Noticias
Arquivo de Xuño 2016
O Cadete A, rumbo ao Campionato de España
O equipo de Christian Fustes disputará a fase previa do Campionato de España este venres en Castrourdiales (3-5 de xuño). O Burela FS Pescados Rubén estrearase na cita con Lauburu KE Ibarra, campión do País Vasco; tamén participan nesta sede Alhambra de Guijuelo, campión castelano-leonés, Moprisala, campión de Castela-A Mancha, e o anfritrión, como campión cántabro. Os laranxas veñen de quedar subcampións na Copa Autonómica disputa
1 de xuño de 2016
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios (luns 27 de xuño)
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns día 27 de xuño de 2016. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA1. Lectura e aprobación da acta anterior2. Temporada 2016-17 (abonos de
2 de xuño de 2016
'Descubre o Fútbol Sala' despediuse en Ferreira
Jozi e Matamoros clausuraron esta semana o programa “Descubre o Fútbol Sala” 2015-16 do CD Burela FS Pescados Rubén no CEIP de Ferreira do Valadouro. Os xogadores laranxas compartiron as súas habilidades co esférico sobre a pista co alumnado de 4º, 5º e 6º,  acompañados polo director deportivo da entidade, Juanma Marrube, e o alumno en prácticas do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo Adrián Eijo.
2 de xuño de 2016
Unha xesta repetible
O CD Burela FS Pescados Rubén está a tan só un paso de repetir unha das súas grandes xestas. Mañá, ás 18.00 horas, en Logroño arrincarán os 40 minutos que afastan a actual campioa da Supercopa de España do que pode converterse no seu segundo título de liga de Primeira División. As heroínas mariñás mediranse ao Rioja FSF (pavillón Gonzalo de Berceo), conxunto que materializou a súa permanencia en Primeira a semana pasada. O club laranxa
3 de xuño de 2016
O Burela FS Pescados Rubén, campión de Liga 2015-16
O Burela FS Pescados Rubén volveu facer historia. O conxunto laranxa converteu a 18ª vitoria consecutiva da tempada, en Logroño, na última xornada, no título de Liga 2015-16. A defensa do FSF Rioja (0-2) púxolles a meta difícil ás de Iván Cao 'Lucas', que conseguiron repetir a xesta de 2012-13 resolvendo o marcador na segunda parte, con Maite e Dany. As mariñás, que viaxaban moi concienciadas de facer os deberes recollendo os tres puntos no
4 de xuño de 2016
As campioas de Liga visitan Coca-Cola
O Club Deportivo Burela Futbol Sala Pescados Rubén celebrou hoxe o seu segundo título na Liga con Coca-Cola, que invitou o equipo a visitar as súas instalacións e compartir este éxito co persoal da planta embotelladora da Coruña. O pasado domingo as xogadoras laranxas foron recibidas en Burela durante o día grande das festas patronais, e hoxe Coca-Cola tamén quixo darlles unha pequena homenaxe para festexar a súa vitoria.
8 de xuño de 2016
Homenaxe do Concello de Burela ás campioas
O Concello de Burela ofreceu esta mañá unha recepción oficial ao CD Burela FS Pescados Rubén como homenaxe ao segundo título de Liga para o conxunto laranxa. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, recibiron as campioas no salón de plenos do consistorio; equipo e corpo técnico estiveron acompañados polo presidente da entidade, Manuel Blanco, así como polos directivos Alba Vila, José Ángel Dovale e José Luis Sáe
9 de xuño de 2016
Foto: Logaidea
Alcorcón, primeiro óbice para o Triplete (con Teledeporte)
Tan só unha semana despois da consecución de liga, as campioas laranxas volverán este sábado ao parqué en busca do triplete con Cidade de Alcorcón como primeiro óbice na XXII Copa de España, que espera o CD Burela FS Pescados Rubén coa estola de anfitrión e desde a terceira praza da táboa. As de Lucas saltarán á pista de Los Cantos ás 19.00 horas coñecendo xa o nome do primeiro primeiro finalista, entre Altético de Madrid Navalcarnero e UA Ali
10 de xuño de 2016
Foto: ACFSF
Outro soño máis preto
O Pescados Rubén pelexará polo triplete fronte ao Navalcarnero tras impoñerse ao Alcorcón 5-1 na Copa de España
O CD Burela FS Pescados Rubén está máis preto doutro soño. A escuadra de Iván Cao, Lucas, pelexará mañá polo triplete da tempada, na final XXII Copa de España de Alcorcón, tras impoñerse ao anfitrión por 5-1 en semifinais. Mañá, ás 12.00 horas, as laranxas regresarán a Los Cantos para baterse co seu arquinimigo, o Atlético de Madrid Navalcarnero, que conseguiu o billete para a gran cita fronte ao UA Alacante, con resultado idéntico ao das galegas
11 de xuño de 2016
Os penaltis afastan as campioas laranxas do soñado triplete
GRAZAS POR FACERNOS SOÑAR!
As campioas laranxas viviron un intenso espectáculo na final da XXII Copa de España Alcorcón fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, esgotando todas as súas opcións na rolda de penaltis tras un 4-4 en tempo regulamentario O Burela FS Pescados Rubén alzou o trofeo de subcampeón copero, demostrando sobradamente a súa condición de campión de Supercopa de España e Liga 2015-16. Soubo remontar o 1-0 en contra e chegar ao descanso con vantaxe,
12 de xuño de 2016
Semana de recoñecementos
O equipo campión de Liga 2015-16 e subcampión de Copa de España Alcorcón foi recibido onte na Deputación de Lugo en homenaxe á gran tempada realizada, que comezou co título de Supercopa de España.   A gran xesta do CD Burela FS Pescados Rubén tamén será recoñecida mañá na Gala do Fútbol Galego da Federación Galega de Fútbol, en Santiago de Compostela.
15 de xuño de 2016
O Futuro Laranxa despediu o curso na tradicional gala
A ED Burela FS despediu onte o curso 2015-16 no auditorio municipal. A tradicional gala de clausura do Futuro Laranxa estivo dirixida polo director da escola, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, xunto ao directivo José Ángel Dovale e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e dos xogadores Hélder e Renato, referencia da formación de base burelista. Unha
16 de xuño de 2016
Dany e Jozi seguirán no Pescados Rubén
As brasileiras Daniela Domingos Lopes e Joziane de Oliveira seguirán vestindo de laranxa. O CD Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo coa pivote Dany por dúas tempadas e coa meta Jozi por unha. Nos vindeiros días, a entidade mariñá formalizará oficialmente a garantía do toque goleador e a solidez baixo os paus neste tándem. Na súa aposta pola continuidade do proxecto, a directiva está achegando posturas co bloque campión
20 de xuño de 2016
Esplendor Laranxa en Sarria
A base laranxa brillou a fin de semana pasada no Torneo de Fútbol Sala Base Os Meigallos de Sarria, con podio en todas as categorías. O Cadete A alzouse co título de campión tras impoñerse na gran final ao anfitrión 2-0. Benxamíns e alevíns remataron subcampións superando os conxuntos sarriaos e os infantís tamén se fixeron coa Prata fronte ao Carnero Team, de Monforte. Pola súa banda, o Cadete B quedou na terceira praza.
21 de xuño de 2016
Aposta de futuro: Renato dá o salto ao equipo sénior
O ata agora xuvenil Renato Lopes Furtado (Cabo Verde, 1997) defenderá o CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS as tres próximas tempadas. A Xoia Laranxa, que xa defendeu a elástica mariñá na máxima categoría en 2015-16 con minutos de responsabilidade e incluso estreándose na faceta goleadora, estivo arroupada na súa presentación oficial no salto ao equipo sénior polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Daniel Ibañes.
22 de xuño de 2016
Reserva xa a túa praza para a ED Burela FS 2016-17, ata o 30 de agosto
A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2016-17 para nen@s de entre 4 e 13 anos. A escola laranxa acollerá os grupos de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de agosto. A inscrición e pago de matrícula realizaranse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario
22 de xuño de 2016
Juanma Marrube dirixirá o Boal, de Segunda B, en 2016-17
O secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, dirixirá a próxima tempada o asturiano FS Boal Belleza, de Segunda División B, un novo reto para o profesional mariñán que xurdiu da boa relación existente entre os dous clubs e que compatibilizará coas súas funcións na entidade laranxa. Juanma Marrube (Alfoz, 1979) asumiu a secretaría técnica do Pescados Rubén en 2014-15, axudando ademais a Juanlu Alonso como s
30 de xuño de 2016
17 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores