A ED Burela FS abre a matrícula 2015-16 estreando a categoría de Iniciación
A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2015-16 reforzando o seu coidado polos máis pequenos, coa incorporación da categoría de Iniciación para o novo curso, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. A escola laranxa acollerá tamén grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de xuño.
5 de maio de 2015
'Descubre o Fútbol Sala' visita San Cibrao
O Burela FS Pescados Rubén estreou o mes de maio co programa ‘Descubre o Fútbol Sala’ no CEIP Cervo Número 1 de San Cibrao. Álex, Hélder e Gaby, acompañados polo coordinador da base laranxa, Christian Fustes, gozaron onte de animados adestramentos co alumnado de 5º e 6º de Primaria do centro cervense.
O mes pasado o club mariñán tamén compartiu experiencias cos preto de 60 pequenos/as, de entre 6 e 12 anos, do CEIP Terra Chá
7 de maio de 2015
Iago Míguez seguirá sendo laranxa ata 2017
O gol mariñán queda na casa. O pichichi Iago Míguez seguirá sendo laranxa ata 2017; así quedou reflectido na súa renovación co CD Burela FS Pescados Rubén. A ala-pivote mariñán, de 24 anos, estivo aompañado polo presidente do club, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale para formalizar a súa continuidade.
“Renovar co equipo da casa sempre é doado; tiñamos as ideas claras polas dúas partes” aseguraba Iago, que recoñecía es
8 de maio de 2015
As promesas laranxas pechan a Liga ante o 5Sala Coruña
O Burela FS Pescados Rubén B clausura a liga mañá (18.00 h., horario unificado), coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube afrontan o último compromiso da competición dende unha meritoria décima praza, con 30 puntos.
“Estou moi satisfeito por ver como disfrutan os xogadores e pola súa actitude, por saír sempre a xogar, sen querer especular” recoñecía o técnico, Juanma Marrube, á fronte do conxunto laranxa na recta final da tempada. Respecto á valoración das dez xornadas nas que Juanma dirixiu ao equipo indicou que “Estou moi contento polo traballo e sacrificio dos xogadores, polas súas ganas de querer traballar e aprender sempre, incluso pola evolución no xog
8 de maio de 2015
San Miguel de Reinante coñece máis sobre o fútbol sala laranxa
O alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante coñeceu de preto o fútbol sala laranxa o venres pasado coa visita ao centro do director da ED Burela FS, Alfonso Mera, xunto aos xogadores/as de Primeira División Isi, Tainã e Renato.
Os nenos/as do colexio barreirense entrevistaron os representantes laranxas para a revista escolar e tamén tiveron a oportunidade de xogar con eles sobre a pista como clausura da liga de fútbol sala que os
11 de maio de 2015
O mundo laboral, máis de preto dende o CD Burela FS Pescados Rubén
Un curso máis o CD Burela FS Pescados Rubén abriu as súas portas como destino das prácticas formativas do alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo. Dende comezos de abril, Pablo García Liz, do Valadouro, forma parte da Familia Laranxa; realizando labores de xestión, coa organización de torneos de base, e participa no día a día dos adestramentos da escola nas diferentes categorías, así como co equipo sénior masculino, completando un total de 380 horas de prácticas a mediados de xuño.
O CD Burela FS Pescados Rubén xa cumpriu un quinquenio nesta colaboración co IES Monte Castelo, nunha aposta conxunta, de valoración e difusión da práctica deportiva, na que ambas as entidades levan traballando dende o nacemento do club laranxa. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o club tamén organiza charlas educativas e conferencias relacionadas coa
12 de maio de 2015
Recta final dos cursos federativos en Burela
O luns pasado, o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, visitou o alumnado dos cursos de formación de técnicos que se imparten en 2014-15 no IES Monte Castelo de Burela.
Un total de 30 alumnos, nos niveis 1 e 3 de fútbol sala e nivel 1 de fútbol, e 18 profesores participaron neste curso lectivo, que rematará entre finais de maio e finais de xuño. Os futuros adestradores recibirán a titulación correspo
13 de maio de 2015
Antoñito renova tres tempadas co Burela FS
O ala madrileño Antonio Sierra García formalizou a súa renovación co CD Burela FS Pescados Rubén xunto ao presidente laranxa, Manuel Blanco, e o fundador da empresa patrocinadora Frenos Carpe, Carlos Neira. Antoñito, a revolución goleadora da Copa de España Cidade Real 2015, defenderá a camiseta mariñá tres tempadas máis.
“Estou contento, feliz; estou moi a gusto e espero seguir aquí moitos anos máis”, admitía con euforia o xogad
14 de maio de 2015