Noticias
Arquivo de Xullo 2010
A División de Prata quedará configurada por 20 equipos
Unha vez expirado o prazo de inscrición e de corrección de incidencias, os clubs pendentes, Ceuta e Puertollano, cumpriron cos requisitos esixidos, polo que a División de Prata contará con 20 equipos para a tempada 2010-11. A División de Prata constará de 20 equipos, que disputarán a liga polo sistema a dobre volta, cun total de 38 xornadas e unha segunda fase de play-off para o ascenso. Esta é a proposta que acordou a xunta directiva
1 de xullo de 2010  |  LNFS
Raquel de Souza causa baixa no Burela FS Feminino
A ala-pivote Raquel de Souza causará baixa para o exercicio 2010-11. Tras un achegamento inicial por ambas as dúas partes, o club laranxa e a xogadora brasileira non chegaron a un acordo para a renovación da súa relación contractual. Souza, de 32 anos, chegou ao conxunto mariñán en 2009-10, procedente do Atlético de Madrid Navalcarnero, para o debut do Burela FSF Pescados Rubén na máxima categoría do fútbol sala español. Coa camiseta
2 de xullo de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Rosana renova o seu compromiso co Burela FSF Pescados Rubén
Rosana Carballés, Ro, continuará unha tempada máis nas filas do Burela FSF Pescados Rubén. A xogadora mariñá, de 24 anos, foi recibida onte polo directivo Marcelino Luna nas oficinas do club para renovar o seu compromiso co equipo burelista. Esta converterase na terceira tempada de Ro co Burela FSF Pescados Rubén. A pivote vinculouse ao emerxente proxecto laranxa en 2008-09, procedente do Foz FSF, co nacemento da División de Prata
2 de xullo de 2010
Pulpis, Marcelo e Toni, no Campus Burela FS
Na súa cuarta edición, o Campus Mixto Internacional Burela FS (14-17 de xullo) volverá brillar con luz propia grazas ao seu prestixioso profesorado, entre o que figurarán José Mª. Pazos Méndez ‘Pulpis’, seleccionador de Tailandia, o xogador internacional Marcelo e o ex-gardameta do Azkar Lugo Toni. A presenza destes tres profesionais do fútbol sala pecha o luxoso elenco do clínic laranxa, xunto aos adestradores xa confirmados Paulo Eduardo de
2 de xullo de 2010  |  Foto: nostresport.com
Resultados do Trofeo Ayuntamiento de Montefrío 2010
Categoría Alevín EDM Burela FS 1-10 ElPozo MurciaEDM Burela FS 5-3 UD Las Rozas BoadillaEDM Burela FS 0-3 Loja CD Categoría Infantil EDM Burela FS 4-3 GranadaEDM Burela FS 2-4 Guetor TajarEDM Burela FS 0-5 Marfil Santa Coloma
5 de xullo de 2010
Burela, a Festa do Fútbol Sala para Tod@s
A localidade de Burela acolleu o venres pasado a Festa do Fútbol Sala para Todos/as coa fase final da IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, impulsada por Feafes Galicia e organizada pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. A competición, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego, Deputación de Lugo, Concello de Burela e o CD Burela FS, entre outros, reuniu máis de 150 participantes
5 de xullo de 2010
Dolo volverá vestir de laranxa en 2010-11
A ala-pivote Dolores Sánchez, Dolo, volverá vestir de laranxa en 2010-11, despois de prolongar o seu contrato co Burela FSF Pescados Rubén por unha tempada máis. Acompañada polo directivo da entidade burelista José Luis Sáez, a xogadora coruñesa recoñeceu que “os logros acadados esta tempada dan ganas de seguir traballando por cumprir cun proxecto que irradia ilusión”. “Rematamos a liga coa sensación de superar a meta marcada, así que
5 de xullo de 2010
Presentación do IV Campus Internacional Burela FS
O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS, cita que reunirá un luxoso elenco entre o seu equipo técnico do 14 ao 17 de xullo. O acto contou coa presenza do delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; o coordinador xeral do clínic e director da EDM Burela FS, Alfonso Mera; e o di
8 de xullo de 2010
O Burela FS comeza a liga 2010-11 coa visita do Melilla, o 4 de setembro
A División de Prata pasou esta tempada a ter un único grupo, formado por 19 equipos, xa que a última hora o club Ziérbena, que logrou o ascenso esta tempada e se inscribiu na categoría, presentou a súa renuncia. A primeira xornada, que arrancará o 4 de setembro, queda da seguinte maneira: Albacete – BrihuegaUPV Maristas – Gáldar Gran CanariaLanzarote Tías Yaiza – ElPozo C
8 de xullo de 2010  |  LNFS
'Na Busca da Mascota Laranxa'
O CD Burela FS anda á procura dunha imaxe que reflicta o envexable espírito mariñán e por iso, dende hoxe, queda aberto o concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’, ao que estades todos e todas convidados. O autor do bosquexo gañador/a, que se empregará en actos promocionais e comunicativos, será agasallado/a con dous carnés individuais de socio/a do CD Burela FS para a tempada 2010-11, que recibirá no p
12 de xullo de 2010
Os camiños de César Revilla e o Burela FS sepáranse
Os camiños de César Revilla e o Burela FS sepáranse e, tras cinco tempadas, o ala burelao non vestirá o número 7 da camisola laranxa en 2010-11. Despois dunha primeira aproximación motivada polo interese amosado dende ambas as dúas partes, as negociacións non puideron frutificar na renovación do xogador, que está considerando a posibilidade de reorientar a súa traxectoria laboral cara a outros proxectos. Coa marcha de Revilla tamén se
13 de xullo de 2010
Claudia asina a súa renovación co Burela FSF Pescados Rubén
A ala-peche Claudia formará parte do cadro do Burela FSF Pescados Rubén unha tempada máis, despois de asinar onte a súa renovación xunto ao director deportivo do conxunto feminino, Marcelo Santoro ‘Neco’. A xogadora focega transmitiu a súa ilusión por asumir un novo reto co equipo mariñán. “Soubemos adaptarnos ao gran cambio que existe entre Prata e Honra e agora, que xa coñecemos a categoría despois dunha excelente tempada de debut, c
13 de xullo de 2010
Pulpis e Padú inauguran o IV Campus Burela FS mañá
O seleccionador de Tailandia, Jose Mª. Pazos ‘Pulpis’, e o técnico brasileiro Paulo Eduardo de Jesús Pinho ‘Padú’ inaugurarán mañá o IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS (14-17 de xullo), nunha xornada repleta de actividades.  
13 de xullo de 2010
Unha imaxe para o recordo
A xornada inaugural do IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS deixou unha imaxe para o recordo, a tradicional fotografía de familia. O seleccionador de Tailandia, José Mª. Pazos ‘Pulpis’, o técnico brasileiro Paulo Eduardo de Jesús Pinho ‘Padú’ e o xogador do Akzar Lugo Iago Míguez protagonizaron esta tarde a instantánea xunto ao alumnado do clínic laranxa, ademais dos xogadores burelistas Juanma e Christian, os preparador
14 de xullo de 2010
Pulpis: 'O principal é que os rapaces aprendan a divertirse a través do deporte'
O seleccionador de Tailandia, José María Pazos, máis coñecido como Pulpis, participou onte activamente na primeira sesión do campus laranxa, tendo moi claros os seus obxectivos. “O compoñente básico é o lúdico. O principal é que os mozos se divirtan e que aprendan a facelo a través do deporte. Se ademais conseguimos que poidan aprender algunhas cousiñas, pois a satisfacción é total”, sinalou Pulpis, que destaca a aposta do Burela FS por un tip
15 de xullo de 2010  |  A Mariña-El Progreso
Juanito e Toni recollen o testemuño de Padú e Edu no clínic laranxa
O adestrador do FS Zamora, Juanito, e o ex-gardameta do Azkar Lugo Toni recollen o testemuño doutrinal do técnico brasileiro Padú e do porteiro laranxa Edu para afrontar mañá a terceira xornada do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS, na súa cuarta edición.   [+ inf. na web do
15 de xullo de 2010
A diversión e os xogos asolagan o campus
A diversión asolagou a terceira xornada do campus, na que os máis de 40 alumnos alternaron as sesións de adestramentos con actividades na piscina de San Cibrao, xogos populares e un orixinal xogo da oca.   [+ inf. na web do Campus]
16 de xullo de 2010
Despedida da festa laranxa
A cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS despediuse o sábado por todo o alto. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga, participaron no acto de clausura e entrega de diplomas xunto á directiva e profesorado do clínic, como broche final a catro días de festa laranxa entre os máis pequenos.   [+ inf. na web do
19 de xullo de 2010
Lucía continuará no Burela FSF unha tempada máis
A ala-peche Lucía Nespereira, a pichichi do Burela FSF Pescados Rubén no seu debut en Honra, continuará unha tempada máis baixo as ordes de Javier Pardeiro na vila mariñá. O directivo do CD Burela FS Marcelino Luna recibiu a xogadora ourensá a semana pasada, nas oficinas do club, para formalizar a súa renovación de cara a 2010-11. Lucía manifestou a súa satisfacción por seguir formando parte do proxecto burelista porque “a filosofía de
19 de xullo de 2010
O italo-brasileiro Jean Cividini incorpórase ás filas laranxas
O italo-brasileiro Jean Carlos Cividini será xogador do Burela FS en 2010-11. O mozo pivote, de 22 anos, incorporarase ás filas laranxas co inicio da pretempada, o vindeiro luns, 26 de xullo, procedente do Loreto Aprutino, da Serie B ‘azzurra’. Para Cividini, esta será a primeira experiencia na liga española. Nado o 6 de abril de 1988, o xogador comezou a destacar deportivamente no Brasil; deu os seus primeiros pasos futbolísticos no H
21 de xullo de 2010
O Ximnasio Breogán reafirma o seu apoio á entidade burelista
O Ximnasio Breogán de Burela reafirma unha tempada máis o seu apoio á entidade burelista coa renovación da súa colaboración. Na mañá de hoxe, o directivo do club laranxa Antonio Ródenas foi o encargado de selar xunto ao xerente do centro deportivo, Alberto Prado, a prolongación do convenio que lles permite aos membros do CD Burela FS o uso das devanditas instalacións. Ambas as dúas partes expresaron a súa satisfacción pola continuidade
21 de xullo de 2010
Xoves 22 de xullo: Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o día 22 de xullo de 2010. A reunión terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria  ás 20.00 horas e a segunda ás 20.30 horas.   ORDE DO DÍA: 1- Lectura e aprobación se procede da acta ant
21 de xullo de 2010
Minu renova co equipo burelista
O ala-pivote Antonio Minuesa Durán, Minu, seguirá no equipo burelista en 2010-11. O xogador cordobés asinou esta semana a continuidade na que será a súa cuarta tempada consecutiva co Burela FS. Na formalización do contrato estivo acompañado polo vicepresidente do club Manuel Blanco. “Síntome un xogador da casa e agradezo a posibilidade que me brindou o club” dixo Minu, que manifestou a súa ledicia por “cumprirse o desexo de ambas as dú
22 de xullo de 2010
O ala Adriá Esteller recala no Burela FS
O ala catalán Adriá Esteller Cortina, de 25 anos, recala no Burela FS para lucir a elástica laranxa en 2010-11, procedente do Laguna Playas de Salou, que militou a tempada pasada no Grupo Sur de Prata. Formado na canteira do FC Barcelona, co que ascendeu á División de Honra  en 2005-06 despois de tres play-offs, o ala zurdo conta cunha nutrida experiencia en Prata, ademais de acadar o título de subcampión europeo coa Selección Esp
23 de xullo de 2010
O Burela FS abre a inscrición do seu torneo de fútbol praia Sub-16 (3-4 agosto)
O CD Burela FS abrirá a inscrición do seu torneo de fútbol praia Sub-16, que se disputará entre o 3 e 4 de agosto na praia Urbana da vila, o luns 26 de xullo. Na devandita competición, que conta coa colaboración do Concello de Burela, poderán participar os nenos/as nados con posterioridade a 1994 (incluído). Os equipos poderán dispor dun máximo de 9 xogadores/as. O prazo de inscrición rema
23 de xullo de 2010
Irene volverá defender a meta do Burela FSF Pescados Rubén
A porteira Irene volverá defender a meta do Burela FSF Pescados Rubén a vindeira tempada, despois de selar a súa renovación, esta semana, na compaña do vicepresidente da entidade laranxa Manuel Blanco. Irene amosouse contenta por “ter a oportunidade de gozar outro ano da División de Honra, despois dunha primeira experiencia extraordinaria”, aínda que este novo reto tamén lle impón moito respecto. “Será unha competición moi difícil pola
23 de xullo de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa'
O CD Burela FS recibirá as propostas do concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata o 15 de agosto. O autor do bosquexo gañador, que se empregará en actos promocionais e comunicativos da entidades, será agasallado/a con dous carnés individuais de socio/a do CD Burela FS para a tempada 2010-11. O premio será entregado no primeiro partido de liga da División de Prata, en Vista Alegre (4 de setembro).
26 de xullo de 2010
O Burela FS ponse en marcha esta tarde
O Burela FS 2010-11 ponse en marcha hoxe en Vista Alegre. Suso Rey contará con 14 xogadores para a pretempada, co torneo de Melide (17 de agosto) e o Celso Currás de Trabada (21 de agosto) entre as súas primeiras citas. Edu, Víctor Cachón, Juanma, Manuel Jiménez, Christian, Brais, Adri Gaona, Jean Cividini, Turero e Minu estarán baixo as ordes de Suso Rey, que os convocou ás 16.00 horas no pavillón burelao. Adriá Esteller incorporarase
26 de xullo de 2010
O Burela FSF arranca a liga 2010-11 o 18 de setembro, en Móstoles
O Burela FSF Pescados Rubén arrancará a liga 2010-11 o 18 de setembro como visitante, na casa do FSF Móstoles, terceiro clasificado da tempada pasada e vixente campión da Copa de España. O primeiro partido en Vista Alegre será o día 25, en derbi galego, ante o Ponte Ourense SAD. Un total de dezaseis conxuntos compoñerán a competición da División de Honra Feminina no vindeiro exercicio, que se prolongar
26 de xullo de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
L2 Fisioterapia prestará os seus servizos ao Burela FSF e á escola deportiva
L2 Fisioterapia de Burela comprometeuse co CD Burela FS para contribuír ao coidado dos membros da entidade laranxa na tempada 2010-11. O directivo da entidade Marcelino Luna e os xerentes do centro, Juan Eiroa Bermúdez e Matilde González García, selaron o acordo polo que as xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén e o alumnado da escola deportiva se beneficiarán dos seus servizos. Marcelino Luna agradeceu o importante apoio que brindará
26 de xullo de 2010
32 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores