Vista Alegre despedirá a estrea laranxa en Primeira coa visita do suízo Futsal Minerva
O desenlace da estrea do Burela FS Pescados Rubén en Primeira División LNFS, despois de festexar a permanencia para seguir gozando da máxima categoría, precipitouse pola exclusión do Puertollano FS da competición por parte da RFEF. No entanto, Vista Alegre terá a merecida despedida da histórica tempada laranxa 2012-13, aínda que non sexa en liga regular, coa visita do Futsal Minerva de Berna, campión da Premier League suíza por segundo a
2 de maio de 2013
Cesinha non seguirá no CD Burela FS Pescados Rubén
O pivote César Augusto May Xavier (Sao Paulo, 1985), máis coñecido como Cesinha, non seguirá no CD Burela FS Pescados Rubén. O brasileiro, que regresará mañá ao seu país, chegou ao club mariñán como reforzo do mercado de inverno en decembro de 2012, con contrato ata final de tempada, despois de compartir a preparación do equipo durante a parada ligueira do Mundial de Tailandia. Durante a competición en Primeira 2012-13, disputou 13 partidos, 6
3 de maio de 2013
Diagonal cara á final
Última estación para o CD Burela FS Pescados Rubén no seu obxectivo de converter o duelo ante o Atlético de Madrid Navalcarnero, próxima semana, na gran final pola conquista da Liga de Primeira División.
As cazadoras de soños trazarán unha diagonal completa para arribar en Roldán (Murcia) onde se enfrontarán, domingo día 5 ás 12.00 horas, a un conxunto murciano que está realizando unha gran tempada no seu debut na categoría, malia perder varias posicións nas últimas xornadas. Coa salvación asegurada fai tempo, duodécimas con 25 puntos, o Roldán “xogará sen ningún tipo de presión. Isto non significa que nos entreguen o partido. Se
3 de maio de 2013
Preparadas para a final, a 40 minutos do título
O Burela FS Pescados Rubén volveu facer os deberes hoxe e impúxose con solvencia ao Roldán FSF (1-3) para seguir escribindo a historia laranxa. “Foi un partido serio, aínda que sen demasiada vistosidade xa que a espera do Roldán FSF en media pista non permitiu demasiada alegría. Regresamos coa ledicia de cumprir co obxectivo e preparadas para a final”, explicaba o técnico, Javier Pardeiro, na viaxe de volta, co Atlético de Madrid
5 de maio de 2013
En directo, na web da Televisión de Galicia
A gran final para a conquista do título de Primeira División, entre CD Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero, será retransmitida en directo vía internet, a través da web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es ).
O duelo entre galegas e madrileñas dispútase o sábado día 11, ás 18.00 horas, nun Vista Alegre que apoiará incondicionalmente ás súas cazadoras de soños na súa loita polo título.
O CD Burela FS agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.
6 de maio de 2013
Reto conseguido. En directo, TVG2
A loita polo título de Primeira División terá como testemuñas as cámaras da Televisión de Galicia.
A canle autonómica galega retransmitirá en directo, na TVG2, o CD Burela FS Pescados Rubén versus Atlético de Madrid Navalcarnero. En consecuencia, o horario deste espectacular encontro foi modificado para as 20.00 horas, sábado día 11 en Vista Alegre. Tamén se poderá seguir en directo vía internet en www.crtvg.es. Unha vez máis, o CD Burela
7 de maio de 2013
Máis alá dos soños
Cinco anos despois do seu debut en Prata, o Burela FS Pescados Rubén terá mañá na súa man a posibilidade de proclamarse campión da Primeira División RFEF. Vista Alegre, con entrada gratuíta, agarda cheo absoluto para a cita laranxa coa historia de elite; Jozi, Dany, Lidia Mesías, Dolo, Silvia, Peque, Haydee, Lara, Patri, Lucía Nespereira, Maite e Paula, pero tamén Javier Pardeiro, Alfonso Mera, Dolores Fernández e Ramón Cordido,
10 de maio de 2013