Noticias
Arquivo de Xullo 2012
A LNFS reúnese mañá para decidir o futuro de Primeira e Segunda
Ante as innumerables chamadas interesándose polo futuro do CD Burela FS, manifestamos o seguinte: O CD Burela FS satisfixo os dereitos para a súa participación na Segunda División da LNFS para a tempada 2012-13. A xunta directiva da LNFS reunirase o martes 3 de xullo para analizar a documentación dos clubs asociados e determinará as entidades que integrarán tanto a Primeira coma a Segunda División. Polo momento, ao CD B
2 de xullo de 2012  |  Foto: LNFS
Pescados Rubén abandeira o proxecto do Burela FS 2012-13
A empresa mariñá Pescados Rubén SL renovará o seu fiel compromiso co CD Burela FS para a vindeira tempada. O principal patrocinador da entidade laranxa ao longo dos seus dez anos de historia continuará abandeirando o proxecto tanto dos equipos séniors, que pecharon un exitoso exercicio na Primeira División Feminina e na Segunda Masculina, coma da formación na escola deportiva. Dende o nacemento do sentimento laranxa, alá por 2001, o in
2 de xullo de 2012
A LNFS aproba a composición da Primeira División para 2012-13
A Xunta Directiva da Liga Nacional de Fútbol Sala, reunida este martes en Madrid, aprobou a composición da Primeira División para a tempada 2012-2013. O conxunto de clubs que integrarán esta categoría será presentado na Asemblea Xeral, que se celebrará o vindeiro xoves 12 de xullo, para a súa aprobación definitiva. A Xunta Directiva analizou con detemento as consecuencias da actual situación socioeconómica e aprobou un plan de actuació
3 de xullo de 2012
BURELA XA É DE PRIMEIRA
Xa é oficial. Burela xa é de Primeira. O equipo masculino dá o ansiado salto á elite futbolística; así o aprobou esta mesma mañá a xunta directiva da Liga Nacional de Fútbol Sala na composición da categoría para a vindeira tempada. En 2012-13 Vista Alegre será o templo da Primeira División, Masculina e Feminina. Segundo quixeron transmitir o presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o director xeral, José Luis Sáez Castro, “
3 de xullo de 2012
Presentación da sexta edición do Campus Burela FS
O CD Burela FS Pescados Rubén presentou esta mañá a sexta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base bautizado co nome da entidade laranxa, que terá lugar entre o 12 e o 14 de xullo. O salón de plenos da casa do concello da localidade acolleu o acto coa presenza do tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle, a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, e o presidente da fundación colaboradora Imdecum, Marcelino Lu
4 de xullo de 2012
Burela converte a Galicia na comunidade con máis equipos en Primeira
O Burela Pescados Rubén competirá a próxima tempada en Primeira División. Coa chegada do equipo da Mariña á máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, Galicia convértese na comunidade autónoma de España con máis representantes na Primeira División, onde o esperan o Lobelle Santiago e o Azkar Lugo para vivir apaixonantes derbis galegos. Ademais, a provincia de Lugo está de noraboa xa que terá a dous representantes na elite do fútbol sala
5 de xullo de 2012
Calendario provisional para o Campus 2012
Dende aquí poden acceder ao calendario PROVISIONAL de actividades da sexta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base, entre o 12 e o 14 de xullo.
5 de xullo de 2012
Calendario do Memorial Rodrigo Maseda Lozano para a ED EON Burela FS
[Calendario]
5 de xullo de 2012  |  Fundación Imdecum
Burela, a terra prometida do fútbol sala
Se algún día o fútbol sala morre, o seu enterro celebrarase en Segovia e seu funeral en Talavera. Se algún día o fútbol sala ten que resucitar, será alí, entre os pescadores, co 10% da súa poboación abonado a un soño, en Burela. A tierra prometida deste deporte. A Mariña lucense obsequia o mundo con algunhas das praias máis impresionantes do planeta. Burela aceptou o regalo do mar para bendicir a súa terra e comezou a construír a súa h
6 de xullo de 2012  |  Marca.com
Brillo laranxa para o podio do Memorial Rodrigo Maseda Lozano
A base do CD Burela FS pechou esta fin de semana o traballo 2011-12 con brillo laranxa para o podio do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base 2012 ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’, que acolleu na Mariña 8 clubs, 27 equipos e máis de 300 deportistas dende o venres pasado. Tras a fase final disputada onte no pavillón burelao de Vista Alegre, a representación cadete fíxose coa segunda e terceira praza, os infantís remataron terceiros e o conx
9 de xullo de 2012  |  Foto: Fundación Imdecum
A brasileira Cely incorporarase en agosto á Serie A italiana
A brasileira Cely Gayardo despediuse do CD Burela FS Pescados Rubén, co que rematou contrato en xuño, para iniciar unha nova etapa no fútbol sala europeo. A pivote incorporarase en agosto á pretempada do italiano AZ Gold de Abruzzo, que debutará na Serie A a partir de outubro.  “Quero agradecer a todos os directivos, corpo técnico, xogadoras e a afección de Burela que me acolleran tan ben. Foron cinco meses marabillosos os que vi
12 de xullo de 2012
O Burela FS volve apostar por Jozi como garantía baixo os paus
O Burela FS Pescados Rubén volverá apostar pola internacional brasileira Joziane de Oliveira en 2012-13 como garantía baixo os paus na Primeira División Feminina. Esta será a cuarta tempada da gardameta defendendo o cadro laranxa, que rematou 2011-12 como equipo menos goleado da categoría, con tan só 45 tantos en contra en 30 xornadas. Durante o exercicio pasado, Jozi volveu alternar a competición de elite en España coas citas e título
12 de xullo de 2012
Burela FS-Manacor, estrea na Primeira División o 15 de setembro
O Burela FS Pescados Rubén estrearase na Primeira División o 15 de setembro por todo o alto, en Vista Alegre, coa visita do Fisiomedia Manacor, un vello coñecido dos anos de Prata. A primeira xornada tamén acollerá os encontros Inter Movistar-Puertollano, FC Barcelona Alusport-Triman Navarra, ElPozo Murcia-Caja Segovia, Colegios Arenas Gáldar GC-Azkar Lugo, Ríos Renovables Ribera Navarra-Santiago Futsal e Umacon Zaragoza-Marfil Santa
12 de xullo de 2012
Alfonso Mera, na Escola de Verán da AD Santiago de Foz
O preparador físico burelista Alfonso Mera impartiu un divertido taller infantil de masaxe e relaxación o mércores pasado en Foz. A actividade, que tivo lugar no pavillón do Cantel, estaba integrada na Escola de Verán que organiza a AD Santiago de Foz durante os meses de xullo e agosto, cunha variada oferta lúdico-deportiva en horario matutino. Nas primeiras semanas, os nenos e nenas focegos xa gozaron de xogos de coñecemento de grupo,
13 de xullo de 2012
Enrique Cánovas, primeira fichaxe laranxa para o gran salto
O Burela FS Pescados Rubén incorporará o peche Enrique Cánovas Ambit (1989) en 2012-13 como primeira fichaxe para o gran salto á elite. O novísimo xogador chegará á Mariña procedente da ilustre estrutura murciana. Empezou no conxunto xuvenil Aljucer El Pozo para disputar dende hai catro anos a Segunda División con ElPozo Ciudad de Murcia. En 2011-12 compatibilizou a devandita liga coa de Primeira, baixo as ordes de Eduardo Sao-Thiago
13 de xullo de 2012
Estampa de diversión e aprendizaxe
O VI Campus Mixto Internacional Burela FS deixou na súa segunda xeira unha estampa de diversión e aprendizaxe, coa foto de familia realizada no contorno do IES Monte Castelo. O alumnado do clínic laranxa estivo arroupado polo adestrador burelista Julio Delgado e os xogadores Juanma e Haydee, ademais do directivo Marcelino Luna e doutros representantes do club e monitores. Despois dos xogos na praia e adestramentos matutinos, os nenos
13 de xullo de 2012
Clausura do VI Campus Internacional Mixto Burela FS
O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS botou o peche da sexta edición o sábado en Vista Alegre, coas ensinanzas do preparador físico da Selección Española de Fútbol Sala, Antonio Bores, e un emocionante torneo de despedida. O tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, participaron no acto de clausura e entrega de diplomas xunto ao profesorado do clínic.  
16 de xullo de 2012
Bebeto non seguirá en Burela
O ala-pivote brasileiro Alexandro Ribeiro Cardoso, máis coñecido como Bebeto, non seguirá en Burela a vindeira tempada. O xogador, que rematou contrato co club laranxa en xuño, regresou ao seu país para afrontrar a última fase de recuperación da lesión que o afastou das pistas no mes de febreiro e retomar alí a súa traxectoria futbolística.  Bebeto chegou ao Pescados Rubén como reforzo no mercado de inverno despois de realizar o
17 de xullo de 2012
A meta Irene causa baixa nas filas mariñás
A meta Irene Lorenzo, unha das protagonistas do proxecto laranxa dende os seus inicios, non continuará vinculada ao CD Burela FS Pescados Rubén a vindeira tempada. A porteira mindoniense causa baixa nas filas mariñás para encamiñar a súa traxectoria laboral cara a novos iniciativas. “Foron catro anos fantásticos. Tiven no Burela FS unha auténtica familia, cun grupo estupendo, pero creo que chegou a hora de reorientar a miña vida labora
17 de xullo de 2012  |  Foto: Carlos Echevarría
Burela colle as maletas para ir de romaría
Tan só queda unha semana para a décimo sétima edición da Romaría do Monte Castelo. Burela está preparando os últimos detalles para coller as maletas e marchar de festa entre o 26 e o 29 de xullo.  Venda de parcelas. Hoxe a organización confirmará as parcelas reservadas do ano anterior (17:00-20:00) no chiringuito do Castelo e mañá abrirase o prazo para novas solicitudes (17.00-20.00 horas). 
19 de xullo de 2012
O monitor laranxa Daniel Ladra adestrará na Primeira británica
O técnico da ED EON Burela FS Daniel Ladra, de 23 anos, asinou xa o seu contrato co London United Futsal e será adestrador do primeiro equipo, que competirá a vindeira tempada na Primeira División británica. Ladra sopesou nos últimos días a oferta do equipo británico e finalmente aceptou o reto. O mozo, natural de Celeiro, explica que mantivo “contacto diario co presidente do club, James Rosa, por vía telefónica e Internet. Decidín ace
19 de xullo de 2012  |  A Mariña-El Progreso
Asemblea Xeral de Socios/as, venres 3 de agosto
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o venres 3 de agosto de 2012. A xuntanza terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria ás 20.30 horas e a segunda ás 21.00 horas.   ORDE DO DÍA 1. Abonos e cotas de socios/as2. Información da próxima tempada3. Rog
23 de xullo de 2012
Claudia e Rosana abandonan o Burela FS
A ala-peche Claudia Rodríguez e a pivote Rosana Carballés cambiarán a camisola laranxa pola pucelana a vindeira tempada. As mariñás, que compartían capitanía nas filas burelistas e remataban contrato en xuño, abandonan o que foi o seu equipo durante os últimos catro anos tras non chegar a un acordo coa entidade para a súa continuidade en 2012-13. Claudia (1984) e Ro (1986) incorporáronse ao proxecto na tempada 2008-09 co nacemento do
24 de xullo de 2012
Deixa que o espírito laranxa entre en ti!
O CD Burela FS Pescados Rubén abriu esta tarde-noite a Campaña de Socios/as 2012-13, con ‘Deixa que o espírito laranxa entre ti!’, vídeo promocional que a entidade laranxa estreou nunha presentación pública conducida polo vicepresidente, Manuel Blanco, e o directivo Antonio Rodenas, no Salón de Conferencias de Burela. A produción audiovisual, elaborada polo departamento de comunicación do club, fai un chamamento aos amantes do fútbol
24 de xullo de 2012
Pamplona, primeiro destino para o cadro de Pardeiro en 2012-13 (15 de setembro)
Pamplona será o primeiro destino para o cadro de Javier Pardeiro no comezo da Primeira División; será o 15 de setembro ante o CD Orvina. A Federación Galega de Fútbol fíxolle chegar ao Burela FS Pescados Rubén o calendario oficial esta mañá. A Primeira División Feminina estará composta por 16 equipos, coa presenza de 4 galegos. Xunto ás burelistas e navarras, competirán Gironella, Ponte Ourense, Cajasur Córdoba, Soto d
26 de xullo de 2012
André seguirá vestindo de laranxa
O ala-peche André Luiz Nogueira Fernandes seguirá vestindo de laranxa na estrea da Primeira División. O luso-brasileiro, que renovou a súa continuidade co Burela FS Pescados Rubén para a vindeira tempada, regresará das súas vacacións ‘canarinhas’ en breve  para incorporarse á pretempada do conxunto de Julio Delgado, que comezará a preparación o 8 de agosto. André (Río de Xaneiro, 1987), que cumprirá así o seu cuarto ano no equipo
31 de xullo de 2012
26 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores