Noticias
Arquivo de Xullo 2009
Suso Rey asina o seu compromiso como novo adestrador do Burela FS
O Vicepresidente do Burela FS Manolo Blanco fixo onte oficial o acordo con Suso Rey para que este sexa o novo adestrador do equipo masculino. Blanco quixo subliñar o compromiso constante do técnico co club laranxa, polo que considera que “a aposta por el como máximo responsable do equipo de Prata non é máis que un paso lóxico, que dotará de cohesión ao grupo e será positiva sen ningunha dúbida”. O polo de agora preparador físico do Burela FS a
23 de xullo de 2009
Juanma renova polo club laranxa
Juan Manuel Marrube será xogador do Burela FS unha tempada máis, logo do acordo alcanzado coa xunta directiva. O de Alfoz seguirá á fronte do equipo laranxa malia que recibira outras ofertas: “para min vestir a camiseta deste equipo significa moito”. Tanto a xunta directiva como o xogador fixeron fincapé na vontade manifestada por ambas partes para selar o acordo. O xerente da entidade, Juan Carlos Modia, declarou que o ‘Mariscal’ “é un xogado
24 de xullo de 2009
Javi Rodríguez e Christian Chao volverán a vestir a camiseta laranxa
Rodríguez, á canario de 20 anos de idade, volve ao Burela FS xunto co á-peche viveirense, logo de que ambos xogaran cedidos no Lanzarote Tías Yaiza durante a pasada tempada. Os xogadores laranxas foron protagonistas do excelente ano feito polo club das illas, que xogou a fase de ascenso a Honor no grupo A. Ademais de anotar dous goles en nove partidos co primeiro equipo laranxa na tempada 2007/08, Javi Rodríguez tamén formou parte do c
27 de xullo de 2009
Minu firma a súa renovación co Burela FS
Antonio Minuesa Durán ‘Minu’ retoma o seu compromiso co club “motivado e moi ilusionado por continuar neste equipo”. O vicepresidente do Burela FS, Manolo Blanco, quixo celebrar a aposta feita por Minu e felicitouse por contar “cun xogador que ten demostrado o compromiso co club en moitas ocasións”. Minuesa considera “ilusionante” o proxecto deportivo que prepara o Burela FS, con Suso Rey como adestrador. “Coñezo a Suso dende hai tempo
28 de xullo de 2009
Brais acompañará a Edu na portería do primeiro equipo
O ata agora xuvenil Brais García será un dos protagonistas do novo Burela FS, ocupando a praza de segundo porteiro no proxecto que prepara Suso Rey. Brais, que se amosou “orgulloso e moi contento” pola elección foi presentado como novo integrante do primeiro equipo polo vicepresidente José Saa no local social do club. Segundo afirmou Saa “está claro que a directiva aposta por un equipo con xente da casa, que ademais saiba valorar a experiencia
29 de xullo de 2009
O Atlético Lucense, vencedor do torneo de fútbol praia sub-14
O equipo Atlético Lucense, de Foz, foi o vencedor do torneo de fútbol Praia sub-14 que organizou o Burela FS en colaboración coa área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo e o Concello de Burela. Os focegos impuxéronse aos Machacaredes, de Burela, na tanda de penaltis, logo de rematar o tempo regulamentado con empate a 2 tantos. A loita polo terceiro e cuarto postos foi para o conxunto dos Lucecús, que venceron aos Pataqueiros por 2
30 de xullo de 2009
Rubén García ‘Turero’ da o salto a Prata
O equipo de Suso Rey terá unha nova incorporación para a tempada 2009/10 procedente da canteira laranxa. Trátase do ata agora xuvenil Rubén García ‘Turero’, á trabadense de 18 anos e cun currículo envexable con dúas Ligas e unha Copa, ademais de ser recentemente campión de España sub-20. O vicepresidente José Saa e Marcelino Luna, tamén directivo do club, presentaron ao xogador nas oficinas do Burela FS. Rubén, que afirmou estar satisf
31 de xullo de 2009
7 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores