Acordos da asemblea de socios (26 de xuño de 2015)
O venres pasado, 26 de xuño, a asamblea extraordinaria de soci@s do CD Burela FS Pescados Rubén someteu a debate o prezo para 2015-16 de abonos de socios, entradas aos partidos e cambio de horario dos partidos de Primeira División LNFS. Aprobáronse por unanimidade os abonos para a nova tempada: FAMILIAR a 140 euros, INDIVIDUAL a 75 euros, XUB
1 de xullo de 2015
Edu volverá asegurar a portería burelista
O Burela FS Pescados Rubén volverá apostar polo sólido Edu para asegurar a portería laranxa en 2015-16. O meta naronés asinou a renovación para a próxima campaña nas instalacións de Pinturas Xurxo, xunto ao xerente da empresa, Xurxo Rodríguez, e o presidente do club mariñán, Manuel Blanco.
Edu mostrou a súa alegría por cumprir a súa oitava tempada co equipo, a cuarta consecutiva tras o seu paso por Oxipharma Granada, e seguir goz
6 de xullo de 2015
O Burela FS presenta a Iago Rodríguez como primeiro reforzo 2015-16
O lugués Iago Rodríguez Ulla vestirá a camisola laranxa a vindeira tempada. Procedente do Prone, o ala, de 22 anos, foi presentado polo CD Burela FS Pescados Rubén na súa sede xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, que destacaron a chegada de Iago á Mariña como “unha boa combinación de frescura e xuventude, cun gran plus de experiencia en Primeira”.
“Despois dun ano moi difícil necesitaba un novo r
7 de xullo de 2015
Lara, segunda renovación laranxa
A ala viveirense Lara Balseiro cumprirá a sexta tempada vestindo de laranxa. A xogadora mariñá, de 22 anos, asinou a renovación co CD Burela FS Pescados Rubén para 2015-16 na sede laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale.
“Burela sempre foi a miña primeira opción e alegreime de que o equipo quixera seguir contando comigo” recoñecía Lara. Tras un final de liga un pouco complicado, cunha lesi
9 de xullo de 2015
O Burela FS estrea 2015-16 na casa fronte ao Ribera Navarra /12 de setembro)
Principio e final na Bomboneira. O CD Burela FS Peixes Rubén estreará a tempada na casa o 12 de setembro, recibindo ao Aspil Vidal Ribera Navarra. Ao equipo de Daniel Ibañes tamén lle tocará despedirse en Vista Alegre, co UMA Antequera, o 30 de abril.
Derbi galego antes dos grandes
A Marea Laranxa poderá gozar do primeiro derbi galego na Mariña; coa décima xornada, o 14 de no
9 de xullo de 2015
O pivote Javier García, Chino, incorpórase á estrutura mariñá
O pivote Javier García Moreno, máis coñecido como Chino, será xogador mariñán en 2015-16 . O albaceteño, de tan só 23 anos, chega ao CD Burela FS Pescados Rubén como campión da Copa de España 2015 con Jaén Paraíso Interior, equipo no que militou a última tempada.
Con tan só 16 anos, Chino debutou en Segunda División na súa terra, co Albacete FS. Rapidez, pegada e gol abríronlle as portas de Primeira en 2012-13 co Puertollano FS e
10 de xullo de 2015
Álex Pérez, reforzo baixo os paus laranxas
O meta Alejandro Pérez Pérez compartirá responsabilidades con Edu baixo os paus laranxas a próxima tempada. O madrileño, de 22 anos, incorpórase á estrutura do CD Burela FS Pescados Rubén, procedente do Marfil Santa Coloma.
Móstoles e Inter centraron os inicios de Álex no fútbol sala entre 2007-09. Nas últimas tempadas, o internacional sub-18 e sub-21 defendeu a camiseta de Administración 300-Pinto (2009-10), Club Escuela Javi Li
16 de xullo de 2015
A internacional Ceci defenderá a camiseta laranxa en 2015-16
A ala-pivote internacional Cecilia Puga Tejero defenderá a camisola laranxa en 2015-16. Ceci (Marín, 1987), procedente do Lazio italiano, foi presentada polo CD Burela FS Pescados Rubén na entidade da estrutura mariñá, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “Cando recibín a chamada de Burela, tiña claro que era o equipo no que quería xogar a próxima tempada. A miña intención era regresar a España, a un club preto
21 de xullo de 2015