Noticias
Arquivo de Abril 2018
Ao Pescaddos Rubén escápalle a Copa Galicia a 24 centésimas
O pavillón da Raña de Marín desbordou emoción na gran final da XII Copa Galicia, nun intenso duelo entre o Pescados Rubén Burela FS e Poio Pescamar FSF, que souberon agarrar con forza as pontevedresas, a 24 centésimas da bucina final, co definitivo 4-5. As pupilas de Julio Delgado e Lucas deron alas ao soño laranxa recompoñéndose dun 0-3 en contra; a remontada mariñá comezou no minuto 27 ata o 4-4 a tan só 22 segundos para o final, pero na última
1 de abril de 2018
A Familia Laranxa está de celebración, Matamoros está de regreso
A Familia Laranxa non podía recibir mellor nova. Jorge Valhermoso Matamoros está de regreso co Pescados Rubén Burela FS; o pivote madrileño incorporouse hoxe á dinámica do grupo despois de estar afastado das pistas dende o mes de decembro por unha dura enfermidade contra a que loitou e da que saíu vitorioso. Matamoros e o club laranxa agradecen o respecto e as mostras de afecto e apoio amosados ao longo deste tempo. Mat
2 de abril de 2018
Os Cadetes, semifinalistas no Torneo de Betanzos
Gran papel dos burelistas en Betanzos, chegando a semifinais. Consulta aquí os resultados da aventura.
2 de abril de 2018
Fútbol sala e diversión de Semana Santa para os Infantís en Laguna de Duero
Resultados adxuntos
2 de abril de 2018
Resultados de base durante Semana Santa
Resultados adxuntos
3 de abril de 2018
Axenda Laranxa na Semana do Deporte
O Pescados Rubén Burela FS estreou onte a Semana do Deporte do Concello de Burela, con visitas aos centros educativos da localidade mariñá. Xogadores e xogadoras dos equipos sénior convidaron o alumnado ao partido de Primeira RFEF deste sábado, fronte ao Móstoles FSF (18.30 horas, Vista Alegre), e a asistir ao programa de Radio Galega ‘Convivir Deportivo’, que se gravará o vindeiro luns, 9 de abril. Mañá será un día cento por cento l
4 de abril de 2018
Horarios de base
Calendario adxunto
5 de abril de 2018
Tres puntos que non poden escapar ante un Tenerife que di adeus a Segunda
O Pescados Rubén Burela FS disputará este sábado a 27ª xornada de Segunda LNFS na pista do xa descendido Tenerife Iberial Toscal (18.00 h. –hora insular-). Son tres puntos que non se poden perder na cuadrícula laranxa na pelexa polo cumio de play off, dende a súa privilexiada cuarta praza (48 puntos), por detrás dos filiais de Barcelona e ElPozo. Os mariñáns resolveron o enfrontamento de ida coa maior que encaixaron os canarios na te
5 de abril de 2018
Vista Alegre, bálsamo no regreso de liga coa chegada de Móstoles
O Pescados Rubén Burela FS arróupase no mauselo de Vista Alegre para retomar a competición ligueira tras ver escapar o título de Copa Galicia no último suspiro o domingo pasado fronte ao Poio Pescamar FSF. As laranxas voltarán ao parqué da Bomboneira o sábado (18.30 horas) coa visita do FSF Móstoles, na 23ª xornada de Primeira RFEF. “Foi doloroso, pero sabemos da importancia da liga. A Copa Galicia queda atrás e agora na nosa cabeza
5 de abril de 2018
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados de base da fin de semana.
10 de abril de 2018
Julia Forsiuk, de novo con Ucraína
A xogadora laranxa Julia Forsiuk volveu ser reclamada pola Selección de Ucraína para disputar en Teherán dous amigables fronte a Irán e un ante Tailandia, entre o 15 e o 17 de abril. A dorsal 37 do Pescados Rubén Burela FS, que xa defendeu a camisola do seu país hai un par de meses en Portugal, viaxará hoxe con rumbo a Irán para estar concentrada co combinado ucraíno ata o día 19.
10 de abril de 2018
Nito e Luismi, a polo Nacional Sub-19
Ligazón Futgal
10 de abril de 2018
A punto de comezar o curso de Monitor de Fútbol Sala (Escola de Adestradores-RFGF)
Ligazón a Futgal
12 de abril de 2018
Horarios de base
Calendario adxunto
12 de abril de 2018
A pola quinta para reforzarse no podio
O Pescados Rubén Burela FS pelexará este sábado na pista do Soto del Real (18.00 horas) para selar a súa quinta vitoria consecutiva para reforzar o regreso ao podio de Primeira RFEF. As laranxas defenderán a terceira praza, con 54 puntos e empatadas con Universidad de Alicante, ante o antepenúltimo da táboa, con 11. O encontro poderá seguirse en directo a través de www.vpsotodelrea
12 de abril de 2018
Mata e Álex volven á convocatoria para Mengíbar
O Pescados Rubén Burela FS ao completo afrontará a antepenúltima cita da competición regular de Segunda LNFS en busca dun gran soño, na pista do Software DELSOL Mengíbar (18.30 horas, Sebastián Moya Lorca). O 10 laranxa, Jorge Valhermoso Matamoros, que se reincorporou á dinámica de grupo a semana pasada logo de superar a súa enfermidade, regresa á lista de Juanma Marrube. A convocatoria para o penúltimo desprazamento da liga complétase con out
13 de abril de 2018
Autor: Iván Gregori
Quinta cumprida
As pupilas de Julio Delgado e Lucas aferráronse aos tres puntos na pista dun correoso Soto del Real (2-3), cumprindo coa quinta vitoria consecutiva, resolvendo no último cuarto da cita. Judith transmitía boas vibracións para as galegas, topándose coa rede xa no minuto 4, cun disparo raso. Con todo, as locais conseguiron igualar antes de chegar ao ecuador da primeira parte grazas a Stone a pase de Coral. Malia levar a batuta, as laran
14 de abril de 2018
Mengíbar 3-3 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS recolleu esta tarde un empate moi traballado na complicada pista do Software DELSOL Mengíbar (3-3). Os mariñáns remontaron un 3-1 en contra no reinicio do encontro e regresan con 1 valioso punto, co que manteñen os privilexios de play off, nunha xornada na que o Valdepeñas conseguiu o ascenso matemático a Primeira LNFS impoñéndose 4-1 a UMA Antequera. Os mariñáns empezaron ben e conseguiron adiantarse con
14 de abril de 2018
Galicia Sub-19, ás portas da final
Toda a información en Futgal
15 de abril de 2018
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultaddos da fin de semana.
16 de abril de 2018
Os laranxas pelexarán polo título irmandiño en Ferrol
Pescados Rubén Burela FS, O Esteo, Santiago Futsal e O Parrulo son os catro equipos que loitarán polo título
A fase final da Copa Galicia masculina de fútbol sala xa ten sede: disputarase no pavillón ferrolán da Malata os días 30 de abril e 1 de maio. O luns 30 disputaranse os dous partidos de semifinai. A afección laranxa poderá viaxar dende Burela nunha viaxe organizada polo club mariñán.   19:00 | PESCADOS RUBÉN BURELA FS - O ESTEO FS 21:15 | SANTIAGO FUT
16 de abril de 2018
Calendario de base
Consulta aquí os partidos de base para a fin de semana
18 de abril de 2018
Xogas con nós a última xornada de liga?
Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao peche da liga regular de Segunda LNFS, co derbi irmandiño na pista do Noia Portus Apostoli, o sábado 28 de abril, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 10 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as. As persoas qu
19 de abril de 2018
Vista Alegre recibe o campión galego para pechar a Tarde Laranxa
Vista Alegre pechará a Tarde Laranxa, este sábado, coa visita do campión galego, Poio Pescamar FSF, na xornada 25 de Primeira RFEF. Será ás 20.30 horas, con espectáculo de máxima emoción, para poñer a guinda tras a xornada 29 de Segunda LNFS entre a escuadra de Juanma Marrube e o Real Betis Futsal, en pugna de play off (18.00 horas -horario unificado-). “Un derbi sempre é moi emocionante e máis co que pasou na Co
19 de abril de 2018
Duelo de play off para abrir unha tarde de espectáculo e emoción
A Tarde Laranxa de Vista Alegre abrirase mañá ás 18.00 horas (horario unificado) cun duelo de play off e ante as cámaras de TVG2. Na penúltima xornada ligueira e como peche na casa da competición regular, o Pescados Rubén Burela FS defenderá a súa praza privilexiada liderando o play off (52 puntos), fronte ao actual sétimo clasificado, Real Betis Futsal (45 puntos). O derbi galego de Primeira RFEF, coa visita do Poio Pescamar FSF porá o broche á
20 de abril de 2018
Pescados Rubén 1-2 Real Betis Futsal
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu esta tarde ante un Real Betis Futsal (1-2) que chegaba a Vista Alegre para pelexar con uñas e dentes por manterse en praza de play off. Malia non puntuar, co empate de Puertollano fronte a Valdepeñas (3-3) e a derrota de Antequera con ElPozo (3-6), os laranxas poden seguir custodiando o liderado cara aos play off para a última xornada de liga. A iniciatia do xogo mariñán fronte á defensa andaluza n
21 de abril de 2018
Un gran Pescados Rubén toma a revancha ante Poio con recital goleador (7-1)
“O equipo ofreceu unha imaxe de 10; finalizamos ben, aproveitamos a estratexia e sobre todo foi un partido de gran labor defensivo” así valoraba o técnico Julio Delgado a gran vitoria do Pescados Rubén Burela FS da xornada 25 fronte ao Poio Pescamar (7-1). As mariñáns tomaron a revancha da Copa Galicia cun recital goleador e durmirán líderes, xunto a Universidad de Alicante, á espera do desenlace de mañá entre Ourense Envialia e Atlético de Madri
21 de abril de 2018
O Cadete, campión de Liga Galega Grupo Norte
O Cadete proclamouse campión de Liga Galega Grupo Norte tras empartar 0-0 con Cidade de Narón esta fin de semana e a falta de 2 xornadas para o peche da competición. O conxunto de Christian Fustes disputará con Club del Mar San Amaro xa como campión a penúltima xornada e tocaralle descansar na última. Consulta todos os resultados da fin de semana en adxuntos.
23 de abril de 2018
Presentación da fase final da Copa Galicia
O Concello de Ferrol acolleu este mediodía a presentación da fase final de Copa Galicia que reunirá a O Esteo FS, Santiago Futsal, O Parrulo FS e Pescados Rubén Burela FS o luns 30 en semifinais.   19:00 | PESCADOS RUBÉN BURELA FS - O ESTEO FS 21:15 | SANTIAGO FUTSAL - O PARRULO FERROL E o martes 1 de maio os dous finalistas xogaranse o título ás 18:00 horas.  
23 de abril de 2018
A Copa Galicia agárdate en Ferrol. Ven con nós!
O Pescados Rubén poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para as semifinais da Copa Galicia (Ferrol, luns 30 de abril). O custo será de 20 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as. As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10) e terán a posibilidade de facer reserva provisional no suposto de q
24 de abril de 2018
Calendario de base
Horarios adxuntos
25 de abril de 2018
Vista Alegre decide este domingo o título de Liga de División de Honra Xuvenil
Vista Alegre poderá ser testemuña dun novo título para a Familia Laranxa. O xuvenil, de Christian Fustes, defenderá a primeira praza na última xornada de Liga de División de Honra este domingo, coa visita do Noia (sétimo), ás 12.00 horas. A vitoria dos laranxas da semana pasada con Lugo Sala (2-5) e a derrota do Santiago Futsal fronte ao Troula (4-1) catapultaron os mariñáns ao liderado con 63 puntos con opción de validar o título de
25 de abril de 2018
Cádiz, sede da XXIV Copa de España (8-10 de xuño)
A vixésimo cuarta edición da Copa de España de Fútbol Sala Feminino disputarase en Cádiz do 8 ao 10 de xuño. A Real Federación Española de Fútbol concedeu ao club gaditano, pechacancelas de Primeira División (con 2 puntos), a organización do torneo e o dereito a participar como invitado xunto aos clubs que ocupen as sete primeiras posicións ao termo do campionato ligueiro. Ademais do equipo anfitrión, o PEscados Rubén-Burela, o At
25 de abril de 2018
O Pescados Rubén pecha a liga cun derbi irmandiño de contrastes en Noia
O Pescados Rubén Burela FS pechará a liga regular o sábado cun duelo irmandiño de contrastes. Os laranxas defenderán o liderado de play off, con vantaxe de 1 punto sobre Puertollano, na pista do descendido Noia Portus Apostoli; será en horario unificado, ás 18.00 horas.  “Estamos contentos por chegar a esta última xornada co primeiro posto de play off. Imos intentar defendelo ante un rival que en Vista Alegre xa nos venceu; e
26 de abril de 2018
Bea Mateos: 'Estámonos xogando a vida os dous'
“Estámonos xogando a vida os dous, será competido, atractivo, sufrido por as ambas partes, emocionante... Vai estar moi igualado e quen teña a cabeza máis posta no partido levará os tres puntos” así falaba a capitá do Pescados Rubén Burela FS, Bea Mateos, do partido por excelencia da xornada 26 de Primeira, coa visita á pista do Jimbee Roldán. Mañá (18.00 horas) as laranxas defenderán o coliderado (60 puntos), compartido con Futsi e Alicante, en
27 de abril de 2018
Edu: 'Queremos o factor cancha nas dúas eliminatorias'
“Temos que gañar si ou si para poder ter o factor cancha nas dúas eliminatorias, en caso de pasar a primeira. Por iso temos que ir por todas” advertía o capitán do Pescados Rubén Burela FS, Edu, en vésperas da última xornada de liga regular, mañá (18.00 horas) no derbi co Noia Portus Apostoli. “Os derbis sempre son diferentes, a motivación sempre iguala os partidos. Creo que vai ser un encontro complicado; o Noia, aínda que estea des
27 de abril de 2018
O Pescados Rubén Burela FS colabora na Xira Mulleres, xunto a Coca-Cola e o Concello de Lugo
Enlace
27 de abril de 2018
Roldán 4-1 Pescados Rubén
A fortuna non estivo hoxe ao lado do Pescados Rubén Burela FS, que cedeu os tres puntos na pista do Jimbee Roldán (4-1) nun encontro moi disputado e igualado con máis efectividade ofensiva das locais. O que podería ser o 0-1 para o Pescados Rubén transformouse en 2-0 en contra, na recta final dunha primeira parte moi igualada, con poucas ocasións e excelentes intervencións baixo paus de ambas as gardametas. No minuto 18, o pau evito
28 de abril de 2018
O Pescados Rubén leva o derbi en Noia (3-5) e liderará o play off
O Pescados Rubén Burela FS finalizou ao grande a liga regular levando o derbi galego en Noia (3-5), nunha cita que deixou moi encamiñada xa na primeira parte, con 1-4. Estes tres puntos mantéñeno como líder de play off, con 55 puntos, con ElPozo Ciudad de Murcia (61 puntos) como campión de Segunda. Os de Juanma Marrube veranse as caras na primeira eliminatoria, a partir do 12 de maio, con Betis (51 puntos), que pecha a fase de ascenso empatado co
28 de abril de 2018
Somos campións de Liga de Honra Xuvenil
Campións, campións...
29 de abril de 2018
45 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores