Noticias
Arquivo de Xuño 2012
A polo podio e a Copa
O Burela Pescados Rubén pecha a competición ligueira en Vista Alegre ante o Universidade de Alicante, a cita festiva é o sábado ás 18.00 horas, horario unificado establecido pola Real Federación Española de Fútbol para as dúas últimas xornadas de Primeira División Feminina. O conxunto dirixido por Javier Pardeiro afronta este duelo cun dobre obxectivo, a terceira praza e chegar á Copa de Valladolid nunha dinámica gañadora. Unha vitoria
1 de xuño de 2012
O Burela FS Pescados Rubén colle vantaxe na serie ante o Martorell
Vista Alegre viviu unha noite de emoción desbordante no primeiro partido da serie que enfronta a Burela FS Pescados Rubén e Sala 5 Martorell polo ascenso a Primeira. A afección foi fiel á cita, tirou do equipo nos momentos máis complicados e celebrou despois por todo o alto a vitoria diante dos cataláns nunha agónica tanta final de penaltis. Os mariñáns levan agora vantaxe na serie e terán o vindeiro sábado (18.00 horas) en Cataluña o segundo
2 de xuño de 2012
Vista Alegre despídese con vitoria da Liga feminina
Vista Alegre despediuse da Liga en Primeira División feminina coa vitoria do Burela FSF Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante (4-1) e o equipo de Javier Pardeiro clasificado nun meritorio terceiro posto a escasas datas para a disputa da Copa de España. Presionaron as alacantinas a saída do balón ás locais intentando dificultar o xogo de posesión laranxa, aínda que o Burela se adiantou cun tanto de Dolo no minuto 5 (1-0) e
3 de xuño de 2012
A Copa de España volverá unir o Burela FS e o Cajasur Córdoba (Valladolid, 8-10 xuño)
A Copa de España volverá unir as traxectorias do Burela FS Pescados Rubén e o Cajasur Córdoba nos cuartos de final, un ano despois da cita de Vista Alegre. O pavillón Pilar Fernández Valderrama de Valladolid acollerá a vixésimo oitava edición entre o 8 e o 10 de xuño.  Os sete primeiros clasificados na liga e o anfitrión do torneo, o Valladolid, buscarán un título do que é vixente campión o Móstoles FSF. Os cuartos de final arrin
5 de xuño de 2012
Galicia en Goles retransmitirá o Martorell-Burela FS
Galicia en Goles Fin de Semana, da Radio Galega, será testemuño do periplo burelista en Martorell, coa retransmisión de toda a eliminatoria. Desde o venres, a Radio Galega tamén ofrecerá información detallada da Copa de España Valladolid 2012 nos boletíns horarios e nos programas das 20.30 e 23.00 horas. A canle seguirá as semifinais en directo o sábado, no caso de que haxa representación irmandiña. Ra
5 de xuño de 2012  |  Foto: Galicia en Goles
Xoula Ribadeo-FSF Lucense, nas semifinais da Copa Provincial
As semifinais da Copa Provincial Feminina depararán o cruzamento entre o Xoula Ribadeo FS, primeiro clasificado do Grupo A, e o FSF Lucense, segundo do B. Será o vindeiro sábado, 9 de xuño, na Casa do Deporte de Lugo. Finalizou a liga de clasificación cun Xoula que non coñece a derrota, 6 partidos, 18 puntos, 29 goles a favor e 3 en contra. Os últimos 3 puntos conseguiunos ante o Donapel Monterroso o pasado sábado en Ribadeo, ao que v
6 de xuño de 2012
Xornada da base laranxa para a fin de semana
Copa Autonómica Cadete Domingo 10 de xuño, pavillón municipal dos Deportes de Lugo 11.00 horas: Azkar Lugo FS-Hércules FS (1)12.00 horas: Vigo 2015 FS-Burela FS Espina & Delfín (2) 17.00 horas: Gañador 1-Gañador 2   VII Torneo Os Meigallos San Juan 2012, Sarria Sábado 9 de xuño, pavillón do Cha
7 de xuño de 2012
Camiño á perfección... por partida dobre
Prepárase unha fin de semana digna de culto para os amantes do deporte e do fútbol sala laranxa. As horas pasan e cada vez está máis preto ese destino do camiño á perfección, por partida dobre, que emprendeu o Burela FS Pescados Rubén a comezos de tempada, no seu décimo aniversario, cheo de soños e esperanzas. No horizonte laranxa da Primeira División Feminina sitúase a XVIII Copa de España (Valladolid, 8-10 de xuño) e á Segunda Masculina agár
7 de xuño de 2012
Sigue o Burela FS en Twitter (@burelafs), coa Copa de España e o play off
Non puideches ir a Valladolid? Martorell está a nada máis e nada menos ca 1.007 quilómetros? Non te preocupes, poderás seguir as fazañas do Burela FS Pescados Rubén tanto na Copa de España Valladolid 2012 coma no play off a Primeira fronte ao Sala 5 Martorell, a través de twitter (@burelafs). Mañá, a partir das 12.30 horas estréase a túa cita cos tweets laranxas, para vivir os cuartos da Copa entre o Burela FS e o Cajasur Córdoba. O sá
7 de xuño de 2012
O Burela Pescados Rubén presenta a súa candidatura á Copa de España
O Burela Pescados Rubén presentou as súas credenciais na Copa de España que se disputa en Valladolid ante un Cajasur Córdoba que, por segunda tempada consecutiva, cae nos cuartos de final ante o conxunto burelense. Nesta ocasión, a vitoria laranxa foi máis contundente (7-3) aínda que o choque estivo moi equilibrado, especialmente no primeiro período. Ambos os conxuntos iniciaron o partido con moita intensidade e presionando ao seu riva
8 de xuño de 2012
O Burela FS seguirá soñando coa elite no terceiro encontro en Martorell
O Burela FS Pescados Rubén esgotará as oportunidades para o ascenso á Primeira División. O resultado desta tarde para beneficio do Sala 5 Martorell (3-2) obriga o conxunto laranxa a disputar o terceiro encontro mañá, a partir das 20.30 horas, no municipal da localidade catalá, para seguir soñando coa elite. Acompañados polos cánticos dun cento de afeccionados/as aproximadamente, os burelistas souberon repoñerse ao tant
9 de xuño de 2012
O Burela Pescados Rubén eliminado da Copa de España
O Burela Pescados Rubén cae eliminado na semifinais da Copa de España ante o Atléticico de Madrid Navalcarnero por 4-0, un castigo excesivo tras o visto na pista do Pilar Fernández Valderrama de Valladolid. O encontro comezou con ambos os equipos tanteando a situación e unha animosa afección laranxa que se fixo sentir durante todo o partido.
10 de xuño de 2012
Non puido ser...
O Burela FS Pescados Rubén quedou onte ás portas de lograr o ascenso en Martorell, arroupado por un centenar de afeccionados laranxas, e de acompañar así o Oxipharma a próxima tempada en Primeira. Na sétima tentativa por coarse na elite cruzouse o Sala 5 Martorell, un rival que conseguiu remontar a desvantaxe de Vista Alegre sen ser superior no desenlace da eliminatoria. No terceiro e definitivo partido, o conxunto catalán impúxose po
11 de xuño de 2012
Ao Ribadeo FS escápalle a Copa Provincial
Os equipos ribadenses finalizaron a tempada a un paso de conseguir a Copa Provincial, na Casa do Deporte de Lugo. O Xoula non tivo o día na súa terceira final de copa consecutiva e acabou perdendo co Quiroga por 4-0, un castigo excesivo para o presenciado na pista. As mariñás tiveron que enfrontarse en semifinais ao potente FSF Lucense, cuxo resultado de 1-1 levou a ambos á quenda de penaltis; os lanzamentos decantaron o resultado a favor
11 de xuño de 2012
O infantil laranxa, campión do torneo de Sarria
O ED EON Burela FS Infantil triunfou colectiva e individualmente esta fin de semana no VII Torneo Os Meigallos de Sarria. Ademais de proclamarse campión, recibiu o galardón de máximo goleador na figura de Álex García, que tamén foi recoñecido como o mellor xogador da competición xunto a outro burelista, Mamadou Diouf. O conxunto laranxa, que adestra Carlos Méndez, conseguiu o pase á final tras impoñer
11 de xuño de 2012
Xornada das categorías de base
Amigables Mondoñedo/Lourenzá Cadete-Burela FS Espina & Delfín Domingo 17 de xuño, ás 18.00 horas, no pavillón de Mondoñedo
15 de xuño de 2012
Resultados das categorías de base
Amigables Mondoñedo/Lourenzá Cadete 2-3 Burela FS Espina & Delfín  
18 de xuño de 2012
Unha prometedora primeira parte non lle concede ao Burela o billete para a final da Copa Xuvenil
O Burela FS Pescados Rubén non puido chegar á final da Copa FGF Liga Nacional Xuvenil ao caer o sábado, ante a afección laranxa, fronte ao Autos Lobelle (3-6). A primeira parte prometedora dos de Iván Cao, con potencial, pegada e poderío físico, non tivo a continuidade necesaria tras o descanso, que converteu o empate 1-1 nunha vantaxe notable dos composteláns. Os burelistas comezaron o partido con intensidade e na primeira parte tutea
18 de xuño de 2012
As promesas burelistas dan a benvida ao verán no Cidade de Betanzos
As pequenas promesas da ED EON Burela FS daranlle a benvida ao verán esta fin de semana no VII Torneo Cidade de Betanzos, coa  participación das categorías benxamín e alevín. Aínda que a competición, cun total de 16 equipos, se inagura esta tarde no pavillón municipal betanceiro, os deportistas laranxas non se estrearán ata mañá coa primeira fase. O conxunto benxamín compartirá o Grupo B co Parrulo Ferrol FS, EDM Concello de Curti
22 de xuño de 2012
A ED EON Burela FS, subcampioa alevín en Betanzos
A ED EON Burela FS conseguiu un novo éxito e novo trofeo para a vitrina laranxa esta fin de semana, no VII Torneo Cidade de Betanzos. O conxunto alevín proclamouse subcampión despois dunha rifadísima final ante O Parrulo Ferrol, que se decidiu na sorte dos penaltis, tras o empate 1-1. O equipo burelista accedeu á fase final despois de vencer ao Azkar Lugo (4-3) e Deportivo Atalantes (1-8) e empatar co Troula Betanzos (2-2). Nas semifi
25 de xuño de 2012
Haydee participa no II Campus Concello de Poio
A xogadora laranxa Haydee Agras participa durante a xornada de hoxe no II Campus de Fútbol Sala Concello de Poio, que reunirá ao longo da semana en torno a medio cento de rapaces e rapazas de entre 5 e 18 anos. A ala-peche burelista compartirá o día gozando dos beneficios do deporte coas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, xunto a persoal técnico do Poio FS e do Azkar Lugo.
25 de xuño de 2012
Julio Delgado seguirá á fronte do Burela FS a vindeira tempada
O salmantino Julio Delgado seguirá á fronte do CD Burela FS Pescados Rubén en 2012-13. O técnico asinou a súa renovación para a próxima tempada na compaña do presidente, José Ramón González Casas, e do vicepresidente, Manuel Blanco Fanego. Julio Delgado declarouse “absolutamente feliz” por unha renovación “doada posto que as dúas partes estabamos totalmente predispostas”. “Aínda que dende o club xa comezamos a bosquexar a planificación
25 de xuño de 2012
A ED EON despide a tempada 2011-12
A Escola Deportiva EON Burela FS  pechou a campaña 2011-12 onte coa festa de fin de tempada, no auditorio municipal da localidade mariñá. O alumnado asistente recibiu medallas conmemorativas do curso como recoñecemento ao seu traballo e esforzo. O acto estivo presidido polo tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, acompañando o director da escola, Alfonso Mera Río,
26 de xuño de 2012
O campus laranxa, todo un clásico do verán da Mariña
Cun lustro de experiencias, formación con deportistas de elite e, sobre todo, diversión volve o Campus Internacional Mixto de Fútbol Sala Base Burela FS convertido en todo un clásico xa no verán da Mariña. Para a sexta edición, que terá lugar entre o 12 e o 14 de xullo, as inscricións marchan a moi bo ritmo, [...]   [+ inf. na web do
26 de xuño de 2012
24 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores