Noticias
Arquivo de Maio 2010
Primeira igualada da tempada para o Burela FSF Pescados Rubén
O Burela FSF Pescados Rubén cultivou o seu primeiro empate da tempada no duelo ante o Zaragoza, que levou un punto de Vista Alegre. O choque finalizou con igualada a dous tantos nun partido discreto do cadro local. O guión do encontro transcorreu como estaba previsto xa que as zaragozanas apostaron por unha defensa moi pechada e o Burela era o dono da posesión. A escasa mobilidade e a pouca fluidez no xogo laranxa propiciou que ao des
1 de maio de 2010
O Burela vence ao Valverde e medirase ao Eivissa na primeira rolda de ascenso a Honra
O Burela cumpriu coa súa obrigación e derrotou, na derradeira xornada da liga regular, ao Valverde por 3-6 nun duelo no que os locais se xogaban a categoría. Desde o asubío inicial os burelenses apoderáronse do temón do encontro aínda que un par de bandazos provocaron que o Valverde se vise cun incrible 2-0 favorable. A pesar diso, os pupilos de Suso Rey mantiveron o rumbo fixo cunha intensidade moi alta que os locais non podían sopor
1 de maio de 2010
Resultados das categorías inferiores
Copa Autonómica Infantil EDM Burela FS A 2-4 AD O Barval FS  
3 de maio de 2010
O Burela FS disputará a primeira batalla pola Honra o sábado 8 na pista eivisenca
O Burela FS iniciará o seu quinto play off de ascenso á División de Honra o vindeiro sábado, 8 de maio, na pista do Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (17.30 horas). Para garantir a súa presenza na segunda rolda, os laranxas deberán ser mellores cós eivisencos a tres partidos. Como segundo clasificado, o conxunto mariñán contará coa vantaxe de cancha nesta primeira eliminatoria fronte á cuarta posición do
3 de maio de 2010
A LNFS e a Universidade Rey Juan Carlos presentarán un programa de formación
A Liga Nacional de Fútbol sala e a Universidade Rey Juan Carlos asinarán, este martes 4 de maio de 2010, un convenio de colaboración para pór en marcha un programa de formación que arrincará a próxima tempada co "Curso Superior en Xestión de Sociedades e Entidades Deportivas". O devandito curso está dirixido aos clubs da Asociación e a todos aqueles profesionais do deporte e a xestión que queiran tomar parte. O acto levará a cabo na s
3 de maio de 2010  |  LNFS
Eivissa-Burela FS, a través de Radio Energía Online
A afección laranxa poderá seguir o primeiro partido de play off do Burela FS, ante o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, a través de Radio Energía Online, o vindeiro sábado, 8 de maio (17.30 horas). Media hora antes do comezo deste encontro da primeira fase de ascenso a Honra, a radio eivisenca arrincará co previo do duelo Eivissa-Burela FS no seu programa ‘Tardes de Fútbol’, que dará paso á retra
4 de maio de 2010
Gran churrascada da Pataca Naranxa para recibir o Eivissa o sábado 15
Fiel ao seu equipo, a peña A Pataca Naranxa prepara o seu quinto play off a Honra na bancada para a visita do primeiro rival, o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, o sábado 15 de maio. Para ir afinando as voces e ensaiando os cantos de ánimo, a afección pataqueira reunirase ese mesmo día nunha gran churrascada nas inmediacións do CEIP Vista Alegre, a partir das 15.00 horas. O prezo da comida será de 10 euros para adultos/as e 5
5 de maio de 2010
O CD Burela FS desmente a información de Doblepenalti respecto a Luisjo
O CD Burela FS desmente categoricamente calquera tipo de acordo con Luisjo, xogador do Gijón-El Llano, tal e como informa a revista Doblepenalti, na súa última edición. É máis, en ningún momento a entidade burelense se dirixiu ao xogador xixonés, nin ao seu actual club, para interesarse pola súa situación contractual. A información publicada en Doblepenalti na que asegura que o CD Burela FS ten pechada practicamente a súa contratación é totalm
5 de maio de 2010
Benxamíns e alevíns, nas semifinais da Copa da Mariña
Tras obter a clasificación hai un par de semanas, os conxuntos Benxamín C e Alevín B da EDM Burela FS disputarán as semifinais da Copa da Mariña este sábado en Foz. Os benxamíns enfrontaranse á ED Mondoñedo no pavillón do colexio Martínez Otero. No caso de saír vitoriosos, o rival da final decidirase entre Praia de Covas e A Pontenova. Os alevíns, pola súa banda, bateranse co AD Santiago de Foz no colexio do Pilar; a outra semifinal pr
6 de maio de 2010
Segunda parte do derbi galego, na cidade das Burgas
O Burela FSF Pescados Rubén afronta mañá a segunda parte do derbi galego na División de Honra, ante o Ponte Ourense FSF; será no pavillón dos Remedios da cidade das Burgas, a partir das 16.30 horas. Con 27 xornadas ao lombo, as mariñás defenderán a sétima praza (43 puntos) fronte á undécima das ourensás (34), que tentarán desquitarse da derrota por 5-2 en Vista Alegre. Javier Pardeiro contará con pleno de efectivos no vestiario
7 de maio de 2010
Comeza a hora da verdade para os laranxas
Comeza a hora da verdade para o Burela FS. Mañá, ás 17.30 horas, os pupilos de Suso Rey saltarán á pista balear de Sa Blancadona para facerse coa primeira das tres batallas que os enfrontarán ao Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, na primeira eliminatoria da fase de ascenso a Honra. Aínda que por traxectoria e resultados o Burela FS parte como favorito ante o cuarto do Grupo Sur, a pugna nas illas
7 de maio de 2010
O Ponte Ourense gaña o derbi galego ante o Burela FSF Pescados Rubén
O Burela FSF Pescados Rubén caeu por 5-3 no derbi galego da División de Honra ante o Ponte Ourense. O duelo galego foi intenso e con emoción ata os instantes finais sendo as ourensás as que levaron o botín grazas a un Burela que concedeu demasiadas facilidades. Desde o inicio as burelenses dominaron o choque e Lidia referendou a superioridade laranxa co 0-1 (min.8). A renda puido aumentar pero a escasa definición visitante acabou prop
8 de maio de 2010
O Burela ponse por diante na eliminatoria do ascenso, ao vencer por 4-5 en Eivissa
O Burela imponse na pista do Gasifred Eivissa por 4-5 e adiántase na primeira eliminatoria de ascenso a División de Honra. O conxunto dirixido por Suso Rey logrou superar o factor cancha dos eivisencos realizando un encontro moi serio que xogou coas ideas moi claras. No inicio, ambos os conxuntos tentearon o seu rival pero esta fase durou pouco xa que Dani Martín, protagonista do choque cun hat-trick, inaugurou o marcador co 0-1, minu
8 de maio de 2010
Resultados das categorías inferiores
Copa da Mariña-SEMIFINAIS ED Mondoñedo Benxamín 3-2 EDM Burela FS Benxamín C AD Santiado de Foz 5-3 EDM Burela FS Alevín B   Copa Autonómica Cadete-CUARTOS Burela FS 1-10 Azkar Lugo FS   Amigables ACD Xove Prebenxamín 1-4 EDM
10 de maio de 2010
O club laranxa abre a venda anticipada para o Burela FS-Eivissa
O club laranxa abriu hoxe a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa o vindeiro sábado (Vista Alegre, 18.30 horas), 15 de maio, na segunda cita da primeira eliminatoria de play off a Honra. As tarifas para os socios/as burelistas serán de 3, adultos/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 anos); os non socios/as deberán pagar 8 e 4 euros respectivamente. As en
10 de maio de 2010
XII+II Festa da Marosa
O porto de Burela acollerá o vindeiro sábado, 15 de maio, a XII+II Festa da Marosa “Goza co saber do povo”. O evento foi presentado o sábado pasado na casa do concello por representantes da SCDR Palestina, entidade organizadora, coa presenza do delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antón Veiga, e a concelleira de Cultura de Burela, Neves Cando. Como vén sendo habitual ao longo destes catorce anos de celebración, a música volverá
11 de maio de 2010
Claudia, Irene, Jozi e Souza visitaron o colexio focego Martínez Otero
As integrantes do Burela FSF Pescados Rubén Claudia, Irene, Jozi e Souza visitaron o luns pola tarde o equipo cadete feminino do colexio Martínez Otero, en Foz. Acompañadas polo segundo adestrador burelista, Marcelo Santoro ‘Neco’, as representantes laranxas compartiron as súas experiencias e unha sesión técnica con 14 alumnas focegas. As cadetes do Martínez Otero mostraron especial interese pola traxectoria deportiva de J
12 de maio de 2010
Xornada das categorías inferiores
Copa Autonómica Cadete-CUARTOS Azkar Lugo FS-Burela FSVenres 14 de maio, ás 20.00 horas, no Centro Terra de Lugo   Copa Autonómica Infantil-CUARTOS AD Barval-Burela FSDomingo 16 de maio, ás 12.00 horas, no pavillón de Cabalgueiros do Barco de Valdeorras   Amigables
13 de maio de 2010
O pavillón Monte Castelo acollerá a churrascada da Pataca Naranxa (sábado 15)
Baixo o lema ‘Todos xuntos por unha ilusión’, a peña A Pataca Naranxa reunirá unha vez máis a afección burelista nunha xornada gastronómica, o vindeiro sábado, como antesala da festa que vivirá Vista Alegre coa visita do Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (18.30 horas), no segundo encontro da primeira eliminatoria do play off a Honra. O pavillón Monte Castelo será o escenario elixido para acoller a gran churrascada da Pataca,
13 de maio de 2010
Na busca da senda triunfal ante o vicepechacancelas
O Burela FSF Pescados Rubén recibe este domingo o Castelldefels FSF, vicepechacancelas da categoría, co obxectivo de recuperar a senda triunfal. Vista Alegre acollerá o encontro, con entrada gratuíta, a partir das 12.00 horas. Despois de dúas derrotas e un empate, ás pupilas de Javier Pardeiro preséntaselles unha boa oportunidade de escalada dende a oitava praza (43 puntos), po
14 de maio de 2010
A Marea Laranxa en estado puro, preparada para a chegada do Eivissa
Despois do gran paso dado nas Baleares, o Burela FS recibirá mañá o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa co apoio inquebrantable da bancada laranxa, no segundo encontro da primeira rolda do play off. A Marea Laranxa en estado puro, equipo e afección, loitará por facer realidade o soño da División de Honra en Vista Alegre a partir das 18.30 horas. Aínda con marxe de erro, tras a vitoria nas illas por 4-5, os pupilos de Suso Rey buscarán sent
14 de maio de 2010
Homenaxe da Federación Galega de Fútbol ao Burela FS Feminino
A Federación Galega de Fútbol homenaxeará mañá, en Vista Alegre, a traxectoria do Burela FSF Pescados Rubén, nun acto previo ao encontro de play off a Honra masculina entre o Burela FS e o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa. As capitás laranxas, Claudia, Ro e Marta, acompañadas polo vicepresidente do club Manuel Blanco, recibirán o trofeo de campioas da División de Prata 2008-09 das mans do secretario da Federación, Diego Batalla.
14 de maio de 2010
O Burela FS segue adiante na loita polo ascenso logo da vitoria ante o Eivissa (3-2)
Vista Alegre volveu lucir as mellores galas para presenciar o que finalmente sería partido decisivo na primeira rolda de eliminatorias polo play off a Honra 2009/10. Volveron as sensacións no límite á ‘bomboneira’ laranxa e agárrense que hai curva, porque a escalada á máxima categoría véndese cara este ano e apunta a partidos de vertixe, coma o do sábado á tardiña. Comezou mandando no xogo o equipo de Suso Rey, que en ningún momen
16 de maio de 2010
O número 1076, premiado co Toyota Yaris sorteado polo club
Durante o descanso do partido ante o Eivissa produciuse a lectura do sorteo do Toyota Yaris efectuado ante notario. O número premiado foi o 1076. O agraciado ou agraciada ten dereito á recollida do vehículo durante os sete días seguintes á publicación do número, é dicir, ata que remate o vindeiro luns día 24 de maio. O coche foi exhibido ás portas de Vista Alegre durante o choque polo ascenso ante o Eivissa.
16 de maio de 2010
As burelás vencen (9-0) a un Castelldefels falto de xogo
Non tiveron rival as laranxas malia que o equipo visitante o intentba todo. A posición dos dous equipos na táboa de clasificación quedou clara dende o principio con goles de Souza (1-0) e Dolo (2-0) no inicio do partido. Pasados sete minutos de xogo, Marta xa poñía o 3-0 no marcador e ao descanso chegouse cun claro 6-0. Tras o descanso, máis do mesmo. Dominio absoluto do Burela FSF Pescados Rubén e máis goles. Lara facía o 7-0 no minut
16 de maio de 2010
Resultados das categorías inferiores
Copa Autonómica Cadete-CUARTOS Azkar Lugo FS 5-0 Burela FS   Copa Autonómica Infantil-CUARTOS AD Barval 3-0 Burela FS   Amigables - EDM Burela FS Prebenxamín A 1-12 Puerto Celeiro Prebenxamín - EDM Burela FS Prebenxamín C 12-0 Cangas
18 de maio de 2010
Psicoloxía deportiva para inaugurar as II Xornadas Formativas Burela FS
O CD Burela FS inaugurará mañá a segunda edición das súas Xornadas Formativas, coa intervención da psicóloga deportiva do Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, Graciela Lois. Así o anunciaron hoxe o directivo da entidade laranxa Marcelino Luna e o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, na presentación do ciclo, que se prolongará ata o mes de xuño, cun total de cinco relatorios a cargo de persoal especializado en deporte e nutrición. C
18 de maio de 2010
Venda anticipada para a 2ª fase de play off, ante o Puertollano
A partir de mañá, o club laranxa porá á venda, nas súas oficinas, as entradas para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Puertollano FS Restaurante Dacho o vindeiro sábado (Vista Alegre, 18.30 horas), 22 de maio, no primeiro encontro da segunda eliminatoria de play off a Honra. As tarifas para os socios/as burelistas serán de 3, adultos/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 anos); os non socios/as deberán pagar 8 e 4 euros
18 de maio de 2010
A Pataca Naranxa volverá xuntar forzas para a segunda eliminatoria
Coa ledicia aínda no corpo tras superar o primeiro obstáculo, o do Eivissa, A Pataca Naranxa xa está inmersa noutro remuíño de preparativos para a visita do Puertollano FS Restaurante Dacho, o vindeiro sábado, 22 de maio (Vista Alegre, 18.30 horas). Deste xeito, a peña burelista organizará unha nova festa, nas inmediacións da escola infantil da vila, a partir das 15.00 horas. A denominada ‘Carpa do Ascenso Pataca Naranxa’ acollerá a ce
19 de maio de 2010
FS A Mariña pechará a liga en Cambre o 31 de maio
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña pechará o seu periplo na liga da Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’ o luns 31 de maio, na pista de APEM Cambre. Despois da derrota de onte no Monte Castelo por 14-2 ante o líder, APEM Coruña, FS A Mariña aínda terá oportunidade de despedirse da tempada por todo o alto, en Cambre, nos primeiros postos. Os 11 equipos galegos que compoñen a cuarta edición de ‘Tod
19 de maio de 2010
Os prebenxamíns A e C participarán no 'Cidade de Betanzos'
Os conxuntos Prebenxamín A e C da EDM Burela FS participarán no V Torneo de Fútbol Sala Base ‘Cidade de Betanzos’ o vindeiro sábado, 22 de maio. Un total de 12 equipos das provincias coruñesa e luguesa, distribuídos en 4 grupos, disputarán a competición no pavillón municipal de Betanzos a partir das 10.00 horas. Ao EDM Burela FS A tocaralle medirse a Colegio Liceo La Paz (12.30) e Club del Mar (14.30), mentres que o B se enfrontará a M
20 de maio de 2010
O Prebenxamín B laranxa estará no comarcal de Viveiro 2010
Os prebenxamíns B da EDM Burela FS desprazaranse este sábado pola tarde á localidade veciña de Viveiro para disputar un torneo fronte a outros catro equipos da comarca: A Mariña FS, ANPA Covas, Xove FS e AD Santiago de Foz. Os pequenos deportistas laranxas estrearanse ante A Mariña FS no municipal viveirense, ás 16.30 horas; os partidos con ANPA Covas e AD Santiago de Foz serán ás 18.00 e 19.30 respectivamente. Como clausura, o rival
20 de maio de 2010
A quinta praza rioxana, no punto de mira das laranxas
O Burela FSF Pescados Rubén parte hoxe con rumbo a Logroño para medirse nun duelo moi igualado ao Diamante La Rioja. Mañá, a partir das 18.00 horas, as anfitrioas defenderán a súa quinta praza (51 puntos) no Palacio dos Deportes ante as laranxas, que pelexarán por reducir a distancia, dende o sexto posto (46 puntos). Despois da escalada proporcionada pola rotunda vitoria ante o Castelledefels (9-0), as pupilas de Javier Pardeiro buscar
21 de maio de 2010
O espírito gañador de Vista Alegre, a proba ante o impoñente Puertollano
O espírito gañador do Burela FS e a ovación infinita de Vista Alegre poranse a proba mañá ante o impoñente Puertollano FS Restaurante Dacho, a partir das 18.30 horas, no primeiro encontro da segunda eliminatoria de play off a Honra. O duelo entre galegos e castelano-manchegos preséntase como unha gran final. Para os pupilos de Suso Rey a vitoria na bomboneira resulta determinante; partir con vantaxe dende Galicia sería
21 de maio de 2010
Punto e vantaxe para o Burela na 2º rolda, despois de vencer ao Puertollano (5-2)
Vista Alegre volveu ser hoxe unha festa na pista e nas bancadas. O merecido 5-2 fronte ao Puertollano FS Restaurante Dacho, no primeiro encontro da segunda rolda do play off,   avantaxa, numerica e animicamente, aos pupilos de Suso Rey, que contarán con dúas oportunidades en terras castelás para sentenciar a eliminatoria (venres 28, 20.30 horas, e domingo 30, 12.00). O espírito gañador do Burela FS, arroupado por unha in
22 de maio de 2010
As laranxas empatan na Rioxa (4-4) e aférranse á sexta praza
O Burela FSF Pescados Rubén conseguiu 1 punto hoxe na pista do Diamante La Rioja (4-4), co que pode durmir na sexta praza de Honra, na tentativa de pechar a súa primeira tempada na elite entre os mellores. Foron as laranxas as que tomaron a iniciativa no marcador, no minuto 5, cun tanto de Ro, pero dous minutos máis tarde chegaba a igualdada de Peque, de cabeza, sen máis variación ata o descanso. O verdadeiro bai
23 de maio de 2010
A fisioterapia, prevención ante a competición prolongada
O fisioterapeuta do Burela FS, David Mariña, protagonizou a segunda xeira das Xornadas Formativas laranxas, o venres pasado, tratando a súa especialidade no ámbito deportivo. David Mariña salientou a importancia do seu traballo como método preventivo, “ante posibles problemas físicos derivados do sometemento dos xogadores á competición prolongada”. O labor do fisioterapeuta comeza na pretempada cunha valoración inicial do deportista: “
24 de maio de 2010
Resultados das categorías inferiores
TORNEO DE VIVEIRO PREBENXAMÍN 2010   - EDM Burela FS B 0-6 A Mariña FS- EDM Burela FS B 2-5 ANPA Covas- AD Santigo Foz 7-0 EDM Burela FS B- EDM Burela FS B 0-2 Xove FS V TORNEO DE FÚTBOL SALA BASE ‘CIDADE DE BETANZOS’-PREBENXAMÍN   - Colegio Liceo La Paz 5-0 EDM Burela FS A
24 de maio de 2010
O Toyota Yaris sorteado polo CD Burela FS vaise para A Coruña
O CD Burela FS xa atopou o dono do Toyota Yaris sorteado o pasado 15 de maio, ante notario, durante o descanso do Burela FS-Eivissa. O vehículo irase para A Coruña, onde reside o posuidor do número premiado (1076), Rosendo Rouco López, natural de Vilalba e con vínculos familiares na comarca mariñá. Rosendo López foi recibido o sábado pasado, nas oficinas do pavillón Vista Alegre, polo directivo da entidade burelis
24 de maio de 2010
Próximo destino da base laranxa, o V Torneo 'Ciudad de La Coruña'
A base laranxa regresará esta fin de semana a terras coruñesas para participar no V Torneo ‘Ciudad de la Coruña’, baixo a organización do club local Hércules FS. Nos cuartos de final da competición, o pavillón municipal Barrio das Flores reunirá diferentes categorías de nove clubs galegos: Cidade de Narón, SD Guitiriz, Troula FS, Bueu FS, O Parrulo FS, Azkar FS e Mera FS, ademais do CD Burela FS e da entidade anfitrioa. A escola burel
27 de maio de 2010
A historia debe continuar...
O Burela FS buscará resolver mañá a segunda eliminatoria de play off ante o Puertollano FS Restaurante Dacho na cancha castelá Antonio Rivilla. O segundo encontro da rolda arrincará ás 20.30 horas. No primeiro duelo entre mariñáns e puertollanenses, a afección laranxa agradeceu o esforzo e traballo do seu equipo durante toda a tempada cunha loanza breve e concisa, baixo o lema ‘Elixidos para Facer His
27 de maio de 2010
O Burela FSF recibe o campión de España nunha xornada solidaria a favor de Camiña
O Burela FSF Pescados Rubén recibe esta fin de semana en Vista Alegre o Móstoles FSF, vixente campión da Copa de  España e terceiro clasificado de Honra, nunha xornada solidaria a favor de Camiña. O club laranxa destinará a recadación íntegra do encontro de mañá (18.30 horas) á devandita asociación de discapacitados burelá, coa que mantén unha estreita colaboración dende hai anos. Tarefa complicadísima a que se lles presenta ás pu
28 de maio de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
O Puertollano forza o partido de desempate cun Burela onte gris
A eliminatoria de ascenso entre o Puertollano e o Burela decidirase nun terceiro partido, mañá ás 12.30 horas no Antonio Rivilla. O conxunto castelano-manchego igualou a serie onte co seu público como testemuña e diante dun adversario con menos poder de intimidación que no primeiro duelo. O Burela estivo onte gris e durante moitos minutos foi dominado polos da casa. A primeira parte foi intensa. Xogouse a bo ritmo e víronse seis tantos.
29 de maio de 2010  |  La Voz de Galicia
O Burela remonta na segunda parte e vence ao Móstoles
O Burela FSF Pescados Rubén superou o Móstoles por 5-4 nun final de encontro trepidante que Lucía decantou para as burelenses. O primeiro período estivo falto de intensidade por ambas as partes pero o Móstoles aproveitou mellor as súas ocasións para tomar vantaxe de 0-2 ao descanso. Na continuación, o decorado variou totalmente cun Burela con maior mordente e eficacia. Lucía iniciou o camiño da remontada para establecer, con dous goles, o empa
29 de maio de 2010
Os cadetes laranxas plántanse nas semifinais do 'Ciudad de La Coruña'
O equipo Cadete A do Burela FS estará nas semifinais do V Torneo ‘Ciudad de La Coruña’ do 12 de xuño. O cadro laranxa conseguiu o pase grazas a un axustado 1-0 ante o Guitiriz. O resto dos participantes burelistas non tiveron tanta sorte: o Benxamín C caeu ante O Parrulo por 1-3, o Alevín B perdeu 0-9 fronte ao Bueu e o Infantil tamén rematou con resultado en contra, 4-0. V TORNEO CIUDAD DE LA CORUÑA-CUARTOS
31 de maio de 2010
O Burela despídese con honra da fase de ascenso tras caer en Puertollano
O Burela puxo fin á súa brillante singradura nesta tempada en Puertollano onde caeu (3-0), con honra, no terceiro e definitivo encontro da fase de ascenso á máxima categoría. O encontro comezou con moitas precaucións por ambos os bandos para evitar concesións ao rival, en consecuencia as ocasións claras de gol foron escasas. Nesta fase do choque primou a intensidade defensiva, a presión e a igualdade na contenda, excepto no criterio a
31 de maio de 2010
Grazas, simplemente grazas!
A magnífica tempada do Burela FS non puido ter un final todo o feliz que a gran familia laranxa desexaría, que se despide con honra e elegancia. A liga 2009-10 rematou onte e agora toca pasar páxina, pero non sen antes facer unha especial mención aos grandes protagonistas, a todas e cada unha desas persoas que fan posible que o gran soño da Marea Laranxa se repita ano tras ano. Antes de poñerse mans á obra na prepararación dun novo pr
31 de maio de 2010
47 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores