Noticias
Arquivo de Xuño 2019
Despedida con vitoria en Sabadell (1-6) e co título de subcampión de liga
O Pescados Rubén Burela FS despediu esta tarde unha liga sublime con vitoria na casa do Femisport (1-6) e rozando o soño, nunha tempada igualadísima. As Guerreiras Laranxas fixeron os deberes para conseguir os 84 puntos, pero Futsi Atlético Navalcarnero tampouco errou e álzase co título de campión grazas ao 0-2 en Alcorcón e o goalaverage ao seu favor sobre as mariñás. A cor laranxa tivo o control da cita. Bea Mateos e Cami encamiñar
1 de xuño de 2019
Emparellamentos de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño)
Finalizada xa a liga regular feminina, aínda queda moito fútbol sala co que gozar. Concretamente, a apaixonante fase final da Copa de S.M. A Raíña, que se vai a disputar no pavillón Vista Alegre da localidade lucense de Burela, do 14 ao 16 de xuño. Unha competición á que aspiran os oito equipos mellor clasificados da táboa de Primeira División. Os emparellamentos de cuartos de final son os seguintes:
4 de xuño de 2019
FC Barcelona, rival laranxa na final da Copa de España Xuvenil
O Pescados Rubén Burela FS continuará o periplo de Copa de España esta semana, co FC Barcelona como o próximo obstáculo, na final (Cidade do Fútbol de Las Rozas, 7-9 de xuño). Os pupilos de Christian Fustes e Mario Pillado conseguiron o billete o sábado pasado en Cádiz impoñéndose 1-6 ao Géminis e disputarán os cuartos fronte aos cataláns abrindo a fase o venres, ás 10.30 horas. Venres 7 de xuño 10.30 horas: Pescados R
4 de xuño de 2019
Promesas Femininas. A maxia do futsal agarda por ti!!!!
A maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala. Data límite de inscrición: Martes 2 de xullo O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club ou no documento adxunto; tamén poden anotarse direct
4 de xuño de 2019  |  
Destacada
O ala Everton súmase ao Pescados Rubén
O ala Everton Luiz Ferreira Araújo formará parte do Pescados Rubén Burela FS en 2019-20. O brasileiro, procedente do Santiago Futsal, sumarase ao proxecto de Primeira, como segunda incorporación xunto ao ala lugués Álex Diz. “Cando me xurdiu a oportunidade non o dubidei nin un momento; estou seguro de que nos espera algo moi bonito neste novo proxecto” explicaba o novo laranxa. Everton (Penha-Brasil, 1996) recalou nas filas do B. Jua
5 de xuño de 2019
Horarios de Copa de SM A Raíña (Burela 14-16 de xuño)
Pavillón Vista Alegre Os emparellamentos e horarios de cuartos de final son os seguintes: CUARTOS DE FINAL, venres, 14 de xuño 18.15 horas: CD Futsi Atlético Navalcarnero - A.E. Penya Esplugues 20.30 horas: Pescados Rubén Burela F.S. - Universidad de Alicante 16.00 horas: Ourense CF Envialia - Poio Pescamar F.S. 12.30 horas: Jimbee Roldán F.S.F. - AD Alcorcón FSF
6 de xuño de 2019
Pope cumprirá a súa terceira tempada na Mariña, incorporándose á estrutura Laranxa
Sergi Orgillés Saiz, Pope, cumprirá a súa terceira tempada de laranxa en 2019-20. O peche formalizou o acordo co Pescados Rubén Burela FS xunto ao presidente, Manuel Blanco, que destacou o crecemento do 14 mariñán, ademais da súa gran contribución no regreso a Primeira LNFS, e agradeceu “as facilidades amosadas polo Palma Futsal para a contratación do xogador, xa como cento por cento burelista, tras estar cedido estes dous últimos anos”.
6 de xuño de 2019
Dende A Fervenza, chega outra Xoia ao Pescados Rubén
A novísima Cristina Lourés Casal (Narón, 2002) incorporarase á estrutura do Pescados Rubén Burela FS para as tres vindeiras tempadas. A ala-peche ferrolá, de tan só 16 anos e formada no conxunto filial, Comarcal A Fervenza FSF, estivo acompañada pola vicepresidenta, Cesarina Fanego Mon, na súa presentación oficial. Cris, que xa tivo a oportunidade de estrearse en Primeira División coa camisola burelista, con 4 partidos disputados na
7 de xuño de 2019
Orgullo Laranxa na Copa de España Xuvenil
O Pescados Rubén Burela FS pechou esta mañá o seu periplo en Copa de España Xuvenil, inagurando a fase final de Las Rozas e dando a cara ante o titánico FC Barcelona (0-4), vixente campión. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado despídese da tempada como subcampión de Liga en División de Honra e cunha meritoria participación na Copa, chegando por primeira vez á fase final, despois de impoñerse ao gaditano Géminis (1-6).
7 de xuño de 2019
Venda anticipada para Copa de SM A Raíña, ata o xoves 13
Desde esta tarde, estará dispoñible a venda anticipada para a Copa de SM A Raíña, que acollerá o pavillón Vista Alegre de Burela. Entre o venres, día 14, e o domingo, 16, daranse cita os 8 mellores equipos de Primeira División RFEF. Esta será a terceira edición da ata agora coñecida como Copa de España coas Guerreiras Laranxas como anfitrioas e a localidade mariñá como sede. Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén Burela FS, Oure
11 de xuño de 2019
Tamén hai venda online para Copa de SM A Raíña
Ademais da venda en oficina, ata o xoves tamén podes adquirir o teu abono e/ou entrada para a Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) de xeito online. Ligazón Prezo de adult@
12 de xuño de 2019
Hélder non continuará no Pescados Rubén
O peche Hélder Gonçalves Semedo non continuará no Pescados Rubén Burela FS. O xogador caboverdiano, que creceu na estrutura laranxa desde a base, finaliza o 30 de xuño contrato; estreouse en Primeira en idade xuvenil e defendeu a camisola mariñá as catro últimas tempadas, xa como xogador sénior. Hélder, a Familia Laranxa agradece toda a túa dedicación ao longo destes anos e deséxache o mellor na túa nova etapa, nas filas do Parrulo F
12 de xuño de 2019
Axenda das Nosas Xoias
A Escola Deportiva do Pescados Rubén Burela FS pechará esta tarde o curso 2018-19 coa gala de clausura, pero non a súa axenda. As Nosas Xoias gozarán de compromisos ata finais de mes, co broche do Memorial Heroes do Orzán 2019 (A Mariña, 26-30 de xuño) da Fundación Imdecum. Tras o divertido Torneo das Pontes da fin de semana pasada na que participaron Benxamín A e Alevín B e C, esta semana para o equipo Infantil o destino será o V T
13 de xuño de 2019
Como seguir a Copa de SM A Raíña? Por streaming e con TVG2
Se non podes achegarte a Vista Alegre durante a Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño), poderás seguir o espectáculo a través da canle de Youtube Burela FS, os cuartos do venres, e de TVG2, para semifinais e final, co streaming da RFEF. CUARTOS DE FINAL, venres, 14 de xuño Ligazón YOUTUBE BURELA FS 18.15 horas: CD Futsi Atlético
13 de xuño de 2019  |  
Destacada
Torneos de base, clínic de porteir@s e zona fan para a Copa de SM A Raíña
Ademais dos 8 mellores equipos de Primeira RFEF, a Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) e Vista Alegre ofrecerán torneos de base Alevín e Infantil, un clínic de porteir@s e zona fan de lecer para estes días como epicentro do fútbol sala feminino de elite. Sábado 15 de xuño, Cuadrangular Alevín 10:20 H CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN – COMARCAL A FERVENZA FSF (1) 11:00 H RODILES FSF – VIAXES AMARELL
13 de xuño de 2019  |  
Destacada
Clausura de curso para as Nosas Xoias
Máis de 150 pequenos deportistas dende os 3 anos participaron na clausura do curso 2018-19 da ED Pescados Rubén, acollida no auditorio da casa de cultura de Burela. O acto, presentado polo director da escola, Alfonso Mera, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano García, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto ao presidente da Familia Laranxa, Manuel Blanco Fanego, e os vicepresidentes, Cesarina Fanego Mon e José Luis Sáez C
13 de xuño de 2019
Todo listo para a Copa de SM A Raíña
O salón de plenos de consistorio de Burela acolleu esta tarde a presentación da I Copa de SM A Raíña (14-16 de xuño). Xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, estivo a deputada de Economía, Mayra García, ademais do presidente do Pescados Rubén Burela FS como club anfitrión, Manuel Blanco, e o director de Área do CNFS da RFEF, José Miguel Calle. Todos os presentes coincidiron en definir a cita co
13 de xuño de 2019
Alcorcón, primeiro semifinalista de Copa da Raíña
O AD Alcorcón FSF inaugurou a I Copa de SM A Raíña ao grande, conseguindo o primeiro billete para as semifinais ao impoñerse con claridade ao Jimbee Roldán FSF (1-5), en cuartos. As de Adri Martiño mediranse mañá, ás 17.45 horas, ao vencedor desta tarde entre o vixente campión de Liga e Copa, Futsi Navalcarnero, e Penya Esplugues (18.15 horas). Alcorcón dispuxo das mellores chegadas con perigo nos primeiros segundos; dispuxo de máis
14 de xuño de 2019
Ourense gaña o billete para semifinais a 37 segundos da bucina
O derbi galego da Copa cae do lado do Ourense Envialia FSF, que conseguiu esta tarde o billete para semifinais da Copa da Raíña sobre Poio Pescamar FSF grazas ao gol de Lau Doce, a 37 segundos para a bucina. As de Morenín pelexarán mañá (ás 20.00 horas) por clasificarse para a final fronte ao gañador do último cuarto de hoxe, entre Peixes Rubén Burela FS e UA Alacante (20.30 horas). Viviu a Bomboneira un duelo irmandiño moi equilibra
14 de xuño de 2019
Esplugues fai sufrir a Futsi no seu avance na Copa
O Penya Esplugues non lle puxo as cousas doadas ao todopoderoso Futsi Navalcarnero no seu avance na Copa de SM A Raíña (5-4). As catalás conseguiron remontar en dúas ocasións no primeiro tramo e anotar o 5-4 na recta final, con moito perigo nos últimos na desenlaces. Futsi medirase mañá a AD Alcorcón na primeira semifinal, ás 17.45 horas, en Vista Alegre. Á vantaxe de Futsi de 2-0, respondeu Esplugues con goles de Laura e Stella en
14 de xuño de 2019
Pescados Rubén imponse a Alicante (5-2) para protagonizar outro derbi galego de Copa
O Pescados Rubén Burela FS protagonizará outro derbi irmandiño na Copa de SM A Raíña. Será mañá en semifinais, fronte a Ourense Envialia FSF (20.00 horas), tras conseguir a clasificación para ante UA Alicante (5-2). Antes, na primeira semifinal, haberá outro duelo de terras, pero madrileñas, AD Alcorcón FSF-Futsi Atlético Navalcarnero (17.45 horas). As de Julio Delgado Lucas saíron en volandas, moi motivadas, ante unha grada ateigada
15 de xuño de 2019
Futsi, primeiro finalista de Copa, cun avultado 8-4 sobre Alcorcón
Futsi Navalcarnero pelexará mañá, ás 17.00 horas en Vista Alegre, por revalidar o seu título de Copa, no que podería converterse no seu oitavo galardón da cita. Farao logo de impoñerse con solvencia ao Alcorcón FSF na primeira semifinal da Raíña, con 8-4. O acerto das de Andrés Sanz outorgoulles unha cómoda renda ao descanso con 4-0, ante a que souberon responder as de Adri Martiño nunha segunda parte de infarto e goles. Bruna adian
15 de xuño de 2019
Pescados Rubén está na Finalísima
As Guerreiras Laranxas cumpriron e volverán a protagonizar o duelo de titáns con Futsi Navalcarnero mañá (17.00 horas). Estarán na final do I Copa de SM A Raíña, arroupadas polo mausoleo burelista, tras saír vitoriosas no derbi irmandiño fronte a Ourense Envialia (5-2), encamiñando xa o partido na primeira parte, con 3-0. As máis de 1200 almas que asolagaron Vista Alegre ovacionaron a ourensá Bea Seijas, na súa retirada das pistas, cun aplauso de
15 de xuño de 2019
Las Guerreiras se convierten en Reinas
El Pescados Rubén Burela FS ha conquistado la I Copa de SM La Reina peleando hasta la extenuación en una lucha de titanes arrebatándole el título al Futsi Atlético Navalcarnero (3-3) en los penaltis. En un Vista Alegre ejemplar que le dio aliento a las Guerreiras en todo momento, Bea Mateos recibió la Copa de manos del presidente del CNFS, Pedro Rocha. Cuerpo técnico y jugadoras dedicaron la segunda Copa de la Historia Laranxa a la memoria de Mar
16 de xuño de 2019
24 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores