Noticias
Arquivo de Xuño 2017
Renato será laranxa ata 2021
Renato Lopes Furtado (Cabo Verde, 1997) será xogador laranxa ata 2021. A Xoia Laranxa, con contrato en vigor ata 2019, chegou a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para amplialo por dúas tempadas máis. O presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale, destacaron a progresión do ala laranxa: “O ano pasado acabou a tempada disputando moitos minutos de responsabilidade, dando o paso adiante que lle pediron os técnicos e devolvendo a
1 de xuño de 2017
Isi deixa A Mariña
Despois de catro tempadas e media, o ala-peche Isidoro Garrido Luque, Isi, deixará A Mariña. O xogador cordobés e o Pescados Rubén Burela FS non chegaron a un acordo nas condicións de renovación vinculadas á realidade do club na Segunda División. O ata agora 7 laranxa recalou en Burela no mercado de inverno da primeira tempada da entidade laranxa na elite, procedente do húngaro Raba Eto Gyor, para converterse nun dos alicerces do
1 de xuño de 2017
Paula: 'O primeiro é acabar a liga ben e despois pensaremos na Copa'
O Pescados Rubén Burela FS despedirá mañá a liga 2016-17 na pista do Txantrea FSF (polideportivo Arrosadía, 18.00 horas). As pupilas de Iván Cao ‘Lucas’ e Julio Delgado clausurarán a competición  festexando a cuarta praza  (56 puntos) fronte a un rival que quererá deixar a Primeira División cunha vitoria despois de estar loitando pola permanencia ata a semana pasada (14ª praza, 14 puntos). “O primeiro é acabar a liga
2 de xuño de 2017
Antoñito colga o 23 laranxa
Antonio Sierra García, Antoñito, non lucirá o 23 laranxa en 2017-18. O ala madrileño e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os unía ata 2018. Antoñito chegou á comarca da Mariña en 2013-14 procedente Caja Segovia. Na súa última liga como burelista disputou 29 partidos, 13 deles como titular, e anotou 4 goles. O club agradece os servizos prestados por Antoñito nestas catro tem
6 de xuño de 2017
Asemblea Xeral Ordinaria. Xoves 22 de xuño
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o xoves 22 de xuño de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00.   ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior
7 de xuño de 2017
Apúntate á Copa de España
Os socios/as que queiran asistir á estrea da Copa de España 2017, o venres 9 en Poio poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O equipo feminino comezará a pugna copeira fronte ao Ourense Envialia FSF ás 18.00 horas. O club anfitrión, o Poio Pescamar FSF, medirase ao Alcorcón FSF ás 20.00 horas. O club poñerá a disposición dos socios/as interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para
7 de xuño de 2017
O ala Chus Blázquez, primeira novidade para 2017-18
Manuel Jesús Blázquez Pacheco (Salamanca, 1992) formará parte da estrutura do Pescados Rubén Burela FS. O ala zurdo adquiriu o compromiso para defender a elástica laranxa para 2017-18, logo de lograr o ascenso a Primeira División con Naturpellet Segovia esta tempada. Esta non será a primeira experiencia do salmantino, de 25 anos, no fútbol sala galego. Formado nas filas do Don Ulpiano Albense desde 2007, vestiu a camiseta do Sant
8 de xuño de 2017
Silvia Rubal: 'Queremos facer algo grande na Copa'
O Pescados Rubén Burela FS estrearase mañá nun nova xesta na Copa de España; será no pavillón da Seca do Poio Pescamar FSF con derbi irmandiño, ante o Ourense Envialia FSF (18.00 horas). Unha Copa na que a gran baza das mariñás é a ilusión que lles permitiu superar moreas de obstáculos ao longo da tempada, nun equipo de experiencia, pero tamén de moita xuventude: “A xente nova achegou moitísima ilusión e todas xuntas puidemos facer un gran tra
8 de xuño de 2017
Sergio Cora súmase ao Pescados Rubén para as 2 próximas tempadas
O ala Sergio Cora Piñón (Viveiro, 1997) será xogador do Pescados Rubén Burela FS as próximas dúas tempadas. Na súa presentación oficial, xunto ao mozo mariñán estiveron o presidente, Manuel Blanco Fanego, e o directivo Antonio Rodenas, que salientaron a “proxección dun xogador que leva anos medrando xunto a nós, na base, e que o ano pasado xa deu un salto cualitativo compartindo responsabilidades entre o filial, Onde Sempre Xove FS, e o equipo
8 de xuño de 2017
Últimos resultados e próximos compromisos das Xoias Laranxas
Consulta os úlitmos resultados e os próximos compromisos das Xoias Laranxas, coa fase final da Copa Provincial Feminina.
9 de xuño de 2017
O peche Víctor López regresa a Burela
Víctor López Real (Madrid,1987) regresará ao fútbol sala español co Pescados Rubén Burela FS para 2017-18. O peche de 29 anos, que xa defendeu a camiseta laranxa en 2011-12, chegará á Mariña procedente do italiano Cagliari Futsal, logo dunha enriquecedora traxectoria nacional e internacional. “Teño que dar as grazas á directiva e a Juanma por d
9 de xuño de 2017
Os alas Pope e Colacha chegan a Burela cedidos dende Palma Futsal
O catalán Sergi Orgilles Saiz, Pope (Barcelona, 1996), e o andaluz José A. Luna Guijarro, Colacha (Córdoba, 1998), defenderán a elástica do Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. Os novos alas chegan á Mariña cedidos por unha tempada desde o Palma Futsal, de Primeira División. Internacional Sub-19 con España, José Colacha, despois de medrar na estrutura de base de CD Menciana e Ategua, asinou por Palma en 2015. Pola súa banda, Pope
12 de xuño de 2017
Cilene: 'Espero mellorar o próximo ano, buscando títulos'
A brasileira Cilene Pereira Paranhos continuará no Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. A peche, acompañada polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e pola vicepresidenta, Cesarina Fanego, mostrouse moi contenta pola súa continuidade: “Persoalmente foi unha tempada moi boa e espero mellorar para o próximo ano, buscando títulos. A negociación foi moi doadal; tanto o club coma min tiñamos claro o que queriamos e decidimos renovar por unha tempada
13 de xuño de 2017
Xuvenil B, campión galego 2016-17
O equipo Xuvenil B finalizou a tempada co título de campión galego tras impoñerse ao Ex-Alcohólicos (1-3) na gran final disputada o sábado na Coruña.     Consulta aquí os últimos resultados da base.
13 de xuño de 2017
Resultados do Torneo de Betanzos
Os equipos Alevín e Benxamín gozaron a fin de semana dun torneo moi animado en Betanzos.
13 de xuño de 2017
O Memorial Heroes do Orzán e o Torneo dos Meigallos Sarria, destinos do Futuro Laranxa
O Xuvenil B, Cadete A e Benxamín B participarán esta fin de semana no Torneo Os Meigallos Sarria 2017. O Alevín e Prebenxamín desprazaranse á cidade da Coruña para gozar do Memorial Heroes do Orzán 2017 da Fundación Imdecum.
16 de xuño de 2017
Ana Romero continuará defendendo a rede laranxa
Ana Belén Romero Pérez (Yecla, 1994) continuará defendendo a rede laranxa en 2017-18. A murciana formalizou a renovación co Pescados Rubén Burela FS esta semana, antes de regresar á súa terra para gozar do descanso estival. A porteira, que xa defendera os intereses laranxas a comezos de 2016-17, regresou á entidade mariñá na recta final de liga tras cumprir cos seus compromisos laborais e académicos en Inglaterra e en Murcia. Ana
16 de xuño de 2017
Pescados Rubén e Comarcal A Fervenza formalizan o seu acordo de filialidade
O Pescados Rubén Burela FS e o Comarcal A Fervenza FSF formalizaron na tarde de onte un acordo de filialidade para 2017-18. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu na sede burelista a súa homónima no club ferrolán, Eulalia Mouriz, para tratar algúns detalles deste novo proxecto conxunto; na xuntanza tamén participaron a vicepresidenta, Cesarina Fanego, e o directivo Rubén Blanco, por parte do Pescados Rubén, así como o vicepresidente naro
16 de xuño de 2017
O pivote Luisma, sexta novidade na Mariña
O pivote Luis Martínez Somalo, máis coñecido como Luisma, será xogador laranxa en 2017-18. O xogador logroñés, de 28 anos, sumarase ao Pescados Rubén Burela FS logo de nove tempadas no Aspil Vidal Ribeira Navarra FS; será a sexta novidade na escuadra da Mariña, tras os compromisos xa adquiridos por Chus Blázquez, desde Naturpellet Segovia; o viveirense Sergio Cora; Víctor López, desde Cagliari Futsal; e
19 de xuño de 2017
Cadetes e Xuvenís, campións en Sarria
Os equipos cadete e xuvenil regresaron esta fin de semana do Torneo dos Meigallos de Sarria co título de campións ademais de varios recoñecementos infividuais. O equipo benxamín finalizou en cuarta posición.
21 de xuño de 2017
Recoñecementos para os Laranxas no Memorial Heroes do Orzán da Coruña
O Futuro Laranxa gozou esta fin de semana da primeira experiencia de 2017 do Memorial Heroes do Orzán, na sede da Coruña, baixo a organización da Fundación Imdecum. O equipo Alevín alzouse co título de campión, ademais de galardón de máximo goleador para Fernando. O prebenxamín, pola súa banda, quedou en cuarta posición, coa distinción de Equipo Máis Deportivo. Todas as categorías entre prebenxamín e xuvenil volverán darse ci
21 de xuño de 2017
As Xoias Laranxas din adeus ao curso 2016-17
A ED Pescados Rubén Burela FS despediu onte o curso 2016-17 no auditorio municipal. A tradicional gala de clausura das Xoias Laranxas estivo dirixida polo director da escola, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, os vicepresidentes, Cesarina Fanego e José Luis Sáez, o secretario, José Ángel Dovale, e o directivo Rubén Blanco, ad
22 de xuño de 2017
Carlitos abandona as filas laranxas
O burelao Carlos Valle Izaguirre, Carlitos, abandona as filas do Pescados Rubén Burela FS despois de tres tempadas en Primeira División co equipo sénior. O ala canteirán, de 23 anos, non aceptou a proposta de renovación do club burelista e pon fin así á súa etapa futbolística na entidade que o viu medrar dende a categoría prebenxamín. “Foron uns anos moi bonitos; esta é a miña casa, sentinme moi arroupado polo pobo e pola afección
22 de xuño de 2017
O Pescados Rubén pecha o proxecto 2017-18 coa chegada do pivote brasileiro Kelson
O Pescados Rubén Burela FS pecha a configuración do proxecto 2017-18, en Segunda División, coa chegada do pivote brasileiro Kelson Vinicius Francisco de Campos (São Caetano do Sul-SP, 1993), que vivirá na Mariña a súa primeira experiencia no fútbol sala español, procedente do Age Guaporé e con traxectoria en Barueri, São Bernardo,  Ágil São Luiz Gonzaga e União Nova Petrópolis. O mozo ‘canarinho’, un pivote dominante que dest
23 de xuño de 2017
Abonos para a Tempada 2017-18
O Pescados Rubén Burela FS aprobou na súa última asemblea, onte, as cotas dos abonos para a tempada 2017-18 con baixada de prezos, con dereito a presenciar os partidos de Vista Alegre tanto en Segunda LNFS como en Primeira RFEF. Individual: 80 euros Familiar: 140 euros Xubilado: 50 euros Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
23 de xuño de 2017
25 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores