Noticias
Arquivo de Xuño 2014
Diseño: Logaidea
Copa de España Burela 2014
A vixésima edición da Copa de España que se celebra en Burela os próximos días 7 e 8 de xuño contará coa presenza do vixente campión de Liga; Atlético de Madrid, o actual campión da competición; Burela Pescados Rubén, o Alcorcón; terceiro clasificado, e o Universidade de Alacante; cuarto clasificado.
Tralo sorteo realizado pola RFEF, os emparellamentos son os seguintes: Sábado 7 de xuño Semifinal 1: AD Alcorcón FSF - CD Universidade de Alacante Hora: 16.30 Pavillón: Vista Alegre de Burela Semifinal 2: Burela Pescados Rubén - Atlético de Madrid Navalcarnero Hora: 18.30 Pavillón: Vista Alegre de Burela Domingo 8 de xuño Final: Ganador semifinal 1 - Ganador semifinal 2 H
3 de xuño de 2014
Apúntate, non o dubides!!! Probas de captación de xogadoras para categorías de base
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todas aquelas xogadoras que desexen formar parte das súas categorías de base de cara á tempada 2014-2015. Ata o luns 16 de xuño, todas aquelas interesadas poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte da súa estrutura de base feminina. A idea do club é crear un equipo filial e cadete con xogadoras con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos (ambos inclusive).
As sesións consistirán en integrar ás xogadoras nos adestramentos coa participación de xogadoras do equipo senior de Primeira División Feminina para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todas aquelas xogadoras nadas entre os anos 2001 e 1996 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas. NOTAS IMPORTANTES - O periodo de probas para as xogadoras inscr
5 de xuño de 2014
Sigue en directo aquí a XX Copa de España Burela 2014 con Pasión Media Comunicación
Vista Alegre gozará da XX Copa de España de Fútbol Sala Feminino durante este fin de semana, 7 e 8 de xuño, na que se reúnen os catro mellores equipos da Primeira División cun único obxectivo. Conquistar a Copa 2014. O sorteo deparou que o vixente campión e anfitrión, o Burela FS Pescados Rubén se enfronte ao actual campión de Liga, Atlético de Madrid Navalcarnero, mentres que o Universidade de Alacante medirá á AD Alcorcón FSF. Dúas semifinais de alto nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan ao feudo laranxa.
Emisión en directo por Internet. A competición pódese seguir vía streaming a través da web do Burela FS Pescados Rubén, www.burelafs.org , grazas á inestimable colaboración de Pasión Media Comunicación www.Pasionmc.com. Óscar Arcones, redactor da web Mundosala será o narrador e estará acompañado pola polifacética xornalista, Alba Adá, de Futsal Cope Ra
6 de xuño de 2014
Alcorcón alcanza a final nos penaltis ante o Universidade de Alicante
O Alcorcón é o primeiro finalista da XX Copa de España Burela 2014 tras vencer na tanda de penaltis ao Universidade de Alacante. O encontro foise animando co paso dos minutos xa que as xogadoras acusaron os nervios iniciais propios da competición.
Intensidade, entrega e varios intercambios de golpes pero as porteiras de ambas escuadras demostraron o seu alto nivel. Sen goles chegouse ao descanso e na continuación, máis do mesmo, sen un dominador do choque chegouse aos instantes finais. O gol deixábase querer por alicantinas e alfareras pero non se chegaba ao paso definitivo. E sen movementos no marcador finalizou a semifinal. Na prórroga, o choque abriuse definitivamente, a meta alicantina
7 de xuño de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
O Atlético vence ao Burela na prórroga e accede a final da Copa España
A segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 deparou un duelo espectacular entre dous equipazos. Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid ofreceron un espectáculo deportivo digno de ver e que grazas a Pasión Media Comunicación puido seguirse en directo vía streaming. Finalmente, o Atlético de Madrid conseguiu o seu pase á gran final tras vencer, prórroga incluída, por 3-5 a un Burela Pescados Rubén que se deixou a alma no seu obxectivo de chegar á final.
O choque resultou vibrante desde o pitido inicial, con ambas escuadras querendo dominar e unha intensidade que foi aumentando co transcorrer do os minutos. O primeiro en golpear foi o Atlético de Madrid, Leti sorprendeu cunha falta directa para situar o 0-1 pero a reacción laranxa non se fixo esperar por mediación de Claudia (1-1) e máxima intensidade en Vista Alegre. O empate deu paso aos mellores minutos dun Burela Pescados Rubén aínda que non
7 de xuño de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
O Atlético de Madrid campión da Copa de España
O Atlético de Madrid Navalcarnero completou o triplete nesta tempada coa conquista da XX Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2014, tras derrotar na final ao AD Alcorcón por 0-2, con goles de Ju Delgado e Natalia. O conxunto roxiblanco pecha a súa excelente tempada; Supercopa, Liga e Copa, con dedicación especial a Félix Aranda, fundador e vicepresidente do club recentemente finado.
Dende a organización, noraboa ao campión polos seus éxitos así como aos demais equipos que competiron nesta Copa de España; AD Alcorcón, CD Burela FS Pescados Rubén e Universidade de Alacante. Felicitar á afección laranxa que animou sen cesar ao seu equipo malia caer nas semifinais e ás afeccións de Alcorcón, Atlético de Madrid e Alacante que tiveron un comportamento exemplar contribuíndo especialmente á festa do deporte.  
8 de xuño de 2014
Probas de captación para categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén 2014
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todos aqueles xogadores que desexen formar parte das súas categorías de base de cara a tempada 2014-2015. A partir de hoxe e ata o luns 30 de xuño, todos aqueles interesados poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte dunha das canteiras máis prolíficas do fútbol sala nacional.
As probas consistirán en integrar aos xogadores nos adestramentos do equipo da súa categoría para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todos aqueles xogadores nados entre os anos 1996 e 2009 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas. NOTAS IMPORTANTES- O periodo de probas para os xogadores/as inscritos comezará a seguinte semana de realizar a súa inscr
10 de xuño de 2014
O Burela Pescados Rubén e Mimi non prolongarán o seu contrato
O Burela FS Pescados Rubén e Miguel Castilla Moreno “Mimi” non prolongarán a súa relación contractual que finaliza no día de hoxe,10 de xuño. O peche madrileño de 33 anos, chegou ao club burelés procedente do Magna Navarra. O Burela FS Pescados Rubén agradece a profesionalidade e entrega de Mimi durante as dúas tempadas (2012/2013 - 2013/2014) que vestiu a elástica laranxa e deséxalle o mellor na súa próxima etapa deportiva.
10 de xuño de 2014
Asemblea Xeral Extraordinaria
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o martes día 24 de xuño de 2014. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación do acta anterior.
10 de xuño de 2014
Sprint final na Copa Galega e Copa da Mariña
As categorías de base do Burela Pescados Rubén afrontan a recta final da tempada con esperanzas de levantar máis copas, nesta ocasión, na Copa Galega e na Copa da Mariña. Ata nove equipos da base laranxa están en disposición de competir polo título de campión nestas competicións que pechan a tempada. O equipo xuvenil, afrontará a ida da final do Campionato Galego en terras herculinas ante o 5 Sala Coruña FS, mentres que o resto de equipos
12 de xuño de 2014
Fotografía: Antonio Baltar
Gala de clausura Escola Deportiva Burela FS
A Escola Deportiva Burela FS celebrou a súa habitual Gala de Clausura que tivo lugar, o xoves 26, no Auditorio do Concello de Burela, a partir das 19.00 horas. Durante o acto, no que estiveron presentes o presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez do CD Burela FS Pescados Rubén; ademáis dos coordinadores da base laranxa, Alfonso Mera e Christian Gómez, proxectáronse fotografías da tempada e recoñeceuse o esforzo e labor de to
12 de xuño de 2014
Diseño: A Caixa Escura
Presentación Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén 2014
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Basee Burela Pescados Rubén preséntase,13 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Burela, a partir das 13.30 horas. O Campus do Burela FS Pescados Rubén é xa unha referencia e un clásico do verán mariñán. O clínic conta co patrocinio do Área de Deportes da Diputación de Lugo, Concello de Burela e Fundación Imdecum, ademais da colaboración do Concello de Cervo, IES Monte Castelo e Di
12 de xuño de 2014
Diseño: A Caixa Escura
Apúntate!! Non te perdas o Campus do Burela Pescados Rubén
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén foi presentada hoxe, venres 13, no Salón de plenos do Concello de Burela. Na posta en escena do evento estiveron presentes; o tenente alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de deportes do Concello de Burela, Beatriz López Piñeiro; o presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego; o director técnico do Campus, Christian Gómez Fustes; Antonio Couto Díez, en representación de Living Sport e Joma; Luís Antonio Guillén, concelleiro de deportes do concello de Cervo e Pablo Villapol, delegado do Xornal Oficial do Campus, A Mariña - El Progreso.
O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén reunirá a técnicos e xogadores de primeiro nivel na vila mariñá durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comeza o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprend
13 de xuño de 2014
Peña A Pataca Naranxa. Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as
A xunta directiva da peña “Pataca Naranxa” convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o venres día 20 de xuño. O acto terá celébrase no Salón de Conferencias de Burela (antiga bliblioteca) sendo a primeira convocatoria para as 20.00 horas e a segunda ás 20.30 horas. Orde do día: - Lectura do acta anterior. - Lectura e aprobación do regulamento electoral, se procede. - Convocatoria de eleccións.
16 de xuño de 2014
A base laranxa protagonista nas finais da Copa da Mariña
A Copa da Mariña tivo como protagonista á ED Burela FS que fixo pleno de finais en todas as categorías; benxamín, alevín, infantil e cadete. As categorías de base do club laranxa proclamáronse campións en benxamíns e cadetes, mentres que os alevíns e infantís alcanzaron o subcampionato. Nas finais viviuse un continúo enfrontamento con laurentinos e mindonienses, cun saldo de dous triunfos para o ED Burela FS e dous para o ED Lourenzá-Mondoñedo.
16 de xuño de 2014
Vista Alegre definirá o campión galego xuvenil e o finalista da Copa cadete
Final Campionato Galego. No encontro de ida da final xuvenil, o Burela Pescados Rubén caeu derrotado pola mínima (4-3) no feudo do 5 Sala Coruña FS nun duelo que os bureleses lograron empatar en tres ocasións, a maior pegada dos coruñeses decantou o partido a falta de vinte segundos. O vindeiro fin de semana dilucidarase o campión. Burela Pescados Rubén: Marcos, Cora, Renato, Rafa, Riveiro -cinco inicial- Aarón, Mini, Chiki, Mamadou,
16 de xuño de 2014
Programación. Probas de captación de categorías de base
Tempada 2014/2015 CATEGORÍA XUVENIL - Probas de acceso. Mércores 9 de xullo, ás 17:00 horas, no Pavillón Vista Alegre CATEGORÍA CADETE -Probas de acceso. Martes 8 de xullo, ás 17:00 horas, no Pavillón Vista Alegre * Nestas 2 categorías o prazo de inscripción é desde o mércores 11 de xuño ata o luns 30 de xullo. ESCOLA FÚTBOL SALA -Categoría Infantil -Categoría Alevín
17 de xuño de 2014
O club convoca aos pais e nais do alumnado da escola laranxa para informar da planificación da vindeira tempada
O CD Burela FS Pescados Rubén convoca ao pais e nais do alumnado da escola laranxa a unha reunión informativa para planificar o funcionamento e desenrolo da tempada 2014/2015 Data: Luns 23 de xuño. Localización: Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo. Horarios por categoría Categoría Mini-prebenxamín e prebenxamín: 16.00 horas Categoría Benjamín: 16.45 horas Categoría Alevín
17 de xuño de 2014
A asociación Mulleres Deportistas Galegas premia ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino de 2013
O Burela FS Pescados Rubén continúa recibindo o recoñecemento pola súa conquista da Liga e Copa de España durante a tempada 2012/2013. O equipo feminino da entidade mariñá fixo historia na provincia de Lugo ao conquistar o dobrete, sendo o primeiro conxunto provincial que se proclamou campión de Liga na máxima categoría.
O Burela FS Pescados Rubén xa fora nomeado Mellor Equipo Galego pola Fundación Deporte Galego e, nesta ocasión, recibe o premio nesta mesma categoría por parte da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ), presidida por Pilar Neira Martínez. O xurado da III Gala do deporte feminino en Galicia, organizada por Mudegá, elixiu o día 14 de xuño ao Burela FS Pescados Rubén como gañador deste premio. A entrega realizarase no transcurso da Gala
17 de xuño de 2014
Os benxamíns e alevíns xogarán no IX Torneo Base Cidade de Betanzos
Os equipos benxamín e alevín da ED Burela FS participarán no IX Torneo Base Cidade de Betanzos que se celebra os días 20, 21 e 22 de xuño. O torneo da cidade coruñesa, organizado polo Troula FS, é un clásico e un referente do fútbol sala de base ao que os equipos laranxas acoden cada tempada. Nas últimas edicións o evento especializouse nas categorías benxamín e alevín, mostrando un gran nivel deportivo e unha gran convivencia entre os clubs participantes.
No torneo participan oito equipos por categoría e clasifícanse os dous primeiros de cada grupo para semifinais. A xornada do venres 20 comezará ás 18.00 horas e acaba ás 23.00. O sábado entrarán en liza os equipos da ED Burela FS, nunha xornada que se inicia ás 9.00 horas para finalizar ás 00.00 horas. As semifinais xóganse o domingo 22 durante a mañá, mentres que as finais celebraranse pola tarde; 16.30 horas final de benxamíns e 17.30 horas fin
18 de xuño de 2014
Os xuvenís acariciaron o título e os cadetes disputarán a final de Copa
Os cadetes do Burela Pescados Rubén lograron a súa clasificación para a gran final da Copa Galega tras impoñerse por 3-2 ao IES Coruxo no partido de volta, disputado o domingo 22, refrendando a vitoria conseguida a domicilio (2-4) no partido de ida. Os laranxas fixeron un gran partido en ambos duelos e plasmaron a súa superioridade ante un rival moi competitivo. A disputa polo Copa Galega celébrase o sábado día 28 no pavillón municipal de Lugo an
23 de xuño de 2014
Asemblea Xeral Extraordinaria
A Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén , celebrada ontes, martes 24, aprobou tódolos puntos da orde do día sendo o máis destacado a adaptación dos Estatutos da entidade á Ley 3/2012 do Deporte de Galicia.   ORDE DO DÍA
25 de xuño de 2014
Antonio Bores e Santi Valladares apúntanse ao Campus 2014!!! Non o perdas!!
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén contará, ademais de xogadores/as e técnicos do club, coa presenza de Santi Valladares, técnico do Santiago Futsal de Primeira División LNFS, e de Antonio Bores, preparador
25 de xuño de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
Burrito xogará cedido no H. Llevant Manacor a vindeira tempada
O Burela Pescados Rubén, o H.Llevant Manacor e David Ruiz “Burrito” chegan a un acordo para a cesión do xogador andaluz ao club balear. O novo xogador malacitano chegou esta campaña ao Burela Pescados Rubén procedente do Caja Segovia asinando un contrato por tres tempadas. As tres partes implicadas asinaron un acordo de cesión que se limita á tempada 2014/2015.
27 de xuño de 2014
Fotografía: Federación Catalana de Fútbol
José Luis Sáez e Juanlu Alonso ponentes no Clínic organizado polo Comité Técnico de Adestradores e a Federación Catalá de Fútbol
A edición do Clínic de Adestradores de Fútbol Sala presentou un novo enfoque con ponentes que aportaron moitas mensaxes aos presentes, aportando novas claves na súa tarefa de adestradores formadores. O Comité Técnico de Adestradores de Fútbol Sala, xunto coa Liga Catalá de Fútbol Sala da Federación Catalá de Fútbol organizaron, un ano máis, o Clínic de Adestradores de Fútbol Sala, que se celebrou durante o sábado 21 de xuño, na Escola Catalá do Deporte.
Nesta nova edición contouse coa participación de catro ponentes que aportaron, desde vertentes moi diversas, formación teórica e práctica vinculada ao fútbol sala. - PEP MARIÑO, xefe do departamento de Psicología do CAR de Sant Cugat - MIGUEL ANDRÉS MORENO, ex adestrador do Dina de Moscú - JOSÉ LUIS SÁEZ CASTRO, vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén e mestre na Escola de Adestradores da Federación Gal
27 de xuño de 2014
O Burela Pescados Rubén e Christian non renovan o seu compromiso
O Burela Pescados Rubén e Christian Chao Palmeiro non prolongarán a súa relación contractual. A vinculación entre ambas partes finaliza hoxe, 30 de xuño de 2014. O xogador vivariense chegou ao conxunto laranxa procedente do Lanzarote Tías Yaiza de Segunda División e tras cinco tempadas na escuadra burelesa iniciará unha nova etapa deportiva. O Burela Pescados Rubén agradece a profesionalidade, entrega e comportamento exemplar de Chr
30 de xuño de 2014
Premios MUDEGA e ANEFS con sabor laranxa
O presidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego, desprazouse o sábado 28 ata O Porriño (Pontevedra) á Gala da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ) que premiou ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino do ano 2013, en virtude dos méritos logrados co doblete histórico de Liga e Copa de España da tempada 2012/2013.
Premios ANEFS. No concello valenciano de Burriana (Castellón), celebrouse o XVI Congreso da Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala, evento que contou coa presenza de máis de 100 técnicos e que finalizou o sábado día 28 coa Gala Oficial na que se entregaron os premios ANEFS da tempada 2013/2014. O Burela Pescados Rubén estivo representado por Quico Otero, galardoado como mellor adestrador de Primeira División Feminina, e Peque premiada
30 de xuño de 2014
27 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores