Noticias
Arquivo de Xuño 2010
Visita de técnicos e xogador@s burelistas ao IES de Foz
O IES de Foz recibiu onte pola tarde a visita de técnicos e futbolistas do CD Burela FS, que compartiron un adestramento co alumnado de 1º da ESO. Xunto ao director da escola deportiva, Alfonso Mera, e o segundo adestrador do equipo feminino, Marcelo Santoro ‘Neco’, tamén participaron os deportistas Claudia, Raquel de Souza e Christian. A sesión reuniu a 42 rapaces e rapazas do centro focego, que os membros do club laranxa distribuíron
1 de xuño de 2010
A escola laranxa celebra as patronais cun torneo interno
A EDM Burela FS celebrará a semana grande das patronais da vila cun torneo interno. Dentro da programación das festas, no día dedicado ao deporte, as diferentes categorías da escola laranxa disputarán mañá cadanseu amigable entre as 17.30 e as 20.30 horas, nos pavillóns Vista Alegre e Os Castros. LOCALIZACIÓN: Pavillón Vista Alegre 17.30 horas: Infantil A-Cadete18.30 horas: Alevín A-Infantil B19.30
2 de xuño de 2010
As Xornadas Formativas Burela FS profundan na preparación baixo a portería
As II Xornadas Formativas Burela FS estrearon as sesións prácticas onte baixo o título ‘O adestramento específico de porteiros’, a cargo do segundo técnico do Burela FSF Pescados Rubén, Marcelo Santoro ‘Neco’, e coa axuda dos metas laranxas Edu e Brais. A cita reuniu a numerosos profesionais do fútbol sala, que chegaron ao pavillón Vista Alegre dende puntos da Mariña como Ribadeo, Xove ou Foz para asistir ás explicacións de Neco e pres
2 de xuño de 2010
O Burela FS recorre a sanción de 4 partidos imposta a Minu ante o Puertollano
O Burela FS recorreu esta mesma mañá a sanción de 4 partidos de suspensión para Minu imposta pola RFEF por ser o responsable dunha suposta agresión ao remate do terceiro encontro de play off ante o Puertollano FS Restaurante Dacho, baseándose no reflectido na acta arbitral. No suceso mencionado, o xogador burelista foi a vítima e non o agresor e así se deixa constancia no apartado de incidencias do devandito documento: “… D. Antonio Mi
2 de xuño de 2010
A RFEF retira a suspensión de Minu e sanciona o delegado do Puertollano
Unhas horas despois de que o CD Burela FS presentara o recurso pola inxusta sanción de Minu, a RFEF corrixiu a súa resolución identificando ao delegado do Puertollano FS, Carlos Palomo Pecos, como o autor da agresión ao xogador laranxa. Polo tanto, en virtude do plasmado na acta arbitral, o Xuíz de Competición e Disciplina resolveu amoestar o encargado de material do Restaurante Dacho, como responsable dunha infracción grave, con 4 par
2 de xuño de 2010
Resultados do torneo interno EDM Burela FS
- Prebenxamín A 4-3 PrebenxamínB - Prebenxamín A 3-3 Prebenxamín C - Benxamín C 9-0 Benxamín B - Benxamín A 2-4 Alevín B - Alevín A 2-7 Infantil B - Infantil A 4-5 Cadete
4 de xuño de 2010
As burelás enfróntanse á metade baixa da táboa en Soto del Real
O Burela FSF Pescados Rubén afronta a antepenúltima xornada de Honra en Soto del Real ante un rival da metade baixa da táboa, que foxe dos postos de descenso. O duelo entre madrileñas e burelás será o domingo, no pavillón municipal sotorrealeño, ás 13.30 horas. Dende a sétima posición e con 50 puntos, as laranxas pelexarán de novo por tres puntos que lles conservarán unha semana máis o seu estatus nunha zona media da clasificación moi
4 de xuño de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
O Burela FS celebrará o seu IV Campus Mixto Internacional de Base entre o 14 e o 17 de xullo
O CD Burela FS volverá reunir os mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional a mediados de xullo na Mariña para a cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Base. Será entre os días 14 e 17. Todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte con xogadores e técnicos de renome poderán reservar a súa praza a partir do luns 14 de xuño.
4 de xuño de 2010
O equipo feminino vence en Madrid por 2-4
As de Javier Pardeiro foron superioras en todo momento, aínda que pasaron algún apuro cando as locais apostaron pola porteira-xogadora. Comezou anotando Claudia o 0-1 a pase de Ro, cando só levaban xogados 6 minutos da primeira parte. Rosana fixo o 0-2 a poucos segundos do descanso. O xogo seguiu sendo das laranxas e Ro volvía a marcar no 29 logo dun gran pase de Dolo ao segundo pau. Vero deulle folgos ao Soto del Real cun gol no 31 (1
6 de xuño de 2010
O Parrulo, rival do equipo cadete no torneo Cidade de A Coruña
A fase final do V torneo “Cidade de A Coruña” de fútbol sala 2010 contará coa presenza do equipo cadete da Escola Deportiva do CD Burela FS. O conxunto dirixido por Marcelo Santoro ‘Neco’ disputará a semifinal do torneo herculino o vindeiro sábado día 12, a partir das 20:00 horas, ante o O Parrulo. O escenario do choque é o pavillón municipal “Barrio das flores” que albergará tamén a final o domingo día 13, ás 20:00 horas. En
8 de xuño de 2010
Hugo Nava, adestrador do Gijón-El Llano, clausura as Xornadas Formativas Burela FS
A segunda edición das ‘Xornadas Formativas Burela FS’ clausura o seu ciclo coa presenza do adestrador do Gijón-El Llano, Hugo Nava, que tamén dirixe a Escola de Fútbol Sala de Siero. O técnico asturiano ofrecerá unha charla didáctica sobre a ‘Iniciación á técnica’. A conferencia terá lugar o mércores día 9, a partir das 17:00 horas no IES Monte Castelo.
8 de xuño de 2010
A Pataca Naranxa despide a tempada cunha cea na Parrillada de Jandro
A peña burelista 'A Pataca Naranxa' celebra o vindeiro sábado día 12 unha cea de fin de tempada. Os representantes do colectivo laranxa animan a tod@s os siareir@s, soci@s e non soci@s, a unirse a este acto de despedida de tempada no que, sen dúbida, se lembrarán múltiples anécdotas da tempada. A convocatoria é ás 22
9 de xuño de 2010
Hugo Nava: "En categorías inferiores, debemos primar a formación ante os resultados"
A segunda edición das ‘Xornadas Formativas Burela FS’ clausurou o seu ciclo, na tarde de onte, coa presenza do adestrador do Gijón-El Llano, Hugo Nava, que tamén dirixe a Escola de Fútbol Sala de Siero. O técnico asturiano ofreceu unha charla didáctica sobre a “Iniciación á técnica” no IES Monte Castelo á que asistiron unha trintena de persoas relacionadas co mundo do deporte mariñán. Hugo Nava realizou unha breve introdución sobre os
10 de xuño de 2010
Antón Veiga: "A meta non é o final senón o principio dunha carreira"
Carta de felicitación do Delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo ao CD Burela FS, dirixida ao presidente do club, José Ramón González Casas.   "A meta non é o final senón o principio dunha carreira" E nesa apaixonante carreira seguiremos acompañándovos desde a Área de Deporte da Deputación de Lugo. Recibide pois os nosos parabéns polo magnífico traballo realizado na presente tempada en todas as
11 de xuño de 2010
Vista Alegre despide a tempada coma xuíz do título da Divisón de Honra
O Burela FSF Pescados Rubén despide a tempada en Vista Alegre ante o todopoderoso Femesala Elxe, que se xoga o campionato de liga no feudo laranxa. O duelo, correspondente á penúltima xornada de División de Honra, terá lugar o sábado día 12, a partir das 18:30 horas. Na cita veranse as caras dous equipos con sensacións atopadas. Como equipo local, o Burela Pescados Rubén; o conxunto dirixido por Javier Pardeiro quere selar a súa brill
11 de xuño de 2010
Juanma aposta polo proxecto laranxa e renova co Burela FS
Juan Manuel Marrube, Juanma, firmou a renovación co club laranxa por unha tempada máis logo de chegar a un acordo coa Xunta Directiva. O xogador mariñao quixo deixar constancia da súa “aposta pola continuidade do proxecto nunha etapa complexa” e destacou que “o binomio afección-equipo segue a ser un dos grandes logros deste club”. Juanma, que estivo acompañado polo vicepresidente Manuel Blanco e o directivo José Luis Sáez, viviu a maio
11 de xuño de 2010
O Burela volveu a caer ante o Femesala que lle endosou un contundente 0-6
O Femesala Elxe volveu ser a besta negra do Burela FSF Pescados Rubén nesta tempada. Por terceira vez, dúas en Liga e unha na Copa, o triunfo no enfrontamento entre ambos equipos foi para as ilicitanas, que esta vez impuxéronse por vez primeira no Vista Alegre, por 0-6. O triunfo permite ao conxunto levantino chegar á última xornada con opcións de conquistar o título, mentres que a derrota impide ás mariñás afianzarse na sexta posición.
12 de xuño de 2010  |  E.P.
Purao continuará no Burela FS
Anderson de Almeida Gomes, Purao, continuará polo menos dous anos vinculado ao CD Burela FS tras asinar a súa renovación coa entidade laranxa. O peche hispano-brasileiro, que cumpre dous anos no club, tivo palabras de agradecemento “para o Burela, por contar comigo, e para esta gran afección que nos acompañou durante toda a tempada”. “Para min é un orgullo vestir a camiseta laranxa, e estou moi contento por asinar a renovación”, declarou o xog
14 de xuño de 2010
Aberto o prazo de inscrición para a cuarta edición do Campus Burela FS
O CD Burela FS volverá reunir os mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional a mediados de xullo na Mariña para a cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Base. Será entre os días 14 e 17. Todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte con xogadores e técnicos de renome poderán reservar a súa praza a partir do luns 14 de xuño.  A folla de matrícula estará á disposición da
14 de xuño de 2010
O á-peche André firma a súa renovación coa entidade laranxa por dúas tempadas máis
O á-peche André Luiz Nogueira Fernandes firmou a súa renovación co Burela FS por dous anos máis. O xogador brasileiro felicitouse pola “base sólida e a continuidade que se lle está a dar a este equipo, que fixo unha grande tempada”. André confía en que “o ano que ven estaremos de novo na loita, porque temos moitas gañas de darlle máis alegrías a esta afección, que o merece todo”. Pola súa parte, o presidente do CD Burela FS, José Ramón
15 de xuño de 2010
A porteira Jozi, convocada coa selección brasileira
Joziane de Oliveira, Jozi, foi convocada coa selección de fútbol sala feminino de Brasil para o vindeiro 4 de xullo en Fortaleza. O club recibiu a notificación pola que a confederación brasileira chama á xogadora, que xa foi internacional en varias ocasións. Sen dúbida, esta é unha boa noticia para Jozi, que está a facer unha excelente campaña co Burela FSF no debut do cadro laranxa en Honra.
16 de xuño de 2010
Gala de Clausura das ED Burela FS
A EDM Burela FS celebra, o venres día 18, a Gala de Clausura da tempada 2009/10 nun acto que se celebrará no auditorio municipal, a partir das 18:15 horas. Durante o evento proxectaranse as mellores fotografías da campaña. Algúns conxuntos da escola continuarán a súa actividade coa participación en diferentes torneos. É o caso dos equipos benxamín e alevín que disputan, os días 19 e 20 de xuño, o V Torneo Fútbol sala Cidade de Betanzos.
16 de xuño de 2010
Lidia xogará un ano máis en Honra co equipo laranxa
A xogadora ferrolá Lidia María Mesías Espiñeira firmou a renovación co club laranxa acompañada polo presidente da entidade, José Ramón González, e manifestou a súa satisfacción pola tempada que remata: “a nivel persoal está a ser unha experiencia estupenda e gustaríame agradecerlle tanto ao club como á afección o apoio recibido. Para nós é moi importante”. Lidia viviu con satisfacción a súa firma por un ano máis e considera que “aínda
18 de xuño de 2010
O Burela FSF remata a competición de Honra en Valladolid
O equipo feminino viaxa a Valladolid para disputar o sábado (18:30 horas) a última xornada do campionato. As castelás e o  Burela FS Pescados Rubén vivirán un dos partidos máis igualados entre dous conxuntos separados por un único punto. Ambos rivais pugnarán por alcanzar a sexta praza da clasificación, ocupada na actualidade polo Navalcarnero. Pardeiro non poderá contar case con toda probabilidade con Lidia para o choque. A xogad
18 de xuño de 2010
O Burela FSF goleou ao Valladolid no epílogo do seu debut na elite
O Burela FSF Pescados Rubén despediuse da súa primeira tempada na División de Honra cun gran sabor de boca, logo de golear a domicilio ao Valladolid FSF: 1-7. As xogadoras burelás foron moi superiores ao conxunto castelán durante os corenta minutos do partido e saíron en tromba nos primeiros cinco minutos, o que provocou que o Burela FSF puxese rapidamente terra polo medio con doas tantos de Rosana. A pesar desta renda, as lara
20 de xuño de 2010  |  La Voz de Galicia
O CD Burela FS ficha o mozo andaluz Víctor Manuel Cachón
O CD Burela FS, seguindo a súa política de apostar pola xuventude, incorpora o xogador gaditano Víctor Manuel Cachón Suazo, que se compromete co club laranxa para a tempada 2010/11. Procedente do Extremadura Cáceres 2016, onde marcou 19 goles, Cachón é un ala-pivote zurdo de 22 anos, que destaca pola súa capacidade goleadora, velocidade e desbordamento. Víctor Manuel Cachón é unha das novas promesas do panorama nacional, internacional
21 de xuño de 2010
Dani Martín non continuará no CD Burela FS
Dani Martín non continuará nas filas do CD Burela FS. O xogador salmantino, que realizou unha excelente tempada co club burelense, sendo o máximo goleador do equipo cun total de 33 goles, decidiu non aceptar a oferta de renovación da entidade. O club agradece a achega e comportamento do xogador durante a tempada e deséxalle sorte na súa nova aventura deportiva.
21 de xuño de 2010
Boa actuación dos alevíns e benxamíns no Torneo de Betanzos
O equipo alevín da ED Burela FS finalizou o Torneo Cidade de Betanzos como subcampión, ao caer na final ante o Azkar por 0-6. A escuadra dirixida por Madar non tivo o seu mellor día ante o cadro transportista, aínda que este resultado non enturba o seu bo torneo. No grupo, o alevín laranxa desfíxose con facilidade do Hércules (13-0), aínda que perdeu por 4-0 ante o Troula. Na rolda de semifinais, venceu con autoridade ao Guitiriz por 8-3.
21 de xuño de 2010
A EDM Burela FS pechou a tempada coa celebración da gala de clausura
A gala de clausura da EDM Burela FS, celebrada o venres 18, logrou un altísimo nivel de asistencia de alumnos/as da escola burelense, que está integrada por 140 xogadores/as ata a categoría infantil. Alfonso Mera, director da escola laranxa agradeceu “a presenza de todos os asistentes a este acto que ten como obxectivo recoñecer e premiar o esforzo e dedicación de todos os alumnos/as da nosa escola. Tiveron un comportamento notable durante a t
21 de xuño de 2010
Jozi ocupará a portería do Burela FSF un ano máis
A xogadora brasileira vén de asinar a renovación co club para a vindeira tempada, logo dun ano de adaptación á División de Honra. “Para min foi un ano moi interesante porque me permitiu participar nunha Liga dun gran potencial deportivo e ademais serviume para coñecer o club e esta grande afección”, dixo Jozi, que estivo acompañada na súa comparecencia polo directivo Marcelino Luna. Luna quixo destacar a colaboración “constante” de Joz
22 de xuño de 2010
Matrícula de honra para o Burela FSF Pescados Rubén na súa estrea na elite nacional
O Burela FSF Pescados Rubén pechou en Valladolid a súa brillante e histórica estrea na División de Honra, competición que finalizou en sexta posición e sendo unha das sensacións do campionato. Ademais da excelente praza conquistada na Liga, o equipo dirixido por Javier Pardeiro logrou clasificarse para a Copa de España disputada en Ourense, onde ofreceu unha grande imaxe, a pesar de caer ante o Femesala Elxe. Pola súa traxe
22 de xuño de 2010
O Burela FS agasalla ao FS A Mariña con indumentaria deportiva para a final de 'Todos polo Fútbol'
O CD Burela FS agasallou na tarde de onte ao equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, FS A Mariña, coa doazón de indumentaria deportiva, que poderá estrear na súa vindeira cita, a final da Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, o venres 2 de xullo, en Burela. No pavillón Monte Castelo, o directivo do club Marcelino Luna e o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, foron os encargados de facerlles entrega aos xogadores de
23 de xuño de 2010
O Vermoim portugués, rival dos xuvenís laranxas en Ourense
O equipo xuvenil do CD Burela FS enfrontarase ao Vermoim, de Portugal, o vindeiro sábado, 26 de xuño, na Cidade das Burgas, nun torneo organizado polo Ponte Ourense CF. O polideportivo de Oira acollerá un cuadrangular no que, ademais dos lusos e dos mariñáns, tamén participarán o Baíña FS, de Baiona, e o Ponte Ourense CF, como anfitrión. Ás 10.30 horas estrearanse en duelo os pontevedreses e os ourensáns e, ás 12.00, tocaralle
24 de xuño de 2010
Os técnicos Padú e Juanito visitarán o IV Campus Internacional Burela FS (14-17 de xullo)
O adestrador brasileiro Paulo Eduardo de Jesús ‘Padú’ e o técnico ex-burelista Juan Miguel García ‘Juanito’ xa confirmaron a súa presenza no Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS, que durante estes días supervisa minuciosamente os últimos detalles para que na cuarta edición se volva repetir o éxito de anos anteriores. Entre o 14 e o 17 de xullo, o campus laranxa reunirá o mellorciño do panorama profesional futbolíst
24 de xuño de 2010
Turero seguirá no Burela FS dúas tempadas máis
O canteirán Rubén García Freije, Turero, seguirá vinculado ao CD Burela FS nas dúas próximas tempadas. O pivote trabadense formalizou esta semana a súa renovación nas oficinas da entidade laranxa acompañado polo directivo José Luis Sáez. Turero recoñeceu a súa ledicia por manter a cor laranxa na súa emerxente traxectoria deportiva: “Tiña moitas ganas de seguir no Burela FS; no meu primeiro ano en Prata aprendín moito e para min é unha
25 de xuño de 2010
Presentación da final de 'Todos polo Fútbol'
O centro burelao da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña acolleu esta mañá a presentación da fase final da IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, que terá lugar o vindeiro venres 2 de xullo, no pavillón Vista Alegre de Burela. Xunto á presidenta da entidade, Iris Castro, e a coordinadora do centro, Mª. José Nóvoa, o acto contou coa presenza do alcalde burelao, Alfredo Llano; a concelleira de Deportes, Neves Cando; a concelle
25 de xuño de 2010
Javi Rodríguez deixa a disciplina laranxa
Javi Rodríguez non continuará no CD Burela FS a vindeira tempada. Despois de diferentes xuntanzas co club, o ala canario deixa a disciplina laranxa e o fútbol sala español por unha proposta ‘irrexeitable en Rusia’. Aínda en idade xuvenil, Javi Rodríguez chegou a Burela na tempada 2007-08, como unha promesa de calidade, que co paso dos minutos e dos partidos coa camiseta laranxa se converteu nun xogador de extraordinaria proxección. Ago
28 de xuño de 2010
O Monte Castelo converterase en romaría entre o 29 de xullo e o 1 de agosto
O Monte Castelo de Burela acollerá unha nova edición da súa tradicional romaría entre o 29 de xullo e o 1 de agosto. A presentación da programación de 2010 terá lugar o venres 9 de xullo, no Salón de Actos de Burela (antiga biblioteca), ás 12.30 horas. As parcelas conservarán o prezo da anterior edición, 120 euros ou 80, segundo dispoñan de mesa ou non; en ambos os dous casos a metade do importe constituirá a fianza e
29 de xuño de 2010
Manuel Blanco e Edu lanzan unha mensaxe de confianza no proxecto laranxa
O Burela FS na figura do seu vicepresidente, Manuel Blanco, quere lanzar unha mensaxe de optimismo de cara á vindeira tempada. Blanco estivo acompañado polo porteiro Edu, que tamén fixo extensible a súa aposta polo club laranxa. “O Burela FS conta cunha base sólida e queremos seguir a traballar por un proxecto que ilusione, sendo conscientes das limitacións do momento no que vivimos, pero sempre coa garantía que nos outorga a grande afección a
29 de xuño de 2010
O ala-peche Adri Gaona lucirá a camiseta burelista en 2010-11
O ala-peche Adrián Gaona Martín lucirá a camiseta do CD Burela FS na tempada 2010-11. O gaditano, de 24 anos, chegará á Mariña procedente do Extremadura Cáceres 2016, conxunto no que militou durante o último exercicio, destacando pola súa polivalencia e liderado. A pesar da súa xuventude, Adri Gaona xa conta cunha dilatada experiencia en Prata; ademais do Cáceres (2009-10), o xogador tamén gozou da categoría no CFS Laguna Playas de Sal
29 de xuño de 2010
43 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores