Noticias
Arquivo de Xuño 2018
Chus, baixa nas filas laranxas
O ala Chus Blázquez non seguirá nas filas laranxas logo de defender o Pescados Rubén Burela nesta última campaña. O salmantino, de 26 anos, internouse no proxecto mariñán o verán pasado tras tres tempadas no Naturpellet Segovia. A Familia Laranxa agradece toda a entrega mostrada por Chus nesta gran tempada e deséxalle un futuro deportivo repleto de éxitos.
1 de xuño de 2018
O ala Ramón Vargas, segunda novidade na Mariña
O ala Ramón Vargas Pérez (Huelva, 1997) defenderá o Pescados Rubén Burela a próxima tempada. O andaluz, que procede o Levante UD FS de Primeira LNFS, convértese así na segunda novidade na Mariña, xunto ao peche lugués Lucho, co que compartiu vestiario en 2017-18. ElPozo Ciudad de Murcia (2014-16) e Tenerife Iberia Toscal (2016-17) tamén figuran na traxectoria deportiva de Vargas, de tan só 20 anos. Coa súa chegada e a de Lucho, a eng
1 de xuño de 2018
Víctor non defenderá o Pescados Rubén en 2018-19
El cierre Víctor López Real finaliza contrato y no defenderá al Pescados Rubén Burela FS en 2018-19. El madrileño de 30 años, que ya había formado parte de la estructura naranja en 2011-12, se incorporó a la disciplina mariñana en el mes de agosto tras su paso por el Cagliari Futsal italiano. “La madurez y veteranía de Víctor ha sido referencia en el gran grupo que ha formado el Pescados Rubén esta temporada. Tiene nuestros mejores d
2 de xuño de 2018
A vitoria ante Alcorcón (2-1) outórgalles o bronce de liga ás laranxas
O Pescadso Rubén Burela FS pechou esta tarde a liga no seu mausoleo ante un Vista Alegre entregado. Coa apertada vitoria ante Alcorcón FSF (2-1), as laranxas poñen o broche á competición regular, subindo ao podio, co bronce de 2017-18 (72 puntos) nunha liga na que reina o Jimbee Roldán. As mariñás xa teñen novo horizonte á volta de esquina, o derbi irmandiño, co sexto clasificado, Ourense Envialia, na estrea de Copa de España Cádiz 2018 (8-10 de
2 de xuño de 2018
O ala Juanfran súmase ao proxecto mariñán
Continuamos con novidades. O ala Juan Francisco Botía Galiano, máis coñecido como Juanfran, formará parte do proxecto laranxa para a próxima tempada. O murciano, que cumprirá 26 anos o día 10, defendeu a elástica do Naturpellet Segovia nas tres últimas campañas, con ascenso a Primeira incluído, en 2016-17. Na súa terra, Juanfran comezou a medrar con Plásticos Romero Cartagena en 2009-10, equipo no que disputou outras dúas etapas, 201
4 de xuño de 2018
Horarios de Copa de España Cádiz 2018
CUARTOS DE FINAL – 8 DE XUÑO Partido A 10:00 horas At. Navalcarnero – Poio Pescamar Partido B 12:00 horas Universidad de Alicante – AD Alcorcón Partido C 17:30 horas Pescados Rubén Buirela – Ourense Envialia Partido D 19:30 horas Cádiz – Jimbee Roldán SEMIFINAIS Sábad
4 de xuño de 2018
Cilene, Trofeo Viceroy como Mellor Xogadora 2017-18
Antes do asubío inicial da xornada 30, en Vista Alegre, Cilene foi recoñecida co Trofeo Viceroy á Mellor Xogadora da tempada 2017-18, coa valoración xornada a xornada de profesionais, prensa e afección. A 6 burelista recibiu como premio un reloxo Viceroy de mans do gerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado pola vicepresidenta do club, Cesarina Fanego.
5 de xuño de 2018
Pope vestirá un ano máis de laranxa e Colacha regresa ao Palma
Sergi Orgillés Saiz, Pope, vestirase de laranxa un ano máis, en calidade de cedido, tras as negociacións do Pescados Rubén Burela FS co xogador catalán e o Palma Futsal. Pola súa banda, o novísimo ala José Antonio Luna Guijarro, Colacha, que tamén recalou a tempada pasada na comarca mariñá desde o club insular na mesma situación, regresará á súa entidade de orixe para seguir medrando. Aos seus 22 anos e sen perder nin unha soa das 30
5 de xuño de 2018
Horarios de base
Calendario adxunto
6 de xuño de 2018
Vista Alegre acollerá a Copa Galega Xuvenil esta fin de semana
O pavillón Vista Alegre será escenario esta fin de semana a Copa Galega Xuvenil (9-10 de xuño) baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e o Pescados Rubén Burela FS e coa colaboración do Concello de Burela e Pescados Rubén. O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da cita, coa presenza do responsable de Fútbol Sala da RFGF en Lugo, Iván Pico, o vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, e o director d
7 de xuño de 2018
Técnicos e directivos analizan a Copa de España Cádiz 2018 (ACFSF)
Análise previa da Copa de España 2018 (ligazón)
7 de xuño de 2018
Dosier de prensa Copa de España Cádiz 2018
Coñece os protagonistas da Copa de España 2018   Ligazón ACFSF
7 de xuño de 2018
O actual campión, primeiro obstáculo do Pescados Rubén en Cádiz
O Pescados Rubén Burela FS estrearase na Copa de España Cádiz 2018 mañá en cuartos de final con festa galega, fronte ao actual campión, Ourense, ás 17.30 horas, na terceira cita da xornada. O Complexo Deportivo Cidade de Cádiz acollerá a cita e todos os encontros serán emitidos en directo por Onda Cádiz Televisión. “Foi un ano de moito traballo, foi un gran ano e queremos pechalo cun título. O noso obxectivo é tra
7 de xuño de 2018
Mércores 27 de xuño, Asemblea Xeral Ordinaria
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o mércores 27 de xuño de 2018. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10, Burela); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.   ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior
8 de xuño de 2018  |  
Destacada
Juanma: 'O noso reto é seguir transformando o equipo'
O Pescados Rubén Burela FS e Juanma Marrube formalizaron a renovación do técnico mariñán para 2018-19. O alfocego asume esta segunda tempada á fronte do conxunto laranxa co obxectivo de facer medrar o proxecto iniciado hai un ano: “Asumo o desafío con moita tranquilidade e ganas de volver empezar, co aliciente engadido de seguir transformando o equipo, de seguir mellorando con moito traballo o que se comezou en agosto de 2017” aseguraba o laranxa
8 de xuño de 2018
O Pescados Rubén avanza a semifinais tras apear o Ourense con dous zarpazos, de Cilene e Sara
O Pescados Rubén conseguiu esta tarde o billete para semifinais de Copa de España Cádiz 2018 tras impoñerse 2-0 ao actual campión da cita, o Ourense Envialia en cuartos; Cilene e Sara Correia anotaron os dous zarpazos nos últimos sete minutos. As pupilas de Julio Delgado e Lucas disputarán a segunda cita mañá, ás 12.00 fronte ao gañador entre Jimbee Roldán, campión de liga, e o anfitrión, Cádiz FSF, con emisión en directo de Onda Cádiz Televisión
8 de xuño de 2018
As Guerreiras Laranxas remontan ante Roldán (2-3) e plántanse na final
As Guerreiras Laranxas demostraron nunha semifinal de película que son capaces de todo. As pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron remontar un 2-0 en contra fronte ao campión de liga, Jimbee Roldán, igualar a contenda e forzar a prórroga para acabar con 2-3 e gañar o billete para a gran final da Copa de España en Cádiz. Mañá,ás 11.00 horas, o Pescados Rubén Burela FS pelexará polo título fronte a Atlético de Navalcarnero, tras impoñerse a UA
9 de xuño de 2018
Sempre Guerreiras
O Pescados Rubén Burela FS finalizou esta mañá a súa xesta en Copa de España Cádiz 2018 como subcampión, con 2-4 fronte ao Atlético Navalcarnero. O cadro laranxa, que non puido contar con Sara Correia por unha escordadura de nocello, pelexou ata o final coa súa incansable garra, facendo fronte ás baixas de Jenny e Bea Mateos nos últimos minutos. Adiantáronse as madrileñas no minuto 6, cun disparo de Ju Delgado que tocou en Dany. Con
10 de xuño de 2018
Xuvenís e Cadetes, campións e subcampións, de Copa Galega
Todos os resultados da base en documento adxunto
11 de xuño de 2018
O talento de Luisma queda en Burela
El talento de Luis Martínez Somalo se queda en Burela. El pívot logroñés de 29 años y el Pescados Rubén han llegado a un acuerdo de renovación para la próxima temporada. El 6 naranja, que se sumó al proyecto mariñano el año pasado después de 9 campañas en el Aspil Ribera Navarra FS, ha sido el máximo artillero del conjunto de Juanma Marrube, con 21 dianas, en sus 28 partidos de liga; su labor ha sido reconocida con el Trofeo Viceroy
12 de xuño de 2018
O Heroes do Orzán da Coruña e o Torneo Os Meigallos, destinos das Xoias Laranxas
O Memorial Heroes do Orzán 2018 arrancará mañá na Coruña coa participación do equipo Alevín B do Pescados Rubén Burela FS. O Cadete B, Infantil B e Benxamín B competirán no Torneo Os Meigallos de Sarria. Achéganse calendarios
14 de xuño de 2018
Judith non continuará no Pescados Rubén
A ala-peche Judith Pedreira Arias non continuará defendendo as cores do Pescados Rubén Burela FS. Os camiños da novísima xogadora, de tan só 19 anos, e do club laranxa sepáranse despois de tres excelentes tempadas nas que Judith experimentou unha grande evolución na súa formación da man do equipo mariñán en Primeira RFEF. A Familia Laranxa deséxalle sorte na súa nova andaina deportiva para seguir pelexando polo máis alto.
14 de xuño de 2018
O Pescados Rubén sela o gol de Cilene para 2018-19
Cilene Pereira Paranhos seguirá a próxima tempada na Mariña. A pichichi laranxa e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para a continuidade da 6 laranxa en 2018-19. Esta será a terceira campaña da peche brasileira, de 33 anos, no club, logo de clausurar 2017-18 como a máxima artilleira do conxunto, con 29 dianas, e a segunda de Primeira División RFEF, e sendo ademáis recoñecida como a Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy, de K
16 de xuño de 2018
Sara Correia, baixa nas filas burelistas
A lusa Sara Margarida Correia Barbosa causará baixa nas filas burelistas para 2018-19. A ala-peche recalou a tempada pasada no Pescados Rubén Burela FS procedente do futsal italiano, disputou 26 partidos en liga coa elástica laranxa, 7 deles titular, con 4 goles. A Familia Laranxa agradece os servizos da ata agora 13 mariñá e deséxalle fortuna no seu futuro deportivo.
17 de xuño de 2018
A dupla de Jozi e Ana Romero, aposta segura para a rede mariñá
A rede mariñá non experimentará cambios na nova tempada. O Pescados Rubén Burela FS volverá apostar pola dupla de Joziane de Oliveira e Ana Romero. A brasileira cumprirá así dez exercicios defendendo a portería laranxa; desde 2016 comparte responsabilidades coa murciana. Jozi e Ana súmanse á renovación da pichichi, Cilene. ”Traballamos nun proxecto de continuidade, mantendo gran parte do bloque e coa chegada de incorporacións de ref
18 de xuño de 2018
O Alevín, Equipo Máis Deportivo e terceiro clasificado no Memorial Heroes do Orzán da Coruña
CADRO DE HONRA ALEVÍN Equipo máis deportivo – >>PESCADOS RUBÉN BURELA FS Máximo goleador – >>Hugo García Martínez (Hércules A) Mellor xogador – >>Hugo García Martínez (Hércules A) 4ºclasificado – >>CLUB DEL MAR DE SAN AMARO 3º clasificado – >>PESCADOS RUBÉN BURELA FS Subcampión –
19 de xuño de 2018
Gran fin de semana de Benxamíns, Infantís e Cadetes no Torneo Os Meigallos
A Canteira-El Progreso (adxunto)
19 de xuño de 2018
Compromisos da base por San Xoán
Calendario adxunto
20 de xuño de 2018
Tai e Sofía non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada
A brasileira Taiane Menezes e a ribadense Sofía Vázquez non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada. A ala canarinha estreouse na liga española en 2017-18 co Pescados Rubén Burela FS, nun exercicio no que deu mostras da súa calidade e desequilibrio no un contra un, aínda que tamén estivo moi condicionada polas lesións. A novísima Xoia Sofía despídese da escuadra mariñá despois de dúas tempadas de formación e crecemento.
20 de xuño de 2018
Dany cumprirá a súa quinta tempada no Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo coa brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, para seguir sendo Guerreira Laranxa en 2018-19. A 3 mariñá cumprirá así a quinta tempada no club, a cuarta nesta segunda etapa. “Dany é un exemplo dentro da nosa estrutura, en traballo, seriedade, dedicación e sobre todo na súa implicación na formación dos máis pequenos/as” aplaudía así o presidente, Manuel Blanco, a continuidade da canarinha.
21 de xuño de 2018
32 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores