Noticias
Arquivo de Agosto 2009
O xuvenil Manuel Giménez fará a pretempada co primeiro equipo
Manuel Giménez Fraga incorporase ao primeiro equipo para facer a pretempada ás ordes de Suso Rey “con moita ilusión”. “Para nós, que dende pequenos asistimos a Vista Alegre para ver os partidos de fútbol sala, unha oportunidade coma esta significa moito”, declarou. O directivo José Luis Sáez presentou a incorporación do xogador da canteira, e aproveitou para incidir na “aposta clara da entidade pola xente nova”. Giménez é xuvenil de segundo ano,
3 de agosto de 2009
Dani Martín súmase ao proxecto do Burela FS
O á-pivote Dani Martín, de 20 anos de idade, asinou o seu compromiso co Burela FS. Á súa chegada á localidade mariñá, o xogador declarou sentirse “confiado en que faremos un bo papel” na tempada que se achega. Martín foi presentado polos vicepresidentes do club José Saa e Manuel Branco, quen se mostraron “convencidos de que Dani aportará un aire novo ao equipo”. Procedente do Bilbo, Dani Martín ten unha traxectoria importante malia a s
4 de agosto de 2009
O equipo masculino ponse en marcha esta tarde en Vista Alegre
O Burela FS 2009/10 ponse en marcha hoxe en Vista Alegre. Suso Rei contará con 13 xogadores para iniciar a pretempada, co partido ante o filial do Azkar no horizonte (será o próximo día 19). Edu, Brais, Juanpe, Revilla, Purao, Turero, Javi Rodríguez, Christian, Minu, Juanma, Dani Martín e os xuvenís Manuel Giménez e Vicente, estarán finalmente ás ordes de Rei, que os convocou ás 16 horas no pavillón burelao. O equipo laranxa xogará oit
5 de agosto de 2009
A chuvia paraliza o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia
O CD Burela FS viuse obrigado a suspender onte o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia a causa da chuvia. A devandita competición, prevista para os días 4 e 5 de agosto na praia Urbana burelá, está promovida por Vicepresidencia Primeira e a Área de Deportes da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Burela. O club laranxa prevé que os enfrontamentos da segunda xornada se disputen a vindeira semana, sempre e cando a ine
6 de agosto de 2009
Julio Delgado, no cadro técnico burelao
O ex-técnico do Concello de Trabada FS e antigo xogador do Burela FS Julio Delgado regresa ás filas do equipo masculino como segundo adestrador. Na súa nova etapa burelá, Julio, que xa participou nas primeiras sesións da pretempada esta semana, compartirá responsabilidades na preparación do Burela FS con Suso Rey, que en 2009-10 compatibilizará as súas tarefas de preparador físico coas de primeiro adestrador laranxa.
7 de agosto de 2009
O Burela FS arranca a pretempada cunha convivencia en San Martiño
O primeiro equipo masculino do Burela FS inaugurou a súa pretempada cunha xornada de convivencia o sábado, en San Martiño de Mondoñedo. Xogadores, equipo técnico e directiva gozaron dun xantar de confraternidade na vila focega, aínda que sen deixar de lado a súa preparación cara á tempada 2009-10. Pola mañá, os burelaos escolleron a praia da Marosa para comezar con tarefas de contacto físico. Tras a comida, o CD Burela FS fíxolle unha
10 de agosto de 2009
O Beiramar imponse no torneo de fútbol praia sub-19
O conxunto burelao Beiramar impúxose onte no torneo de fútbol praia sub-19 que organizou o CD Burela FS en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello de Burela. A competición, prevista para o 4 e 5 de agosto na praia Urbana, tivo que trasladar a súa segunda xornada á tarde de onte debido ás chuvias da semana pasada. Beiramar proclamouse campión do torneo despois de vencer na final a Los del Sur por 4-2. A terceira posición foi pa
11 de agosto de 2009
Burela FS e Burela FSF preséntanse o 14 de agosto en Vista Alegre
O próximo venres, 14 de agosto, Vista Alegre lucirá as súas mellores galas para acoller a presentación dos primeiros equipos masculino e feminino do CD Burela FS. A entidade laranxa dará a coñecer o seu proxecto deportivo 2009-10 a todos os socios e socias, a partir das 21.00 horas na bomboneira. Durante a festa, os/as asistentes poderán gozar do documental ‘marea laranxa’ e da presentación da campaña de socios/as para a tempada 2009-1
11 de agosto de 2009
Raquel de Souza comeza a pretempada co Burela FS Feminino
A brasileira Raquel de Souza Noronha incorporarase hoxe ao Burela FS Feminino, no primeiro adestramento laranxa da pretempada. A pivote, de 31 anos, chega ao conxunto de Javier Pardeiro procedente do Encofra Navalcarnero FS de Honra, co que conseguiu proclamarse campioa da Copa de España nas tres últimas tempadas, ademais de gañar a Supercopa en 2009.  A xogadora de Porto Alegre, presentada onte nas oficinas do club, estivo a
12 de agosto de 2009
O Burela FS presenta os seus proxectos de Prata e Honra
O fútbol sala volveu encher a bancada de Vista Alegre o venres pasado, na presentación dos conxuntos masculino e feminino do Burela FS, que defenderán as cores laranxas en Prata e Honra, respectivamente, no vindeiro exercicio. Nunha pantalla xigante instalada para a ocasión, a proxección do documental ‘marea laranxa’ inaugurou o acto ás 21.00 horas. Despois o público tamén puido asistir á estrea de ‘Empezamos?’, vídeo da campaña de soc
17 de agosto de 2009
O club laranxa abre a campaña de socios/as 2009-10
O Burela FS abre a súa campaña de socios/as para a tempada 2009-10 con 'Empezamos?', vídeo promocional que a entidade laranxa estreou ante a afección o venres pasado, 14 de agosto, na presentación dos primeiros equipos en Vista Alegre. A produción audiovisual, elaborada polo departamento de comunicación do club, fai un chamamento ao espírito laranxa no seu estado máis puro, á volta ás orixes. ‘Empezamos?’ repasa os logros bureli
17 de agosto de 2009
Autos Lobelle, rival laranxa no Celso Currás
O Autos Lobelle Santiago FS, de Honra, será o rival do CD Burela FS no V Memorial Celso Currás de Trabada, que se disputará entre o 22 e 23 de agosto. O vindeiro sábado os xogadores de Suso Rey mediranse aos composteláns en semifinais, a partir das 18.30 horas, no pavillón municipal. Azkar Lugo FS e Marfil Santa Coloma FS, ambos os dous pertencentes á máxima categoría nacional, protagonizarán a segunda semifinal, ás 20.30. Os
18 de agosto de 2009
Matrícula 2009-10 para a Escola Deportiva Burela FS
Un ano máis o CD Burela FS volve apostar polo ensino de base con profesorado especializado a través da súa escola, que dende hoxe e ata o 4 de setembro manterá aberto o prazo de matrícula para 2009-10. No vindeiro curso a escola burelista abranguerá catro categorías, entre prebenxamín e infantil; os cadetes e xuvenís pasarán a formar parte das categorías inferiores dos primeiros equipos. O prezo da matrícula pa
19 de agosto de 2009
O equipo de Suso Rey debuta con vitoria ante o Azkar B (3-0)
O CD Burela FS triunfou onte no seu primeiro partido da pretempada 2009-10, cunha vitoria por 3-0 ante o Azkar Lugo B, de Primeira Nacional A. Como de costume, a afección laranxa non faltou á cita en Vista Alegre, onde puido observar de primeira man as posibilidades da combinación de experiencia e xuventude que dirixe Suso Rey. O dominio burelista foi claro dende o inicio, con numerosas ocasións de gol. O recente chegado Dani M
20 de agosto de 2009
Brais perderá o torneo de Trabada pola convocatoria de Galicia Sub-20
O segundo porteiro do CD Burela FS, Brais García, non participará no V Memorial Celso Currás desta fin de semana, debido á súa cita coa Selección Galega Sub-20. O ata agora xuvenil laranxa foi convocado para o torneo triangular amigable que o combinado autonómico disputará mañá, sábado, en Vigo. O pavillón das Travesas acollerá os encontros ante o Coruxo, de Primeira Nacional A, e o Inter Movistar, da División da Honra, a partir das 19
21 de agosto de 2009
O Burela FS cae na semifinal do Celso Currás ante un Lobelle agresivo (2-5)
O CD Burela FS regresou á casa sen poder gozar da gran final do V Memorial Celso Currás de Trabada despois de caer ante o xogo agresivo do Autos Lobelle Santiago FS (2-5). A pesar das ausencias de Juampe, Minu, Christian e Brais, os pupilos de Suso Rey souberon facer fronte ao equipo de Honra, que botou man de duras entradas durante o partido. As cousas comezaron ben para o equipo laranxa, co 1-0 de Javi Rodríguez (minuto 11), aínda qu
24 de agosto de 2009
Xantar de confraternidade
O Burela FS Feminino gozou o sábado pasado dunha comida de confraternidade co fin de fortalecer os seus lazos como equipo. As xogadoras laranxas compartiron xantar, na vila mariñá, co presidente do club, José Ramón González Casas, os directivos Marcelino Luna e Antonio Rodenas, o adestrador, Javier Pardeiro, e o director deportivo e segundo técnico, Marcelo Santoro ‘Neco’; tamén asistiu á xuntanza gastronómica a concelleira de Deportes de Burela,
24 de agosto de 2009
O equipo laranxa mídese ao Marfil Santa Coloma en Noia
O CD Burela FS medirase mañá en Noia ao Marfil Santa Coloma, conxunto de Honra que vén de proclamarse campión do V Memorial Celso Currás de Trabada e do Torneo de Barreiros; o encontro será no pavillón municipal da vila coruñesa, a partir das 20.00 horas. Este será o terceiro amigable do equipo laranxa no que vai de pretempada. Comezou o pasado 19 de agosto, con vitoria en Vista Alegre ante o Azkar B (
24 de agosto de 2009
O Burela FSF verase co Amarelle na XIX Copa Galicia, o sábado 29
O Burela FS Feminino comeza forte a preparación para a División de Honra. O Viajes Amarelle Sal Lence FSF, de Prata, abrirá o calendario da pretempada laranxa nos cuartos da XIX Copa Galicia; será o vindeiro sábado, 29 de agosto, en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas. As xogadoras de Javier Pardeiro medirán as súas forzas cun vello coñecido, co que compartiron grupo en Prata durante 2008-09, ademai
25 de agosto de 2009
O luso-brasileiro André incorpórase ao cadro de Suso Rey
O adestrador laranxa, Suso Rey, poderá contar hoxe coa última incorporación ao Burela FS para o amigable de Noia ante o Marfil Santa Coloma. Trátase de André Luiz Nogueira Fernandes, ala de nacionalidade luso-brasileira que na tempada pasada militou no ASD Regalbuto da Serie A2 italiana. Nado no Río de Xaneiro hai 22 anos, André tamén posúe experiencia no fútbol sala do seu país de orixe, concretamente, no Vasco da Gama. Esta non é a p
25 de agosto de 2009
Os burelistas fraquean ante o Marfil (3-6) tras unha primeira parte impecable
O electrónico non acompañou onte aos burelistas no seu amigable ante o Marfil Santa Coloma (3-6) en Noia, a pesar do brillante xogo laranxa. Impecable foi a primeira parte do CD Burela FS, que conseguiu marcar unha distancia de 3-0, grazas a Juanma (minutos 3 e 11) e Juampe (minuto 10). O dominio dos de Suso Rey mantívose intacto practicamente ata o descanso; cumpríndose o minuto 20, o Marfil anotou o 3-1. Co reinicio do encont
26 de agosto de 2009
A clínica Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala
O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala unha tempada máis a través da colaboración co club laranxa. A directora-xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, e o xerente do CD Burela FS, Juan Carlos Modia, asinaron o convenio para o exercicio 2009-10 esta semana. Ademais de realizar as correspondentes revisións médicas ao inicio da pretempada, os especialistas do centro farán un seguimento do equ
26 de agosto de 2009
A firma Munich calzará o CD Burela FS
A firma española Munich encargarase de calzar os primeiros equipos do CD Burela FS na tempada 2009-10. O club laranxa chegou a un acordo coa devandita marca, que se converte no sponsor oficial tanto do Burela FS coma do Burela FS Feminino. Munich, de orixe catalá, naceu no ano 1939 como calzado técnico deportivo. Na década dos 70, a marca conseguiu posicionarse como un dos principais fabricantes de calzado deportivo, liderando modalida
27 de agosto de 2009
Partido de presentación do Burela FS ante o Cidade de Narón
O Burela FS xoga mañá o seu partido de presentación ante o Cidade de Narón, de Primeira Nacional A; terá lugar na bomboneira a partir das 21.00 horas. O conxunto laranxa recibe aos naroneses no seu cuarto encontro da pretempada, cun vestiario baseado na combinación de xogadores experimentados, como Purao, Juanma, Juampe, Revilla, Minu ou Edu, e novas promesas, como Brais, Javi Rodríguez, Christian, Dan
27 de agosto de 2009
Dobre vitoria dos burelaos, ante Cidade de Narón (4-1) e Cáceres 2016 (2-4)
Co paso dos adestramentos, o Burela FS vai adquirindo corpo e compenetración e boa mostra diso son os últimos resultados, cunha fin de semana redonda para os laranxas, impoñéndose ao Cidade de Narón (4-1) e ao Extremadura-Cáceres 2016 (2-4) en 24 horas. O periplo comezou o venres, en Vista Alegre, onde os pupilos de Suso Rey demostraron o seu bo xogo na presentación oficial, ante un dos fortes de Primeira Nacional A. O Cidade d
31 de agosto de 2009
Golpe de autoridade laranxa na Copa Galicia Feminina
O Burela FS Feminino deu unha lección de xogo maxistral no seu primeiro encontro da pretempada, fronte ao Viajes Amarelle, nos cuartos da XIX Copa Galicia, cun contundente 5-0. O sábado pasado, Vista Alegre rendeuse ante as pupilas de Javier Pardeiro, que impuxeron unha intensidade propia da máxima categoría, na que debutarán en pouco menos dun mes. Lidia Mesías, Lucía Nespereira e Raquel de Souza demostraron a súa perfecta integración
31 de agosto de 2009
26 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores