Dany non seguirá en Burela
A pivote brasileira Daniela Domingos, Dany, non continuará nas filas laranxas. A canarinha, que regresou ao seu país a finais de xuño coincidindo co remate de contrato co Burela FS Pescados Rubén, rexeitou a oferta de renovación que lle propuxo o club mariñán.
A entidade laranxa agradece o traballo da goleadora, que recalou na Mariña a comezos de 2012-13 procedente do Cajasur Córdoba, e deséxalle fortuna no futuro.
30 de xullo de 2013
A internacional brasileira Marcela, reforzo do conxunto de Quico Otero
A internacional brasileira Marcela Nascimento Leandro defenderá as cores do CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14. A ala canarinha, tricampioa do Mundo, chegará á Mariña nos próximos días para incorporarse ao conxunto de Quico Otero.
Marcela (Sete Lagoas, 1988) dá o salto ao fútbol sala español dende o impoñente Kindermann Caçador. Despois de formarse no Minas Clube, a súa primeira convocatoria coa selección brasileira recibiuna
31 de xullo de 2013
O Burela FS ficha a David Ruiz 'Burrito' para as tres próximas tempadas
Despois de arduas negociacións, o Burela FS Pescados Rubén conseguiu facerse cos servizos do novísimo internacional Francisco David Ruiz Serrato, ‘Burrito’ (Málaga, 1990) para as tres próximas tempadas. A sede de Pescados Rubén SL acolleu esta tarde a presentación do pivote, procedente do Caja Segovia, coa custodia do presidente, Manuel Blanco, e o fundador da empresa patrocinadora, Rubén Blanco.
O andaluz, que recalo
31 de xullo de 2013