamouse campión de España con Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas disputado esta fin de semana na localidade abulense de Arévalo. O combinado de Ibán García fíxose co título fronte a Andalucía por un axustado 6-5 despois de impoñerse con solvencia a Castela A Mancha (19-1) e Valencia (6-2), con senllos dobretes goleadores da promesa laranxa.
10 de abril de 2017
Infantil B 2016-17 Begonte
Brillo Laranxa no Torneo de Begonte
O Futuro Laranxa arrancou a Semana Santa brillando no Torneo de Begonte, coa segunda praza para Infantil B e a cuarta para o Benxamín. Todos os resultados da fin de semana nos documentos adxuntos.
11 de abril de 2017
Valladolid, Tui e Burela, destinos para o Futuro Laranxa na Semana Santa
Valladolid, Tui e Burela serán os destinos dos torneos de base de Semana Santa 2017 con presenza laranxa, ademais dalgunha cita de liga adiada.   As categorías Cadete e Xuvenil participarán no Virgen del Villar organizado polo CD Laguna FS (14-15 de abril). Os infantís terán compromiso no Cidade de Tui (13-15 de abril), de Randufe FS, e os máis pequenos, prebenxamíns, benxamíns e alevíns, disputarán o Triang
11 de abril de 2017
Iago Míguez: 'Este venres xogámolo todo'
Vista Alegre volve tornarse decisivo. Este venres, na xornada 28, acollerá unha das dúas finais que quedan na Bomboneira (18.30 horas) para seguir CRENDO, SOÑANDO e DELEITÁNDONOS co mellor fútbol sala, co fútbol sala de elite. O Ríos Renovables Zaragoza FS será o inimigo a bater, que recala na Mariña na 10ª praza, pelexando por coarse en postos de play off: “Para nós é un partido transcendental, xogámolo todo. Estamos ao límite, se pinchamos p
12 de abril de 2017
A salvación pasa por Zaragoza. Venres 14, 18.30 (entrada gratuíta ata as 18.00)
“Despois dos resultados dos últimos meses, o venres é un partido importantísimo, somos conscientes, non temos colchón e temos que saír de Vista Alegre cos tres puntos porque a salvación pasa por este partido” explicaba a última incorporación ao Pescados Rubén Burela FS, o pivote José Carlos, nas filas do rival, Ríos Renovables Zaragoza FS, a tempada pasada: “Temos que saír como estamos saíndo ultimamente, ata cun punto máis. A súa defensa adóitas
13 de abril de 2017
As Xoias Laranxas danlle pulo a unha vital e contundente vitoria fronte a Zaragoza (5-0)
Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela FS demostraron esta tarde, unha vez máis, que nunca se renden e que pelexarán ata o último suspiro para seguir competindo na élite. O carisma das Xoias Laranxas, de Hélder e Renato, marcou o camiño dunha vital e contundente vitoria fronte ao Ríos Renovables Zaragoza FS (5-0), co incondicional apoio dunha Bancada Laranxa ata a bandeira. Hélder, no minuto 8, deu a primeira alegría empuxando sen tatexar
14 de abril de 2017
Sofía e Claudia, subcampioas galegas
As burelistas Sofía e Claudia proclamáronse subcampioas de Galicia coa Selección de Lugo Cadete no Campionato Autonómico disputado o xoves pasado en Marín. O combinado irmandiño caeu na gran final fronte a Pontevedra cun axustado 2-3, despois de clasificarse para a última fase cunha derrota ante A Coruña (4-1) e unha vitoria con Vigo (0-8).   Todos os resultados no documento adxunto
17 de abril de 2017
Recoñecemento do Concello de Burela para Jorge Quelle
O alumno de base Jorge Quelle foi recibido esta tarde no consistorio burelao polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, como recoñecemento ao título de campión de España alcanzado con Galicia Infantil no Campionato de Seleccións Autonómicas de Arévalo (8-9 de abril). No acto, o xogador laranxa estivo arroupado por seus pais, o seu técnico, Mario Pillado, e o directiv
17 de abril de 2017
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA (DOMINGO 30 DE ABRIL)
En virtude do artigo 16 dos Estatutos do Club e do artigo 1 do vixente regulamento electoral, convócase ASEMBLEA  XERAL EXTRAORDINARIA para o domingo 30 de abril de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00.  ORDE DO DÍA
19 de abril de 2017  |  
Destacada
En busca da sorpresa ante un titán (venres 21, 21.15 horas, Eurosport)
O Pescados Rubén Burela FS afrontará a penúltima xornada de liga co máis difícil aínda na busca da salvación. Será mañá na casa de ElPozo Murcia FS, pelexando pola segunda praza, ás 21.15 horas, con emisión en directo de Eurosport. “Estamos nunha situación límite e cando ocorre iso un equipo multiplícase; así sairemos dende o comezo, desde o principio traballando cunha defensa presionante,  provocando que o x
20 de abril de 2017
Ana Romero reincorpórase ao Pescados Rubén
A meta Ana Romero (Yecla, 1994) reincorpórase ao Pescados Rubén Burela FS para afrontar a recta final da tempada. A murciana, que xa defendeu os intereses laranxas a comezos de 2016-17, regresa á entidade mariñá tras cumprir cos seus compromisos laborais e académicos en Inglaterra e na súa terra natal. “Presentóuseme a opción de volver e  aproveiteina porque me parece unha grande oportunidade para rematar a liga, buscando un
20 de abril de 2017
O CEIP de Xove inaugura a Xira Laranxa 2017 'Descubre o Fútbol Sala'
O Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra. Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer
20 de abril de 2017
Horarios de base para a fin de semana
Consulta aquí os horarios para o 22-23 de abril.
21 de abril de 2017
Volta da liga con ganas de tres puntos
O Pescados Rubén Burela FS volta á liga tras o descanso de Semana Santa con ganas de recuperar o camiño de tres en tres, despois de encadear os empates irmandiños con Poio Pescamar (1-1) e Ourense Envilia FSF (3-3). Para cumprir co obxectivo na 25ª xornada, contará mañá coa fortaleza de Vista Alegre (18.30 horas) fronte ao Leganés Masdeporte, que chega á Mariña con intención de romper unha mala dinámica. As pupilas de Lucas e Juli
21 de abril de 2017
Fotografía: Prensa ElPozo Murcia
ElPozo Murcia vence por 7-1 ao Pescados Rubén Burela
Crónica. LNFS ElPozo Murcia impúxose a Pescados Rubén Burela (7-1) nun encontro que dominou de principio a fin. Os murcianos venceron grazas aos tantos de Marinovic, Raúl Campos, Miguelín, Andresito, Elías e Pito, por partida dobre. O conxunto murciano arrincou o partido mellor que o galego. Proba diso foron as ocasións de Elías, despexada por Edu, e Pito, cuxo disparo marchar fóra. Foi o propio Pito quen adiantou a ElPozo Mur
21 de abril de 2017
Vitoria laranxa ante un incisivo Leganés
Triunfo do Pescados Rubén Burela por 5-2 ante o Leganés FSF que deixou unha boa imaxe en Vista Alegre obrigando ás burelistas a ofrecer unha boa versión para conquistar os tres puntos.
O partido empezou co Pescados Rubén Burela levando a iniciativa do xogo e xerando inquietude na meta visitante. Dany lanzou o primeiro aviso, minuto 2, pero o seu disparo estrelouse no longueiro. A continuación Cilene comezou a calibrar o seu puntería con dous disparos que non atoparon o obxectivo desexado. Tras esta fase de acoso local, o Leganés estirouse e atopou espazos para xerar un par de ocasións de perigo. Puche e Ángela non lograron cone
22 de abril de 2017
O futuro da elite en 40 minutos
O Pescados Rubén Burela FS pechará a súa quinta tempada na elite pelexando por seguir tendo o privilexio e orgullo de pertencer á mellor liga do mundo. 40 minutos fronte ao UDDM Levante (12ª praza) separan os mariñáns da salvación este venres en Vista Alegre (21.00 h. –horario unificado-), dependendo ademais doutros resultados. O partido poderá seguirse en directo coa
25 de abril de 2017
Apúntate á Festa Irmandiña
Todos os afeccionados/as que queiran asistir á gran final da XXVI Copa Galicia, o luns 1 de maio en Pontevedra poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O equipo masculino loitará polo título irmandiño fronte ao Santiago Futsal ás 18.45 horas. O pavillón municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá a final feminina, entre Poio Pescamar FSF e Ourense Envialia
25 de abril de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de 22-23 de abril
26 de abril de 2017
Cinco anos e unha final
O Pescados Rubén Rubén pechará mañá en Vista Alegre cinco anos de traballo, ledicias e afán de superación en Primeira División coa gran final de finais que decidirá a súa continuidade no mellor futsal. Para iso terá que agarrar con máis forza ca nunca os 3 puntos fronte ao  UDDM Levante (12º clasificado). A cita, que arrincará ás 21.00 horas –horario unificado- e que contará coa asistencia do seleccionador nacional, José Venancio López Hi
27 de abril de 2017
Vista Alegre decide o título de Honra Xuvenil
Este  domingo, Vista Alegre será testemuña dunha emocionante clausura da Liga de División de Honra Xuvenil, na que o Pescados Rubén Burela FS (49 puntos) loitará por defender o liderado e gañar o título fronte ao segundo da táboa (48 puntos), con tan só 1 punto de diferenza.   Consulta aquí os horarios da base para a fin de semana.
28 de abril de 2017  |  
Destacada
O Pescados Rubén, fronte a un Móstoles motivado coa Copa
O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá a xornada 26 de Primeira RFEF na pista do Móstoles FSF (pavillón Villafontana, 18.30 horas), que a falta de 5 citas para conclusión ligueira espera as mariñás pelexando dende a oitava praza (35 puntos) para asegurar a súa presenza na Copa de España. “É unha visita complicada; é un equipo que está loitando pola Copa e recorrerá a facerse forte sobre todo na casa para cumprir co obxectivo” a
28 de abril de 2017
32 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores