Noticias
Arquivo de Xuño 2015
Máis fútbol sala para celebrar as patronais
O CD Burela FS Pescados Rubén organizará unha xornada lúdico-deportiva este mércores, 3 de xuño, para celebrar as festas patronais de Burela con citas nas que o alumnado poderá gozar do fútbol sala en partidos nos que tamén participarán os pais e nais, os monitores da escola e a ED Alfoz-O Valadouro. Pavillón Monte Castelo •Categoría Prebenxamín17:00h. ED Burela FS - Nais e Pais
1 de xuño de 2015
Prazo de matrícula 2015-16 da ED Burela FS, aberto ata o 30 de xuño
A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2015-16 reforzando o seu coidado polos máis pequenos, coa incorporación da categoría de Iniciación para o novo curso, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. A escola laranxa acollerá tamén grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de xuño.
2 de xuño de 2015
O título galego réndese ao Cadete Laranxa en Guitiriz
O Burela FS Pescados Rubén Cadete A proclamouse campión da Copa Galega o domingo pasado en Guitiriz. Os pupilos de Christian Fustes impuxéronse na gran final ao Verín por 1-3, despois de conseguir o pase tras 3-4 fronte ao Troula FS Betanzos en semifinais.   Christian Rivas, Pitero, foi recoñecido como o mellor xogador da cita.   O conxunto laranxa, que pechou a Liga Autonómica
2 de xuño de 2015
O Cadete B, rumbo a semifinais da Copa Provincial
O Burela FS Pescados Rubén Cadete B disputará a semifinial da Copa Provincial o venres, 5 de xuño, fronte ao Lumieira, no Pombal de Lugo, a partir das 20.00 horas.   No caso de saír vencedor, a final está prevista para o sábado ás 20.15 horas.
3 de xuño de 2015
Chano, cuarta renovación burelista
O pivote Sebastián Vargas Otero, Chano, cumprirá o seu segundo ano nas filas do CD Burela FS Pescados Rubén. O gaditano, que convértese na cuarta renovación do club laranxa, formalizou contrato para 2015-16 xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Audítor Rodríguez nas instalacións da empresa patrocinadora Limpezas Lema en Lourenzá. “O interese existía polas dúas partes e dende que se coñeceu a chegada de Daniel Ibañes o
3 de xuño de 2015
As laranxas pelexarán pola praza galega na final da Copa de España
Ourense, Burela, Valladolid, Bilbao, Burela e agora Navalcarnero. A cor laranxa volverá brillar na Copa de España, por sexto ano consecutivo. O Burela FS Pescados Rubén pelexará por facerse coa praza galega na gran pugna polo título; para iso terá que conseguir o gran reto de bater o Cidade das Burgas, que rematou a competición ligueira na segunda praza, un punto por diante das mariñás. O enfrontamento irmandiño será o encargado
4 de xuño de 2015
Asemblea Xeral Extraordinaria de Soci@s
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o venres día 26 de xuño de 2015. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior2. Tempora
5 de xuño de 2015
Vitoria contundente en semis e a pola segunda Copa!!!
O Burela Pescados Rubén selou a súa clasificación para a final da Copa de España derrotando por 0-5 ao Cidade As Burgas nunha semifinal que as burelesas manexaron mellor que as de Ourense. O Burela Pescados Rubén medirase na gran final ante o actual campión, o Atlético Féminas Navalcarnero que remontou un 0-2 no seu encontro de semifinais ante o Universidade de Alacante. As anfitrionas lograron o pase á final cun axustado 3-2. Final: Atlético Féminas Navalcarnero - CD Burela FS Pescados Rubén. Domingo día 7, ás 12.00 horas.
A semifinal galega comezou con precaucións en ambos conxuntos que non querían conceder vantaxes ao seu rival. A intensidade defensiva protagonizou os primeiros compases sen que ambas porterías sufrisen, os disparos de media distancia foron o recurso de ambas escuadras nun duelo pechado que vaticinaba a importancia do primeiro gol. A punto estivo Peque de logralo no tramo final do primeiro periodo dando paso aos mellores minutos do Cidade que aper
6 de xuño de 2015
Fotografía: ACFSF
O Atlético campión de Copa logo de vencer ao Burela (6-3)
O Atlético Féminas Navalcarnero revalida o título de campión da Copa de España tras impoñerse por 6-3 ao Burela Pescados Rubén. A escuadra mariñá compensou os seus escasos efectivos con orgullo e alma aínda que as colchoneiras manexaron o guión dunha película con final feliz para as anfitrionas.
A posta en escena da final mostrou un Burela Pescados Rubén seguro e con maior mordente ofensiva que a escuadra colchoneira. Tras un par de serios avisos das burelás, Maite protagonizou a mellor ocasión pero o pau impediu o tanto. Dentro da igualdade reinante, as mariñás xeraban maior sensación de perigo ante un Futsi que aumentaba a súa intensidade co paso dos minutos e tras superar o ecuador logrou situarse por diante cun tanto de Natalia (1-0)
7 de xuño de 2015
Aarón Artime e Christian Rivas, galardoados polos Premios En Xogo e A Canteira de El Progreso
O burelista infantil Aarón Artime e o cadete Christian Rivas, Pitero, foron galardoados polos Premios En Xogo e A Canteira do xornal El Progreso. Os xogadores da base laranxa recibiron o recoñecemento o venres pasado no Pazo de Deportes de Lugo, entre máis de 70 deportistas e equipos da provincia nas modalidades fútbol, baloncesto, voleibol e fútbol sala como os mellores da tempada.
9 de xuño de 2015
O Cadete B, campión da Copa Provincial
O Burela FS Pescados Rubén B proclamouse campión da Copa Provincial o sábado pasado en Lugo tras impoñerse na 2-3 na gran final ao Adarve. Ese mesmo resultado outorgoulles o billete aos laranxas dende semifinais fronte ao ADC Lumieira o venres.
9 de xuño de 2015
Descubre o Fútbol Sala despediu o curso no IES Perdouro
O CD Burela FS Pescados Rubén despediu o seu programa de promoción da práctica deportiva en igualdade, Descubre o Fútbol Sala, onte no IES Perdouro de Burela, xunto ao alumnado de 2º da ESO. Os rapaces/as compartiron dúas divertidas sesións cos porteiros Jozi, Edu e Erik, así como con Peque, recoñecida como Mellor Xogadora na recentísima Copa de España Navalcarnero 2015, e Iago Míguez, ademais dos técnicos Juanma Marrube, Alfonso Mera e Christ
10 de xuño de 2015
O 7 laranxa seguirá sendo de Isi
O 7 laranxa seguirá sendo do ala Isidoro Garrido Luque, Isi. O cordobés reuniuse co presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, na sede da entidade para formalizar a súa continuidade por dúas tempadas máis. “Estou encantado de seguir en Burela. En canto o club mo propuxo non houbo nada que pensar” admitía con brillo nos ollos Isi, unha das grandes referencias de solidez no equipo d
11 de xuño de 2015
Marcelo Santoro comeza unha nova etapa
O brasileiro Marcelo Santoro, Neco, deixa a estrutura do Burela FS Pescados Rubén para emprender novos proxectos no seu país, dende onde seguirá colaborando co club laranxa como  asesor deportivo. Tras unha extensa traxectoria como xogador entre o Brasil e a División de Honra española, entre clubs como o Playas de Castellón ou o extinto Cefire mariñán, Neco asumiu as responsabilidades da secretaría técnica na entidade bu
12 de xuño de 2015
A ED Burela FS, recta final do curso
A fase final da Copa Prebenxamín da Mariña, organizada por Imdecum, e citas amigables cubrirán a axenda da ED Burela FS esta fin de semana.   O curso 2014-15 do Futuro Laranxa porá o broche final o xoves 18 de xuño, ás 19.30 horas, no auditorio municipal de Burela. O equipo miniprebenxamín rematará os adestramentos o luns, día 15; o resto das categorías continuará coa preparación ata xullo, para o Memorial R
12 de xuño de 2015
O canteirán Hélder formaliza contrato por tres tempadas
O ata agora xuvenil Hélder Gonçalves Semedo (Cabo Verde, 1996) defenderá o CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS as tres próximas tempadas. O prometedor xogador, que xa defendeu a elástica laranxa na máxima categoría en 2014-15 con minutos de responsabilidade, estivo apoiado polo presidente, Manuel Blanco, e o secretario técnico, Juanma Marrube, na formalización do contrato. “Estou moi feliz, medrei neste club
15 de xuño de 2015
Últimos días para formalizar a matrícula 2015-16 da ED Burela FS
Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do c
18 de xuño de 2015
Probas de acceso de Cadetes e Xuvenís
Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.
18 de xuño de 2015
Benxamíns e alevíns reciben o verán en Betanzos
Tras a gala oficial de clausura 2014-15 desta tarde, as categorías benxamín e alevín da ED Burela FS recibe o verán esta fin de semana co X Torneo Cidade de Betanzos. Catro clubs e oito equipos participarán na cita entre o venres 19 e o domingo 21. Xunto á escola laranxa e ao anfitrión, Troula FS, competirán tamén Club del Mar e O Parrulo Ferrol FS.
18 de xuño de 2015
Álbums personalizados. Encarga o teu para a próxima tempada
Entre as novidades para o vindeiro curso, a ED Burela FS ofrecerá Álbums Personalizados. Todos os alumnos/as que así o desexen poderán adquirir un recordo audiovisual con fotografías do xogador/a xunto ao seu ídolo laranxa de Primeira División, así como  un vídeo do día a día do alumno/a na escola e das súas impresións sobre o fútbol sala.   María e Kaká xa o teñen. Encarga xa o teu para o próxima tempada.
18 de xuño de 2015
Posta de gala para despedir o curso 2014-15 do Futuro Laranxa
A ED Burela FS vestiuse de gala onte para despedir o curso 2014-15. O auditorio municipal acolleu o acto, dirixido polo director da escola laranxa, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e o director deportivo feminino, Marcelo Santoro, Neco. Alumn
19 de xuño de 2015
Recepción aos méritos cadetes no Concello de Burela
Burela homenaxeou a tempada e os méritos da base burelista cunha recepción oficial esta mañá no consistorio dos equipos Cadete A, campión de Copa Galega, e Cadete B, campión de Liga e Copa Provincial. Acompañados polo vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, e o secretario técnico, Juanma Marrube, ademais de adestradores e delegados, os rapaces foron recibidos esta mañá no salón de plenos polo alcalde, Alfre
22 de xuño de 2015
A prebenxamín Carmen Díaz, gañadora da PS3 das Estrelas Laranxas
A prebenxamín Carmen Díaz resultou gañadora da PlayStation 3 que o CD Burela FS Pescados Rubén sorteou a semana pasada, na gala de clausura da escola, entre todas aquelas persoas que completaron o Álbum das Estrelas Laranxas. A alumna da ED Burela FS recolleu o premio xunto a seu irmán e compañeiro de fútbol sala sobre o parqué de Vista Alegre, Sergio. Primeira edición Un total de 213 fotograf
22 de xuño de 2015
Jorge Bellvert, sétima renovación na Mariña
O peche Jorge Bellvert formalizou a súa continuidade no Burela FS Pescados Rubén, por dúas tempadas máis, na oficina do Grupo Chave de Ouro, patrocinador do xogador en 2014-15, xunto ao xerente da empresa construtora, Óscar Sobrado, e o presidente laranxa, Manuel Blanco. O cacereño convértese na sétima renovación do equipo mariñán tras Iago Míguez, Antoñito, Carlitos, Chano, Isi e o ata agora xuvenil Hélder. “Traballo defensivo e
29 de xuño de 2015
24 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores