Reserva xa a túa praza na Escola Laranxa 2018-19
Ata o luns 20 de agosto todos os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2018-19, nas categorías de Biberón (2013-14), Prebenxamín (2011-12), Benxamín (2009-10), Alevín (2007-08) e Infantil (2005-06).
A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burel
20 de xullo de 2018
Sergio Cora e o Pescados Rubén rescinden contrato
O viveirense Sergio Cora Piñón non continuará no Pescados Rubén Burela FS. O ala, de 20 anos, e o club laranxa chegaron a un acordo para rescindir o contrato que unía o mariñán coa entidade ata finais de 2018-19.
Logo da súa etapa como xuvenil burelista, Cora compatibilizou compromisos entre o daquela filial laranxa, Onde Sempre Xove FS, e o equipo de Primeira División, ata que na tempada pasada asumiu responsabilidades plenas no conxunto di
27 de xullo de 2018
Palma, Santiago, Noia e Pescados Rubén, no III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro)
A terceira edición do Torneo Burela Bonita reunirá en pretempada un novo cuadrangular de luxo. Entre o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro, Vista Alegre acollerá a cita coa presenza Palma Futsal, de Primeira LNFS, e Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli FS, que compartirán a liga de Segunda 2018-19 co anfitrión, Pescados Rubén Burela FS.
O conxunto de Juanma Marrube medirase ao Santiago Futsal na xornada inaugural, ás 19.30
31 de xullo de 2018