Noticias
Arquivo de Maio 2011
O Burela FS medra ante o Gáldar (3-4)
O Burela FS logrou unha importante vitoria na pista do Colegios Arenas Gáldar (3-4) na penúltima xornada de Prata, que lle permite asentarse na sexta praza e aspirar a algunha posición mellor cara aos play offs. O encontro comezou con dous equipos que saíron con intensidade e conscientes do que había en xogo, co billete para a fase de ascenso xa nas súas mans pero con incerteza nas prazas finais. Os mariñáns adiantáronse no mar
2 de maio de 2011  |  El Progreso
Resultados das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Burela FS 7-2 Prone Lugo AD   Liga Autonómica Cadete IES Coruxo 2-0 Burela FS Espina y Delfín   Copa Autonómica Infantil Hércules 3-2 ED EON Burela FS
2 de maio de 2011
A prensa deportiva abrirá as III Xornadas Formativas Burela FS
Baixo o título “A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais”, o relatorio do delegado do xornal A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez, abrirá este xoves as III Xornadas Formativas Burela FS, ás 17. 30 horas, no IES Monte Castelo. O xerente do club, Fernando López, presentou o ciclo onte na sede laranxa, acompañado polo vicedirector do instituto colaborador, Alf
3 de maio de 2011
FEVE formaliza o apoio ao CD Burela FS a través dun convenio de colaboración
FEVE vén de formalizar o seu apoio ao CD Burela FS nun convenio de colaboración subscrito entre o presidente da empresa ferroviaria, Ángel Villalba, e o presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas. A sinatura do acordo, que tivo lugar onte no consistorio burelao, estivo apadriñada polo alcalde, Alfredo Llano, que xa exerceu de anfitrión nos primeiros contactos entre a compañía e o club mariñán hai algúns meses. Ángel Vill
3 de maio de 2011
Xornada das categorías de base
As categorías benxamín, alevín e infantil da ED EON Burela FS disputarán o vindeiro domingo, 8 de maio, a fase previa da Copa de Deporte Escolar. O campionato distribuirase en tres sedes: A Veiga-San Cibrao, para benxamíns, cun total de 13 equipos; A Pontenova, para alevíns, con 12 cadros; e Monte Castelo-Burela, para infantís, con 8 escuadras. Burela acollerá a fase final o 21 de maio, cita á
5 de maio de 2011
Brihuega decide o rival de play off para os laranxas
A última xornada da División Prata decidirá o rival dos burelaos para o play off, coa  visita a Vista Alegre do Azulejos y Pavimentos Brihuega, un rival que quedou ás portas da fase, con 46 puntos e na duodécima praza. A bomboneira acollerá mañá a trixésimo oitava cita da categoría, ás 18.00 horas (horario unificado), como antesala da que será a sexta fase de ascenso para o cadro laranxa. As quinielas están abertas. O
6 de maio de 2011
O Burela vence con solvencia o Brihuega e medirase ao Gáldar no play off de ascenso
O Burela venceu con comodidade o Azulejos y Pavimentos Brihuega por 6-0 nun partido de clara cor laranxa que finiquitou na primeira parte. O conxunto dirixido por Suso Rey dominou sen demasiadas dificultades a un conxunto visitante que amosou pouco poder ofensivo. Clebinho e Purao, ambos por partida dobre, encarrilaron o choque en cinco minutos, entre o oito e o doce, e Víctor Cachón redondeou un primeiro tempo que evidenciou a diferenza
7 de maio de 2011
O Infantil A álzase co título provincial
O ED EON Burela FS Infantil A alzouse co título provincial o sábado pasado en San Cibrao, tras vencer o Friol (2-0) en semifinais e o EDM Chantada (4-0) na final. O Infantil B quedou en terceira posición, despois de impoñerse ao Friol na quenda de penaltis. Os campións recibiron o trofeo das mans da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e do alcalde de Cervo, Alfonso Villares. Final Provinci
9 de maio de 2011
O club laranxa abre a venda anticipada para o Burela FS-Gáldar
O club laranxa abrirá mañá, martes, a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Colegios Arenas Gáldar o vindeiro sábado (Vista Alegre, 19.00 horas), 14 de maio, no inicio da primeira eliminatoria de play off a Honra. As tarifas para os SOCIOS/AS burelistas serán de 3, adulto/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 an
9 de maio de 2011
España vence no internacional de Moscova
A Selección Española de fútbol sala feminino impúxose onte no Torneo Internacional de Moscova, tras empatar 1-1 no último partido do cuadrangular ante Rusia, nunha cita celebrada no pavillón Grocus Expo da capital rusa, co que se pechaba a terceira xornada do evento. O combinado nacional clausura o seu periplo no torneo con dúas vitorias, tras imporse de forma consecutiva a Ucraína e Hungría, e cun empate ante Rusia, que finaliza en s
10 de maio de 2011  |  ACFSF
IV Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino 'Vila de Ribadeo'
A cuarta edición do torneo “Vila de Ribadeo” xa está ultimando detalles para acoller entre o 1 e o 3 de xullo o mellor do fútbol sala feminino nacional na Mariña, nas categorías alevín, infantil, cadete e sénior. Os equipos interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o 10 de xuño. O Club Ribadeo FS facilitará información pormenorizada a través do número 666367058 e do correo electrónico
10 de maio de 2011
A Deputación homenaxea a Christian e Renato como campións de España
O delegado de Deporte da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, visitou onte a sede social do CD Burela FS para facerlles entrega dun obsequio aos xogadores infantís Christian García e Renato Lopes, como recoñecemento polo seu recente título de campións de España coa selección galega (Ponteareas, 15-17 de abril). Antonio Veiga tamén se reuniu co presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, para asinar o convenio de colaboraci
10 de maio de 2011
Agradecemento da familia laranxa
Ás portas da sexta fase de ascenso do equipo masculino á División de Honra, a Xunta Directiva do CD Burela FS desexa trasladar o máis sincero agradecemento á masa social da entidade, á afección e á peña A Pataca Naranxa polo seu apoio incondicional ao club demostrado ao longo da tempada regular e dos case dez anos de vida da entidade; por eles, todos os estamentos do club darán o máximo para que este play off sexa o definitivo. A directiva tam
10 de maio de 2011
Xornada das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Cidade de Narón-Burela FSMartes 17 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón da Gándara Liga Autonómica Cadete Burela FS Espina y Delfín-O Parrulo FSVenres 13 de maio, ás 20.45 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
12 de maio de 2011
A escuadra laranxa regresa á competición en duelo directo ante o Atlético de Madrid
A escuadra laranxa regresa á competición despois dun mes sen xogar, cun prato forte, a visita á pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, en duelo directo. O pavillón municipal La Estación acollerá a vixésimo oitava xornada de Honra entre a cuarta praza das madrileñas e a terceira das galegas o domingo, a partir das 13.15 horas. O Burela FS Pescados Rubén defenderá o podio con tan só tres puntos de vantaxe sobre o rival, coas forzas re
13 de maio de 2011
Á sexta pode ir a VENCIDA...
Burela, Vista Alegre e os amantes do fútbol sala volverán vestir mañá as súas mellores galas laranxas para acoller a sexta fase de ascenso á División de Honra da historia do Burela FS, coa visita do Colegios Arenas Gáldar (19.00 horas). Porque á sexta tentativa si que pode ir a vencida! Conscientes da importancia desta primeira embestida e co apoio incondicional da apaixonada afección laranxa, os burelistas sairán sen
13 de maio de 2011
As relacións laborais, nas Xornadas Formativas Burela FS
As III Xornadas Formativas Burela FS estiveron dedicadas, onte, na seu segundo relatorio ás relacións laborais no fútbol sala, a cargo dos profesores de Dereito do Traballo e Seguridade Social, Alberto Arufe, e de Dereito Sindical, Iván Vizcaíno, da Universidade da Coruña. O primeiro convenio colectivo do fútbol sala, de 2004, como regulador das normas polas que se rexen as condicións de traballo dos xogadores profesionais neste deport
13 de maio de 2011
A pócema laranxa outórgalles aos burelistas vantaxe para as illas (4-0)
O Burela FS superou esta tarde o primeiro asalto cara á elite con solvencia. A pócema laranxa, o apoio de Vista Alegre, surtiu o efecto desexado sobre os burelistas, que demostraron unha loable seriedade tanto en ataque coma en defensa, unha seriedade que lles deu a ampla vitoria por 4-0 na batalla contra o Colegios Arenas Gáldar e lles outorga a vantaxe no desprazamento da próxima semana ás illas. Os pupilos de Suso Rey saíron coa me
14 de maio de 2011  |  Foto: Antonio López
O marcador non acompaña as burelás no intenso encontro de Navalcarnero (6-4)
O marcador non acompañou hoxe as burelás nun intenso encontro en Navalcarnero cheo de goles (6-4). Este resultado deixa a laranxas e madrileñas empatadas a 54 puntos, na loita pola terceira praza. As ocasións e alternativas sucedéronse por ambos os lados nunha cita na que o estado esvaradío da pista condicionou o xogo nun ir e vir constante, sen excesiva presión. O Atlético de Madrid Navalcarnero buscou desequilibrar a escuadra de Javi
15 de maio de 2011
Resultados das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Cidade de Narón 1-7 Burela FS Liga Autonómica Cadete Burela FS Espina y Delfín 2-2 O Parrulo FS
18 de maio de 2011
Horarios da Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011
A XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino, cita que acollerán a vila de Burela e o club laranxa entre o 3 e o 5 de xuño, xa ten os horarios definidos. O pavillón Vista Alegre recibirá os cuartos de final na primeira xornada, cos cruzamentos de primeiro clasificado-oitavo, segundo-sétimo, terceiro-sexto e cuarto-quinto. O sábado, nas semifinais, veranse as caras o gañador do primeiro-oitavo co do terceiro-sexto e o vencedor do segu
18 de maio de 2011
Catro equipos laranxas disputarán a final da Copa da Mariña
Catro equipos da ED EON Burela FS disputarán a fase final da Copa da Mariña nas categorías infantil, alevín e benxamín, o vindeiro sábado, 21 de maio, en Burela. O pavillón Vista Alegre acollerá as semifinais entre o Infantil A laranxa e o Lourenzá e o Infantil B e o Ribadeo. No Monte Castelo mediranse o Alevín A burelista e o C Viveiro. Os máis pequenos da ED EON, os benxamíns A, disputarán a final nos Castros ante A Pontenova.
19 de maio de 2011
Os laranxas buscarán unha sentenza exprés ante os canarios
Os laranxas buscarán mañá unha sentenza exprés nas illas Canarias ante o Colegios Arenas Gáldar. Partindo coa vantaxe do 4-0 en Vista Alegre, o Burela FS loitará por resolver a primeira eliminatoria do play off a Honra, a partir das 18.30 horas (horario insular), no pavillón Juan Beltrán Sierra.    O cadro burelao esgotará ata a máis mínima opción para aproveitar o resultado a favor da bomboneira e ac
20 de maio de 2011  |  Foto: Antonio López
Burela FS-Cajasur Córdoba, aperitivo para a Copa de España
Vista Alegre despedirá a liga regular do Burela FS Pescados Rubén mañá, na penúltima xornada de Honra, coa visita do Cajasur Córdoba, nun aperitivo para a Copa de España (3-5 de xuño) entre dous conxuntos que xa teñen asegurada a súa participación na cita. O encontro está programado para as 18.00 horas (horario unificado). A falta de tan só dous partidos para o remate da competición, a táboa aínda pode dar moitas volta
20 de maio de 2011
O Gáldar provoca o desempate tras derrotar ao Burela por 4-2
O Colexio Arenas Gáldar forza o terceiro partido da eliminatoria de ascenso a División de Honra tras derrotar ao Burela FS por 4-2. O conxunto burelense non puido certificar ao primeiro intento a clasificación, pero aínda conta cunha oportunidade máis mañá domingo a partir das 18.30 horas (hora insular). O burelés Víctor Cachón é dúbida para o duelo definitivo tras un forte golpe na zona lumbar. O partido comezou franco para a escuadr
21 de maio de 2011
Duelo de titáns
Reparto de puntos en Vista Alegre entre Burela FS Pescados Rubén e Cajasur Córdoba (2-2) nun duelo moi igualado. Ningún dos dous equipos mereceu perder, polo que o resultado foi xusto. A primeira parte comezou con dominio do Burela FS nos primeiros minutos. De feito, a primeira acción de perigo en favor das mariñás produciuse aos 10 segundos de partido tras un roubo de balón e un posterior disparo de Lidia que detivo a gardameta visitante Patric
22 de maio de 2011  |  El Progreso
O Burela despídese do ascenso a Honra
O Burela FS despídese do soño do ascenso á División de Honra. O Colegio Arenas Gáldar remonta a eliminatoria. No terceiro e definitivo encontro venceu os burelenses por un claro 5-1. O conxunto canario impúxose na serie por 2-1 e agora enfrontarase ao Marfil Santa Coloma por un posto na máxima categoría. Do mesmo xeito que no choque de onte, o Burela tivo unha boa saída que certificou Esteller no primeiro minuto para adiantar o c
22 de maio de 2011
José Ramón González Casas e a xunta directiva laranxa agradecen o labor do Burela FS
Despois da nosa eliminación do play off de ascenso á máxima categoría en Gáldar, como presidente do CD Burela FS teño que agradecerlles aos xogadores a entrega absoluta ata o último alento da fase. Valeu a pena facer unha viaxe esgotadora representando o club ao carón do noso equipo nas illas. Si señor, valeu a pena! Coas baixas de Edu, Christian e Cachón e a expulsión de Ique, o equipo deu todo o que tiña na pista. Baleiráronse. Foron
23 de maio de 2011
Alevíns e infantís proclámanse campións da Copa da Mariña
Os equipos Infantil A e Alevín A da ED EON Burela FS proclamáronse campións da Copa da Mariña, disputada o sábado nos diferentes pavillóns da vila mariñá. Lourenzá, en semifinais, e Ribadeo, en la final, foron os rivais do Infantil A, que se impuxo con solvencia por 5-0 e 11-1 respectivamente. O conxunto alevín venceu ao C. Viveiro (5-1) e ao Lourenzá (3-0). Os outros dous representantes da escola laranxa, Infantil B e Benxamín
23 de maio de 2011
O CD Burela FS abre a venda anticipada para a Copa de España (3-5 de xullo)
O CD Burela FS abrirá mañá a venda anticipada para a XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino na sede do club, cita que reunirá na vila mariñá os oito mellores equipos da División de Honra nacional, entre o 3 e o 5 de xuño. Os socios/as laranxas poderán gozar de toda a Copa e presenciar os 7 partidos cun abono completo ao prezo de 12 euros; para os no
23 de maio de 2011
Los Sauces pontevedrés, rival dos infantís laranxas na final galega de Deporte Escolar
O ED EON Burela FS Infantil A porá rumbo este sábado á cidade do Lérez como campión provincial de Deporte Escolar para disputar a fase final galega. Los Sauces, de Pontevedra, será o rival do conxunto laranxa, ás 12.00 horas, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Unha hora antes, os campións da Coruña e Ourense, Ex Alcólicos e Santa Teresita, mediranse na outra semifinal. Os gañadores pelexarán na final, ás 18.00 horas.
26 de maio de 2011
As pupilas de Pardeiro despiden a liga en Murcia
As pupilas de Javier Pardeiro despedirán a liga en Murcia, este sábado, ante un rival que se xoga a permanencia na elite dende a décimo cuarta posición (25). O pavillón Infante Juan Manuel acollerá a trixésima xornada entre levantinas e mariñás a partir das 18.00 horas (horario unificado). O Burela FS Pescados Rubén defenderá a terceira praza (55), a un só punto da cuarta, ostentada polo Atlético de Madrid Navalcarnero, que recibe o La
27 de maio de 2011
A xestión deportiva a debate nas Xornadas Formativas laranxas
O novo xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, profundou no recantos da xestión deportiva nos clubs de alto rendemento na sesión que acolleron onte as III Xornadas Formativas Burela FS. O que durante un quinquenio estivo á fronte deste labor no Azkar Lugo FS e na Fundación Azkar abordou as funcións xestoras dunha entidade nos ámbitos público e privado e o seu marco lexislativo, ademais de dar algunhas pinceladas sobre o márk
27 de maio de 2011
O Burela FS Feminino cae en Murcia (3-2) e medirase ao Cajastur Córdoba na Copa de España
O Burela FSF Pescados Rubén concluíu na cuarta posición da División de Honra tras perder por 3-2 na cancha do UCAM Murcia. As mariñás enfrontaranse nos cuartos de final da Copa de España (que se celebra en Burela do 3 ao 5 de xuño) ao Cajasur Córdoba, quinto, repetindo o enfrontamento do pasado fin de semana, que acabou 2-2. A primeira metade foi de ida e volta constante, con ocasións para os dous bandos. As burelenses tiveron unha moi
29 de maio de 2011  |  A MARIÑA - EL PROGRESO
Resultados das categorías de base
FASE FINAL GALEGA DE DEPORTE ESCOLAR ED EON Burela FS A 2-2 Los Sauces (SEMIFINAL B)*Perderon os laranxas nos penaltis 3º E 4º POSTO: ED EON Burela FS A 8-1 Santa Teresita COPA NACIONAL XUVENIL-SEMIFINAIS Cidade de Ourense 3-6 Burela FS
30 de maio de 2011
Burela presenta a XVII Copa de España
O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011, que reunirá na vila mariñá os oito mellores equipos da División de Honra entre o 3 e o 5 de xuño, baixo a organización da Real Federación Española de Fútbol, a Federación Galega de Fútbol, o CD Burela FS e o Concello de Burela. O acto contou coa presenza do presidente e o vicepresidente da Federación Galega de F
30 de maio de 2011
Resultados da XVII Copa de España Burela 2011
CUARTOS DE FINAL-Venres 3 de xuño Ponte Ourense SAD 4-2 Zaragoza 2002 FS (1º partido) CD Futsi Navalcarnero 3-5 FSF Rioja Diamante (3º partido)   FSF Móstoles 3-1 FS Gironella (2º partido) 21.00 horas: Burela FS Pescados Rubén-Deportivo Córdoba FS (4º partido)   SEMIFINAIS-Sábado 4 de xuño
30 de maio de 2011
A Copa do Mundo visita Burela
A Copa do Mundo de Fútbol, no poder da Selección Española dende xullo de 2010, estará en Burela e co CD Burela FS o venres 3 de xuño, coincidindo cos cuartos de final da XVII Copa de España de Fúbol Sala Feminino (3-5 de xuño). Así o anunciou onte o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, na súa visita á sede social da entidade laranxa.  O trofeo do combinado de Vicente del Bosque estará e
31 de maio de 2011
38 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores