Noticias
Arquivo de Maio 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base, co inicio de Copa da Mariña Alevín.
2 de maio de 2019
Oito burelistas no Nacional de León
Oito burelistas defenderán esta semana a Galicia Xuvenil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas da CNFS, que se disputará en León (3-5 de maio). Serán seis xogadores, Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, xunto a Christian Fustes e Jairo Campo, no corpo técnico. A expedición irmandiña partirá mañá pola mañá. Xunto a Castela e León, Cataluña e Galicia serán os
2 de maio de 2019
A Deputación de Lugo homenaxe os Campións Laranxas
A Deputación de Lugo rendeu homenaxe esta mañá ao Pescados Rubén Burela FS, polo seu ascenso a Primeira LNFS. Os Campións Laranxas foron recibidos polo portavoz do Goberno, Álvaro Santos, e o deputado de Deportes, Pablo Rivera no pazo de San Marcos; xogadores e corpo técnico estiveron acompañados polo vicepresidente, José Luis Sáez, o directivo Auditor Lombardía, e o fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Branco, así como polo concelleiro de Deport
2 de maio de 2019
Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán o Mellor Xogador 2018-19 este sábado
Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán este sábado a identidade do Mellor Xogador do Pescados Rubén Burela FS de 2018-19. O gañador recibirá como premio un reloxo antes do inicio fronte FC Barcelona B, no broche da liga (Vista Alegre, 18.30 horas). Coa valoración de adestradores, prensa e afección, xornada a xornada, figuraron entre as primeiras prazas do ránking ao longo da tempada Matamoros, Edu, Pope, Lucho, Pitero ou Juanfran.
2 de maio de 2019
Preparación para Moscova
As internacionais Luci e Peque xa forman parte da concentración da Selección Española, que ultima dende onte a preparación para o Torneo Internacional 9 de Maio de Moscova (6-9 de maio) na Cidade do Fútbol de Las Rozas. O domingo, a Vermella porá rumbo á cita na que tamén participará outra burelista, Jenny, con Portugal, xunto aos combinados de Rusia e Irán. A lusa incorporarase á súa expedición mañá en Lisboa.
3 de maio de 2019
Despedida de luxo para os Campións, na casa e co FC Barcelona B
Chega o final. Os Campións de Segunda LNFS vivirán unha despedida ligueira de luxo, arroupados na última xornada pola Bancada Laranxa de Vista Alegre e coa visita do FC Barcelona B; será mañá, a partir das 18.30 horas, nunha tarde chea de emoción, espectáculo e sobre todo ledicia. “Despois da gran festa que vivimos na casa, co ascenso, queremos regalarlle á nosa afección a última vitoria para acabar a liga ao grande. Levamos un par d
3 de maio de 2019
Recoñecemento do Concello de Burela aos Campións
O Concello de Burela recoñeceu esta mañá o grande éxito do Pescados Rubén Burela FS como campión de Segunda LNFS e de novo equipo da elite do fútbol sala. Na recepción oficial celebrada no consistorio, o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, felicitaron a xogadores e corpo técnico, que estiveron acompañados polo presidente laranxa, Manuel Blanco, os vicepresidentes Cesarina Fanego e José Luis Sáez, así como por Ru
3 de maio de 2019
Edu, Trofeo Sandoz ao Mellor Xogador 2018-19
O gardameta laranxa Eduardo Saavedra Cebreiro foi recoñecido esta tarde co Trofeo Sandoz ao Mellor Xogador da tempada 2018-19, coa valoración xornada a xornada de adestradores rivais, prensa e afección. O xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado de Manuel Blanco, fixo entrega do premio, un reloxo de pulseira. O de Narón conseguiu facerse coa primeira praza do ránking de mellor valorados coa puntuación de 29
4 de maio de 2019
Vista Alegre despídese de Segunda cunha de cal e unha de area
Vista Alegre e os Campións despedíronse esta tarde de Segunda LNFS cunha de cal e outra de area ante FC Barcelona Lassa B (2-5), na última xornada de liga. Os de Juanma Marrube saltaron á pista concienciados, con comodidade e coas cousas claras, xogando de ti a ti fronte a un rival moi disciplinado e ordenado; así puideron chegar ao tempo de descanso con vantaxe de 2-1 e ata merecendo máis. Con todo despois, faltoulles profundidade e o visitante
4 de maio de 2019
A Galicia Xuvenil máis Laranxa acariña o título Nacional CNFS
O combinado de Galicia Xuvenil, do burelista Christian Fustes, proclamouse subcampión do Nacional de Seleccións Autonómicas CNFS disputado esta fin de semana en León. A Irmandiña, co brillo laranxa de Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, viviu unha emocionante final, ante Cataluña (4-5), despois de impoñerse a León e Castela e León na fase inicial. Resultados:
6 de maio de 2019
Os penaltis dan o billete aos Laranxas para a final irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde o billete para a final da XXVIII Copa Galicia, nas Pontes, desbancando o Santiago Futsal, grazas aos penaltis. Os pupilos de Juanma Marrube remaron co marcador en contra e conseguiron remontar un 0-3 ante o Club da Loita. Os mariñáns pelexarán por revalidar o título mañá, a partir das 19.00 horas véndose as caras co Parrulo FS, vencedor na segunda semifinal con Noia Portus Apostoli (5-1).
6 de maio de 2019
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados da fin de semana, co Infantil B como campón de Liga da Mariña.
7 de maio de 2019
Pescados Rubén, subcampión de XXVIII Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS quedou a un suspiro de revalidar o título irmandiño fronte ao Parrulo FS (4-3); os pupilos de Juanma Marrube recibiron o trofeo de subcampións da XXVIII Copa Galicia de mans do concelleiro de Deportes das Pontes, Chicho Tembrás Martínez. O municipal da vila coruñesa viviu unha final chea de ocasións en ambas as áreas e emoción ata o final. Tras a remontada dos ferroláns nos primeiros compases do segundo acto co 2-1, os
7 de maio de 2019
Horarios de base, coa final da Copa da Mariña Benxamín en Vista Alegre
Consulta aquí os horarios de base
8 de maio de 2019
Novo reto irmandiño para a Familia Laranxa
Este sábado prepárase un novo reto irmandiño para a Familia Laranxa, outra vez nas Pontes. A localidade coruñesa acollerá a II Minicopa Infantil, cos enfrontamentos Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal e O Parrulo FS-Noia Portus Apostoli, pola mañá. Os mariñáns estrearán a cita ás 11.00 horas no municipal. Baixo a batuta de Mario Pillado, buscarán a clasificación para a cita definitiva Fernando Yanes, Rafa Gomes, Saúl Fuente, Wil
9 de maio de 2019
Recoñecemento a Jorge, Isaac e Jocel, como campións de España CNFS con Galicia Cadete
Os cadetes burelistas Jorge Quelle, Isaac Regueira e Jocel de Brito foron recibidos esta tarde na sede do club polo fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco. O tamén directivo do club quixo recoñecer, no nome de toda a estrutura laranxa e cun pequeño agasallo, o gran traballo dos canteiráns con Galicia quedando campións do Campionato Nacional de Selección Autonómicas da Confederación Nacional de Fútbol Sala, disputado a mediados de abril en Pu
9 de maio de 2019
Último derbi galego da liga, con Ourense (19.00 horas, TVG2)
Vista Alegre gozará mañá do último derbi galego de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. O Pescados Rubén Burela FS recibirá o Ourense Envialia FSF ás 19.00 horas (en directo, TVG2), revivindo a gran pugna polo título irmandiño da Coruña, co que se alzaron as Guerreiras Laranxas. Será unha nova festa do fútbol sala, con entrada gratuíta. A falta de 4 xornadas para o desenlace, as burelistas continuarán na pelexa polo gran soño, empat
10 de maio de 2019
Pescados Rubén resolve ante Ourense (2-0) en menos dun minuto
O Pescados Rubén Burela FS pechou o último derbi galego da liga con 2-0, resolvendo en menos dun minuto ante Ourense Envialia FSF, roldando o ecuador da primeira parte, con goles de Dany e Cami. As Guerreiras Laranxas durmirán líderes de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con 75 puntos, á espera do desenlace de mañá de Poio Pescamar-Futsi Atlético Navalcarnero (12.30 horas). Logo duns compases iniciais con máis dominio das ourensá
11 de maio de 2019
Resultados de base, co Benxamín como campión da Copa da Mariña
Consulta aquí os resultados de base
13 de maio de 2019
Burela acollerá a Copa de SM A Raíña de Fútbol Sala
Burela é o lugar elixido para albergar a XXV Edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala, que por primeira vez se denomina Copa de S.M. A Raíña. Esta fase final, que se disputará os días 14, 15 e 16 de xuño no pavillón de Vista Alegre, contará cos oito equipos mellor clasificados da liga regular da Primeira División Feminina de Fútbol Sala. A de 2019 converterase na terceira edición como anfitrioa para a vila mariñá. A competic
14 de maio de 2019  |  
Destacada
Minicopa Infantil Masculina
Resultados de Minicopa das Pontes, co Parrulo como campión.
14 de maio de 2019
Calendario de base
Consulta aquí os partidos da fin de semana (Letras Galegas)
15 de maio de 2019
Pescados Rubén visita Murcia, un candidato para a Copa da Raíña
Pescados Rubén Burela FS disputará a antepenúltima xornada de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo na pista de UCAM ElPozo Murcia, que pelexa por defender a oitava praza (44 puntos) e o privilexio de participar na Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño). O pavillón José María Cagigal acollerá a cita o sábado ás 16.15 horas. “Xunto con Alcorcón, é a saída máis difícil da recta final. É un rival moi forte na casa e sabemos que temo
16 de maio de 2019
Recoñecemento ás Campioas Galegas
As Guerreiras Laranxas foron recibidas esta mañá no Concello de Burela en recoñecemento ao seu último título, a XIII Copa Galicia, coa que se alzaron o pasado 21 de abril na Coruña. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, obsequiaron a xogadoras e corpo técnico cuns detalles conmemorativos do quinto galardón irmandiño que loce na vitrina laranxa. O presidente do club, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fa
16 de maio de 2019
UCAM 3-5 Pescados Rubén
As Guerreiras Laranxas regresan a terras galegas cun novo botín de tres puntos para seguir na loita polo todo. Non o tiveron doado esta tarde na pista do UCAM ElPozo Murcia (3-5), pero conseguiron sacar adiante un partido no que lles custou entrar, moi táctico, e con gran presenza de xogo de cinco en ambas as filas. Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle salvar a presión proposta polas locais nun principio e para iso tivo que recorre
18 de maio de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
20 de maio de 2019
Pasillo aos Campións no derbi galego da Liga 1,2,3
O estadio Anxo Carro de Lugo agasallou onte á Familia Laranxa cun emocionante pasillo para os Campións de Segunda LNFS antes do asubío inicial do derbi da Liga 1,2,3 entre o CD Lugo e RC Deportivo. A cita rematou ao grande para os locais, con vitoria 1-0. Moitas grazas á Familia Albivermella, por ese gran xesto!!! Seguimos camiñando xunt@s porque A Unión fai a Forza.
20 de maio de 2019
Pescados Rubén Burela FS visita a fábrica de Coca-Cola na Coruña
Os equipos masculino e feminino de Pescados Rubén Burela FS visitaron hoxe a fábrica de Coca-Cola European Partners Iberia na Coruña. Esta visita prodúcese tras o ascenso do equipo sénior masculino a 1ª División na Liga Nacional de Fútbol Sala, e os bos resultados que está obtendo o equipo feminino na recta final da Liga Foro 16 Feminismo, ademais da elección como sede da Copa de SM A Raíña que xogarán os 8 primeiros equipos da Liga, tres
20 de maio de 2019
O club, Juanma Marrube e Peque, recoñecidos polos Premios ANEFS 2019
O labor do Pescados Rubén Burela FS e dos seus integrantes durante 2018-19 vén de ser recoñecido polos Premios da Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala. Así o deu a coñecer a entidade onte a través das súas redes con tres galardóns. O club recibiu a Mención Especial, Juanma Marrube impúxose na categoría de Mellor Adestrador de Segunda Masculina e Peque como Mellor Xogadora. Julio Delgado quedou na segunda praza como Mellor Adestrador
22 de maio de 2019
Burela acollerá un curso de Monitor de Fútbol Sala
A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol pon en marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Sala en Burela. Comezará o 5 de xuño e rematará o 6 de xullo. A actividade desenvolverase os luns, mércores e xoves en horario de 20 a 23 horas e os sábados de 9.30 a 14.30 horas. Ligazón a toda a
22 de maio de 2019
Sandoz, o mellor agasallo para os Campións
Os Campións de Segunda LNFS foron obsequiados co mellor agasallo na clausura da tempada, coincidindo coa Festa de Primeira coa afección, a semana pasada. A marca Sandoz, en colaboración con Kessarys Joyeros e o Pescados Rubén Burela FS, recoñeceu a gran xesta dos pupilos de Juanma Marrube cun reloxo personalizado. Xogadores e corpo técnico recibiron cadanseu presente de mans do presidente laranxa, Manuel Blanco, e do xerente de Kessarys, Jorge Or
22 de maio de 2019
Ven divertirte con nós!!! Xornadas de portas abertas na Escola Laranxa
A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta. O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 9825
22 de maio de 2019  |  
Destacada
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base para esta semana, coas finais da Copa da Mariña en Biberóns e Prebenxamíns.
23 de maio de 2019  |  
Destacada
Os Campións estrean look con Joma
Os Campións de Segunda LNFS estrearon look grazas ao gran detalle do seu patrocinador deportivo, Joma, que obsequiou a xogadores e corpo técnico cunha chaqueta personalizada en recoñecemento ao seu ascenso e regreso á elite do fútbol sala. Joma e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. A marca española vestirá a toda a
23 de maio de 2019
ATENCIÓN: Rifas falsas
O Pescados Rubén Burela FS recibiu a información de que hai unha persoa que está vendendo rifas falsas a nome da entidade polos comercios de Burela. O club denunciará ante a Garda Civil o uso fraudulento do seu nome nunha actividade coa que non garda ningún tipo de relación.
24 de maio de 2019  |  
Destacada
A Bomboneira coñecerá este sábado a Mellor Xogadora 2018-19
Sandoz e Kessarys Joyeros darán a coñecer este sábado a identidade da Mellor Xogadora do Pescados Rubén Burela FS de 2018-19. A gañadora recibirá como premio un reloxo antes do inicio fronte UA Alicante, na clausura de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo na Bomboneira, na penúltima xornada da competición regular. Coa valoración de adestradores, prensa e afección, xornada a xornada, figuraron entre as primeiras prazas do ránking ao l
24 de maio de 2019
Vista Alegre clausura a Liga de Primeira
Vista Alegre e o Pescados Rubén xogarán o último compromiso na casa de Liga Foro 16 Feminismo 2018-2019, na penúltima xornada, coa visita de UA Alicante. Será mañá en horario unificado, ás 18.00 horas, nun duelo de grandes intereses nos dous bandos. Fronte ás Guerreiras, que apuran o sprint final igualadas con Futsi Navalcarnero (78 puntos) no cume, as levantinas buscan subir na táboa mirando á Copa de SM A Raíña nese triplo empate entre as praza
24 de maio de 2019
Peque, Trofeo Sandoz á Mellor Xogadora 2018-19
A pichichi burelista Patricia González Mota, Peque, foi recoñecida esta tarde co Trofeo Sandoz á Mellor Xogadora da tempada 2018-19, coa valoración xornada a xornada de adestradores rivais, prensa e afección. O xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado de Manuel Blanco, fixo entrega do premio, un reloxo de pulseira. A internacional española fíxose coa primeira praza do ránking de mellor valoradas coa puntuaci
25 de maio de 2019
Merecida e sufrida victoria ante UA (3-2)
O Pescados Rubén Burela FS continúa na fenda e pelexará polo título na última xornada grazas aos merecidos e sufridos tres puntos conseguidos hoxe ante UA Alacinte (3-2). Mariñás e levantinas ofreceron un grande espectáculo en Vista Alegre, nunha cita moi disputada e de gran despregamento físico, que se resolveu por goles na primeira parte e con hattrick de Bea Mateos. As burelistas non quixeron deixar nada ao azar; sentenciaron a p
25 de maio de 2019
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores