Noticias
Arquivo de Maio 2016
O benxamín, na final do Campionato Galego
O conxunto benxamín da ED Burela FS disputará o Campionato Galego este domingo en Verín despois de proclamarse campión provincial a fin de semana pasada, impoñéndose a Chantada (3-7) en semifinais e AD Santiago de Foz (2-2) na final, por penaltis.As promesas laranxas mediranse ao campión da Coruña, O Parrulo FS (12.15 horas, pavillón municipal) en semifinais. O outro candidato ao título decidirase entre Áncora D’Ouro, campión de Pontevedra, e
3 de maio de 2016
O balón laranxa rodou en Nois
O Burela FS Pescados Rubén estreou o mes de maio cunha nova parada de “Descubre o Fútbol Sala”. Onte o balón laranxa rodou no colexio focego Fondo Nois entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria e Gaby e Hélder, acompañados polo monitor da base Míchel Couceiro. Próximo destino. O alumnado de 4º ESO do IES Perdouro recibirá mañá a visita de Ceci e Matamoros, xunto ao coordinador da base, Alfonso Mera, e o alumno en prácticas Adrián García. No que
3 de maio de 2016
Vista Alegre acolle a final provincial Cadete (domingo 8)
O pavillón Vista Alegre acollerá a fase final provincial este domingo, co Burela FS Cadete B como anfitrión, dende as 17.00 horas. O conxunto de Christian Fustes medirase en semifinais ao Lumieira como apertura da cita. O outro candidato ao título provincial decidirase ás 18.00 horas entre Concello de Guitiriz e Os Meigallos-Sarria. A final está prevista para as 19.30 horas.   CONSULTA NO PD
4 de maio de 2016
Peque, rumbo a Moscova
A burelista Patricia González, 'Peque', viaxa hoxe a Rusia coa Selección Española para participar no Torneo de Moscova 6-8 de maio), que enfrontará a Vermella co combinado anfitrión, Polonia e Irán.   A Selección debutará mañá, venres, fronte a Irán (16.00 horas); o sábado me
5 de maio de 2016
Chino non continuará en Burela
O pivote Javier García Moreno, máis coñecido como Chino, non continuará no Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. O albaceteño, que recalou na Mariña a comezos de 2015-16 con contrato dunha tempada, non chegou a un acordo co club para a súa renovación. Chino, que chegou coa vitola campión da Copa de España 2015 con Jaén Paraíso Interior, despídese como pichichi laranxa (21 goles), sen perder nin unha soa xornada e con 15 par
9 de maio de 2016
Xuvenil 2015-16
Aberto o prazo para as probas de acceso de Xuvenís e Cadetes dende o mércores 18
Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista poderán formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a segunda semana de xuño. O prazo estará aberto entre o mércores 18 de maio e o martes 7 de xuño. As persoas interesadas teñen á súa disposición o formulario na sede laranxa. Horario de atención ao público: De luns a venr
11 de maio de 2016
Mini, Aarón, Pitero e Xosé defenderán a Lugo no Galego Xuvenil
Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón defenderán a Selección de Lugo no Campionato Autonómico Xuvenil, que se disputará en Pazos de Borbén o Día das Letras Galegas, martes 17 de maio. O combinado lugués compartirá o Grupo II con Vigo e Ourense. O Grupo I estará composto por Santiago, Pontevedra e A Coruña. Os catro xogadores laran
13 de maio de 2016
Vista Alegre engalánase de liderado (domingo 15, 12.30 horas)
A liga de Primeira RFEF retómase este domingo en Vista Alegre engalanado de liderado laranxa. Ao Burela FS Pescados Rubén quédanlle catro partidos para defender o cume do podio; o primeiro obstáculo que terá que salvar será a visita do Jimbee Roldán FSF (12.30 horas), sétimo (38 puntos). “Estamos moi concienciadas de responder nos partidos que nos quedan” advertía Jozi, que regresou como titular baixo os paus en Navalcarnero tras “unha recuper
13 de maio de 2016
Fotografía: CD Burela FS Pescados Rubén
Contundente vitoria do Burela Pescados Rubén que camiña firme cara ao título
O Burela Pescados Rubén suma e segue no camiño cara á conquista ligueira tras superar por 6-1 a un Jimbee Roldán FSF que pelexou na primeira parte pero que claudicou na segunda ante o poderío laranxa. Con este triunfo o Burela Pescados Rubén mantén o liderado e sitúase a tres pasos do obxectivo ligueiro.
O partido entre galegas e murcianas comezou con precaucións e respecto entre os equipos, as burelistas tomaron a iniciativa ante un Jimbee Roldán que se protexía defensivamente para non conceder espazos ás locais. O Burela soubo elixir o seu momento e Ceci inaugurou o marcador no minuto 6 culminando unha boa combinación colectiva. A pesar do 1-0 as visitantes non cambiaron o seu guión logrando conter o caudal ofensivo burelista. Sen ocasións clar
15 de maio de 2016
Lugo impúxose no Campionato Galego con brillo laranxa
Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón festexaron o Día das Letras Galegas co título irmandiño defendendo a Selección de Lugo cunha destacada participación na cita de Pazos de Borbén. A vitoria fronte a Ourense (5-0) e o empate con Vigo (2-2) déronlles o pase á final, que caeu do lado lugués nos penaltis tras 1-1 con Pontevedra. Jorge,
18 de maio de 2016
O Cadete A, campión de Liga Autonómica
O Burela FS Pescados Rubén Cadete A proclamouse campión da Liga Autónomica na última xornada de liga fronte ao Cios Pelucas (0-4) o domingo pasado.  O conxunto laranxa disputará o Campionato Nacional, con fase previa o 3-5 de xuño con 4 sedes paralelas e final entre o 17 e o 19.   Resultados da fin de semana en documento adxunto.
18 de maio de 2016
O Infantil A reina no Torneo de Fútbol Sala na Estrada
O xogo do CD Burela FS Pescados Rubén Infantil A reinou no I Torneo de Fútbol Sala A Estrada Futsal, que se disputou na localidad pontevedresa o Día das Letras Galegas. O equipo de Mario Pillado conseguiu o billete para a fase final con pleno de triunfos, ante Praíña CF (2-1), A Estrada FS (5-0) e Melide FS (5-0). Tras a contundente vitoria de semifinais co Noia FS (6-0), fíxose co título de campión fronte a Melide (2-7).
19 de maio de 2016
Tres finais para un soño
O CD Burela FS Pescados Rubén visitará mañá a pista do FSF Móstoles (Villafontana, 16.30 horas), na antepenúltima xornada de Primeira RFEF, para disputar a primeira das tres finais que faltan para alcanzar o soño da liga. As pupilas de Iván Cao, Lucas, defenderán o liderado (74 puntos) ante o noveno clasificado (34 puntos), rival ao que se impuxeron na primeira volta 7-3. “Estamos con moitas ganas e máis fortes que nunca; cada pa
20 de maio de 2016
Clausura do debut en Autonómica Feminina
O CD Burela FS Pescados Rubén pechou a semana pasada a súa primeira tempada en Autonómica Feminina na 14ª praza, con 28 puntos, despois de 30 xornadas, con 9 triunfos, 1 empate e 20 derrotas. O cadro laranxa despídese da competición tras un bo ano de adaptación á categoría. “O equipo competiu moi ben, dando a cara fronte a todos os rivais, incluso os da parte alta, coa excepción de partidos puntuais nos que as baixas nos condicion
20 de maio de 2016
O Burela FS mantense líder tras unha traballadísima vitoria en Móstoles (2-3)
O Burela FS Pescados Rubén mantense no liderado de Primeira RFEF a falta de dúas xornadas para o final de liga, tras unha traballadísima vitoria en Móstoles (2-3). As mariñás armáronse de paciencia para bater todas as adversidades; superaron a tensión dunha cita crucial con garra e entrega, conseguindo ampliar a axustada renda de 0-1 ao descanso ata 1-3 e minguando as embestidas mostoleñas con porteira xogadora na recta final, que só puideron red
21 de maio de 2016
Peque pecha a súa etapa en Burela
A ala-pivote Patricia González Mota, Peque, pecha a súa etapa no Burela FS Pescados Rubén tras cinco brillantes tempadas na Mariña. “É o final dun ciclo e como non podería xogar noutro equipo de España que non fose este voume a Italia. Brindáronme a oportunidade de xogar con Vanesa Pereira, a mellor xogadora do mundo, e non o pensei dúas veces” explicaba a súa decisión a 7 laranxa. Protagonista dos títulos de liga en 2012-13, Cop
25 de maio de 2016
Maite di adeus á Familia Laranxa
A ala-peche Maite García da Montaña di adeus á Familia Laranxa; os camiños da capitá e do Burela FS Pescados Rubén separaranse tras cinco campañas inesquecibles. “Para un deportista é moi bonito estar no Burela FS pero tamén é esgotador. Dóeme na alma, pero creo que todos os ciclos teñen un final e chegou o momento de vivir novas experiencias; a renovación desta tempada xa foi moi meditada. Decidín quedar un ano máis aquí compatibilizando os m
26 de maio de 2016
Edu, intervido con éxito de ligamento cruzado e menisco
O meta do CD Burela FS Pescados Rubén Eduardo Saavedra Cebreiro foi intervido con éxito o mércores pasado de ligamento cruzado anterior e menisco no Hospital Fremap de Vigo. O naronés, que asinou a renovación co club laranxa para 2016-17 o día anterior ao seu paso polo quirófano, sufriu a lesión no xeonllo dereito durante un adestramento no Complexo Deportivo da Marosa hai un par de semanas. O prazo de recuperación do gardameta l
27 de maio de 2016
Homenaxe municipal ao Campión Galego Cadete
O CD Burela FS Pescados Rubén Cadete A foi recibido onte no Concello de Burela en recoñecemento polo seu recente título de campión de Liga Autonómica. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, fixeron os honores animando no seu traballo e felicitando a xogadores e corpo técnico, que acudiron acompañados polo presidente e vicepresidente da entidade, Manuel Blanco e José Luís Sáez. O equipo de Christi
27 de maio de 2016
Vista Alegre despide a liga a dous pasiños para o gran soño (18.00 horas, sábado 28)
Vista Alegre despedirá a liga mañá, na penúltima xornada, con entrada gratuíta para a festa irmandiña, a tan só dous pasiños do gran soño. Todo está preparado; ás 18.00 horas (media hora antes do habitual, por horario unificado de Primeira RFEF), a escuadra mariñá saltará á pista para defender o Cumio Laranxa (77 puntos) fronte ao Valdetires Ferrol FSF, que pelexará nesta recta final pola salvación da categoría. A cita poderá seguirse en direc
27 de maio de 2016
22 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores