Noticias
Arquivo de Xullo 2019
O pivote Jacobo Amoedo, reforzo laranxa
Jacobo Amoedo Lorenzo formará parte do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. Aos seus 26 anos, o pivote galego regresa ao fútbol sala español, sendo a súa primeira experiencia en Primeira LNFS, logo de tres exercicios en Italia. Axed Groupo Latina, da Serie A, foi o destindo do xogador zurdo de Pazos de Borbén en 2016-17 desde o Bembrive de Segunda B. En 2017 ascendeu á Serie A1, onde militou con Meta Catania nas dúas últimas c
1 de xullo de 2019
A ala-peche Ale de Paz, primeira incorporación do Pescados Rubén
A ala-peche Alejandra de Paz González defenderá o Pescados Rubén Burela FS 2019-20. A xogadora de Neda (25-05-1995) incorporarase á estrutura laranxa logo de catro tempadas no Poio Pescamar FSF. Na súa presentación e acompañada polo presidente, Manuel Blanco, e o secretario, José Dovale, Ale de Paz confesaba que deixa unha parte do seu corazón no equipo pontevedrés, pero tamén que non podía renunciar ao proxecto e á familia de mariñá
2 de xullo de 2019
O internacional polaco Michal Kaluza, novidade baixo os paus laranxas
O Pescados Rubén Burela FS contará con outro reforzo no seu regreso a Primeira LNFS, o porteiro internacional polaco Michal Marek Kaluza. A entidade laranxa agradece ao Rekord Bielsko-Biała, club referencia no seu país no que medrou e do que procede o meta, todas as facilidades mostradas para a incorporación do novo mariñán. Recoñecido como un dos mellores porteiros do mundo nos Futsal Umbro Awards en 2018 -na novena praza-, Kal
3 de xullo de 2019
Joselito queda no Pescados Rubén
Seguen chegando as boas novas para o Pescados Rubén Burela FS da máxima categoría. A entidade mariñá chegou a un acordo con José Antonio Macías Pérez, Joselito, para a próxima tempada tras a rescisión do xogador con Palma Futsal, club no que militou nove tempadas. O 2 laranxa recalou, en calidade de cedido, no conxunto de Juanma Marrube a finais de xaneiro, como reforzo da escuadra cunha perfecta combinación de mocidade e experiencia
3 de xullo de 2019
Juanma Marrube, nominado ao Mellor Adestrador de Segunda 2018-19
Toda a información na seguinte LIGAZÓN LNFS
4 de xullo de 2019
Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite
O ala Juan Francisco Botía Galiano seguirá sendo burelista en 2019-20. Co 11 laranxa, o Pescados Rubén Burela FS de Primeira xa conta con catro renovacións, xunto a Pope, Luisma e Joselito, ademais de Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato e Pitero, e nun proxecto que se reforza nesta nova etapa cos alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo e o gardameta internacional polaco Kaluza. O murciano, de 27 anos, chegou á bisbarra da Mariña
4 de xullo de 2019
A maxia de Cilene cumprirá a cuarta tempada na Mariña
A sempre máxica Cilene Pereira Paranhos tamén continuará na Mariña. A peche brasileira cumprirá a súa cuarta tempada no Pescados Rubén Burela FS, converténdose na segunda renovación da escuadra, tras a meta Ana Romero, e sumándose ás pichichis, Peque e Dany, con contrato en vigor. A punto de cumprir 35 anos, a calidade e experiencia de Cilene constitúen un dos grandes puntais das Guerreiras. Tras alzarse como a máxima artilleira do
4 de xullo de 2019
As Xoias Laranxas despediron 2018-19 co Memorial Heroes do Orzán
As Xoias Laranxas despediron 2018-19 a fin de semana pasada co Memorial Heroes do Orzán (A Mariña, 26-30 de xuño) da Fundación Imdecum, con case pleno de participación de categorías, entre prebenxamín e xuvenil. No cadro de honra destacaron: -Prebenxamín, como Equipo máis Deportivo -Benxamín A, terceiro clasificado -Cadete, subcampión e con Jorge Quelle como Mellor Xogador -Xuvenil, terceiro clasifica
5 de xullo de 2019
Bea Mateos continúa no bloque das Guerreiras
A capitá Bea Mateos e o Pescados Rubén Burela FS tamén formalizaron o seu acordo para a renovación da salmantina en 2019-20, coa que cumprirá sete tempadas de laranxa. Segue tomando peso e forza o novo proxecto, apostando polo mantemento do bloque das campioas de I Copa de SM A Raíña (Burela, 2019). Coa 14 burelista, xa son 5 as Guerreiras que continúan, con Peque, Dany, Ana Romero e Cilene, ademais da incorporación de Ale de Paz, dende o Poio Pe
5 de xullo de 2019
Juanma Marrube, entre os Mellores de 2018-19
Juanma Marrube: A sinatura do Ascenso En Segunda División, Juanma Marrube foi designado como o Mellor Adestrador da categoría de prata do Fútbol Sala nacional o curso 2018/19, por diante doutros adestradores de renome como Maca (Córdoba CF Futsal) e Javi Garrido (Software DELSOL Mengíbar). O técnico do cadro da Mariña foi capaz de devolver a Pescados Rubén Burela á elite do Fútbol Sala nacional tras gañar a Liga
8 de xullo de 2019
Unha campioa de Europa que repite como burelista
A ala coruñesa Lucía Gómez repetirá como burelista en 2019-20, na súa segunda campaña na bisbarra da Mariña. Luci, unha das habituais da Selección Española, coa que se proclamou campioa de Europa (Portugal 2019) xunto á tamén laranxa Peque, convértese na sexta cara coñecida do bloque, con Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Dany e a propia Peque. A 19 burelista incorporouse á escuadra das Guerreiras a tempada pasada dende o Ourense Envia
8 de xullo de 2019
A solidez de Edu regresa a Primeira
A solidez de Eduardo Saavedra Cebreiro regresará a Primeira LNFS, na duodécima tempada do naronés no Pescados Rubén Burela FS. “Cumprimos o obxectivo e fixemos historia no club. Agora volvemos á mellor liga do mundo, a unha competición moi esixente. Tan só nos queda afrontalo con ilusión e ganas para facer un bo papel, que non vai ser nada doado” explicaba o 1 laranxa, un dos grandes responsables da fortaleza defensiva dos pupilos de Juanma Marru
8 de xullo de 2019
Porto, mocidade e proxección entre Noia e Burela
O destino de José Antonio Capón Lamas, coñecido como Porto, navegará entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burelas FS en aras da boa relación que une a ambas as entidades. O ala lugués defenderá a elástica do equipo coruñés en Segunda LNFS a próxima tempada e xa selou tamén o acordo que o manterá vinculado á Familia Laranxa entre 2020 e 2022. Porto chegou á escuadra mariñá en 2018 desde o Prone Lugo, co 7 ás costas e avala
8 de xullo de 2019
Xornadas de Portas Abertas para Cadetes e Xuvenís
O Pescados Rubén Burela FS terá xornadas de portas abertas para as categorías Cadete e Xuvenil, entre o luns e martes, días 22 e 23 de xullo. Todos aqueles rapaces que queiran participar poderán inscribirse ata o venres 19, ás 13.00 horas, na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). Horario de atención ao público: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
9 de xullo de 2019
Vargas tamén se apunta ao gran desafío
O onubense Ramón Vargas Pérez tamén se apunta ao gran desafío da vindeira tempada na elite. O novísimo ala, de 21 anos, cumprirá o seu segundo ano de laranxa nun proxecto que xa conta con 15 protagonistas. Vargas volverá compartir o vestiario do Pescados Rubén Burela FS con Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato, Pitero, Pope, Luisma, Joselito, Juanfran e Edu, ademais de catro caras novas: os alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo
9 de xullo de 2019
Jozi, fiel á rede laranxa
A meta Joziane de Oliveira, sinónimo da historia e dos éxitos laranxas, continuará defendendo a rede do Pescados Rubén FS en 2019-20. A brasileira, de 37 anos, cumprirá a undécima tempada de mariñá e a cuarta compartindo responsabilidades coa murciana Ana Romero. Jozi recalou na costa lucense en xaneiro de 2010 para asumir a responsabilidade baixo paus do conxunto burelista no seu debut na máxima categoría, avalada por unha prestixio
9 de xullo de 2019
Lara Balseiro, denominación de orixe mariñá para as Guerreiras
O Pescados Rubén Burela FS vén de selar a renovación doutra das incondicionais das Guerreiras e ademais da casa. A viveirense Lara Balseiro volverá contribuír coa denominación de orixe mariñá no proxecto laranxa en 2019-20. Aos seus 26 anos, a ala que defende o dorsal 10 cumprirá a súa oitava tempada consecutiva na escuadra burelista e máis dunha década medrando coa Familia Laranxa. Lara será a novena cara do novo periplo en Primeir
10 de xullo de 2019
Jenny Lores, segunda novidade do Pescados Rubén
A ala-peche Jenny Lores Cortizo estivo arroupada na súa presentación oficial de laranxa polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Rubén Blanco. A pontevedresa, de Monte Porreiro, é a segunda novidade no proxecto do Pescados Rubén Burela FS para a próxima tempada, xunto á que tamén foi a súa compañeira en Poio Pescamar FSF, a nedense Ale de Paz. Aos seus 28 anos, a xogadora recala na comarca da Mariña para cambiar de aires, con ga
11 de xullo de 2019
Consulta o calendario de Primeira LNFS 2019-20
Arquivo adxunto co calendario completo de Primeira LNFS 2019, que arrincará en Vista Alegre o 14 de setembro, ante Industrias Santa Coloma, e poñerá o broche o 2 de maio, na pista de Jimbee Cartagena FS.
11 de xullo de 2019
Vista Alegre volta á elite o 14 de setembro, con Industrias Santa Coloma
O Pescados Rubén Burela FS e Vista Alegre voltarán á elite o 14 de setembro, coa visita de Industrias Santa Coloma na primeira xornada de liga. Así o deu a coñecer hoxe a LNFS na asamblea na que aprobou os calendarios de Primeira e Segunda e onde tamén se concedeu moratoria para a reforma do pavillón burelao. A entidade laranxa quere amosar o seu agradecemento aos clubs que apoiaron esta aprobación, permitindo que a Bomboneira siga
11 de xullo de 2019
Terceiro exercicio de laranxa para a internacional lusa Jenny
A internacional lusa Jennifer Santos Rodrigues cumprirá o seu terceiro exercicio de laranxa, na aposta do Pescados Rubén Burela FS por conservar a filosofía e o bloque das Raíñas. Jenny incorporouse á escuadra mariñá como reforzo en marzo de 2018 desde o Pescara italiano, integrándose á perfección ao bloque e á liga española. Na tempada pasada, a 9 burelista compatibilizou a elástica laranxa cos seus compromisos coa Selección Portugu
12 de xullo de 2019
Imanol non continuará na Mariña
Imanol Chávez Darias non continuará na Mariña a próxima tempada. O meta, de 25 anos, e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para a baixa do canario nas filas laranxas. O porteiro de La Gomera chegou ao conxunto de Juanma Marrube a tempada pasada, procedente do Jaén Paraíso Interior de Primeira, para compartir responsabilidades con Edu. Desde o club agradecémoslle o seu compromiso co proxecto e o bloque para co
12 de xullo de 2019
Cristina renova para seguir pelexando por todo
A murciana Cristina Pérez Gil cumprirá a súa segunda tempada de laranxa para seguir pelexando por todo; así o explicou, acompañada do presidente, Manuel Blanco, e do directo Auditor Rodríguez. “As metas seguen sendo as mesmas, quero gañalo todo. Gañamos a Copa de SM A Raíña e a Copa Galicia, e a liga escapouse por moi pouco. O ano que vén o Pescados Rubén volverá competir por gañalo todo, ademais teremos tamén a Supercopa” explicaba a pivote, que
15 de xullo de 2019
O Pescados Rubén disputará a II 4 Nations Futsal en Milán
O Pescados Rubén Burela FS comezará ao grande 2019-20, cun gran reto antes da Supercopa de España e o comezo de liga. Milán será o destino das Guerreiras Laranxas o 31 de agosto e 1 de setembro para disputar a segunda edición de 4 Nations Women’s Cup Winners’Cup. A cita reunirá as campioas de Copa. Xunto as laranxas, que se alzaron co primeiro trofeo de SM A Raíña, mediranse a Kick Off C5 Femminille, conxunto anfitrión gañador en Ita
15 de xullo de 2019
Consulta o calendario de Primeira RFEF 2019-20
As Guerreiras Laranxas estrearánla liga de Primeira 2019-20 o 14 de setembro, en Vista Alegre, con derbi irmandiño, na visita de Poio Pescamar FSF. Calendario adxunto
15 de xullo de 2019
Alves non seguirá nas filas laranxas
A ala brasileira Tais Alves Dias Pinto non seguirá nas filas laranxas tras finalizar o seu contrato. Alves chegou á escuadra mariñá a comezos da tempada pasada para defender o 11 do Pescados Rubén Burela FS como primeira experiencia deportiva fóra do seu país e logo de militar no Ituano seis tempadas. Desde o Pescados Rubén Burela FS agradecémoslle o seu labor ao longo de destes meses na gran tempada das Guerreiras e des
16 de xullo de 2019
A Bomboneira estreará e despedirá a liga 2019-20 para as Guerreiras
Xa temos datas para a nova tempada das Guerreiras Laranxas; así o deu a coñecer a RFEF na tarde de onte. A Bomboneira estreará a liga 2019-20 o 14 de setembro, con nin máis nin menos que derbi irmandiño ante o Poio Pescamar FSF, e despediraa o 2 de maio, cun novel, o Bilbo FS. Esta será a primeira tempada na que o calendario dos dous equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS, feminino e masculino, coincidan en apertura e peche. Adem
16 de xullo de 2019
Xa temos o calendario de División de Honra Xuvenil 2019-20, con inicio o 9 de novembro
O Pescados Rubén estrearase na casa do O Parrulo FS, o 9 de novembro, e pechará a liga en Vista Alegre, o 21 de marzo, con Vigo 2015. Consulta o calendario adxunto.
16 de xullo de 2019
Regresa a Copa Galicia
Coñece os cruzamentos da XXIX Masculina e a distribución de grupos da XIV Feminina, co 24 de agosto como data de inicio. LIGAZÓN FUTGAL
19 de xullo de 2019
Supercopa de España, venres 6 de setembro en Las Rozas
O Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol fixou a Supercopa para o próximo 6 de setembro. O pavillón da Cidade do Fútbol de Las Rozas é o lugar elixido para que ese venres, a partir das 21:00 horas, cun duelo no que as Guerreiras Laranxas se volverán ver as caras co Futsi Atlético Navalcarnero. O torneo -a partido único- enfronta as madrileñas, como campioas da liga regular de Primeira División Feminina,
24 de xullo de 2019
Renato amplía contrato ata 2022
Renato Lopes Furtado, con contrato en vigor ata 2021, chegou a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para amplialo por unha tempada máis, ata 2022. O presidente, Manuel Blanco, e a Xoia Laranxa selaron a negociación na sede burelista: “Renato medrou con nós, é un exemplo na base; viviu a experiencia da máxima categoría xa en idade xuvenil e formou parte do proxecto, loitando e traballando, polo merecido ascenso” explicaba o dirixente sobre o xoga
24 de xullo de 2019
Reserva xa a túa praza na Escola Laranxa 2019-20
Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 30, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05). Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso
29 de xullo de 2019
Álex Diz: 'Veño para dar o máximo tanto dentro coma fóra da pista'
A Mariña desprende de novo arrecendo a fútbol sala. O Pescados Rubén Burela FS xa está recibindo o cadro que pelexará no regreso a Primeira División LNFS, con inicio oficial de pretempada este xoves, 1 de agosto. O lugués Álex Diz, unha das catro caras novas do proxecto, xa conta as horas para o comezo dos adestramentos: “Veño para axudar co meu grao de area, para dar o máximo posible tanto dentro coma fóra da pista, para cumprir con todo o que m
30 de xullo de 2019
Amoedo: 'Só con traballo se poden conseguir resultados'
O pivote zurdo Jacobo Amoedo estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, na presentación de laranxa. “Eu caracterízome por ser un traballador incansable, creo que esa é a única forma de conseguir resultados” explicaba o xogador natural de Pazos de Borbén que volve á liga española, estreándose na Primeira División, despois de tres tempada en Italia. Amoedo, de 26 anos, arrancará ofic
31 de xullo de 2019
34 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores