Noticias
Arquivo de Maio 2014
Fotografía: Adán Puentes
Campionas da Copa Galicia 2014
O Burela Pescados Rubén conquista a Copa Galicia 2014 ao vencer ao Ponte Ourense (4-1) nunha final na que demostrou ser mellor que o conxunto ourensán.
A final comezou coas lóxicas precaucións de ambos conxuntos e en términos de igualdade. Sen demasiadas concesións ofensivas o encontro era un pulso no que as mellores oportunidades tiñan cor laranxa aínda que as ourensás golpearon xusto antes do descanso. A un segundo para o intermedio, Laura adiantou ao Ponte Ourense ao transformar un doblepenalti. Tralo paso por vestuarios, o choque comezou cunha clara ocasión ourensá que deu paso
1 de maio de 2014
Fotografía: Prensa A Fervenza FSF
Santiago vence ao Burela Pescados Rubén e proclámase campión da Copa Xunta
O Santiago Futsal volve proclamarse Campión da Copa Xunta de fútbol sala, tras impoñerse por 3-7 ao CD Burela Pescados Rubén, a Final disputada na tarde do xoves, no Pabellón da Malata e organizada polo Comarcal A Fervenza FSF.
O Santiago Futsal saía con todo desde o primeiro momento, era o último encontro oficial da tempada para os de Santi Valladares e iso notábase sobre a pista ferrolana porque aos tres minutos do encontro Hugo lograba poñer por diante aos santiagueses tras unha boa xogada de equipo. O Burela Pescados Rubén non se viña abaixo tralo gol e na primeira oportunidade clara que tiveron no encontro ía para dentro, porque Matamoros lograba empatar o encontr
2 de maio de 2014
Fotografía: Adán Puentes. A Fervenza FSF
As campionas volven á Liga con outro derbi galego
Case sen tempo para saborear o título de campión da Copa Galicia, o Burela Pescados Rubén volve á competición ligueira para afrontar outro derbi galego. Nesta ocasión o rival é o Pescamar Poio que recibe no seu feudo ao conxunto mariñano, sábado día 3 ás 18.00 horas.
Respecto de a final disputada en Ferrol, Quico Otero destacou “a personalidade que tivo o equipo para soportar a presión ante un gran rival como o Ponte Ourense e a reacción ante a adversidade. Considero que no cómputo global do encontro fomos superiores e gañamos con xustiza. O equipo estivo á altura do evento e é unha gran alegría poder brindar á nosa afección este título”. O calendario aperta e a Liga xa asoma polo que o equipo “
2 de maio de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
Contundente vitoria no derbi galego
O Burela Pescados Rubén suma un novo derbi no seu casilleiro tras vencer con autoridade ao Pescamar Poio por 1-7.
O derbi comezou coa escuadra pontevedresa moi activa ante un conxunto mariñán que lle custaba atopar o ritmo. O Poio aproveitou esta circunstancia para adiantarse nos primeiros minutos (1-0) cun potente disparo de Ceci que se coou pola escuadra laranxa. O tanto local provocou a reacción mariñana e Bea Mateos igualou o choque aos poucos minutos. Co 1-1 as pontevedras comezaron a desinflarse ante un Burela Pescados Rubén que comezou a
3 de maio de 2014
Play Off polo título, España Sub21 e Copa de España 2014
Burela e Fútbol Sala, unha relación que continúa xerando eventos deportivos de máximo nivel. Na recta final da tempada, o Burela Pescados Rubén encara diversos frontes para ofrecer unha carta de categoría aos afeccionados ao Fútbol Sala; Play Off polo título da Liga Nacional de Fútbol Sala, amigable entre as seleccións sub-21 de España e Portugal e coa confirmación oficial da organización da Copa de España Feminina 2014.
Play Off polo título. O Burela Pescados Rubén xoga o seu primeiro Play Off polo título de Liga o sábado día 10 de maio, ás 13.00 horas, en Vista Alegre coas cámaras de Energy TV como testemuña. O rival; un grande do fútbol sala, ElPozo Murcia. A partir do martes día 6, poderanse adquirir as entradas na oficina do club; Avda. Arcadio Pardiñas 97, baixo. Prezo entradas Play Off LNFS Soci@adulto: 5 euros Non soci@adu
5 de maio de 2014
Espírito laranxa nas aulas
O Burela Pescados Rubén achegou aos colexios de O Cantel (Foz) e Ceip Covas (Viveiro) o espírito laranxa coa visita dos seus xogadores e xogadoras que fixeron as delicias dos máis pequenos. En Foz; Matamoros, Hugo e Maite acompañados dos técnicos de base, Christian Gómez e Javier Rodríguez compartiron xogos e experiencias cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do mesmo xeito que na visita ao Ceip Covas. Nesta ocasión os protagonistas laranxas foron C
5 de maio de 2014
CALENDARIO SEMANAL BASE
Xuvenil Nacional CD Burela Pescados Rubén – Santiago Futsal Domingo 11 de maio, 16.00 horas. Vista Alegre Xuvenil Provincial CD Burela Pescados Rubén – CP Casas Sábado 10 de maio, 10.30 horas. Monte Castelo Liga Autonómica Cadete Colegio Liceo - CD Burela Pescados Rubén Sábado 10 de maio, 19.45 horas. Colegio Liceo A Coruña Liga Autonómica Infantil Colegio Lic
8 de maio de 2014
Condolencias dende a familia laranxa ao CD Monterrubio
Dende o Burela Pescados Rubén queremos transmitir todo o agarimo e condolencias ao Club Deportivo Monterrubio e ás familias dos pequenos finados no tráxico accidente. D.E.P.
Dende Galicia, unha aperta moi forte para todos!!
9 de maio de 2014
Fotografía: RFEF
Duelo ibérico en Vista Alegre: España vs Portugal
A selección española Sub 21 visitará Vista Alegre para disputar un encontro amigable ante Portugal o luns día 12 de maio, ás 20.30 horas. A venda de entradas realizarase únicamente en taquilla.
Prezos das entradas en Vista Alegre Soci@adulto: 5 euros Non soci@adulto: 8 euros Soci@ menor de 18 anos: 2 euros Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros Ambas seleccións volverán medir as súas forzas en Cerceda (A Coruña), o martes día 13 no Complexo Deportivo Fernando González Laxe. O duelo ibérico en terras coruñesas comezará ás 20.30 horas.
9 de maio de 2014
Xuntos podemos!!! A pola vitoria na Bomboneira
Vista Alegre vivirá a súa estrea no Play Off polo título de Liga o sábado 10 de maio. A partir das 13.00 horas, Burela Pescados Rubén e ElPozo Murcia comezarán o seu duelo de cuartos de final que se dirimen nunha serie ao mellor de tres partidos.
Cuartos Play Off Título de Liga Primeiro partido: Burela Pescados Rubén - ElPozo Murcia Sábado 10 maio, 13.00 horas. Pabellón Vista Alegre. Directo Energy TV Segundo partido: ElPozo Murcia - Burela Pescados Rubén Venres 16 maio, 21.00 horas. Palacio dos Deportes En caso de terceiro partido: O Pozo Murcia - Burela Pescados Rubén Domingo 18 maio, 12.00 horas. Palacio dos Deportes O prim
9 de maio de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
O Burela cae ante un poderoso ElPozo Murcia
A estrea de Vista Alegre nun Play Off polo título non foi a desexada para o Burela Pescados Rubén que caeu ante o poderoso ElPozo Murcia por 3-8. Con esta vitoria os murcianos adiántanse (1-0) na serie de cuartos de final, o segundo choque dispútase no Palacio dos Deportes de Murcia o vindeiro venres 16, ás 21.00 horas.
Desde o inicio o duelo foi un ida e volta constante no que os murcianos sacaron maior rentabilidade. Bebe, nunha acción de estratexia, e Raúl Campos tras roubar en media pista e bater a Álex no man a man abriron unha brecha (0-2) que condicionou o encontro. O golpe murciano tivo resposta laranxa, Fabio evitou o primeiro intento pero noutra volea Matamoros marcou un golazo para recortar distancias (1-2) aínda que Adri volveu golpear a moral burele
10 de maio de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
España golea a Portugal en Vista Alegre
España impúxose con autoridade a Portugal (8-2) no encontro amigable Sub21 disputado en Vista Alegre. A selección dirixida por Fede Vidal marcou o ritmo do encontro desde o principio e impuxo o seu dinamismo e creatividade ante unha Portugal obrigada a defenderse.
Pronto abriu España o marcador, Rubén culminou unha xogada de estratexia (1-0) pero os portugueses contestaron cun rápido contragolpe para igualar a contenda. O empate luso foi un espellismo e as revolucións da vermella comezaron a incrementarse para chegar ao descanso cunha cómoda renda (4-1) mercé aos tantos de Alex Diz, David Pazos e Eloy. No segundo capítulo, o protagonismo continuou sendo para España que marcou territorio nada
12 de maio de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
Desafío histórico en Palacio
Tempada histórica. Guiados por Juanlu Alonso, que tras salvar ao equipo do descenso na tempada anterior, logrou na actual a primeira clasificación da historia do club burelés para o Play Off polo título de Liga de Primeira División. A escuadra laranxa que cumpre a súa segunda tempada na máxima categoría, acadou o pase ao Play Off tras unha brillante segunda volta na que foi o cuarto mellor equipo da competición.
O Burela Pescados Rubén disputa o segundo encontro de cuartos de final Play Off polo título de Liga de Primeira División o venres 16, 21.00 horas, no Palacio dos Deportes de Murcia. ElPozo Murcia ten a eliminatoria ao seu favor (1-0) trala vitoria lograda en Vista Alegre e conta con dúas oportunidades como local para conseguir o pase a semifinais. Malia todo, o Burela Pescados Rubén pelexará por levar a eliminatoria a un terceiro encontro que se
15 de maio de 2014
España gaña e convence en Galicia
O paso da selección española Sub 21 por Galicia amosou que o futuro de combinado nacional está asegurado cunha xeración de deportistas que prometen e, en moitos casos, xa son unha realidade. España, dirixida por Fede Vidal, gañou no dobre duelo ibérico a Portugal sendo moi superior en Burela (8-2) , luns 12, e vencendo sobre a bocina (2-1) en Cerceda, martes 13, cunha xogada de estratexia perfectamente executada.
Nun restaurante do Concello coruñés de Cerceda celebrouse a comida oficial de autoridades na que o Burela Pescados Rubén estivo representada por Rubén Blanco Fernández, directivo do club e fundador de Pescados Rubén que recibiu o recoñecemento unánime polo seu apoio fundamental ao Fútbol Sala a través do patrocinio do CD Burela FS Pescados Rubén por parte das autoridades presentes, entre outras; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D.
16 de maio de 2014
Campións de Lugo
O equipo xuvenil do Burela Pescados Rubén proclamouse campión da Liga Provincial tras empatar (3-3) ante o CP Casás. O empate resultou suficiente para os laranxas que dependían de si mesmos para alcanzar o campionato mentres que o Cidade de Lugo, segundo clasificado, debía esperar un tropezo dos mariñaos que non chegou.
O conxunto dirixido por Christian Gómez, mantivo unha dura pugna coa escuadra lucense durante o campionato. O técnico burelés cualificou como “moi merecido este título, cun persoal prácticamente de primeiro ano de xuvenil competemos moi ben e os xogadores merécense esta alegría. Agora toca gozar tamén do premio de competir no Campionato Galego”. Campións: Jorge Pernas, Christian García, Adrián Riveiro, Borja Branco, Isaac Losada, R
16 de maio de 2014
Burela Pescados Rubén vs Gironella en Vista Alegre,16.15 horas
Antepenúltimo asalto pola Liga de Primeira División na que o Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid loitan pola coroa. Aínda que o Atlético, líder, ten unha vantaxe de 5 puntos respecto de as mariñáns, cada xornada conta e o deporte sempre pode deparar sorpresas.
O Burela Pescados Rubén defenderá ata o final o seu cetro e afronta cada partido co seu característico espírito competitivo para presionar ás colchoneiras que se miden a un perigoso Ponte Ourense nesta xornada. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén enfróntase en Vista Alegre ao Gironella, oitavo clasificado, o sábado 17 a partir das 16.15 horas. O técnico burelés, Quico Otero, incide na idea de manter a competitividad e a tensión
16 de maio de 2014
Fotografía: LNFS
Dobrete no Palacio. A polo hat trick!!!
O desafío continúa. Hai terceiro partido en Murcia trala brillante vitoria do Burela Pescados Rubén ante ElPozo Murcia (3-4). O deporte, si o mereces, acostuma a conceder outra oportunidade e no Palacio dos Deportes de Murcia a escuadra guiada maxistralmente por Juanlu Alonso presentouse con espírito de revancha para citarse co destino e repetir a fazaña de asaltar o feudo murciano. Por segunda vez na tempada e con idéntico marcador (3-4).
Cando case todos enterraran ao Burela Pescados Rubén, uns poucos mantiveron a confianza e o equipo mariñao demostrou a súa coraxe e determinación para igualar a eliminatoria (1-1) de Cuartos de Final do Play Off polo título de Primeira División. Un club de pobo segue pelexando entre os mellores. Quizais se logre o desafío ou quizais non pero o Burela Pescados Rubén volveu a escribir unha páxina dourada na súa curta traxectoria. O re
17 de maio de 2014
Foto: JM Álvez
Burela FS Pescados Rubén 6-1 Queralt Gironella
O Burela FS Pescados Rubén repetiu despregamento goleador na 28ª xornada de Primeira División coa visita a Vista Alegre do serio Queralt Gironella. Gran formulación de Quico Otero e contundente triunfo ante un grande equipo que outorga ás mariñás tres novos puntos de ouro na recta final da liga, con catro dianas da pichichi laranxa, Peque, e dobrete de Bea Mateos. Os goles non se fixeron esperar na bomboneira, que xa foi testemuña da
17 de maio de 2014
Fin de curso. A mellor tempada da historia laranxa
A tempada 2013/2014 pasará á historia do CD Burela FS Pescados Rubén como a estrea do club burelés no Play Off polo título de Primeira División e, consecuentemente, a mellor da súa historia. Na segunda tempada na máxima categoría, o Burela Pescados Rubén continúa coa súa progresión na élite do Fútbol Sala nacional. Na actual campaña, o Burela Pescados Rubén logrou situarse entre os mellores de España. Sétimo clasificado en Liga Regular e disputar os cuartos de final ante un poderoso ElPozo Murcia ao que obrigou a un terceiro partido para desempatar a eliminatoria.
Cuartos de final Play Off. ElPozo Murcia logrou a súa clasificación para semifinais por 2-1. Vitoria de ElPozo en Vista Alegre ((3-8), golpe que os bureleses devolveron no segundo encontro cun histórico triunfo no fortín charcutero (3-4). Únicamente o Burela Pescados Rubén lograra vencer en Liga Regular no Palacio e os de Juanlu Alonso reeditaron a fazaña para igualar a eliminatoria (1-1). Un triunfo que será recordado durante tempo xa que profan
19 de maio de 2014
Fútbol Sala nas aulas da Mariña
O Burela Pescados Rubén continúa co seu programa de visitas aos centros educativos para achegar un pouco máis o espírito laranxa aos escolares mariñaos. Entre outros centros, os xogadores e xogadoras da entidade laranxa visitaron o Ceip Vista Alegre de Burela onde compartiron experiencias e realizaron sesións de adestramento cos alumnos bureleses.
O mércores día 14, os xogadores; Isi, Antoñito e Juanma acompañaron a Alfonso Mera, preparador físico do equipo masculino, para realizar unha sesión de adestramento cos alumnos de 4º de Primaria. O xoves día 15, a quenda foi para Lidia, Bea Mateos, Jozi, Daniela, Cristina e Patri que cos técnicos de base; Mario Pillado, Javi Celes e Christian Gómez achegaron, aínda máis, o espírito laranxa aos alumnos de 3º,5º e 6º de Primaria que gozaron dunhas
19 de maio de 2014
Calendario semanal de base
O Burela B Pescados Rubén xogarase o pase á seguinte rolda da Copa de Terceira División no feudo do Sala 5 Coruña FS. Tralo empate (2-2) cosechado polos pupilos de Lucas en Vista Alegre, goles de Renato e Xoel, o duelo decisivo dispútase o domingo día 25, ás 12.30 horas, no pabellón Sagrada Familia da Coruña. O técnico burelés manterá a súa idea inicial nesta competición que “aproveitamos para dar oportunidades aos xogadores máis novos e aos que menos minutos puideron gozar durante a Liga. Independientemente, afrontamos a eliminatoria coa mesma ambición”.
A base laranxa continúa coa súa marcha nas diferentes competicións, mentres que os xuvenís e infantís disputan as semifinais do Campionato Galego, os cadetes e infantís están inmersos na Copa Galega. CALENDARIO SEMANAL BASE Terceira División. Copa Sala5 Coruña – Burela B Pescados Rubén Domingo día 25 de maio, 12.30 horas. Sagrada Familia de A Coruña Xuvenil Nacional. Semifinal Camp
21 de maio de 2014
Alfonso Mera (izda) José Díaz (dcha) ganador del Certamen
Xosé Díaz gañador do IV Certame de Relatos Curtos da LNFS
A Última Copa. Título do relato ganador do IV Certamen de Relatos Curtos “Le, escribe...¡Adestra a túa mente! que organiza cada tempada a Liga Nacional de Fútbol Sala, actividade enmarcada no seu programa de Responsabilidade Social e que conta co apoio da Editorial SM.
En categoría adulto, o gañador do Certamen foi Xosé Díaz García, burelés de 39 anos que coa súa conmovedora historia fíxose acreedor do primeiro premio; libros de texto, balón oficial da LNFS,... que decidiu doar ao Burela Pescados Rubén. O club burelés agradece o xesto de Xosé Díaz que fixo entrega do premio na oficina do club burelés a Alfonso Mera, coordinador da Escola Deportiva Burela FS. A Última Copa Sentí
22 de maio de 2014
A Liga en xogo
O duelo pola Liga achégase ao final, Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid afrontan a penúltima xornada de Primeira División co alirón en xogo. As madrileñas dependen de si mesmas mentres que as mariñás esperan un tropezo das colchoneras na súa visita a Roldán, o empate sería suficiente para que o Atlético conquistase a súa segunda liga. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén desprázase a Pamplona para medirse ao Lacturale Gurpea Orvina, ambos duelos xóganse o sábado 24, a partir das 18.00 horas.
Aínda que as opcións laranxas son escasas, cinco puntos de desvantaxa respecto ao Atlético de Madrid a falta de dúas xornadas, máis o gol average particular, a escuadra dirixida por Quico Otero xogará coa “concentración e responsabilidade que tivemos ata o momento. A nosa obrigación é competir e sumar os tres puntos. Si o Atlético gaña ou empata proclamarase campión pero en caso de sorpresa debemos ter os deberes feitos e obrigarlles a chegar á ú
23 de maio de 2014
Derrota en Pamplona e título de campión para o Atlético de Madrid
O Burela Pescados Rubén caeu na pista do Lacturale Orvina (5-3) e cedeu o trono ao Atlético de Madrid que derrotou ao Roldán (2-4) proclamándose campión de Liga.
O conxunto mariñao non encontrou o camiño para abrir a lata pamplonica nunha primeira parte con poucas ocasións. Na continuación, o Burela Pescados Rubén comezou con maior claridade pero recibiu un dobre golpe das navarras. María Talavera, por partida dobre, adiantou ao seu equipo (2-0) no minuto 24. Con este marcador as locais reforzaron a súa moral ante un Burela Pescados Rubén que apostou polo xogo de cinco para cambiar a dinámica do encontro
24 de maio de 2014
Quico Otero e Peque premiados pola ANEFS
O adestrador do Burela Pescados Rubén, Quico Otero, e a xogadora laranxa Patricia González Mota “Peque” premiados pola Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala no apartado de mellor adestrador e mellor xogadora da Primeira División Feminina.
A ANEFS premia a excelente tempada do conxunto burelés dirixido por Quico Otero; Campión da Copa Galicia 2014 e subcampión de Liga. Agora, o conxunto mariñano vai a pola Copa de España que se organiza en Burela, 7 e 8 de xuño. Asi mesmo, premia a a gran tempada de Peque, actual pichichi da categoría. Noraboa a ambos!! A relación completa de premiados é a seguinte: Mellor adestrador 1a División masculina: Imanol Arregui
26 de maio de 2014
CALENDARIO SEMANAL BASE
Xuvenil Nacional. Semifinal Copa (Volta) Santiago Futsal - CD Burela Pescados Rubén Luns día 2 de xuño, 19.30 horas. Santa Isabel. Santiago Resultado de ida (3-3) Xuvenil Nacional. Semifinal. Campeonato Galego (Volta) CD Burela Pescados Rubén – CD Baíña FS Sábado 31 de maio, 13.00 horas. Vista Alegre. Burela Resultado de ida. CD Baíña 2 – CD Burela Pescados Rubén 3 Infan
28 de maio de 2014
Fotografía: La Nueva España. Miki López
Fútbol Sala para todos en Cangas de Narcea
O capitán do Burela Pescados Rubén, Juanma Marrube, coordinará o Campus que se presentou onte en Oviedo e contou coa presenza do vicepresidente do club, José Luis Sáez.
Oviedo, N. A. O Club Prensa Asturiana da NUEVA ESPAÑA foi testemuña onte da presentación do I Campus mixto de fútbol sala que terá lugar en Cangas do Narcea entre o 16 e o 26 de xullo. O campus, que é organizado pola Federación Española, serve como homenaxe ao 25.º aniversario do Panadería Penles-Sporting de Cangas do Narcea. Poderán asistir nenos e nenas de entre os 7 e os 17 anos. O acto de presentación, que foi realizado por Gonza
28 de maio de 2014
Lara, Jozi e Bea Mateos visitan o IES María Sarmiento de Viveiro
O Instituto Maria Sarmiento de Viveiro recibiu a visita das xogadoras do Burela Pescados Rubén; Bea Mateos, Lara e Jozi que compartiron unha intensa xornada de Fútbol Sala co alumnado de 3º de E.S.O. Entre outros obxectivos, a actividade realizada está orientada cara a promoción e difusión do fútbol sala feminino, incidindo especialmente no respecto polo deporte feminino entre os escolares mariñaos. As xogadoras fomentaron o seu espírito laranxa
29 de maio de 2014
Ánimo e boa recuperación Nito!!!
Visita de luxo. O capitán burelés, Juanma, acompañado do coordinador da escola laranxa, Christian Gómez, e do monitor Javi Celes visitaron ao xogador do equipo infantil, Néstor Valle. A promesa laranxa recupérase da súa recente operación na man dereita. Ánimo e boa recuperación Nito!!!
29 de maio de 2014
Fotografía: Adán Puentes
Peche ligueiro en Vista Alegre que prepara a XX Copa de España
Vista Alegre despide a competición ligueira co duelo entre Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF, un duelo entre o subcampión e o terceiro clasificado de Primeira División que pode ser a antesala dun posible enfrontamento na Copa de España, evento que se celebra en Burela os días 7 e 8 de xuño. Ademais de ambos equipos estarán presentes en XX Copa de España o Atlético de Madrid, recente campión ligueiro, e o Universidade de Alacante, cuarto clasificado.
A última xornada de Liga entre mariñás e madrileñas dispútase o sábado día 31 de maio, ás 18.00 horas, e servirá a ambos contendentes como ensaio xeral para a Copa de España. O técnico burelés, Quico Otero cualificou o choque como “trámite aínda que non por iso imos relaxarnos nin baixar os brazos. Queremos pechar a competición cunha vitoria e chegar á Copa de España con boas sensacións. É un reto bonito xogar a Copa na casa e faremos todo o posi
30 de maio de 2014
Presentado o Torneo de Fútbol Sala Base Fundación Imdecum "Memorial Rodrigo Maseda Lozano"
O salón de plenos do Concello de Burela acolleu este venres, 30 de Maio, a presentación da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Base Fundación Imdecum 2014 “Memorial Rodrigo Maseda Lozano”, evento organizado pola Fundación Imdecum e que congregará o 4, 5 e 6 de xullo nas localidades de Burela, Foz, Xove e Cervo ás futuras promesas do fútbol sala español chegadas desde diferentes puntos da nosa xeografía.
No acto de presentación estiveron o presidente da Fundación Imdecum, D. Marcelino Luna, o presidente do C.D. Burela F.S. Pescados Rubén, D. Manuel Blanco Fanego, o alcalde do concello de Burela, D. José María González Barcia, o responsable do área de cultura e deportes do concello de Foz, D. José Ángel Paleo Soto, o concelleiro do concello de Cervo, D. José Ramón Soto Martinez, a concelleira de deportes e turismo do concello de Xove, Dña. Cristin
30 de maio de 2014
Medalla de ouro do Concello ao CD Burela FS Pescados Rubén
GONZÁLEZ BARCIA IMPORALLE A MEDALLA DE OURO DO CONCELLO AO CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN O VINDEIRO 6 XUÑO. O ACTO, QUE SERÁ SOBRIO, SINXELO E SOLEMNE, TERÁ LUGAR NA CASA DA CULTURA. O ALCALDE AGARDA QUE A AFECCIÓN ACUDA MASIVAMENTE A RENDERLLE HOMENAXE AO EQUIPO.
Burela, 30 de maio de 2014. O acto de imposición da medalla de ouro do Concello de Burela ao CD Burela Fútbol Sala Pescados Rubén terá lugar o vindeiro venres, 6 de xuño, a partires das 21 horas no auditorio da Casa da Cultura. O evento foi presentado esta tarde no Concello. En palabras do alcalde, José Mª González Barcia, será “un acto sobrio, sinxelo e solemne, no que haberá un condutor do mesmo, contaremos cunha actuación do grupo de cordas da
31 de maio de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
O Burela despide a Liga cunha derrota ante o Alcorcón
O Burela Pescados Rubén pechou a competición ligueira cunha derrota (3-4) ante o Alcorcón que se levou os tres puntos de Vista Alegre tras remontar na segunda parte. O encontro disputouse sen a tensión habitual debido á intrascendencia dos puntos en xogo.
Comezou con intercambio de golpes entre ambos conxuntos xa que o Alcorcón adiantouse moi pronto pero tivo resposta inmediata de Peque, pichichi da categoría, que estableceu o empate (1-1). O ritmo comezou a incrementarse pero ambos conxuntos mostrábanse algo imprecisos aínda que as burelesas xeraban maior perigo e Claudia aproveitou a súa ocasión para marcar (2-1). No tramo final da primeira parte Lara reafirmou o dominio laranxa co 3-1 pero un d
31 de maio de 2014
33 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores