Noticias
Arquivo de Maio 2012
Continúa a escalada do Burela FS, co triunfo sobre as navarras (5-2)
O Burela FS Pescados Rubén, imparable, continúa coa escalada. O triunfo desta mañá sobre o Lacturale Orvina (5-2), en Vista Alegre, outórgalle un par de puntiños como colchón con respecto á cuarta e quinta praza, do Ponte Ourense e Gironella, e dálle pulo cara á cabeza. As burelás non perderon a cara do encontro en ningún momento. A dianteira tomouna Peque, xa no minuto 8. Como xa esperaban dende as filas laranxas, o Orvina tentou face
1 de maio de 2012
Resultados de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS Espina & Delfín 3-1 O Parrulo FS
2 de maio de 2012
Javier Pardeiro e Alfonso Mera, nas I Xornadas Técnicas de Ferrolterra
O adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División, Javier Pardeiro, e o seu preparador físico e director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, participarán nas I Xornadas Técncicas sobre Fútbol Sala de Ferrolterra 2012, que organiza durante o mes de maio o Comarcal A Fervenza FSF, da Segunda División Feminina, en Neda. Os representantes burelistas compartirán palestra o luns 21 de maio, xunto ao seleccionador de Libia, Pablo P
2 de maio de 2012
Xornada das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil CFS Cidade de Viveiro-Burela FSDomingo 6 de maio, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro   Liga Autonómica Cadete ED Vigo 2015-Burela FS Espina & DelfínDomingo 6 de maio, ás 16.30 horas, no pavillón de Navia, en Vigo   Liga Autonómica Infantil
3 de maio de 2012
Os burelaos esgotan o último cartucho a domicilio, en Valencia
Os burelaos esgotarán o último cartucho a domicilio este sábado, na pista do UPV Maristas Valencia, para manter viva a chama do espírito laranxa no que pode converterse no sétimo play off de ascenso á elite do conxunto mariñán. O pavillón da Universidade Politécnica marcará o inicio da penúltima xornada de Segunda ás 18.30 horas. Catro conxuntos entran na disputa dos últimos billetes para o play off neste sprint ligueiro. Con 39 puntos
4 de maio de 2012
Burela Pescados Rubén mantén a esperanza do play off logo da vitoria en Valencia (3-5)
O equipo laranxa despregouse con solvencia e soubo aproveitar as súas oportunidades para poñerse xa por diante no primeiro minuto de xogo (0-1, Víctor). Aínda que o Valencia apertou por momentos a meta de Iago, os de Julio Delgado fixeron un traballo defensivo excepcional e só cederon o tanto do empate, obra de Borja, cando se levaban xogados 19 minutos. A primeira parte rematou con igualada no marcador. E o segundo tempo comezou cun B
6 de maio de 2012
O Xoula imponse en derbi ao Viveiro FSF (1-2)
O Xoula-Ribadeo de novo decantou ao seu favor o duelo de rivalidade comarcal ao derrotar a domicilio o pasado sábado o Viveiro FSF por 1-2. As locais adiantáronse no marcador por mediación de Xiana e Sabela encargouse de levar as táboas ao luminoso antes de marchar ao descanso. Na continuación houbo ocasións para ambos pero foi Nuria, nun lanzamento afastado, quen levou o marcador para as ribadenses. Polo Xoula xogaron Antía,
7 de maio de 2012
O ED EON Burela FS Benxamín, subcampión provincial
O ED EON Burela FS Benxamín alzouse co subcampionato no Provincial de Deporte Escolar o sábado, xornada na que o pavillón burelao de Vista Alegre acolleu unha gran festa futbolística. Os rapaces de Iván Cao, Lucas, impuxéronse por 3-0 ao Lumieira nas semifinais. Na final, o resultado caeu do lado do Praia de Covas, nun axustadísimo 1-2. Na categoría alevín, o conxunto laranxa rematou en terceira posición despois dun rifadísimo
7 de maio de 2012
Entrada gratuíta para os/as acompañantes dos soci@s burelistas, o sábado 12
O Burela FS Pescados Rubén prepárase para a gran proba de lume da liga na máis que emocionante última xornada, coma sempre, arroupado pola súa fiel afección laranxa, que disporá de invitacións para acompañantes. O vindeiro sábado, 12 de maio, o cadro laranxa xogarase o pase á que pode converterse na sétima oportunidade da súa historia, unha nova oportunidade de ouro, para coarse na elite do fútbol sala, co Fuconsa Jaén como inimigo de
8 de maio de 2012
Voces laranxas para Letras Galegas
O CD Burela FS Pescados Rubén participou hoxe no maratón de lectura de Burela, coas voces de Lucía, Cely, Brais e Iago Barro, nunha iniciativa do Colectivo Cultural Buril. Os xogadores e xogadoras laranxas homenaxearon o mes das Letras Galegas nesta cita coa lectura de fragmentos de A galiña azul, de Carlos Casares, e as coñecidas traducións de O Principiño, do francés Antoine de Saint-Exupéry, e As bruxas, do galés Roald Dahl, aderezada adema
8 de maio de 2012
O Burela FS recupera efectivos para desprazarse a Logroño, no regreso da competición
O Burela FS Pescados Rubén recupera efectivos para desprazarse a Logroño na 27ª xornada, no regreso da competición ligueira tras o descanso motivado pola axenda da Selección Española. A expedición laranxa viaxa coas reincorporacións de Jozi, Haydee e Maite, que xa adestraron con total normalidade durante a semana, e de Lidia no empeño por consolidarse no podio, fronte a un rival, o Diamante, ao que lle urxen os puntos para escapar da zona quen
10 de maio de 2012
Baile de prazas en Segunda División
O Burela FS xoga o play off se... 1. Gaña ao Fuconsa e empatan ou perden Antequera, Ceutí ou Andorra. Tamén lle serve unha derrota do Martorell na casa de ElPozo. 2. Empata fronte ao Fuconsa e perde o Andorra na pista do Eivissa ou o Ceutí na cancha do líder, Granada.   O Burela FS non xoga o play off se... 1. Gaña ao Fuconsa e fan o mesmo o Antequera, Ceu
10 de maio de 2012  |  A Mariña-El Progreso
A Copa da Mariña, o torneo de Sarria e as competicións regulares ateigan a axenda da base
A base laranxa ultima detalles para afrontar unha axenda ateigadísima esta fin de semana co inicio da Copa da Mariña, o VII Torneo Os Meigallos-San Juan de Sarria e as competicións regulares de liga e copa, aderezadas tamén con algún que outro amigable. O ED EON Burela FS Infantil e Benxamín B comezarán a andadura da Copa da Mariña mañá, no pavillón Vista Alegre. [vid.
11 de maio de 2012
Gañar ou gañar
Vista Alegre vestirase de gala para apoiar ao CD Burela FS Pescados Rubén en busca da praza que outorga o dereito a disputar o Play Off de Ascenso á máxima categoría nacional. A cita é o sábado día 12 a partir das 18.00 horas, horario unificado establecido pola Liga Nacional de Fútbol sala. O conxunto dirixido por Julio Delgado enfróntase nesta última xornada ligueira ao Fuconsa Jaén, cuarto clasifica
11 de maio de 2012
Vista Alegre celebra outro Play Off
O Burela FS Pescados Rubén consegue a clasificación para disputar o Play Off de Ascenso a Primeira División. O conxunto burelense cumpriu coa súa parte do guión ao vencer por 3-2 ao Fuconsa Jaén e a combinación de resultados desta última xornada propiciou que a bancada de Vista Alegre se convertera nunha festa. A escuadra dirixida por Julio Delgado realizou un partido moi serio e sempre levou o control do xogo ante un Fuconsa pouco in
12 de maio de 2012
O Rioja Diamante corta a excelente etapa laranxa
O Burela FS Pescados Rubén caeu pola mínima (2-1) na súa visita á cancha do Rioja Diamante. Esta derrota ante as rioxanas curta a excelente etapa laranxa, oito triunfos consecutivos, a falta de tres xornadas para o final da competición. O Rioja Diamante, en plena loita pola permanencia na Primeira División, baseou a súa aposta nunha defensa agresiva en dez metros e o contragolpe como arma principal. Así enfocou o choque desde o as
13 de maio de 2012
Donapel Monterroso 0-6 Xoula Ribadeo
O Xoula-Ribadeo rubrica a súa superioridade no Grupo A da liga de clasificación para a fase final da Copa Provincial Feminina ao derrotar a domicilio ao Donapel Monterroso por un contundente 0-6. Elvira, inaugurou o marcador e Ana e Yoli encargáronse de subir o 0-3 ao luminoso antes de marchar ao descanso. As de Martínez regresaron coa mesma tónica, sedentas de gol, e así Sabela en acción individual conseguiu un bonito tanto e Elvira
14 de maio de 2012
A ED EON Burela FS triunfa no torneo sarriao Os Meigallos
A ED EON Burela FS triunfou no Torneo Os Meigallos San Juan 2012 en Sarria esta fin de semana, con pleno de títulos. Alzouse co trofeo de campión nas dúas categorías nas que participaba, co Benxamín e Alevín A. Os máis pequenos, dirixidos por Iván Cao, fixéronse co ansiado premio tras vencer por 5-2 ao Azkar Lugo na gran final. O conxunto mariñán conseguiu o acceso ás semifinais tras gañar 0-9 ao Azkar Terra e 1-9 ao anfitrión, Os Mei
14 de maio de 2012
O Burela FS abre a venda anticipada para outra festa laranxa
Dende hoxe mesmo, o CD Burela FS xa ten á disposición de todas as persoas interesadas a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para outra festa laranxa, o encontro que enfrontará o equipo burelista e o Manzanares FS o sábado (Vista Alegre, 18.45 horas), 19 de maio, no inicio da primeira eliminatoria de play off á Primeira División. As tarifas para os SOCIOS/AS da entidade ser
15 de maio de 2012
Xornada das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Cidade de Narón-Burela FSXoves 17 de maio, ás 12.30 horas, no complexo deportivo municipal da Gándara, en Narón   Copa Autonómica Infantil ADC Lumieira Lugo-ED EON Burela FSSábado 19 de maio, ás 11.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo   Copa da Mariña
16 de maio de 2012
Resultados das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Cidade de Narón 4-3 Burela FS Copa da Mariña BENXAMÍN ED EON Burela FS A 4-3 AD Santiago de FozAD Santiago de Foz 6-1 ACD XoveED EON Burela FS A 11-1 ACD Xove ALEVÍN ED EON Burela FS A 7-0 Ribadeo FS
18 de maio de 2012
Xornada da base laranxa para a fin de semana
Copa Autonómica Infantil ADC Lumieira Lugo-ED EON Burela FSSábado 19 de maio, ás 11.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo   Copa da Mariña Domingo 20 de maio, pavillón Torques de Marzán (Foz) INFANTIL (partidos de volta) 10.30 horas: ACD Xove-CFS Cidade de Viveiro12.30 horas: AC
18 de maio de 2012
Comeza a andadura laranxa cara ao paraíso da elite
Achégase a hora da verdade. O Burela FS Pescados Rubén comeza mañá a andadura cara ao paraíso da elite. Manzanares FS, segundo clasificado na liga, será o primeiro obstáculo, en Vista Alegre (18.45 horas), para cumprir co soño laranxa da Primeira División Masculina, no que se converterá na sétima tentativa do conxunto burelista, coincidindo co décimo aniversario de club. “Chegar ata aquí xa é unha recompensa; agora tem
18 de maio de 2012
O Burela FS Pescados Rubén mídese ao anfitrión da Copa de España
O Burela Pescados Rubén afronta o penúltimo envite da tempada en Vista Alegre ante un Valladolid FSF en plena loita por salvar a categoría. O encontro dispútase o domingo día 20, a partir das 12.00 horas. O anfitrión da Copa de España 2012 visita a pista burelense coa difícil misión de conquistar os tres puntos ante un Burela con ganas de iniciar un novo refacho vitorioso.O conxunto dirixido por Javier Pardeiro en
18 de maio de 2012
Primeiro asalto para o Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén vence no primeiro asalto ao Manzanares FS por 3-1, ante un Vista Alegre que gozou e animou os seus en todo momento. Desde o asubío inicial a escuadra burelense xogou con ambición e seriedade ante un Manzanares que non logrou parar a arremetida laranxa. Aos seis minutos de partido o marcador xa reflectía un 2-0, grazas aos tantos de Iago Míguez e Clebinho, que levou a algarabía á bancada. A escuadra de Julio Del
19 de maio de 2012
O Burela Pescados Rubén vence por 3-0 ao Valladolid FSF
O Burela FS Pescados Rubén levou os tres puntos no seu envite ante un Valladolid que ve comprometida a súa permanencia. O choque comezou con dominio da escuadra lucense, ante un conxunto valisoletano que se deixaba facer e que buscaba sorprender ao contragolpe. O primeiro gol chegaba aos trece minutos obra de Lidia aproveitando un servizo á área ao segundo pau. Co tanto, o Burela intensificou o seu dominio e no tramo final asedio
20 de maio de 2012  |  G.V.
Sporting Rabadense 0-5 Xoula Ribadeo
O Xoula goleou de novo a domicilio, esta vez ao Sporting Rabadense, ao que endosou un claro 0-5; xa suma doce puntos en catro partidos na Copa Provincial. Ao descanso o resultado era de 0-4. Na segunda metade, unhas veces a falta de acerto na finalización e outras a boa actuación da porteira local evitaron un resultado de escándalo e as ribadenses tiveron que conformarse con tan só un novo tanto. Elvira inaugurou o marcador, seguírona
21 de maio de 2012
Resultados das categorías de base
Copa Autonómica Infantil ADC Lumieira Lugo 6-2 ED EON Burela FS   Copa da Mariña INFANTIL (partidos de volta) ACD Xove 1-6 ED EON Burela FSCFS Cidade de Viveiro 0-13 ED EON Burela FS BENXAMÍN ACD Xove 2-3 ED EON Burela
21 de maio de 2012
O Burela FS e o Concello de Cervo renovan a súa colaboración
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo,  co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, formalizou o convenio co edil de Deportes, José Ramón Soto, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
21 de maio de 2012
O CD Burela FS colabora co Torneo de Base 'Memorial Rodrigo Maseda Lozano'
O CD Burela FS colaborará coa Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) no torneo de fútbol sala base ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’, que terá lugar o 6, 7 e 8 de xullo nos concellos de Foz, Cervo e Burela. Con esta cita deportiva que traballará por posicionarse como referencia no fútbol sala de base, Imdecum réndelle homenaxe ao mozo policía burelao falecido en acto de servizo a fi
22 de maio de 2012
A Vermella volve ao Campus Internacional Burela FS (12, 13 e 14 de xullo)
Achégase o verán e con el a gran cita para o fútbol sala de base na Mariña. O Campus Mixto Internacional Burela FS, que xa tivo o privilexio de aprender co seleccionador español, José Venancio López Hierro, regresará á axenda estival deportiva na súa sexta edición, entre o 12 e o 14 de xullo, con César Arcones e Antonio Bores, adestrador de porteiros e preparador físico da Vermella, respectivamente, entre o se
22 de maio de 2012
Javier Pardeiro e Alfonso Mera, nas Xornadas de Ferrolterra
O adestrador do Burela FS de Primeira División Feminina, Javier Pardeiro, e o seu preparador físico e director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, participaron onte nas I Xornadas Técnicas sobre Fútbol Sala Comarcal de Ferrolterra, baixo a organización do Comarcal A Fervenza FSF. No pavillón municipal de Neda, Javier Pardeiro puido contar coa colaboración na pista do equipo alevín da escola do Parrulo Ferrol FS, amosando diversos exerci
22 de maio de 2012  |  Comarcal A Fervenza FSF
Juanma e Brais, premiados pola Pataca Naranxa
A peña A Pataca Naranxa premiou a tempada do capitán burelista, Juanma, e do meta Brais cos seus tradicionais galardóns de final de liga, o sábado pasado en Vista Alegre, coincidindo co inicio de play off. O Mariskal recibiu o trofeo de Máximo Goleador e Mellor Xogador e o porteiro mariñán foi recoñecido como o Xogador Máis Valorado, a través da web da peña.
23 de maio de 2012
A ilusión do deporte
Compañeirismo, solidariedade e moita ilusión abandeiran a promoción do deporte de base, un tridente que a ED EON Burela FS non descoida dende a súa aparición en 2007. O club madrileño Cedalas CFS é outro deses exemplos a seguir, unha entidade que con esforzo e dedicación, pero sobre todo entusiasmo, está intentado abrirse camiño no panorama do fútbol sala; comezou coa creación da categoría xuvenil en 2011 pero ganas non lle faltan para seguir
24 de maio de 2012
Xornada das categorías de base
Copa Nacional Xuvenil Burela FS-CFS Cidade de ViveiroSábado 26 de maio, ás 20.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Copa da Mariña   Fase de Grupos ACD Xove Alevín-ED EON Burela FS Alevín B (aprazado)Xoves 24 de maio, ás 18.30 horas, na pista
24 de maio de 2012
O Burela FS buscará romper as estatísticas e sentenciar a eliminatoria en Manzanares
O Burela FS Pescados Rubén xa está en terras castelás na busca dunha sentenza exprés da primeira eliminatoria de play off e co firme propósito de romper as estatísticas de imbatibilidade do Manzanares na casa. O segundo cara a cara entre manchegos e galegos comezará mañá ás 20.45 horas, no municipal, coa importantísima baza do 3-1 da semana pasada en Vista Alegre para os laranxas.  Os números ligueiros en Manzana
24 de maio de 2012
As laranxas botan o peche a domicilio ante o descendido Rubí
O Burela FS Pescados Rubén despídese das viaxes ligueiras, na penúltima xornada, cunha excelente oportunidade na tentativa de escalada, a visita ao xa descendido Esportiu Rubí FS catalán. O pavillón municipal La Llana acollerá o encontro mañá a partir das 18.00 horas, en horario unificado para a Primeira División Feminina. Dende a quinta praza (59 puntos), as pupilas de Javier Pardeiro apuran a recta final da liga para
25 de maio de 2012
Vitoria brillante en Cidade Real (5-7) que permite soñar ao Burela FS Pescados Rubén co ascenso
O equipo laranxa fíxose coa vitoria e rompeu de xeito arrolador coas enquisas que xogaban claramente na súa contra: o Manzanares gañara 43 puntos sobre 41 en liga regular, con 14 vitorias en un empate. Pero tal e como dixo o adestrador Julio Delgado antes do choque “as enquisas están para rompelas”. E o cadro laranxa rañou coas previsións castelás e venceu nun partido brillante, no que exerceu o dominio no xogo e controlou durante bo
25 de maio de 2012
O Burela FS sobe á terceira praza tras vencer o Rubí (0-7)
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu o obxectivo de acceder ao podio. O conxunto de Javier Pardeiro é terceiro logo de imporse con contundencia ao Rubí (0-7) e das caídas dos seus dous rivais directos: Ponte Ourense perdeu ante o Móstoles (5-4) e Gironella sucumbiu fronte ao Rioxa (3-2). O Rubí aguantou o pulo das burelás ata que aos oito minutos Milena ao segundo pau abriu o marcador. O segundo tanto, de Haydée, chegou de falta directa
28 de maio de 2012
Viveiro 0-2 Xoula Ribadeo
Outros tres puntos suma o Xoula na súa implacable cuadrícula, esta vez de novo ante o Viveiro FSF ao que venceu por 2-0. Aínda que as ribadenses xa conseguiran na pasada xornada clasificarse como primeiras de grupo, non foi motivo de relaxación para resolver un importante compromiso de rivalidade comarcal ante un loitador Viveiro que non se entregou en ningún momento. As ribadenses saíron polo partido desde o primeiro momento
28 de maio de 2012
A base laranxa, líder na final da Copa da Mariña
A ED EON Burela FS pechou unha brillante fin de semana para a familia laranxa. Ás importantes vitorias dos equipos sénior sumouse a meritoria participación das categorías de base na fase final da Copa da Mariña, que acolleron os pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre. O Burela FS Espina & Delfín alzouse co título tras un contundente 11-0 fronte ao Escola Celeiro Flanagan’s. O conxunto infantil, de Carlos Méndez, fixo o propio front
28 de maio de 2012
Venda anticipada para o Burela FS-Martorell, o venres (20.30 horas)
Dende mañá, o CD Burela FS terá á disposición de todas as persoas interesadas a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para outra festa laranxa, o encontro que enfrontará o equipo burelista e o Sala 5 Martorell o venres (Vista Alegre, 20.30 horas), 1 de xuño, no inicio da segunda e última eliminatoria de play off á Primeira División. As tarifas para os SOCIOS/AS da entidade serán de 3
28 de maio de 2012
Axuda a salvar vidas! O Centro de Transfusión de Galicia visitará Burela o 8 e 9 de xuño
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará Burela o 8 e 9 de xuño e necesita de toda a axuda posible. En Galicia precísanse 500 doazóns de sangue cada día, para poder atender as demandas existentes. Ante esta problemática, o CD Burela FS Pescados Rubén faise eco da campaña de doazón iniciada dende a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego entre a xente do deporte galego e os diferentes clubs depor
28 de maio de 2012
O Burela FS conta un ano máis co apoio da Deputación de Lugo
O presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, foi recibido a semana pasada  polo  vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, nas dependencias de San Marcos en Lugo, para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o club mariñán. A entidade laranxa beneficiarase dunha achega contemplada no Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación para
30 de maio de 2012
O Ribadeo FS pon en marcha os seus torneos de verán
O V Torneo Nacional de FS Feminino Vila de Ribadeo será os días 30 de xuño e 1 de xullo e xogarase, como na pasada edición, nos pavillóns de Ribadeo e A Veiga. Terán cabida as categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Sénior, con trofeo exclusivo de Cerámica J. Cancio para campións e subcampións, aínda que tamén haberá trofeo para todos os demais equipos participantes. A organización, a través
31 de maio de 2012
45 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores