Noticias
Arquivo de Xuño 2011
Xornada das categorías de base
COPA NACIONAL XUVENIL-SEMIFINAIS Burela FS-Cidade de Ourense (partido de volta) Sábado 4 de xuño, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
1 de xuño de 2011
Talleres Pomeda, concesionario oficial de la Copa de España
Talleres Pomeda será o concesionario oficial da Copa de España Burela 2011 que se celebra os días 3, 4 e 5 en Vista Alegre. A empresa burelá cede vehículos para a mobilidade da organización e equipos participantes, ademais de garantir o apoio loxístico para a celebración do evento deportivo. Deste xeito, unha das empresas automobilísticas máis representativas e con maior tradición na vila únese á ‘familia laranxa’ como empresa colabora
2 de xuño de 2011
Ambientazo para gozar do mellor fútbol sala nacional en Burela 2011
A primeira xornada da XVII Copa de España Burela FS comezou cun grande ambiente dentro e fóra da pista. Os equipos, os mellores da División de Honra, non defraudaron e a bancada, como non podía ser doutro xeito en Vista Alegre, vibrou co espectáculo futbolístico. O campión da liga 2010-11 abriu a xornada de cuartos ante o Natudelia.com Zaragoza, ao que se impuxo por 4-2; as galegas dominaron en finalización ante as aragonesas, que deix
3 de xuño de 2011
O Burela vence o Córdoba (4-3) e cóase nas semifinais da Copa
O Burela FS Pescados Rubén verase as caras mañá co Móstoles FSF na semifinais da Copa de España en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas. As xogadoras de Pardeiro, arroupadas por unha numerosa e animada afección, tomaron a dianteira e a iniciativa para impoñerse ao Cajasur Córdoba por 4-3. Pola mañá, a bomboneira acollerá a outra semifinal ás 12.00 horas entre o Ponte Ourense SAD e o Rioja Diamante. Ficha técnica
3 de xuño de 2011
O Rioja gaña o pase á final da Copa de España eliminando ao favorito Ponte Ourense (0-1)
As semifinais da Copa de España Burela 2011 comezaron con sorpresa. O equipo revelación, o Rioja Diamante, que xa eliminou en cuartos o Atlético de Madrid Navalcarnero, tocou na campá da fortuna vencendo ao favorito ao título, Ponte Ourense SAD por un axustado 0-1. O Rioja Diamante contivo a forza e as chegadas perigosas do campión de liga cunha defensa moi traballada e aparicións moi acertadas da gardameta logroñesa. E chegou a recomp
4 de xuño de 2011
As laranxas deixan a Copa ante o Móstoles (2-1) pelexando ata o último suspiro
A festa laranxa non puido rematar con final galego. O Burela FS deixa a Copa de España cunha meritoria imaxe dentro e fóra da pista, como un loitador incansable, pelexando ata o último suspiro ante o Móstoles (2-1), que loitará por validar o título. Definitivamente esta non era unha final predestinada para os equipos irmandiños. Xa o presaxiou pola mañá a eliminación do favoritísimo Ponte Ourense, contra todo prognóstico, e pola t
4 de xuño de 2011
O Móstoles valida a Copa de España (2-4) ante un serio Diamante
O Móstoles FSF proclamouse campión de España esta tarde en Vista Alegre ante un Diamante Rioja moi serio, con pouca fortuna na finalización. Cun marcador de 2-4, as madrileñas validan o título acadado en 2010 tamén en terras galegas, en Ourense; a copa de Burela suma a terceira da súa historia. As primeiras chegadas, aínda que sen moito perigo, foron para as diamantinas. No minuto 4 tivo unha boa ocasión Bea Martín, pero a presión most
5 de xuño de 2011  |  Foto: ACFSF
Resultados das categorías de base
COPA NACIONAL XUVENIL-SEMIFINAIS   Burela FS 7-5 Cidade de Ourense (partido de volta)
7 de xuño de 2011
O Burela FS pecha o regreso de Vanessa ao Chapecó
O CD Burela FS pechou negociacións para o regreso de Vanessa Pereira ao seu club de procedencia, o UnoChapecó brasileiro, cumprindo unha cláusula contractual. A ala zurda, de 23 anos, puxo rumbo onte ao seu país para incorporarse á liga canarinha. A xogadora chegou ás filas laranxas en decembro de 2010, tras proclamarse campioa coa selección canarinha no I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Madrid, 6-11 decembro), xunto á ga
7 de xuño de 2011
O Burela FS pon en marcha a quinta edición do Campus (13-16 xullo)
O Burela FS xa ten en marcha o V Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base, a cita futboleira do verán, que terá lugar entre o 13 e o 16 de xullo e na que a entidade laranxa volverá reunir os mellores especialistas nacionais e internacionais na materia. Todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte con xogadores e técnicos de renome poderán reserv
7 de xuño de 2011
Os consellos fisioterapéuticos pechan mañá as Xornadas Formativas 2011
A aula de usos múltiples do IES Monte Castelo acollerá mañá o último relatorio das Xornadas Formativas Burela FS 2011, a través de consellos fisioterapéuticos, a partir das 17.30 horas. Baixo o título “A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”, o fisioterapueta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, porá o broche final ao ciclo laranxa na súa terceira edición, que tamén contou coa p
8 de xuño de 2011
O Burela FS homenaxea a Pescados Rubén
Coincidindo coa XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011, o CD Burela FS quixo render homenaxe a un dos principais apoios na súa traxectoria ao longo de case dez anos de historia, Pescados Rubén SL, coa concesión da Insignia de Ouro e Brillantes. O presidente burelista, José Ramón González Casas, fíxolles entrega da máxima distinción da entidade laranxa a Rubén Blanco e Cesarina Fanego, fundadores da empresa mariñá, na compaña d
9 de xuño de 2011  |  Foto: Miguel Bestué
O Xacobeo agarda os xuvenís laranxas na final da Copa, en Lugo
O Xacobeo Autos Lobelle de Santiago agardará este sábado os xuvenís laranxas na final da Copa, que terá lugar no pavillón municipal de Lugo, a partir das 20.15 horas. O Burela FS conseguiu o billete para a final despois de vencer o Cidade de Ourense, por 3-6 e 7-5 en encontros de ida e volta, na semifinal. Agora para a gran cita, os pupilos de Iván Cao, Lucas, chegan con toda a ilusión para dar a sorpr
9 de xuño de 2011
Joma, novo sponsor do CD Burela FS
Joma será o novo sponsor oficial do CD Burela FS de cara á tempada 2011-12. O responsable da área de fútbol sala do departamento de mercadotecnia da empresa deportiva, Óscar Jiménez, reuniuse a semana pasada co director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, e o directivo Antonio Couto para asinar o contrato de patrocinio polo que a marca proverá de vestimenta deportiva o Burela FS masculino e feminino, así como as categorías de base.
10 de xuño de 2011
As Xornadas Formativas despídense coa aplicación da vendaxe funcional
O fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino, Fiz Fernández, foi o encargado de despedir as III Xornadas Formativas Burela FS onte no IES Monte Castelo, coa vendaxe funcional na escordadura de nocello como eixe do seu relatorio. Nesta última sesión do ciclo laranxa, o especialista abordou os diferentes tipos de escordaduras, técnicas de tratamento, contraindicacións e material adecuado. A xornada rematou cunha parte práctica por parellas.
10 de xuño de 2011
O Torneo de Base EON Burela FS suscita notable interese
Numerosos clubs, dende diferentes puntos do territorio español, amosaron interese por participar na primeira edición do Torneo de Base EON Burela FS que terá lugar na comarca da Mariña entre o 1 e o 3 de xullo. Ante a expectativa suscitada a organización decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o venres 17 de xuño, posto que xa contactaron coa entidade laranxa equipo
10 de xuño de 2011
Os xuvenís clausuran a tempada como subcampións da Copa Galicia
O Burela FS Xuvenil clausurou este sábado a tempada 2010-11 en Lugo como subcampión da Copa Galicia, tras unha final goleadora na que a balanza se inclinou a favor do Xacobeo Lobelle de Santiago (6-10). A pesar do equilibrio do primeiro período, os laranxas tiveron que pelexar co marcador en contra, con 1-4 ao toque do descanso. Con diferenza de 1-6, o Burela sacou forzas para nivelar o electrónico ata reducir as distancias con
13 de xuño de 2011
Alfonso Mera imparte un relatorio sobre seguridade deportiva no Monte Castelo
O alumnado do IES Monte Castelo de Burela aproximouse esta mañá á responsabilidade civil e seguridade deportiva nun relatorio do director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, integrado na formación de prevención de riscos laborais do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas. O licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, vinculado ao club laranxa dende 2005-06, trasladoulles aos/ás estudantes do primeiro curso da dev
15 de xuño de 2011
Betanzos e A Coruña, citas da ED EON Burela FS para pechar o curso
A ED EON Burela FS pechará o curso 2010-11 esta fin de semana co desprazamento aos torneos Cidade de Betanzos e Cidade da Coruña. Un total de 16 equipos benxamíns e alevíns reuniranse mañá na sexta edición da cita betanceira, distribuídos en dous grupos por categoría. O conxunto benxamín laranxa compartirá grupo con Troula FS B, O Parrulo Ferrol FS e Concello de Curtis e o Alevín B medirase a Azkar Lugo FS, Troula FS B e Bueu FS. As se
17 de xuño de 2011
Resultados das categorías de base en Betanzos e A Coruña
VI TORNEO CIDADE DE BETANZOS Troula FS Alevín B 1-3 ED EON Burela FS Alevín BTroula FS Benxamín B 12-1 ED EON Burela FS Prebenxamín ED EON Burela FS Prebenxamín 0-14 Concello de Curtis BenxamínED EON Burela FS Alevín B 7-4 Bueu FS Alevín Azkar Lugo FS Alevín 2-6 ED EON Burela FS Alevín BO Parrulo Ferr
20 de xuño de 2011
Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa
A tenda deportiva de Foz Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa prolongando a súa colaboración co CD Burela FS nun compromiso fiel que o seu director, Antonio Couto, adquiriu aló por 2001, nos propios xermolos do proxecto, non só como empresario senón tamén como socio fundador da entidade. Do mesmo xeito que noutras ocasións xa xestionou a incorporación de sponsorización para o club laranxa, de cara á nova tempada Antonio
21 de xuño de 2011
Recoñecemento aos logros burelistas
O alcalde de Burela, José María González Barcia, recibiu esta tarde as/os integrantes do Burela FS Pescados Rubén e Burela FS Xuvenil no consistorio en recoñecemento á súa meritoria traxectoria en 20010-11, como semifinalista da XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino e subcampión de Galicia, respectivamente. Xogadoras e xogadores estiveron acompañados dos corpos técnicos e do director xeral da ent
21 de xuño de 2011
Clausura do curso 2010-11 na ED EON Burela FS
A gala de clausura do curso 2010-11 na ED EON Burela FS reuniu onte no auditorio da casa da cultura representantes dos seus dez equipos, entre a categoría de prebenxamín e infantil. Os/As pequenos/as futbolistas puideron revivir os mellores momentos da tempada nunha presentación fotográfica. O director da escola, Alfonso Mera, agradeceu o comportamento de todo o alumnado durante a tempada: “Estamos moi contentos coa progresión que amos
23 de xuño de 2011
Cea fin de tempada
A Pataca Naranxa celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, unha cea de fin de tempada, na Parrillada de Jandro. Os representantes da peña burelista animan a todos/as os seareiros/as, socios/as e non socios/as, a reunirse nesta xuntanza como despedida dun excelente ano para o fútbol sala laranxa. A cita gastronómica está prevista para as 22.00 horas. Todos os interesados/as poden retirar o seu ticket  ata o venres 1 de xullo na propi
27 de xuño de 2011
Calendario DEFINITIVO do I Torneo EON A Mariña 2011
Dende aquí podes acceder ao calendario de enfrontamentos da primeira edición do Torneo EON de Fútbol Sala Base A Mariña 2011 (1, 2 e 3 de xullo). Os pavillóns Monte Castelo (Burela), Vista Alegre (Burela), A Veiga (San Cibrao) e Marzán (Foz) acollerán a cita que reunirá as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. 
29 de xuño de 2011
Presentación do I Torneo EON de Fútbol Sala Base A Mariña 2011 (1-3 de xullo)
O CD Burela FS presentou esta mesma mañá a referencia da base futbolística do verán, o I Torneo EON de Fútbol Sala Base A Mariña 2011, que reunirá na bisbarra unha ampla representación da canteira española, entre o 1 e o 3 de xullo. No salón de plenos do consistorio burelao, o presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, estivo acompañado polo alcalde, José María González Barcia, e a concelleira de Xuventude e Deporte, Beatriz Pi
29 de xuño de 2011
Lucía, primeira renovación do Burela FS Pescados Rubén
A ourensá Lucía Nespereira, unha das pichichis do Burela FS Pescados Rubén na historia da Honra laranxa, cumprirá o seu terceiro exercicio coa elástica burelista. O directivo do CD Burela FS Marcelino Luna recibiu a ala-peche onte pola tarde, nas oficinas do club, para formalizar a primeira renovación de 2011-12. “O interese pola miña continuidade en Burela foi mutuo dende o principio. Eu sempre me sentín moi cómoda; recibín un tratame
29 de xuño de 2011
O técnico internacional Sito Rivera participará no V Campus Burela FS (13-16 xullo)
O seleccionador nacional de Romanía, Tomás Rivera Amoros, máis coñecido como Sito Rivera, xa confirmou a súa participación na quinta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS. A cita reunirá os mellores profesionais nacionais e internacionais do fútbol sala na vila mariñá entre o 13 e o 16 de xullo, xunto a xogadoras, xogadores e corpos técnicos da entidade burelista.   [+ inf. na web do
30 de xuño de 2011
28 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores