Noticias
Arquivo de Xuño 2013
Apúntate! Non o dubides. Probas de incorporación ás categorías de base laranxas
A escola do CD Burela FS Pescados Rubén abre o prazo de incorporación de todos aqueles rapaces/as que desexen formar parte da estrutura laranxa de cara á tempada 2013-14. A partir de hoxe e ata o luns 10 de xuño, tod@s os interesad@s poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte dunha das escolas máis prolíficas do fútbol sala naciona
1 de xuño de 2013
Primeira asemblea de socios/as baixo a presidencia de Manuel Blanco (martes 11 de xuño)
A nova xunta directiva do CD Burela FS Pescados Rubén, presidida dende hoxe por Manuel Blanco Fanego, convoca Asemblea Extraordinaria de Socios para o martes 11 de xuño. A devandita reunión terá lugar no salón de conferencias (antiga biblioteca) de Burela ás 20.00 e 20.30 horas como primeira e segunda convocatorias, respectivamente. Orde do día: &
1 de xuño de 2013
Nacho Pedraza, Hugo e Enrique Cánovas deixan o Burela FS
Os alas Nacho Pedraza e Hugo Sánchez e o peche Enrique Cánovas non seguirán no CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14, despois de rematar o contrato dunha tempada que os unía á estrutura laranxa. Os tres xogadores chegaron a comezos de 2012-13 para defender o obxectivo da permanencia na estrea da entidade mariñá na máxima categoría do fútbol sala. Dende o club, agradecémoslles a Nacho, Enrique e Hugo o seu traballo du
5 de xuño de 2013
Un festexo moi especial
Os usuarios/as da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña ofrecéronlle á gardameta laranxa Patri un festexo moi especial polo dobrete da Liga e da Copa de España. O colectivo brindoulle un gran recibimento á xogadora hai uns días no seu centro de Burela, onde Patri realiza xornadas de voluntariado de atención sociosanitaria dende o mes de xaneiro. Xunto á porteira, tamén compartiu a festa cos integrantes da asociación o di
7 de xuño de 2013
Javier Pardeiro non seguirá nas filas laranxas
Javier Pardeiro non seguirá á fronte do Burela FS Pescados Rubén da Primeira División RFEF a vindeira tempada, tras rematar o seu contrato. O presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, comunicáronlle onte pola tarde a decisión da directiva da non renovación. “Despois de avaliar e reflexionar sobre a orientación do proxecto, chegamos á conclusión de que este é o momento de rematar un ciclo e pensar en novas met
7 de xuño de 2013
Calendario da base burelista para a fin de semana
A final da Copa da Mariña e o torneo mindoniense O Pasatempo ateigarán o calendario da base burelista esta fin de semana. O sábado, para os xuvenís, na terra de Cunqueiro, os rivais da primeira eliminatoria serán Sidrería San Blas e Llourinhos. Vista Alegre acollerá o domingo pola tarde as finais de benxamíns, alevíns e infantís con pleno de presenza laranxa. Copa Liga Nac
7 de xuño de 2013
ED EON Burela FS Alevín
A ED EON Burela FS brillou na Copa da Mariña
A cor laranxa iluminou o pavillón Vista Alegre na final da Copa da Mariña disputada o domingo pasado, co título de campións para a ED EON Burela FS nas categorías alevín e infantil e o de subcampións para os benxamíns e de novo infantís. O equipo alevín impúxose con solvencia ao ED Lourenzá-Mondoñedo por 4-1. Máis igualado estivo o duelo cento por cento burelista en infantís, co resultado favorable para a ED EON A fronte á ED EON
11 de xuño de 2013
A escola laranxa participa no Torneo Cidade da Coruña
A ED Eon Burela FS participa no Torneo Cidade da Coruña que se celebra os días 14 e 15 de xuño. No torneo herculino compiten os equipos laranxas de categoría alevín, infantil, cadete e xuvenil. Copa Autonómica. O equipo xuvenil enfróntase ao ED Vigo 2015 nas semifinais da Copa Autonómica. O encontro celébrase no pavillón Vista Alegre de Burela, o vindeiro sábado día 16 ás 18.30 horas.
14 de xuño de 2013
O CD Burela FS colabora con Imdecum na I Xornada de Fútbol Sala Base na Rúa
O CD Burela FS Pescados Rubén colaborará na I Xornada de Fútbol Sala na Rúa da Fundación Imdecum, que ofrecerá unha divertida sesión de achegamento á práctica deportiva o mércores 26 de xuño. A praza da Mariña de Burela engalanarase coa emoción do futsal para que todos os rapaces/as de 6 a 18 anos (nados/as entre 1995 a 2006) poidan pasar unha entretida xornada lúd
18 de xuño de 2013
Burela FS Xuvenil, subcampión no Cidade da Coruña
O Burela FS Xuvenil proclamouse subcampión no Torneo Cidade da Coruña a pasada fin de semana. Catro vitorias e un empate déronlle o billete para a final; o venres impúxose a Ex-Alcohólicos (5-3); o sábado arrancou a xornada con empate 4-4 fronte ao Troula FS, quentando motores para o dobre triunfo por 8-3 con CD Riazor e Bosco Norbrok, e o domingo, en semifinais, arrebatoulle o marcador ao Hércules FS (2-5). Na gran cita o equipo de Chris
18 de xuño de 2013
VII Campionato de Balompé Todos polo Fútbol (sábado 22, A Gándara)
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña internarase no periplo da final do VII Campionato de Balompé Todos polo Fútbol este sábado,  no pavillón da Gándara de Narón. O conxunto mariñán estará acompañado pola gardameta laranxa Patri, voluntaria no centro da asociación en Burela dende o mes de xaneiro. Esta cita será o colofón da tempada para nove conxuntos que dende o mes de marzo ata mediados de xuño p
19 de xuño de 2013
Betanzos e A Coruña, destinos das promesas burelistas na estrea estival
A base do club laranxa estreará o verán co VIII Torneo Cidade de Betanzos e a Copa Autonómica Cadete. Integrada no Grupo A, o sábado a ED EON Burela FS Alevín disputará con Troula Betanzos FS (15.40 horas), 5 A Coruña FS (19.00) e O Parrulo Ferrol FS (23.10). O Grupo B estará composto por Santiago Futsal, A Solaina, Azkar Lugo e Gonzalo Torrente Ballester. No caso de quedar entre os dous primeiros, o equipo mariñán gañar
20 de xuño de 2013
Semifinais da Copa Autonómica Xuvenil, en San Xoán
O conxunto xuvenil disputará o partido de volta das semifinais da Copa Autonómica o vindeiro luns, ante a ED Vigo 2015 FS; será ás 19.30 horas, no municipal de Tui.   Na ida o resultado de Vista Alegre favoreceu os laranxas, por 2-1.    
21 de xuño de 2013
O ala madrileño Hugo xa é xogador laranxa
O ala madrileño Hugo Bernárdez López defenderá as cores laranxas en 2013-14. Nas vindeiras semanas, o CD Burela FS Pescados Rubén realizará a presentación oficial do xogador, que xa disputou a última campaña en terras galegas, no Santiago Futsal. A traxectoria de Hugo, de 27 anos, está asolagada dos grandes do fútbol sala español. Formado na base do Grucer Corazonistas, deu o salto ao Carnicer Torrejón no 2004-05; Interviú Boomera
21 de xuño de 2013
Os cadetes triunfan na Copa e os xuvenís acceden á final
A base laranxa pechou unha excelente fin de semana nas citas copeiras. O Burela FS Pescados Rubén Cadete proclamouse campión da Copa Autonómica e o xuvenil conseguiu o billete para o último chanzo do reto galego. O conxunto cadete, tutelado na Coruña por Mario Pillado, accedeu á gran final despois de vencer en semifinais ao anfitrión, Colegio Liceo (1-5). O título lucirá na vitrina mariñá,  tras 2-6 ante o ED Vigo 2015 FS. Os
25 de xuño de 2013
A ED EON Burela FS despide o curso 2012-13 este xoves
A ED EON Burela FS despedirá o curso 2012-13 este xoves. A cada da cultura de Burela acollerá a gala de clausura ás 19.30 horas reunindo as catro categorías da escola, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, ademais de cadetes e xuvenís, integrados na estrutura de base do equipo sénior de Primeira LNFS. A escola laranxa premiará o traballo e aprendizaxe do seu alumnado, preto de 150 rapaces/as, coa entrega de medallas conmemorat
25 de xuño de 2013
O mariñán Quico Otero, novo adestrador do Burela FS en Primeira RFEF
O técnico mariñán Francisco Ramón Gómez Otero, coñecido deportivamente como Quico Otero, dirixirá o CD Burela FS Pescados Rubén en Primeira División RFEF a vindeira tempada. O adestrador (Viveiro, 1961) reuniuse onte  pola tarde na sede laranxa co presidente e o vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luis Sáez, para formalizar o contrato que o vincula á entidade no exercicio 2013-14. O ex-preparador do lendario Cefire B
26 de xuño de 2013
A Festa de Todos polo Fútbol
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña obtivo a fin de semana pasada a meritoria quinta praza no VII Campionato de Balompé Todos polo Fútbol en Narón, arroupado pola meta do Burela FS Pescados Rubén Patri. O título da cita que coordina a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) recaeu na asociación Lenda de Redondela. O campionato tivo lugar no pavillón da Gá
26 de xuño de 2013
Lidia, Dany e Lucía, no Día do Deporte do Pilar de Foz
As xogadoras laranxas Lidia Mesías, Dany e Lucía Nespereira gozaron dunha entretida xornada a semana pasada co alumnado do colexio focego do Pilar, coincidindo co festexo do Día do Deporte no centro. As representantes do CD Burela FS Pescados Rubén repasaron a brillante tempada do dobrete de Liga e Copa de España ante un numeroso público engaiolado pola proximidade dos trofeos das campioas. Tras unha breve charla e infinidade de p
27 de xuño de 2013
A Copa Xuvenil e o Costa Nova, no punto de mira laranxa
A base laranxa ultima detalles para a dobre cita desta semana, a final da Copa Autonómica Xuvenil e a nova aventura do Torneo Internacional de Fútbol Base Costa Nova. Os xuvenís xogarán a final o sábado fronte ao Parrulo FS, no municipal compostelán de Fontiñas, ás 17.30 horas; laranxas conseguiron coarse na gran loita polo título cunha vitoria (2-1) e un empate (3-3) ante a ED Vigo 2015 FS, en semifinais de ida e volta.
27 de xuño de 2013
22 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores