Noticias
Arquivo de Agosto 2010
O cadro de Suso Rey preséntase o 6 de agosto na bomboneira
O vindeiro venres, 6 de agosto, a bomboneira dará a coñecer o proxecto do CD Burela FS para a emocionante División de Prata da vindeira tempada, coa presentación do cadro de Suso Rey. Os protagonistas do espectáculo laranxa 2010-11 saltarán á pista de Vista Alegre a partir das 21.00 horas. Con esta cita, o Burela FS inaugurará oficialmente a súa pretempada, que se clausurará o 4 de setembro, coa visita do Melilla FS, n
2 de agosto de 2010
A coruñesa Alba López regresa ás filas burelistas
Unha coñecida de Vista Alegre regresa ás filas burelistas. É a ala-pivote coruñesa Alba López García, que volverá defender as cores mariñás despois da súa brillante tempada 2009-10 co Viaxes Amarelle FS, de Prata. Aos seus 24 anos, a traxectoria de Alba está vinculada ao deporte da Mariña. Despois de formarse nas categorías inferiores do Sal Lence Coruña, a ala-pivote trasladouse á costa lucense para incorporarse ao Foz FSF, en Autonó
3 de agosto de 2010
Lucas volta ao corpo técnico laranxa
Iván Cao Valle, máis coñecido como Lucas, volta ao corpo técnico do CD Burela FS para a tempada 2010-11. O adestrador mariñán estará á fronte do conxunto xuvenil laranxa, ademais de asistir a Suso Rey na preparación do primeiro equipo masculino, co que xa compartiu as primeiras sesións da pretempada durante estes días. Un total de oito anos conforman a anterior etapa de Lucas no club burelista, entre 2001 e 2009. O seu labor como auxi
4 de agosto de 2010
O Puteu Bravo, gañador do torneo de fútbol praia sub-16
O equipo Puteu Bravo, de Burela, foi o gañador do torneo de fútbol praia sub-16 disputado no areal do Portelo esta semana, baixo a organización do CD Burela FS e en colaboración co Concello de Burela. Os anfitrións impuxéronse na final por 2-1 ao campión de 2009, o Atlético Lucense, da localidade veciña de Foz. Tamén participaron no torneo os burelaos Pery and Company, que se fixo co terceiro posto, e Laranxa Mecánica, que quedou cuar
5 de agosto de 2010
O CD Burela FS abre a campaña de socios/as 2010-11
O CD Burela FS abre a súa campaña de socios/as para a tempada 2010-11 baixo o lema ‘Forma Parte da Historia’ porque todos e cada un dos seguidores e seguidoras que ateigan a bancada de Vista Alegre, sábado tras sábado, merecen ocupar un sitio de renome na historia do club e dos seus logros. Despois dunha emocionante tempada, na que a complicidade entre a afección e os xogadores/as regresou ás súas orixes, o CD Burela FS fai un chamamen
5 de agosto de 2010
Alfonso Mera responsabilizarase da preparación física do Burela FS Feminino
O director da escola deportiva laranxa, Alfonso Mera, responsabilizarase da preparación física do Burela FSF Pescados Rubén en 2010-11, xunto á xestión das categorías inferiores. O burelao xa comezou a traballar con Javier Pardeiro na planificación da pretempada, que arrancará o vindeiro martes, 10 de agosto. As tarefas encomendadas, que recaeron a tempada pasada en Suso Rey, non son descoñecidas para Alfonso Mera no club mariñán. Foi
6 de agosto de 2010
Presentación do Burela FS masculino
A bomboneira dará hoxe a coñecer o proxecto do CD Burela FS para a emocionante División de Prata da vindeira tempada, coa presentación do cadro de Suso Rey. Os protagonistas do espectáculo laranxa 2010-11 saltarán á pista de Vista Alegre a partir das 21.00 horas. Como antesala da estrea, a peña A Pataca Naranxa disputará un amigable, con dous equipos configurados polos seus socio
6 de agosto de 2010
Paleta formaliza a súa fichaxe co Burela FS
O gaditano David Richarte León, máis coñecido como Paleta, formalizou a súa fichaxe co Burela FS esta tarde, acompañado polo vicepresidente da entidade Manuel Blanco. Procedente do CD Virgili andaluz, de Primeira Nacional A, o ala-peche de 20 anos chegou á Mariña a finais de xullo para realizar a pretempada co cadro de Suso Rey. O novísimo xogador agradeceulle ao club laranxa a oportunidade de estrearse na División de Prata “nun club
6 de agosto de 2010
A afección laranxa coñece o proxecto de Prata 2010-11
A afección burelista volveu reunirse na bomboneira o venres pasado, na gala de presentación do proxecto laranxa de Prata 2010-11, que comezará a liga o vindeiro 4 de setembro coas incorporacións de Adriá Esteller, Jean Cividini, Víctor Cachón, Adri Gaona e David Richarte ‘Paleta’. Unha proxección multimedia abriu o acto, dando a coñecer o renovado cadro do Burela FS; na compaña de ‘cheer leaders’, os membros laranxas foron saíndo do v
9 de agosto de 2010
Apúntate xa á escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén!
Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o Burela FSF Pescados Rubén abre esta semana a campaña da escola feminina para o vindeiro curso, coincidindo coa súa segunda tempada na División de Honra. A entidade laranxa difundirá o seu novo proxecto dándoo a coñecer por toda A Mariña, coa axuda da capitá laranxa, Claudia Rodríguez, e a alumna da EDM Burela FS, Carla Bolaños, a través de xornais, radio e carteis informativos
9 de agosto de 2010
Marta causa baixa no Burela FS Feminino
A cervense Marta Cabo Pérez causará baixa no vestiario do Burela FSF Pescados Rubén para a tempada 2010-11. O club laranxa decidiu non prolongar a relación contractual por incompatibilidades da ala-peche entre os seus compromisos laborais e as obrigas no equipo. Dende o Foz FSF, Marta chegou á vila burelá para formar parte do emerxente proxecto que nacía coa nova categoría de Prata, en 2008-09. Coa camiseta laranxa conseguiu o ascenso
10 de agosto de 2010
As pupilas de Pardeiro inician a preparación da súa segunda tempada en Honra
Comeza a pretempada para o Burela FSF Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro inician esta tarde os adestramentos de preparación para a que será a súa segunda tempada na División de Honra. O técnico laranxa poderá volver contar con Jozi, Irene, Lucía, Dolo, Ro, Claudia, Lidia e Cuchi, ademais das xuvenís Lara e Carla, que xa tiveron a oportunidade de gozar de minutos na elite a tempada pasada, e Alba, que  vestiu a camiseta
10 de agosto de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
'Na Busca da Mascota Laranxa' amplía o prazo ata finais de setembro
O CD Burela FS recibirá os deseños do seu concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata finais de setembro. A entidade burelista, que xa recibiu varias propostas, decidiu ampliar o prazo de recepción ata o 30 de setembro para animar e inspirar os posibles candidatos/as co arranque da nova tempada 2010-11 en Vista Alegre. O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agracia
11 de agosto de 2010
O Burela FSF defenderá a Copa Galicia ante o Valdetires e A Fervenza
O Burela FSF Pescados Rubén xa coñece os seus primeiros rivais da XX Copa Galicia. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o título galego ante o Valdetires e A Fervenza, da División de Prata, na fase previa, que se disputará a partir do 15 de agosto. Un total de nove equipos participarán na vixésima edición da Copa. Como vixente campioa, a escuadra laranxa encabeza o Grupo A. O B estará composto polo Ponte Ourense, Poio FS e CIOS Vig
12 de agosto de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Vista Alegre acolle o partido de presentación burelista ante o Mera FS este sábado
O Burela FS xogará o seu partido de presentación para a afección de Vista Alegre, este sábado, 14 de agosto, fronte ao Mera FS, de Primeira Nacional A. Ás 20.00 horas, a bucina da bomboneira dará paso ao primeiro amigable da pretempada laranxa, no que Suso Rey poderá contar cos xa coñecidos Edu, André, Purao, Manuel Jiménez, Christian, Brais e Minu, xunto a caras novas como Víctor Cachón, Paleta, Adri Gaona, Jean e Esteller. A única dú
12 de agosto de 2010
O Burela FSF estreará a pretempada ante o Cidade das Burgas, en Melide
O Burela FSF Pescados Rubén estrea a pretempada 2010-11 este domingo, na Semana Eypar de Melide. O pavillón da localidade coruñesa acollerá o encontro entre as pupilas de Javier Pardeiro e o Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra, a partir das 20.00 horas. A competición de Melide reunirá un total de 17 equipos ao longo de 6 días, unha pequena escolma do panorama futbolístico español con toques de internacionalidade: Viz
13 de agosto de 2010
O presidente de FEVE reúnese con Alfredo Llano e o CD Burela FS para coñecer o proxecto laranxa
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, exerceu de anfitrión na reunión que mantivo o presidente de FEVE, Ángel Villalba, co equipo directivo do CD Burela Fútbol Sala. Durante a xuntanza, que tivo lugar na casa do concello burelao, Llano aproveitou a ocasión para presentarlle a Villalba o proxecto deportivo da entidade, “un proxecto afianzado, que representa a Galicia e todo o Cantábrico por toda España; composto por unha masa social moi participa
13 de agosto de 2010
Estrea e vitoria laranxa ante o Mera FS (3-1)
A afección laranxa puido presenciar a presentación do Burela FS 2010-11, o sábado pasado, con vitoria por 3-1 ante o Mera FS, de Primeira Nacional A. O comezo da pretempada e a falta de rodaxe sobre a pista reflectíronse no primeiro amigable dos de Suso Rey, que a pesar de despregar a súa  superioridade, tamén amosaron certos desaxustes defensivos na zona alta que lles deron máis dun susto. Dende o ecuador da primeira par
16 de agosto de 2010
O CD Burela FS preséntalle a Raquel Arias o seu plan 2010-11
O CD Burela FS reuniuse o venres pasado coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, en Lugo para presentar o seu traballo de cara a 2010-11. Xunto á delegada territorial e o presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, tamén estiveron o xefe do servizo de Deportes da Delegación Territorial, José Manuel Rozas; o portavoz do PP en Burela, José María González Barcia; o directivo do club José Luis Sáez e o xefe de Com
16 de agosto de 2010
O Burela FS Feminino vence o Cidade das Burgas (2-1) na primeira cita da pretempada
O Burela FSF Pescados Rubén saíu airoso do seu primeiro asalto da pretempada vencendo por 2-1 ao Cidade das Burgas, na Semana Eypar de Melide. Nun encontro sen sorpresas e coas imprecisións habituais do comezo da pretempada, onte foron as burelistas as que se adiantaron no marcador cunha xogada de estratexia dende o córner que finalizou Ro. Non obstante, as ourensás recortaron a distancia antes do descanso; a dous minutos do asubío che
16 de agosto de 2010
Jean desvincúlase temporalmente das obrigas burelistas por motivos persoais
O pivote italo-brasileiro Jean Cividini non poderá participar nas vindeiras citas co equipo laranxa. O CD Burela FS deulle permiso para viaxar a Italia e desvincularse temporalmente das súas obrigas futbolísticas coa finalidade de que o xogador poida resolver os asuntos persoais que motivaron o regreso ao seu país.
17 de agosto de 2010
O cadro feminino preséntase en Vista Alegre ante As Burgas
O Burela FSF Pescados Rubén presentarase ante a bancada de Vista Alegre este venres, 20 de agosto, a partir das 21.00 horas, nun amigable fronte ao Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra. Este será o segundo encontro das pupilas de Javier Pardeiro fronte coas ourensás en menos dunha semana. O primeiro foi o domingo pasado, na Semana Eypar de Melide, onde as laranxas se impuxeron por 2-1, con tantos de Ro e Cuchi.
17 de agosto de 2010
Os laranxas sucumben ao Marfil (3-2) tras unha segunda parte brillante
O Burela FS non puido contabilizar a súa segunda vitoria da pretempada onte, na Semana Eypar de Melide. Os laranxas sucumbiron ao Marfil Santa Coloma (3-2), da División de Honra, a pesar dunha brillante segunda parte. O encontro comezou con boas expectativas para os de Suso Rey, que tomaron a vantaxe no marcador das zapatillas de Adriá Esteller (0-1, minuto 12), na súa primeira aparición coa camiseta laranxa. Aínda así, os burelistas t
18 de agosto de 2010
Reunión da escola do Burela FS Feminino, venres 27 (19.00 horas)
O vindeiro 27 de agosto, ás 19.00 horas, o CD Burela FS terá unha reunión informativa no salón de conferencias da vila cos pais/nais e nenas interesados na escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén, na que se valorará a creación das diferentes categorías. Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o club laranxa abriu a matrícula da escola feminina 2010-11 o pasado 9 de agosto coa colaboración da capitá laranxa, Claudia
19 de agosto de 2010
A liga checa abre as súas portas para o pivote laranxa Turero
O pivote laranxa Rubén García Freije, Turero, estrearase no fútbol sala centroeuropeo. A liga checa abriu as súas portas para recibir o mariñán como nova incorporación do destacado conxunto da primeira división Club FC Balticflora Teplice para 2010-11. A atractiva proposta da entidade bohemia foi recibida con grande interese tanto polo CD Burela FS coma polo futbolista, que ve nesta nova etapa “unha boa oportunidade para seguir medrand
19 de agosto de 2010
Marfil Santa Coloma, rival do Burela no VI Memorial Celso Currás
O Marfil Santa Coloma, da División de Honra, será o rival do Burela FS na sexta edición do Memorial Celso Currás de Trabada, que terá lugar entre o sábado 21 e o domingo 22 de agosto. Os rapaces de Suso Rey serán os encargados de estrear o torneo, nas semifinais do sábado, fronte aos barceloneses, vixentes campións do memorial; será ás 18.30 horas, no pavillón municipal. Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago e Reale de Cartagena, tamén de H
19 de agosto de 2010
Os de Suso Rey despídense da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles
Os pupilos de Suso Rey despedíronse onte da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles ante o conxunto anfitrión, Jim Sports Melide FS. Na terceira cita da pretempada, os laranxas regresaron á Mariña cun resultado de 2-14. O salto de categorías entre Autonómica e Prata reflectiuse na pista nun encontro no que o Burela FS tamén deu claras mostras da súa melloría no transcurso da pretempada, coa intervención do canteirán Brais baixo
20 de agosto de 2010
A clínica Virxe da Mariña revisa os primeiros equipos do CD Burela FS
A clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña de Burela realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS como parte esencial do acondicionamento de cara á tempada. Durante estes días, os xogadores e xogadoras laranxas sometéronse ás correspondentes exploracións médicas, para control e exame da preparación física. Xunto aos recoñecementos da pretempada, os equipos masculino e feminino tamén estarán supervisados polos especialistas do cen
20 de agosto de 2010
Gala de presentación sen recompensa goleadora
O Burela FSF Pescados Rubén non puido dedicarlle o triunfo á bancada de Vista Alegre na súa presentación o venres pasado. As laranxas caeron ante o Cidade das Burgas, que levou a vitoria por 1-3, nun encontro de escasas ocasións e sen claro dominador, no que as visitantes se amosaron máis efectivas. O gol temperán de Carmen propiciou que as ourensás se asentaran na pista ante un Burela que defensivamente estivo correcto pero que carece
23 de agosto de 2010
A escasa profundidade no banco apea os burelaos do Celso Currás
O Burela FS non puido superar a semifinal do VI Memorial Celso Currás de Trabada ante o honorable Marfil Santa Coloma (1-4). A escasa profundidade no banco condenou a cita para os laranxas, coas ausencias de Juanma e André por lesión. Aínda que o encontro estivo moi equilibrado en certas fases, os barceloneses fixeron valer a súa categoría e superioridade numérica. A vantaxe do Marfil subiu ao marcador no minuto 6, das zapatillas de Ge
23 de agosto de 2010
Marfil e Superti, rivais laranxas no triangular benéfico da Pontenova
Marfil Santa Coloma, de Honra, e CD Rececende Superti-A Pontenova FS, de Primeira Nacional A, serán os rivais do Burela FS mañá no triangular benéfico que celebrará o décimo aniversario do club pontenovés, a favor da ONG Ciruxiáns do Mundo. O pavillón municipal acollerá a cita a partir das 20.30 horas, co encontro entre os barceloneses e os anfitrións como primeiro prato. Ás 21.15 saltarán á pista os laranxas para enfrontarse por terce
23 de agosto de 2010
Superti-A Pontenova e Burela FS, unidos no impulso do fútbol sala mariñán
O Superti-A Pontenova e o CD Burela FS veñen de asinar un convenio de colaboración de cara a 2010-11 para traballar conxuntamente no impulso do fútbol sala na Mariña e na formación das categorías inferiores. O presidente da entidade, Manuel Piñeiro, e o directivo Jesús Miguel Díaz selaron o acordo co máximo responsable do CD Burela FS, José Ramón González Casas, a semana pasada, nas oficinas laranxas. Manuel Piñeiro e Jesús Miguel Díaz
24 de agosto de 2010
Unha de cal e unha de area na cita pontenovesa
O triangular da Pontenova resolveuse onte para o Burela FS cunha de cal e unha de area. Os laranxas puideron impoñerse ao anfitrión, Superti-A Pontenova, por 1-0, pero, co terceiro en discordia, Marfil Santa Coloma, a fortuna non estivo do seu lado (3-2). Suso Rey botou man de todos os seus efectivos, coas ausencias dos lesionados Juanma e André, para intentar neutralizar o conxunto barcelonés de Honra, no seu terceiro encontro da pret
25 de agosto de 2010
Reunión da escola feminina
A dirección da Escola Burela FS manterá mañá (venres) unha reunión cos pais/nais e rapazas interesados na formación da entidade laranxa. Na devandita xuntanza valorarase a creación das diferentes categorías en función do número de nenas inscritas. Todas as rapazas de entre 6 e 18 anos que así o desexen poderán formalizar a súa matrícula a partir do vindeiro luns, 30 de agosto, no prazo que a escola abrirá para a inscrición 2010-11
26 de agosto de 2010
O Burela FSF recibirá o Valdetires este sábado, na previa da Copa Galicia
O Burela FSF Pescados Rubén recibirá este sábado, 28 de agosto, o Valdetires Ferrol, da División de Prata, na fase previa da XX Copa Galicia. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 18.30 horas. Como vixente campioa, a escuadra laranxa encabeza o Grupo A, xunto ás ferrolás e ao Comarcal A Fervenza FSF, tamén de Prata. Os outros dous grupos tamén estarán formados por un conxunto da máxima categoría e dous de Prata: No B competirán
26 de agosto de 2010
O alumnado laranxa comparte a xornada con nenos saharauís de 'Vacacións en Paz'
O alumnado da EDM Burela FS gozou hoxe dunha tarde de fútbol sala en Vista Alegre con 23 nenos e nenas saharauís que están pasando o verán na comarca da Mariña a través do programa ‘Vacacións en Paz’ da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Baixo a organización deste colectivo, a actividade contou coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Burela e o club laranxa. Xunto ao directivo do CD Burela FS José Luis Sáe
26 de agosto de 2010
Os adestramentos de xuvenís comezarán o 1 de setembro
Co remate do verán volven os adestramentos para a base do CD Burela FS. Os primeiros en poñerse mans á obra serán os xuvenís, que comezarán a preparación 2010-11 o vindeiro mércores, 1 de setembro, baixo as ordes de Iván Cao ‘Lucas’. O club convida á primeira sesión de adestramento 2010-11, o día  1, no pavillón Vista Alegre (18.00 horas) a todos aqueles rapaces nados entre 1992 e 1994 que estean
27 de agosto de 2010
Burela FS e Autos Lobelle disputarán a I Copa Barrios Deportivo de Ourense
O Burela FS viaxará mañá á cidade das Burgas para disputar a “I Copa Barrios Deportivo” ante o honorable Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, baixo a organización do xornal deportivo ourensán que lle dá nome á cita. O amigable arrancará ás 19.00 horas, no pavillón dos Remedios. O encontro entre composteláns e burelaos constitúe o broche ao “I Trofeo Barrios Deportivo. Torneo de Campións”, que reuniu a comezos do verán os gañadores das
27 de agosto de 2010
A escola laranxa abre a matrícula 2010-11
A formación de fútbol sala volve un ano máis aos pavillóns coa escola do CD Burela FS, que terá aberto o prazo de matrícula para 2010-11 entre o 30 de agosto e o 10 de setembro. No vindeiro curso a escola laranxa volverá acoller catro categorías, entre prebenxamín e infantil; para os cadetes e xuvenís esta será a segunda tempada como categorías inferiores dos primeiros equipos. A matríc
27 de agosto de 2010
O Burela FS cede a Copa Barrios Deportivo ao Lobelle tras unha boa imaxe
O Burela FS amosou unha das mellores imaxes da pretempada na I Copa Barrios Deportivo de Ourense, ante o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, pero a diferenza de categoría favoreceu os composteláns, máis ávidos nas chegadas á portería (6-3). Aínda que foron os santiagueses os que colleron a dianteira con David, no minuto 8, axiña Esteller igualou o marcador. No entanto, David volveu aparecer para situarse 3-1 antes do descanso.
30 de agosto de 2010  |  Foto: Xacobeo Lobelle
A Pataca Naranxa celebra o Día do Socio/a co comezo da liga
A peña A Pataca Naranxa celebrará o Día do Socio/a o vindeiro sábado, 4 de setembro, cun xantar gratuíto na Parrillada de Jandro. Coincidindo co comezo da liga de Prata, que enfrontará o Burela FS e o Melilla (Vista Alegre, 18.30 horas), A Pataca escolleu unha cita gastronómica para reunir os seus socios/as e facerlles entrega da camiseta oficial da peña 2010-11. A comida está programada para as 14.30 horas. Todas as persoas in
30 de agosto de 2010
As laranxas vencen o Valdetires (4-2) no arranque da XX Copa Galicia
O Burela FSF Pescados Rubén superou o primeiro obstáculo da XX Copa Galicia. As laranxas venceron o Valdetires Ferrol, de Prata, por 4-2 cunha defensa decisiva de Jozi no tramo final. Na cita entre burelás e ferrolás de Vista Alegre, os goles non se fixeron esperar. Xa no minuto 1 foi Lidia quen adiantou as locais encarrilando o encontro. O continuo ataque laranxa tivo como froito o 2-0 das zapatillas de Ro, que logo reduciu o Valdetir
30 de agosto de 2010  |  Foto: José Mª. Álvez
Cor laranxa na Festa do Marisco de El Progreso
Xogadoras e corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén celebraron o seu primeiro triunfo na fase previa da XX Copa Galicia o sábado, na Festa do Marisco organizada polo Grupo El Progreso. Despois do seu enfrontamento ante o Valdetires Ferrol (4-2) en Vista Alegre, o cadro laranxa pasouse polo porto burelao para degustar os suculentos froitos do Cantábrico na primeira edición da cita gastronómica. A Festa do Marisco de El Progre
31 de agosto de 2010
43 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores