Noticias
Arquivo de Maio 2017
Pescados Rubén, subcampión galego
SANTIAGO FUTSAL 4-1 PESCADOS RUBÉN   Santiago Futsal: Víctor, Hugo, Armando, Catela, Dani Montes, cinco inicial; Pablo Mel, Pablo Tallón, Álex Velasco, Álex Diz, Santi, Antonio Diz, Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Carlitos, Antoñito, Renato, cin
2 de maio de 2017
O Pescados Rubén convoca eleccións para o 30 de maio
O Pescados Rubén Burela FS terá nova Xunta Directiva. Así o acordou o domingo pasado a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que aprobou a proposta de  convocar eleccións para o martes 30 de maio. A comisión de garantías electorais quedou constituída por Vanessa  Prieto e Manuel Cao, como socios de menor idade e maior idade presentes na asemblea respectivamente; Auditor Rodríguez, como directivo da xunta saínte; e Fernan
3 de maio de 2017
Maristas Valencia, rival dos Xuvenís na Copa de España
O Maristas Valencia será o rival do Pescados Rubén Burela FS para estrear a Copa de España; así se coñeceu hoxe no sorteo de emparellamentos celebrado na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.   O equipo de Christian Fustes, que se proclamou campión de liga do Grupo I (Galicia) o domingo,
3 de maio de 2017
A Mancomunidade da Mariña Lucense levará a pleno o patrocinio del Pescados Rubén FS
A Mancomunidade da Mariña Lucense estudará en pleno a proposta de plan de patrocinio do Pescados Rubén Burela FS para retomar a iniciativa de volver exercer como embaixador da marca da bisbarra. Ante a presenza de representantes do club laranxa e despois dun extenso debate de alcaldes e concelleiros sobre o tema na xuntanza do 24 de abril, a Mancomunidade adquiriu o compromiso de tratar o posible patrocinio na orde do día do segu
3 de maio de 2017
Foz, destino de 'Descubre o Fútbol Sala' esta semana
A Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ do Pescados Rubén Burela FS concéntrase esta semana en Foz. Onte xa gozou da filosofía laranxa o alumnado de 4º de Primaria do CEIP Cantel, coa visita de Antoñito, Renato e Jozi, xunto ao preparador físico Alfonso Mera. Mañá tocaralles a quenda aos rapaces/as de 4º e 6º do Número 1, cos consellos de Tomás de Dios, Cuco e Emma. O club laranxa iniciou a Xira Laranxa no CEIP Pedro Caselles
4 de maio de 2017
Catro promesas laranxas no nacional de Salou
O Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará esta semana en Salou contará cunha variada representación do Pescados Rubén Burela FS. Catro serán as promesas laranxas presentes na cita; con Galicia Xuvenil participarán Néstor Valle ‘Nito’, Edmilson Monteiro e Christian Rivas, actuais campións de liga de División de Honra; e con Galicia Sénior irá convocada a novísima ribadense Sofía Vázquez. Ambas as expedicións
4 de maio de 2017
Joan Miñano non continuará en Burela
O meta Joan Miñano non continuará en Burela tras finalizar o seu contrato 2016-17. A directiva do Pescados Rubén Burela FS reuniuse con el a semana pasada. O novo porteiro catalán, que aparcará o fútbol sala para centrarse no seu traballo como enxeñeiro químico, chegou á Mariña a principios de tempada, procedente do FC Barcelona Alusport, de Segunda División, e formado na base do Marfil Santa Coloma, para compartir responsabilida
8 de maio de 2017
O Pescados Rubén e Tomás de Dios rescinden contrato
Os camiños do Pescados Rubén Burela FS e Tomás de Dios separaranse o 30 de maio. Ambas as partes decidiron rescindir o contrato, que contemplaba as dúas próximas tempadas, tras non chegar a un acordo no proxecto 2017-18 en Segunda División. “Algunhas das peticións de Tomás non coincidían co proxecto da directiva. Traballaremos con ambición, pero tamén coa condición de club humilde que sempre nos caracterizou, por un proxecto ilusionante, p
9 de maio de 2017
Homenaxe municipal aos campións xuvenís
O equipo xuvenil foi homenaxeado onte pola tarde polo Concello de Burela nunha recepción oficial no salón de plenos do consistorio. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, recibiron os campións de liga 2016-17 de División de Honra, que acudiron ao acto acompañados do presidente y el vicepresidente do Pescados Ruben Burela FS, Manuel Blanco e José Luis Sáez, así como dos técnicos Christian Fustes, Mario Pillado e J
9 de maio de 2017
Próximos compromisos e últimos resultados do Futuro Laranxa
Consulta aquí tanto os próximos horarios coma os resultados da semana pasada.
10 de maio de 2017
Pescados Rubén e A Fervenza FSF estreitan lazos
O Pescados Rubén Burela FS e o Comarcal A Fervenza FSF traballarán xuntos en prol do fútbol sala. Ambas as entidades mantiveron varias reunións nas últimas semanas intercambiando posturas para pechar un acordo de colaboración. Os contactos entre o club mariñán e o ferrolán continuarán nos vindeiros días para concretar un plan de traballo conxunto e, así, preparar coordinadamente a vindeira tempada, tanto deportiva coma tecnicament
11 de maio de 2017
Espectáculo de altos voos (domingo 14, 12.30 horas)
O balón volve rodar en Vista Alegre con Primeira División RFEF, na xornada 27, cun espectáculo de altos voos. O Pescados Rubén Burela FS recibirá o segundo clasificado UA Alicante (67 puntos) con novo horario; o partido será o domingo, ás 12.30 horas, debido a que mañá o pavillón acollerá a fase final do Campionato de España de Clubs Júnior Feminino de Baloncesto, que se disputa na comarca da Mariña desde o domingo pasado. “Vai s
12 de maio de 2017
Ao Pescados Rubén sóbranlle 19 segundos
O Pescados Rubén Burela FS pecha a xornada 27 en Vista Alegre con mal sabor de boca vendo escapar o encontro no último suspiro, a falta de 19 segundos para a bucina final, fronte ao sólido UA Alicante (0-1). “O marcador puido caer de calquera parte. Competimos moi ben, fronte a un rival con moita intensidade que hoxe demostrou por qué ocupa a segunda praza; estivemos en todo momento no partido. Na primeira parte, dispuxemos de menos ocasións porq
14 de maio de 2017
Juanma Marrube dirixirá a un Pescados Rubén con 'alma e carácter' en 2017-18
O secretario técnico do Pescados Rubén Burela FS, Juan Manuel Marrube Rodríguez (Alfoz, 1979), será o adestrador do equipo en Segunda División a vindeira tempada. “Antes de instaurar unha filosofía de xogo, para min o importante é ter un equipo con alma e carácter” explicaba o ex xogador laranxa, o ‘Mariskal’, cuxo dorsal, o 8, loce en Vista Alegre dende 2014. “Temos que formar un grupo no que teña pegada a idiosincrasia do club, pero tamén a
15 de maio de 2017
Resultados da base
O equipo xuvenil pechou a brillante tempada na primeira eliminatoria da Copa de España, na casa do Maristas Valencia nun rifado encontro que acabou do lado dos locais (5-2).   Consulta aquí todos os resultados da base.
16 de maio de 2017
Horarios de base
Consulta aquí os horarios da semana
16 de maio de 2017
Iago Míguez non continuará no Pescados Rubén Burela FS
O capitán burelés, Iago Míguez, non continuará no Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. O canteirán laranxa priorizou dar continuidade á súa carreira deportiva en Primeira División rexeitando a oferta de renovación burelista. O club agradece a profesionalidade e compromiso de Iago Míguez e deséxalle o mellor na súa nova aventura profesional. Iago Míguez quixo despedirse cunha carta de agradecemento dirixida a toda a familia la
19 de maio de 2017
Jimbee Roldán - Pescados Rubén Burela FS en directo por La 7 TV e pola TVG2
O Pescados Rubén Burela afronta a xornada 28 con gañas de recuperar a senda do triunfo no feudo do Jimbee Roldán. O duelo entre murcianas e galegas será retransmitido en directo pola canle 7 Televisión Rexional de Murcia e pola Televisión de Galicia 2. O sábado día 20 ás 12.00 horas ambos conxuntos loitarán por tres puntos que lles permitan afianzar as súas posicións na clasificación. O conxunto mariñao ocupa a cuarta posición con 53 puntos mentr
19 de maio de 2017
Presentada a primeira candidatura á Presidencia e Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS
Hoxe, venres día 19 de maio, presentouse na oficina do Pescados Rubén Burela FS a primeira candidatura ás eleccións de Presidencia e Xunta Directiva do club que se celebrará o 30 de maio de 2017.
CANDIDATURA PRESENTADA Presidente: Manuel Blanco Fanego Vicepresidencia Primeira. Área Social e Igualdade: Cesarina Fanego Mon Vicepresidencia Segunda. Área de Xestión: José Luis Sáez Castro Secretario: José Dovale Gradaílle Tesoureiro: Alfredo Veiga Rego Vogais: José Manuel Vázquez Cerdeiras, Alberto Fernández Rouco, Juan Antonio Ródenas Martínez, Antonio Cout
19 de maio de 2017
Fotografía: Jimbee Roldán
O Jimbee Roldán vence por 5-2 ao Pescados Rubén Burela
Crónica. Gustavo Voces. ACFSF Aos escasos 30 segundos de partido, o Jimbee Roldán adiantábase no partido ante o Pescados Rubén Burela cun man a man dentro do área liquidado por Consuelo ante Jozi. O choque comezaba moitísimo ritmo e intensidade con ocasións sobre ambas áreas e un remate á madeira de Mayte Mateo. Precisamente sería Mateo, quen anotaría aos catro de xogo o 2 a 0, adiantándose á zaga visitante na frontal do área para an
20 de maio de 2017
Chano, Cuco, Iago Rodríguez e José Carlos non continuarán no Pescados Rubén Burela
Chano, Cuco, Iago Rodríguez e José Carlos non continuarán no Pescados Rubén Burela a vindeira tempada. A entidade burelista agradece o compromiso e entrega de cada un deles e deséxalles o mellor nos seus novos proxectos deportivos.
22 de maio de 2017
Resultados das Xoias Laranxas
Consulta aquí os resultados do 20-21 de maio
23 de maio de 2017
Horarios do Futuro Laranxa
Consulta os horarios desta semana.
24 de maio de 2017
Eleccións á Xunta Directiva, 30 de maio
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca asemblea de socios/as para o martes 30 maio de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2. Votación de candidaturas, se procede
24 de maio de 2017
Edu continuará defendendo a meta laranxa
Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, continuará defendendo a meta laranxa a vindeira tempada. O naronés, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez Lombardía, proclamou aos catro ventos a ledicia pola súa renovación e a ilusión deste novo proxecto: “Estou moi contento de que o club siga confiando en min; espero dar todo o posible para volver poñer o Burela onde se mere
25 de maio de 2017
Os laranxas saltan á pista por #unacuraparaadri
O Pescados Rubén Burela FS de Tomás de Dios despedirase mañá en Pontedeume nun amigable solidario xunto Santiago Futsal e FS Pontedeume. A xornada, a favor de #unacuraparaadri, de Adri, un pequeno natural de Ares de tan só 3 anos que sofre a síndrome de Hunter, arrancará ás 16.30 horas no pavillón da Casqueira, con fútbol sala feminino e masculino. A entrada será de 6 euros para o público xeral e 4 euros para menores de 12 anos e socios do clu
26 de maio de 2017
Despedida na Bomboneira
O Pescados Rubén Burela FS despedirá mañá a tempada de Primeira RFEF en Vista Alegre, na penúltima xornada ligueira, fronte ao FS Gironella, que pelexa pola décima praza con Majadahonda (36 puntos). Será ás 18.00 h., 30 minutos antes do habitual por horario unificado; todas as persoas que acudan vestidas de laranxa terán entrada gratuíta. “Queremos acabar con bo sabor de boca en Vista Alegre e as sensacións son boas para o partido
26 de maio de 2017
Despedida de Vista Alegre con vitoria ante o Esplugues Gironella
O Pescados Rubén Burela despediuse de Vista Alegre cunha vitoria por 1-0 ante o Penya Esplugues Gironella. O conxunto burelista asegurou a cuarta posición cun gol de Judith no minuto 18 tras unha gran xogada colectiva con xogo de cinco. A vitoria laranxa sumada ás derrotas de Ourense Envialia e Pescamar Poio certifican a cuarta posición do Pescados Rubén Burela a falta dunha xornada ligueira.
O duelo comezou con ambos equipos tanteando ao seu rival e sen mostrar as súas cartas pero co paso dos minutos a intensidade foi aumentando e as precaucións iniciais deron paso a un xogo máis aberto. Julia gozou da primeira ocasión clara do partido pero Ana Romero gañoulle o man a man do mesmo xeito que Noe ante o disparo de Sofía instantes despois. O partido transcorría sen un dominador claro e con moita intensidade en ambos conxuntos que pecaro
27 de maio de 2017
Matamoros: 'Teño moitas ganas de empezar e espero que me respecten as lesións para dar o mellor de min'
O pivote Jorge Valhermoso Matamoros (Madrid, 1984) será outro dos pesos pesados na nova andadura do Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. “Teño moitas ganas de empezar e espero que me respecten as lesións para dar o mellor de min. É un cambio importante de cadro, pero eu aposto por Burela, quédame un ano de contrato. O proxecto é interesante, Juanma e a directiva están traballando para facer un equipo competitivo. Será un Burela que vai contar
29 de maio de 2017
Homenaxe burelá aos campións de España
O Concello de Burela homenaxeou os títulos de campións de España de seis integrantes do Pescados Rubén Burela FS que participaron coas Seleccións Galegas no Campionato de España de Salou a comezos do mes de maio. Defendendo a elástica da Irmandiña Xuvenil, estiveron Nito, Pitero e Edmilson cos técnicos Juanma Marrube e Christian Fustes, e representando a Selección Feminina Sénior, Sofía.   O alcade, Alfredo Llano
30 de maio de 2017
33 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores